No último Pleno, celebrado o pasado xoves día 18, o Grupo do Bloque Nacionalista Galego, presentaba por vía de Urxencia, dúas mocións, mocións que xa foran presentadas por rexistro no Concello e rexeitadas na Comisión de Asuntos de Pleno por TEGA e o PP.
As mocións, que ían referidas, unha á creación dunha comisión, onde participaran os veciños e os grupos políticos, para tentar solucionar a problemática existente polo tema do trasporte no Puntal.
E a segunda moción,para que no (P.O.S.), PLAN DE OBRAS E SERVIZOS da Deputación Provincial. , plan que para este ano ten unha partida orzamentaria de 139.878,55 €, fora incluída a ampliación do saneamento da Parroquia de Anca.
Ambalasdúas, aprobadas polos grupos BNG,PSOE e E.U.e rexeitadas por PP e TEGA, que teñen maioría no concello.
Esta postura demostra o pouco interés que por parte do PP e TEGA existe para tentar solucionar os problemas dos veciños.
No caso do transporte ao Puntal e máis grave, xa que é un tema que ven do ano 2.004, de cando o Sr. Nuñez Feijoo, era o responsábel da área de Transportes da Xunta de Galicia.
21.9.08
TEGA e PP, rexeitan debatir os problemas dos veciños no Pleno
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:03 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentarios:
Como veciño do Puntal de Arriba espero que o trasnporte se poña xa,por que isto non e serio.
Sei que ARRIVA non se quere deixar a liña,pero tampauco esta cumprindo,non se pode depender da liña da Cruña que pasa cada duas horas,cando os usuarios dela e xente maior.
Enviar um comentário