22.4.07

O Consellerio de Industria seguirá pelexando polas gradas e os dique de ASTANO


O conselleiro insta ao Goberno a cuantificar as obrigas coa UE para recuperar Astano, "porque igual podemos asumir a parte que nos correspondeO conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, dixo que "se existen obrigacións por axudas ou subvencións públicas" que condicionan o proxecto de recuperar Astano, "que as cuantifiquen, porque igual podemos asumir a parte que nos corresponde".Blanco indicou que "existe unha limitación etérea por unhas obrigacións que supostamente tivo Astano, pero das que nunca se beneficiou, porque non podería construír barcos desde o ano 1987".O responsábel de Industria do Goberno galego manifestou a Efe que "non entendía a posición do Goberno do Estado neste asunto" e preguntouse "como podemos distorsionar a competencia os que queremos poñer en marcha un proxecto privado, dunha iniciativa privada, que lidera un empresario moi competente, que non teñen axudas nin subvencións públicas e que conta co apoio financeiro das dúas caixas galegas, que ata están dispostas a entrar no accionariado".Fernando Blanco recordou, que aínda que o PSOE votou en contra deste proxecto no Congreso, o Parlamento de Galiza aprobouno co consenso de todos os deputados. "Nós imos seguir pelexando para conseguir os diques e as gradas da antiga Astano, porque son unha infraestrutura importante que non se pode perder", indicou o responsábel de Industria do Executivo galego.Blanco pediu que non nos impidan competir, porque é inxusto e un erro xa que nós imos seguir crecendo, aínda que somos conscientes das dificultades que presenta a globalización" e de forma especial neste sector.Dixo que "o outro día un importante navieiro galego garantíanos 4,5 anos de carga de traballo coa construción de tres metaneiros, o que nos situaría no horizonte do 2015 con traballo garantido, algo que non sucede en ningún outro sector".Os falsos argumentos da SEPIRecordou que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), que é a propietaria do antigo Astano, para opoñerse á recuperación deste estaleiro para a construción naval civil, primeiro dicía que "non había empresario nin entidades financeiras interesadas en recuperar esta empresa e nós demostrámoslle que estaba equivocada, e presentamos un proxecto serio, liderado por un empresario importante e que conta co apoio das dúas caixas galegas".Blanco afirmou que "nós tiñamos interese en poñer de manifesto que o que dicía a SEPI, sobre a falta de proxecto empresarial para a antiga Astano, era mentira".O conselleiro de Industria tamén cualificou de "engano a versión da SEPI de que os terreos da antiga Astano estaban condicionados para a construción naval civil, porque na última reunión coa Autoridade Portuaria, organismo que depende do Goberno central, púxose de manifesto que non existía ningunha limitación sobre os terreos ociosos do estaleiro".Sobre o posible interese que poida haber para impedir que o estaleiro de Astano volva á construción naval civil, Blanco dixo que "non quería ser mal pensado nin entrar en guerra de comunidades nin doutro tipo de intereses, pero é obvio que ante os argumentos que estou expoñendo, non escoitei outros en contra".

0 comentarios: