13.1.07

Preocupante aumento dos actos vandálicos en Neda


Os actos vandálicos que nos últimos tempos proliferan no municipio de Neda é de novo motivo de reproche por parte da oposición, Bloque Nacionalista Galego, á coalición de goberno formada por PSOE e IU.

Nesta ocasión as críticas proceden do grupo municipal do BNG, que insiste en solicitar a convocatoria da Xunta Local de Seguridade. O obxectivo dos nacionalistas é que os organismos representados nesta xunta -delegación do Goberno, Garda Civil, Protección Civil e Policías nacional e local- se impliquen co Concello na búsqueda de solucións a este problema.
Ó longo do exercicio pasado, os casos de roubos, destrozos e accidentes aumentaron no municipio nedés máis dun 40 por cento, segundo os datos que manexa a formación frentista.
Esta porcentaxe leva os nacionalistas a "pensar que é unha situación máis que preocupante", ó memo tempo que recordan que xa a mediados do pasado mes de decembro pediron de forma pública que se reunira a Xunta Local de Seguridade sen que polo de agora se tivera producido esa reunión.
O plantel da policía municipal está composto por cinco persoas que non patrullan pola noite, nin os fines de semana, cando as competencias as asume a Garda Civil. O limitado número de efectivos que ten este corpo de seguridade do Estado ten que custodiar non so a vila de Neda, senón tamén outras catro localidades da comarca: Fene, Ares, Mugardos e Cabanas.

0 comentarios: