22.5.07

Noticia publicada no Diario de Ferrol o 21 de Maio


3 comentarios:

Anónimo disse...

Haise que comprometer cun mesmo. Non se poden abandonar os principios. Reganosa posouvos factura. Sintoo porque non tedes porque cargar cos pecados doutros. Pero ou cambiades a dirección comarcal ou vades camiño de que EU vos rebase.

Anónimo disse...

Tiñades unha excelenta candidata, que era Helena Pardo, e deixasteis pasar esa ocasión. Nunca se escarmenta mellor que na cabeza de un. ¿E agora que? ¿Presentarse ó Concello con 2 concellais? ¿Se pode facer algo así?

Anónimo disse...

Ningun partido merece como resposta á súa carta de presentación por 1ª vez nunhas eleccións unha resposta que lle entregue cáseque a maioría absoluta da representación nun concello, e especialmente cando non teñen demostrado ningunha capacidade de xestión municipal. Paréceme unha aposta moi arriscada e o tempo falará de como sae adiante o Concello de Neda. Espero que ninguén pacte con eles e que demostren se gobernando sos son dignos de tanta confianza como se depositou neles, sen que ninguén lles faga o traballo difícil. Analizando os por qués, hai varios, e algúns seguramente xa se espuxeron aquí, pero hai un que creo fundamental nesta entrada na vida municipal con eses 6 concelleiros de 13. Se eu fose veciño de Neda e tivera un terreíño onde teño plantados uns eucaliptiños ou alindo unhas ovelliñas, e a miña esperanza fose que mo cambiaran por 1, 2 ou 4 pisiños, ou que me encheran ben os petos ¿que tipo de goberno municipal me interesaría? Basta con mirar para o outro lada da ría e a resposta é clara. As furnas falaron e xa se vé o que a xente quere á súa terra e o que espera de quen a goberna. Empeza a subasta en Neda. Quen da máis pola miña terra?. E quen nunca entraría nese xogo? Os castigados, que o deixan ben claro coa súa acción de goberno na Xunta e coa lexislación que elaboran e aplican. A xente tivo ben claro a quen non había que votar, en función duns intereses que semellan maioritarios. Esa é a maior decepción que eu sinto, como observador, respecto de como a xente utiliza o seu dereito a escoller, co seu voto, como rexir o seu destino como pobo. Galicia, a súa Terra, está á venda, ¿quen da máis?, e ¿que é un pobo sen Terra?.