Bloque Nacionalista Galego,diante do debate de orzamentos do Concello de Neda gostarianos facer unha serie de consideracións e reflexións, con respecto aos mesmos:
1. Temos que facer crítica do talante demostrado, polos socios de goberno de Neda, ainda que teñen maioría absoluta para aprobar os orzamentos, calquera grupo político que se precie de democrático, sempre busca o consenso e mais que nada naqueles temas que son de grande importancia para o concello, como é o caso dos orzamentos.
2. Son unhos orzamentos, que se presentan tarde e así o reflicte o Interventor no seu informe
3. Son pouco creibles nos seus obxectivos, e así o da a entender o técnico, poñendo en dúbida a efectividade das medidas nel plasmadas
4. Non teñen en conta, e dada a situación económica actual , cuestións en te´rminos sociais, vivenda, escolas infantiseliminación de barreiras arquitéctonicas, etc.
5. Conta con inversión real mínima por parte da Administración Local, xa que a maioría procede de outras administración, Estado e Deputación
6. Teñen estes orzamentos un carácter privatizador total, contratacións asesorias urbaníticas ( non se xustifican dada a pouca construcción que en Neda existe ), empresa recollida lixo, etc
7. O que xa nos parece moito mais grave e un verdadeiro disparate son os mais de 120.000 € ( mais de 20 millóns de antiguas pts)para asitencias a órganos de goberno, dedicacións, gastos de viaxes e de representación.
Un concello como Neda, non se pode permitir tanto dispendio económico e menos nas circunstancias actuiais económicas e máxime cando están sin cubri necesidades básicas dos veciños do Concello, tales como a auga e a rede de sumidoiros en zonas de Anca a Cobeluda, etc
8. Non existindo ademais ningunha partida, que diga que vai cambiar de rumbo o que foi a política municipal ao longo destes 3 anos
Polo explicado dende o Bloque Nacionalista Galego, consideramos que non son os orzamentos que o Concello de Neda precisa.
29.4.10
O BNG non vota a favor dos orzamentos de Neda
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:33 p.m. 0 comentarios
22.4.10
VIA ALTA CAPACIDADE ENTRE NEDA ( AP-9) E S. SADURNIÑO(AG-64)
Á iniciativa do BNG de Neda e a través das Parlamentarias do grupo Tareixa Táboas e Mª Luisa Bouza, en col do tema dos investimentos previstos e proxectos na “ Vía de alta capacidade entre Neda ( AP-9) e S. Sadurniño (AG-64)”, ben de dar resposta a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e nela expón.
1º.- A Consellería ten previsto a construción dunha nova estrada de conexión entre a AP-9 ( enlace Neda e AG-64 ( enlace S. Sadurniño )
2º.- A nova estrada discorre integramente polo concello de Neda, non podendo determinar con exactitude os lugares por onde vai pasar, ata que se coñeza o proxecto de trazado.
3º.- Proxecto de trazado e impacto ambiental, están moi avanzados, polo que podería ser entragado antes do remate contractual, que está fixado para “ maio deste ano, posteriormente someterase a información pública e unha vez rematado o prazo de alegacións procederase á análise das mesmas, para continuar coa tramitación legalmente establecida, aprobación de proxecto, trámites expropiatorios para a dispoñibilidade de terreos, procedemento de adxudicación e inicio da obra.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:10 p.m. 0 comentarios
21.4.10
GARZÓN
Confeso que non simpatizo con Garzón. Quizais por non acreditar nos superhomes e, tampouco, por conseguinte, nos superxuices. Quizais por seguir pensando que a Audiencia Nacional é un tribunal de excepción, herdeiro do Tribunal de Orde Pública franquista que, como este, privilexia as razóns de Estado sobre as garantías e a razón xurídica. Baste lembrar os “macroprocesos” instruídos e xulgados pola AN, o caso “Egunkaria”, os clamorosos erros procedimentais que puxeron na rúa a notorios narcotraficantes ou o tratamento de favor que, goberne quen goberne, Emilio Botín adoita receber deste órgao xurisdicional. Así as cousas, o axuizamento de Garzón é indisociábel da degradación institucional que padecemos e que se manifesta con especial acuidade no poder xudicial. Deste ponto de vista Baltasar Garzón é vítima, sen dúbida, dun sistema degradado que el proprio axudou a construir.
Mais se tratando dun asunto complexo hai tamén, sen dúbida, outras perspectivas posíbeis. A perseguizón dos crimes de lesa humanidade cometidos polas ditaduras militares de Chile, Arxentina ou Guatemala e o establecimento do principio de xustiza universal – agora restrinxido na lei tras acordo entre PP e PSOE – reconciliáronme un algo con Garzón, por máis que sempre pensara que á parte de ollar cara os crimes cometidos polas ditaduras latinoamericanas conviña tamén ver de axuizar os perpetrados polo fascismo español. E tamén pode ser que para perseguir os crimes do franquismo houbese que anular previamente a Lei de Amnistía de 1977 formulando a correspondente cuestión de inconstitucionalidade. Proceso, por certo, que nos permitiría non só recuperar a memoria dos que deron a vida por defender as liberdades mais tamén revisar unha transición que, lonxe de ser modélica, segue a condicionar negativamente a democracia no Estado español. Porque, ao cabo, que diferenza hai entre a lei de amnistía española e as leis de ponto final de Arxentina ou Chile? Que é o que distingue os desaparecidos de Franco dos de Videla ou Pinochet? Porén esta non foi a liña seguida por Garzón: el preferíu non cuestionar a lei de amnistía e proceder pola vía, xuridicamente incerta e limitada, da imprescriptibilidade das desaparicións do franquismo.
En todo caso, e sexa como for, Garzón vai ser xulgado por perseguir os asasinatos e desaparicións da ditadura franquista. Por este e non por outros motivos. E vaino ser tras ser acusado por organizacións de estrema dereita, como “Falange Española” e “Manos Limpias” que actúan, como no caso do “Prestige”, como brazo armado do PP. É por iso que neste caso, só neste caso, apoiar a Garzón é apoiar a xustiza. Unha xustiza que, se fose de verdade, faría desaparecer a Audiencia Nacional e a anularía da Lei de Amnistía.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 3:56 p.m. 0 comentarios
18.4.10
O BNG leva ao Parlamento a situación da Casilla de O Puntal

c.carballeira
Cando van transcorridos preto de 2 anos dende que o Bloque Nacionalista Galego, presentara unha moción ao Pleno do Concello, para que a Casilla do Puntal pasara a Titularidade Municipal, moción aprobada por tódolos grupos con representación no concello e despois de realizadas varias preguntas en pleno para ver a situación na que se atopaban as conversas para a cesión do inmoble, nas que se nos contestou, primeiro que existía acordo, logo que tiña que pasar a Patrimonio, para a súa cesión, o certo é que a día de hoxe , nada se sabe da cesión da Casilla de O Puntal.
Por este motivo a Deputada do BNG Ana Luisa Bouza presentou no Parlamento Galego unha serie de preguntas.
. 1ª) Ten coñecemento o Goberno galego da demanda de cesión da chamada “Casilla do Puntal” realizada polo Concello de Neda?
2ª) Ten previsto o Goberno galego acceder a esta demanda, en qué plazos e en qué condicións?
3ª) Ten dado o Goberno galego resposta formal a esta demanda de cesión realizada polo Concello de Neda e en qué data?
Ao BNG e aos veciños e veciñas de O Puntal preocúpalles que non se esteña a acelerar a cesión deste local dada a situación de deterioro que ten sufrido a súa estrutura e a necesidade que teñen os habitantes desta zona por carecer de local de titularidade municipal para a realización de actividades tal e como teñen outras zonas do concello.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:03 a.m. 0 comentarios
13.4.10
O Gúrtel na Galiza
A Nosa Terra, debulla o informe
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:27 p.m. 0 comentarios
12.4.10
O Concurso eólico de Feijóo
MANUEL MERA
O novo concurso da Xunta de Galiza para a adxudicación de potencia eólica favorece ás grandes empresas do sector, segundo coinciden practicamente todos os analistas. Non se trata dunha decisión illada, outro tanto sucede coa nova normativa urbanística, que legaliza inmobles e naves industriais sen licencia, e amplía as zonas para a construción industrial e de edificios a áreas adicadas a outros usos ou protexidas. Na sanidade pública hai proxectos para privatizar servizos en Vigo, Pontevedra e Ferrol. Contra estas medidas erguéronse moitas voces, e non só da oposición política, que cuestionan que se goberne en beneficio exclusivo da grande burguesía.
O tema eólico, no que está en xogo unha parte importante do sector enerxético galego do futuro, foi un dos cabalos de batalla nos que se baseou o programa electoral do presidente da Xunta. Os argumentos empregados polos populares, por exemplo a ilegalidade do concurso realizado polo bipartito, o tempo amosou que non tiñan ningunha base xurídica. En troques, agora, co novo proxecto en marcha, resulta evidente que os motivos de fondo, para unha oposición tan frontal, eran sobre todo económicos, por afectar negativamente o anterior concurso os intereses dos grandes grupos empresariais (que teñen moita incidencia política e nos medios de comunicación).
O problema de fundo non se dá só porque prime unha concepción neoliberal, que impide un reparto amplo entre os empresarios e máis ligado ao país do negocio eólico, senón que ademais, ao adiar a posta en marcha dos investimentos impediu que estes importantes recursos serviran para pular pola actividade económica produtiva, nun intre de crise tan aguda coma actual. O tempo pon a cada un no seu lugar, porén isto non evita que as consecuencias se paguen durante anos por todos e todas.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:40 p.m. 0 comentarios
4.4.10
O Congreso do PT do Brasil

Cando a desgana se vai apoderando dun, nestes días nos que o peso do ceo plomizo cae sobre nós, mentres o vento arrastra o son marcial dos tambores das procesións, achegándonos ao tempo estéticas que producen arrepíos pola súa reminiscencia Ku Klux Klan.
Cando a cuestión das caixas parecera non ter fin, entón, fago unha estratéxica fuxida en diagonal cara o Brasil, e o cuarto Congreso do Partido dos Traballadores, ao que tiven a grande honra de asistir, e a emoción de ver como todas e tódolos militantes unha vez rematado o plenario coreaban de pé a modo de samba PT, PT, PT, PT,... mentres a muller que dirixe o grupo de traballo dedicado a loitar contra o racismo no Brasil dime que o compromiso do PT é “unha loita, pero con alegría”.
Levo cavilando dende entón nesas palabras e en como outra maneira de gobernar é posíbel. Brasil lévanos ensinando como se fai o camiño nun país que era un dos máis inxustos do mundo, e que neste momento se proxecta como a quinta economía do planeta. As fondas transformacións realizadas desde un programa no polo oposto do neoliberalismo, desde esa esquerda utópica que en Europa parece esvaecerse na burocracia do propio sistema.
Mudanzas económicas, sociais, políticas e culturais feitas en tan só sete anos para facer do Brasil un país realmente máis democrático, solidario e soberano. A herdanza atopada polo Partido dos Traballadores era unha situación de décadas perdidas, produto da ditadura militar dos anos sesenta e as posteriores imposicións das políticas neoliberais na América Latina coas regras establecidas no chamado consenso de Washington en 1989, e que trouxeron da man un triste legado: inflación crecente, crise das divisas, parálise económica, desregulación dos mercados e redución do papel do Estado, deixando a un lado as cuestións sociais e os problemas históricos como a distribución da renda e polo tanto o incremento da pobreza.
Os Chicago Boys e as súas teorías ditando os criterios que obrigaban os países que precisaban emprésitos do FMI a desbaratar as súas economías elevando a miseria e o desemprego. Perante unha situación destas características o goberno de Lula tivo a valentía de dar unha viraxe de 180 graos nas políticas implementadas na América Latina, cunha proposta que lembra aquela frase do axedrecista neerlandés Max Euwe que dicía que a estratexia precisa de pensamento e a táctica da observación.
Hai que recoñecerlle ao PT esa intelixencia na implementación dun programa de esquerdas cando asumiu o poder cun grande apoio popular e unha grande incerteza e desconfianza por parte dos inversores financeiros, con fortes ataques na propia campaña do ano 2002.
Os primeiros pasos foron os de establecer os axustes macroeconómicos sólidos co fin de controlar a situación monetaria do país, agravada pola privatización dos bancos públicos estatais e federais (no ano 1990 a participación dos bancos públicos no total das operacions de crédito alcanzaba o 66%, fronte o 36% no ano 2002).
E velaí onde aparecen as medidas máis claramente revolucionarias, iniciativas que marcaron unha inflexión económica substancial no goberno do Partido dos Traballadores, o grande peso da Banca Pública que tivo como obxectivo principal en plena crise internacional dar unha resposta brasileira para evitar que esta contaminase o seu sistema financeiro, ao mesmo tempo que recuperaban o nivel de actividade económica rapidamente, aumentando a sua oferta de crédito un 33% entre setembro de 2008 e xullo de 2009 fronte ás privadas que incrementaron os emprésitos nun 4% e as insitucións estranxeiras un 1,5%.
Ao mesmo tempo que medraba a rede de protección social, o aumento do salario mínimo, así como o mantemento inalterado do seu programa de investimento. Amosando ao mundo como e posible construír un novo modelo de desenvolvemento cun único obxectivo: acadar un novo modelo de sociedade para todos, e non unha nación para uns poucos onde as maiorías sempre permanecen á marxe.
E vendo como a utopía, a loita con alegría e a valentía son posíbeis no Brasil, por que non aquí na Galiza? Hai moito que facer, precísase urxentemente dunha grande maioría política comprometida co país e co seu desenvolvemento económico e social, que dirixa o seu futuro para que este sexa mellor, como na letra da aquela canción de Toquinho, Aquarela:
“E o futuro é unha astronave
que tentamos pilotar
nao tem tempo
nem piedade
nem ten hora de chegar
sen pedir licença
muda a nosa vida”.
Tareixa Táboas coordenadora do BNG
Artg. XORNAL
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:24 a.m. 0 comentarios
1.4.10
Rumbo21 entrevistase co Xefe de Gabinete do Ministro de Fomento
Aproveitando a visita de hoxe do ministro de fomento Pepe Blanco aos concellos de Ferrol e Fene, foron varios os actos que dende Rumbo 21 e o BNG de Fene leváronse a cabo para denunciar a necesidade do fin do veto.
Por parte de Rumbo 21, Jesús Varela, foi recibido polo xefe de gabinete do ministro no concello de Ferrol, despois de informarlle de que o ministro non o podería atender. Jesús nesa entrevista, plantexou tódalas preocupacións que temos na comarca pola situación de desemprego e ademáis que non se podía consentir que unha instalación como a de Fene poidese estar infrautilizada, todo moi ben explicado por Jesús.
No concello de Fene, varios políticos do BNG acompañados por moitos veciños, esperaron a chegada do ministro coa pancarta de Sabemos e queremos construir barcos, para lembrarlle novamente a preocupación e mal estar que existe nesta comarca polo nulo traballo que se está a facer dende a presidencia da Unión Europea para cambiar dunha vez por todas a situación de Astano. Aos berros de "O veto de Astano que o quiten este ano!", a demanda non pasou desapercibida, sendo o tema de comentario maioritario por parte de tódolos presentes, conseguindo dar un novo impulso a reivindicación.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:25 a.m. 0 comentarios
21.3.10
Carlos Aymerich: “Núñez Feijóo usa os parados galegos para pavimentar a chegada de Rajoy ao poder”

O nacionalista Carlos Aymerich liderou boa parte das críticas da oposición ao Goberno de Feijóo no recente Debate sobre o Estado da Autonomía. Cando xa se cumpriu o primeiro ano dos catro da lexislatura, o voceiro parlamentario do BNG considera que “queda demostrado que esta Xunta non está á altura do país”.
Que sensacións lle deixou o Debate?
A conclusión fundamental é que temos que cambiar o regulamento para evitar espectáculos como o dado coas resolucións. E logo o debate en si amosou a un Núñez Feijóo que fuxiu das contas, nunca falou do feito nos doce meses que leva na Xunta, o que é unha fuxida permanente cara diante, na que non se cumpre o prometido pero se anuncian novos plans que seguramente tampouco se cumprirán.
Na primeira xornada do Debate fíxose visible certa crítica conxunta de Bloque e PSOE, como representando unha alternativa. Pero no día das resolucións xa volveron algunhas divisións.
Eu teño falado con moitos amigos do PSOE de que o Bloque non pode facer toda a oposición el só. Nas resolucións fálase de xeometría variable, e Feijóo está cómodo no medio da roda, pactando con uns as caixas e cos outros o territorio e a demografía. Pero nas caixas non hai un pacto, hai unha lei do BNG que foi apoiada polo PP. Eu xa dixen no debate que Feijóo é o responsable do que suceda agora. O que non pode facer é culpar a outros da súa falta de habilidade ou de firmeza. Neste país xa imos fartos de culpabilidades colectivas. Cando vetou o Estatuto tamén dixo que a culpa era de todos e non, era súa. E se o das caixas fracasa será porque non pon toda a carne no asador, non recorre o FROB nin ten a forza suficiente dentro do seu partido para cambiar a opinión do PP estatal, que é a mesma que a do PSOE, a favor dun reparto do mapa financeiro en dúas grandes áreas de influencia, unha para cada partido. Feijóo ten que pasar das palabras aos feitos. O que si nos sorprendeu máis foi o pacto polo territorio. Estes días temos en Barreiros o que significa ese pacto, que envía a mensaxe de que se pode construír ilegalmente en terreo rústico, que non vai haber sancións.
Vai dar batalla co territorio o Bloque ao mesmo nivel que coas caixas?
O BNG está para defender este país e se non o facemos sobramos, porque para esnaquizalo hai outros, mellores que nós niso. Nós non temos unha versión idílica do territorio nin pensamos que non hai que facer nada de nada, nós estamos porque haxa desenvolvemento e industria, pero dentro dun desenvolvemento racional do territorio, con respecto absoluto polo medio ambiente. O que non pode ser é que esa ordenación comece polo tellado. Se xa existe moita dispersión na poboación teremos que mirar de non aumentala, e a reforma que pactaron PP e PSOE por exemplo non axuda a ese propósito. Fan unha reforma exprés da Lei do Solo para legalizar todos os desmáns que Feijóo permitiu cando era conselleiro, cos Gobernos de Fraga. A este paso, cando haxa directrices da ordenación do territorio xa non vai haber territorio que ordenar. Constatamos que hai unha política moi lesiva para o país, claramente inspirada polo PP e por Agustín Hernández, que é o representante dos promotores e dos grandes construtores no Goberno. E agora o PSOE avala iso, e eu o lamento, porque así volve aos anos do sindicato de alcaldes e de seguir as ordes de Madrid, como nos tempos de Francisco Vázquez. Así vai ser difícil presentar unha alternativa ao PP.
Foi iluso o BNG coas caixas?
Non, sempre fomos conscientes de que isto era un tema complicado, consensuado por PP e PSOE en Madrid, que queren centralizar o poder financeiro e acabar convertendo as caixas en bancos. Iso non é fácil movelo. O que me pregunto é porque o PSOE pacta co PP por Cajamadrid, asumindo que ese era un tema central, pero en Galiza non, o que merece unha explicación, como merece unha explicación que Feijóo non se decida a aplicar a lei, non está actuando de acordo co mandato parlamentario segundo o cal ten que impugnar o FROB. E tamén ten que facerse respectar en Madrid e para iso ten que respectar primeiro a Galiza, o que non se consegue desprezando a lingua ou o autogoberno ou máis preocupado no que din os foros madrileños que no que lle ocorre aos galegos.
No Debate, Feijóo traduciu a Castelao pero definiuse como “galeguista”. Hai unha perversión do diccionario?
Isto lembra á neolingua da que fala Orwell en 1984. Eliminan os libros de texto gratis pero lle chaman gratuidade solidaria cando é todo o contrario; eliminan os servizos públicos e lle chaman austeridade; incrementan a débeda e lle chaman saneamento; atacan a lingua, a cultura e a identidade galega e falan de equilibrio e cordialidade. Feijóo usa os problemas dos galegos e os nosos parados para pavimentar a chegada do PP ao poder en Madrid. Logo di iso da Galiza global e debe referirse á subvención para que Caramelo envíe a China a súa produción. Isto é o que temos.
Seguen firmes en contra do decreto do galego do PP malia que agora é defendido como “equilibrado”.
O 50-50 que propoñen non é o equilibrio que sinala o Plan de Normalización, que fai referencia a un mínimo da metade do horario lectivo. Agora haberá un 50% excluídos os idiomas. E logo, ese suposto equilibrio ata se podería aceptar se houbese tamén equilibrio nos medios de comunicación, nas relacións comerciais, na administración, nos outros aspectos da vida, porque un non se socializa só na escola. Pero a escola está para correxir os desequilibrios. Se na sociedade hai unha desigualdade evidente entre galego e castelán iso non se vai solucionar cun falso equilibrio na escola. Tratar como iguais aos que non o son tamén é discriminar. E hai máis temas moi graves. En infantil, un neno nun entorno castelán falante non vai ter ningún contacto co galego na escola e seguramente tampouco na vida diaria. Iso é equilibrio? Pero é que ademais, logo está iso de escoller a lingua na que falan ao profesor. Nunca houbo ningún problema por iso, pero o normal en termos pedagóxicos é que se faga o exame no idioma no que se imparte. Todo isto non é algo que só diga o BNG. Feijóo cometeu un erro de cálculo, xa levou tres avisos e agora está só, porque defendendo a lingua está tamén o PSOE, nunha postura que o honra, está a Real Academia, está o Consello da Cultura, están os colexios relixiosos concertados, están as asociacións de renovación pedagóxica, os sindicatos, todo o mundo menos Feijóo, Galicia Bilingüe e Rosa Díez, que están no outro lado.
A reforma do Estatuto é unha causa perdida nesta lexislatura?
Non, non renunciamos a que esta lexislatura poda ser a do Estatuto, pero estamos no de sempre, que Estatuto? Feijóo xa o vetou unha vez e agora é o responsable de que teñamos un financiamento inxusto, xa que non regulamos eses mínimos como si fixo por exemplo Cataluña. E agora Feijóo segue no de sempre: xa o plantexaremos cando saia a sentenza do Estatut. El chegou a dicir que a reforma do Estatuto galego era imprescindíbel en termos políticos, pero chegou Rajoy, dixo que non é unha prioridade para Galiza e todo pasou a mellor vida. O BNG ten claro que quere un Estatuto para crecer, que manteña o noso estatus gañado hai trinta anos, xunto a Euskadi e Cataluña e iso significa que o texto ten que recoñecer o noso feito nacional, ten que recoñecer o dereito a uns servizos sociais públicos, porque para iso vale un Estatuto tamén. Tería que blindar as nosas competencias e tamén igualar a nivel legal a galego e castelán, como pediu o propio Xesús Palmou en Xornal, para que os que falamos galego teñamos os mesmos dereitos que os que falan castelán, algo que agora non ocorre.
Os tres grupos veñen de asinar unha resolución para loitar contra a crise. Porén, este tipo de acordos adoitan xerar moito escepticismo.
Eu tamén son bastante escéptico sobre este tipo de resolucións porque no discurso de investidura Feijóo prometeu trinta plans e non fixo ningún. El queixábase de que no último ano do bipartito medrara o paro en 15.000 persoas, e agora con el foi o dobre, 30.000. E non di nada sobre o que vai facer para atallar esta sangría. Isto debemos de cambialo, porque aprobar resolucións sen que haxa logo un mecanismo de seguimento e cumprimento non avanza nada. Pero tamén é moi chusca esta que aprobaron sobre o impulso demográfico.
Fraga dicía que os galegos tiñan que poñerse a facer fillos.
Eu prefiro o que dicía John Kenneth Galbraith cando Ronald Reagan quixo adornar a súa política neoliberal dicindo que había que defender as familias e este contestoulle que se preocupara de ofrecer uns bos servizos públicos, unha boa educación, unha boa sanidade, que se hai iso as familias xa se defenden soas e farán os fillos que queiran. E agora, o PP fala de impulso demográfico cando pecha galescolas, non abre centros de día... cun desemprego e unha precariedade laboral con cara de muller nova. De este xeito cal vai ser o impulso demográfico? Cando Fraga falara daquilo, cun discurso terrible que viña a dicir algo así como que cando as mulleres se liberan deixan de facer fillos, se creara un equipo de traballo e elaborara un informe que logo o PP non aprobou porque falaba precisamente diso, da necesidade de incrementar os servizos públicos para mellorar a demografía.
Vaise manter a tensión deste primeiro ano o resto da lexislatura?
Creo que Feijóo desperdiciou a cuarta parte do seu mandato dividindo ao país, e este non era un ano calquera, é o único que tiña sen eleccións. E nun ano que é o primeiro, o de maior enerxía, sen comicios, que pode ser o máis propicio para introducir acordos e propostas constatamos que o que fixo foi un desperdicio...ada indica que o ano que vén, con municipais, vaia baixar o diapasón, máis ben todo o contrario. Ademais, Feijóo chegou como o gran pacificador, o que ía domar e castrar ao sector da boina e logo a Galiza. E vemos como un ano despois, as augas dentro do PPdeG non baixan tan calmas e na sociedade galega hai moita máis contestación da que esperaba. Porque ademais Feijóo tolera escándalos democráticos como as prácticas dos Baltar en Ourense ou as de Louzán en Pontevedra, coas súas mocións de censura con tránsfugas.
As municipais están preto.
Estamos traballando para melloren resultados e para ter un BNG que poida aproveitar ese sentimento de orfandade que teñen agora moitos votantes do PSOE que non se recoñecen con este PSOE de Pachi Vázquez, que pacta legalizar todas as desfeitas urbanísticas. Hai moita xente que empeza a mirar para o BNG e temos que facernos merecedores da súa confianza.
Por iso o BNG non celebrará asemblea este ano?
Nós (a corrente Máis Galiza) cando falabamos dunha asemblea antes da municipais sempre dixemos para que a queríamos e como a queríamos. Agora, cando aínda non pasou un ano da anterior, se non chegamos a ela cun mínimo de consenso previo podería ser moi negativo. Queríamos unha asemblea que servise para proxectar un BNG unido e pechase as feridas da última, pero non unha de confrontación ás portas dunhas municipais nas que o Bloque se xoga moito, incrementar a presenza nos concellos pero algo máis.
Que é ese “algo máis” que se xoga o BNG nas locais?
