28.4.09

O BNG de Neda apoia a ILP encol de ASTANO


Despois da reunión mantida cos membros da Iniciativa Lexislativa Popular de fomento do sector naval de Galiza.
O Bloque Nacionalista Galego, apoia os trámites que se estan a levar, co fin de conquerir que o sector naval teña o peso que lle corresponde no so en Ferrolterra senon en Galiza.
Dende o BNG, pensamos que pode ser a iniciativa que leve a que ASTANO volte á construcción Naval e que Europa levante o veto que ten imposto ao estaleiro de Perlio.
ASTANO o necesita pero moito mais os homes e mulleres da comarca de Ferrolterra.

27.4.09

Galego, éuscaro e catalán no Tribunal da UE



O secretario de Estado para a Unión Europea, Diego López Garrido, asina hoxe un acordo co Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TUE) para permitir o uso do galego, éuscaro e catalán nesta institución comunitaria.
O acordo administrativo permitiralle aos cidadáns dirixirse ao Tribunal de Xustiza en calquera das linguas oficiais estatais e recibir resposta no mesmo idioma. O TUE estará representado na firma polo seu secretario, Roger Grass.
España é o primeiro país comunitario que asina un memorando para facilitar o uso das linguas cooficiais no Tribunal de Xustiza, segundo destaca a secretaría de Estado para a UE nun comunicado.
O Goberno central xa subscribiu acordos similares co Consello, a Comisión Europea, a Eurocámara e outras institucións comunitarias para que os cidadáns poidan dirixirse a elas en galego, éuscaro e catalán

20.4.09

O Presidente d Plan de Dinamización Turistica Ferrol-Ortegal promociona o Pan de Neda



O Vicepresidente da Deputación Provincial, o nacionalista Pablo Villamar, como Presidente do Plan de Dinamización Turística Ferrol-Ortegal,promociona o Pan de Neda no Salón Internacional de Turismo de Cataluña

19.4.09

Resposta parlamentar ao dragado do Belelle


O Bloque Nacionalista Galego considera unha tomadura de pelo, a resposta dada polo goberno do Estado á pregunta realizada polo noso compañeiro e portavoz parlamentar Francisco Jorquera.
No ano 2006 e nunha emenda parlamentar apróbase unha partida de 67.700 €, para o estudio e limpeza da desembocadura do Belelle, despois de ter gastados os 67.700€ e pasado o tempo, a respostas que se nos da é que da lugar a dous proxectos o arranxo da zona.
O BNG, considera un desprezo do goberno non so aos homes e mulleres que traballan en duras condicións nesta zona, senón a todos os veciños e veciñas de Neda e seguiremos insistindo para que se faga a obra con premura.

7.4.09

Información pública vertido augas residuais

O BOP ven de publicar anuncio da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, polo cal GALICIA TEXTIL, S.A. e de conformidade co artigo 245 do
Regulamento do Dominio Público Hidráulico, solicita autorización para o vertido de augas residuais fecais, industriais e pluviais ao río Xubia e obras en zona de policía do mesmo río, procedentes das súas instalacións industriais adicadas á fabricación. O anuncio establece un prazo de 30 días para facer reclamación aquelas persoas que se sintan perxudicadas.

6.4.09

Aberto o prazo de presentación de solicitudes de grupos inscritos na rede cultural ano 2009

O Diario Oficial da Provincia, ven de publicar no seu nº 76 de 3 de abril, a pertura do prazo de presentación de solicitudes, tanto para concellos como asociacións para actuacións musicais dos grupos inscritos na rede cultural da Deputación Provincial,deberán presentar as solicitudes entre os días 4 e 23 de abril de 2009

5.4.09

Concesión da prestación económica por fillas fillos menores de 3 anos

O D.O.G. no seu número 65 de data 3 de abril, ven de publicar as bases da prestación económica para fillos menores de 3 anos.

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE
E DO BENESTAR



Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se
establecen as bases polas que se rexerá a
concesión da prestación económica de
pagamento único por fillas e fillos menores
de tres anos para o ano 2009.

Artigo 2º.-Persoas beneficiarias.
1. Poderán ser beneficiarias desta prestación
aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres
anos na data do 1 de xaneiro de 2009 (nacidos entre
o 2-1-2006 e o 1-1-2009, incluídos) e que, por razón
dos ingresos obtidos durante o ano 2007, nin elas
nin ningún membro da unidade familiar estivesen
obrigadas a presentar a declaración do imposto
sobre a renda das persoas físicas correspondente a
este período.

3.4.09

O Valedor do Pobo admite a trámite unha queixa do BNG

O Valedor do Pobo, ven de admitir a trámite a queixa presentado polo Bloque Nacionalista Galego, con respecto a falla de presentación de informes solicitados polo Bloque Nacionalista Galego.
O Valedor admite a trámite as queixas realizadas polo portavoz do BNG ; Manolo Castro, ao entender que reúnen os requisitos formais recollidos no Art. 18 da Lei do Valedor do Pobo, e inicia as actuacións oportunas ante o concello de Neda.
Nomea ademais o Valedor o Asesor responsable, ao que se poderá dirixir, co fin de coñecer a situación do expediente