13.3.07
O día 15 de Marzo, presentación do candidato á Alcaldía de Neda
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:09 da tarde 0 comentarios
Votos en contra do PSOE e EU con abstención do PP
No pleno do concello de Neda, celebrado o pasado día 8 de marzode 2.007, no cal se debatía unha moción apresentada polo Bloque Nacionalista Galego, en apoio ao Plan industrial para o estaleiro de Fene, os grupos políticos do PSOE e E.U. , votaron en contra, o PP abstívose na votación.
Esta moción foi presentada no Parlamento Galego e na Deputación, sendo aprobada por unanimidade de tódolos grupos da cámara.
A doble moral dos grupos politicos queda demostrada con estas actitudes.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:02 da tarde 0 comentarios
7.3.07
Manolo Castro Alonso é candidato á alcaldía de Neda polo B.N.G.
Manolo Castro Alonso, é o candidato a alcalde polo Bloque Nacionalista Galego no Concello de Neda.
Neda precisa, unha persoa que sexa quen de facer políticas renovadoras, Neda necesita unha equipa de goberno forte e capaz de transformar a apatía e o desacougo afincado nos seus veciños en ilusión e ansias de progreso.
Só unha organización forte e cohesinada como o Bloque Nacionalista Galego e quen de ofrecer isto aos veciños e veciñas de Neda.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:23 da tarde 0 comentarios