Pois que o Bloque poida saír das municipais con forzas para botar a Feijóo da Xunta
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:31 a.m. 0 comentarios
7.3.10
POLA ABOLICIÓN DO 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
O título deste artigo é coma aquel anuncio que dicía “cervexa gratis” e despois aclaraba: “agora que captei a súa atención…” Dende sempre as mulleres estivemos obrigadas a captar a atención sobre os nosos problemas, inquedanzas, sentimentos… O mundo masculino céntrao todo e, ás veces, chega un punto no que a pretendida igualdade se refire a “converterse” nun home. Un compañeiro meu dicíame hai un tempo: “Sodes iguais que os homes? E pensaredes que sodes gran cousa!”. Pois aquí está a diferenza. Nin somos homes nin queremos selo. A nosa loita é pola posibilidade de decidir en igualdade de condicións o que queremos ser, no que queremos traballar, o que queremos estudar…, sen esquecer o que nos fai diferentes pero non desiguais.
A conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora ten unha orixe algo controvertida pero non radica nun acontecemento illado, senón que debemos situalo nun contexto histórico e ideolóxico moito máis amplo. A comezos do século XX, moitas mulleres incorporáronse ao traballo nas fábricas nunhas condicións moi duras: xornadas laborais moi longas, de doce e máis horas, recibindo salarios inferiores aos dos homes. A medida que as mulleres se ían incorporando ao mundo laboral, facíase máis evidente que aquela situación non era xusta, e pouco a pouco comenzaron a organizarse. Sóense tomar como referencia dous feitos. Por unha banda, a protesta das traballadoras da fábrica téxtil Cotton de Nova York que rematou con 129 mulleres mortas e, por outra, a decisión da líder do movemento alemán de mulleres socialistas, Clara Zetkin, de converter esta celebración nunha festividade. Estes son dous feitos puntuais pero o 8 de marzo é unha xornada de reflexión sobre o longo camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.
O obxectivo final da igualdade aínda non se conseguiu, e para elo simplemente temos que remitirnos aos datos de desemprego, horas de traballo dentro do fogar e fóra del, posición laboral, soldos, abusos, agresións, etc. Aínda queda moito por facer e hai marxe para mellorar o apoio ás familias no ámbito salarial, fiscal e educativo: equiparación salarial, mellorar as prestacións fiscais por fillos, ampliar a educación gratuíta aos cero anos para favorecer a incorporación da muller ao traballo... As conquistas foron moitas pero queda dabondo por facer. Nos momentos de crise económica as mulleres seguimos a ser as máis prexudicadas. Un dos primeiros prexuízos que se causa ás mulleres no relativo ao emprego é non considerar como “traballo” a cantidade de horas e esforzo adicado ao coidado da casa e da familia. Son maioritariamente mulleres as que levan a cabo ese traballo sen que o seu labor sexa recoñecido socialmente nin valorado economicamente. Tamén cando consideramos o traballo remunerado vemos que son as mulleres as que sofren unha taxa máis elevada de paro, de temporalidade e inestabilidade no emprego, de xornadas a tempo parcial, de menores salarios, etc. Os últimos datos do paro amosan un desemprego de 107.613 homes fronte a 124. 015 mulleres na Galiza (datos do Servizo Público de Emprego Estatal para xaneiro de 2010).
Cómpre preguntarse como actúan fronte a este panorama as institucións e as leis. A resposta é que as leis prohiben a discriminación das mulleres con carácter xeral e, concretamente, no emprego alomenos en teoría. Mais isto non é suficiente, precísanse actuacións coordinadas a diferentes niveis. Un dos aspectos a miúdo esquecido é o da educación.
Toda a poboación pasa pola escola e esta debe transmitir os valores compartidos tendentes á defensa da non discriminación, a paz e a convivencia. As administracións educativas, profesorado, ANPAS… deben establecer como obxectivo prioritario o fomento da igualdade real entre homes e mulleres, fomentando a coeducación, a valorización do femenino, facendo desaparecer a segregación por sexos, facilitando o acceso das mulleres aos estudos tradicionalmente masculinos, facendo visibles as mulleres que fixeron historia no literario, no científico, no deportivo… Sinxelamente amosar en igualdade de condicións a homes e mulleres. Se conseguimos levar a cabo esta tarefa compartida, estaremos a camiñar cara a unha igualdade real e interiorizada na que as nosas cidadás e cidadáns se comporten como tales e camiñen cara unha sociedade na que o primeiro sexa a xustiza social.
(*) Jéssica Fernández Polo é responsable de Muller Galiza Nova Ferrolterra
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:09 a.m. 0 comentarios
2.3.10
O BNG denuncia 'marxinación' nos informativos da TVE
O deputado nacionalista galego considera demostrado "que nos últimos meses, no canto de ofrecer unha información plural de todas as forzas do arco parlamentario", TVE "marxina" as formacións que, como o BNG, "son nacionalistas e non dan soporte ao Goberno".
