24.3.08

Toma de posesión do escano da concelleira do BNG


O vindeiro mércores día 26 de marzo, celebrarase no salón de actos da Casa do Concello, a Sesión de Pleno correspondente ao mes de marzo.
Como primeiro ponto da orde do Día logo da aprobación da acta, está a toma de posesión da nova concelleira do Bloque Nacionalista Galego, Cristina Bouza Bellón, Cristina que acupaba o posto número 3 na candidatura do BNG para o Concello de Neda, xa foi concelleira por esta organización no pasado mandato 2003-2007, na quel intre levaba as área de servizos sociais, muller e cultura como representante do BNG na oposición.
Nesta nova andaina levará como membro da oposición as áeas de Servizos sociais, sanidade e medio ambiente, muller, cultura e facenda e a portavocía na comisión de Asuntos de Pleno.
Cristina Bouza que dende hai anos pertence ao movemento asociativo do Concello, sendo no seu momento Presidenta da ANPA de S. Isidro e estando na actualidade como membro desa mesma asociación, forma parte tamén da Asociación de Mulleres Rurais NASZOCAS.

1 comentarios:

Anónimo disse...

Moita sorte nesta nova etapa. E moito o que hai que traballar para recuperar a confianza e prestixio que aportou Abel ao proxecto nacionalista en neda. Non deixes que o estalinismo o estrague. Adiante en liberdade e democracia.