Como exemplo "dunha liña informativa sectaria que atenta contra o dereito dos cidadáns a unha información plural, contrastada e veraz", Jorquera salienta o debate do Congreso sobre a situación económica, do pasado 17 de febreiro. Segundo denuncia, non se informou da intervención do portavoz do BNG, pero "si doutros partidos do grupo mixto como Coalición Canaria ou UPyD", con menos representación.
Estas mesmas circunstancias repetiuse na reunión entre o Goberno central e os distintos partidos políticos celebrada o pasado 25 de febreiro para impulsar un pacto de Estado contra a crise, onde na comparecencia posterior "o representante do BNG foi de novo excluído no informativo de mediodía de TVE, e non así con UPyD ou CC", segundo indica a formación frontista.
Francisco Jorquera estima "canto menos curioso" o criterio dos directores de TVE, xa que, tanto nun caso como noutro, o BNG é a forza política con máis representación: "209.042 votos nas últimas eleccións xerais fronte aos 164.255 de Coalición Canaria e dous deputados fronte a unha deputada de UPyD".
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:47 p.m. 0 comentarios
1.3.10
Gobernar ou ter poder
Puidérase pensar que o exercicio de goberno leva ineludiblemente aparellada a posesión democrática do poder. Ou que ostentar o poder só ten sentido se se utiliza para exercer democraticamente os labores de goberno. Dende o meu punto de vista, a historia recente do país e o primeiro ano de goberno do señor Feijóo, amosan que non sempre se cumpre a lóxica da norma.
Galiza tivo entre xuño de 2005 e marzo de 2009 un goberno disposto a gobernar ou, o que é o mesmo, un goberno disposto a tomar decisións en función do proxecto que ofrecera aos cidadáns. As medidas de protección do litoral e de freo da degradación urbanística, o aumento exponencial do investimento en educación e a gratuidade dos libros de texto, a construción dunha rede pública de servizos sociais e de organismos estables de colaboración coma o Consorcio, a nova ordenación dos aproveitamentos enerxéticos eólicos, a Lei do Banco de Terras, o Plan Sectorial de Vivenda Protexida, o Decreto do Hábitat, as Seleccións Deportivas Galegas, as Galescolas,… Todas elas, xunto coas accións promovidas no ámbito sanitario, na promoción do emprego ou na defensa da nosa identidade cultural, provocaron transformacións positivas no país, en coherencia co programa de cambio ofertado á cidadanía. Houbo equivocacións, como é normal, pero sobre todo houbo goberno.
O bipartito gobernou, pero o bipartito non ostentou o poder. O poder nunha sociedade avanzada está repartido entre diferentes estamentos (non todos elexidos democraticamente) e, en termos políticos, osténtao aquel que é capaz de impor a súa interpretación da realidade no día a día. Esa capacidade sempre estivo en mans do Partido Popular, non só pola súa fortaleza política e social, senón sobre todo, pola súas articulacións económicas, financieiras e mediáticas. O PP usou o seu poder para impor a apreciación interesada dun Goberno galego causante da crise, despilfarrador e dividido. Un debuxo falseado da realidade que se abriu paso tamén pola incapacidade de PSOE e BNG para facer unha lectura acaída da situación política e enfrontarse a ela. Así, trala campaña máis sucia da historia da democracia, o PP chegou democraticamente ao goberno. Pero chegou para ocupalo non para exercelo. Porque non se pode chamar gobernar a destruír o feito por outros sen aportar proxectos alternativos de futuro (non podemos esquecer que a saña con que se ten empregado Feijóo na privatización dos centros de día do Consorcio ou na desaparición das Galescolas vai acompañada duns orzamentos nos que se consignan cero euros para novas instalaciónns de benestar ou educación infantil). Porque a política urbanística de “ti vai facendo”, tan extendida no mundo municipal, e agora abrazada tamén pola Xunta, pode recibir aplausos tan populistas como efímeros. Pero iso non é gobernar, é mentir botándolle a culpa dos nosos males urbanísticos ás medidas de protección postas en marcha nos últimos tres anos e medio, no canto de atribuírllas a desregularización e abandono dos vinte anos anteriores. Porque o vitimismo chorón pode servir para tentar xustificar a falla de avances no noso autogoberno, pero non pode ocultar a falla total de estratexia gubernamental en relación coa Administración do Estado, que se pretende agochar botándolle a culpa de todo a Madrid, nun enfrontamento tan pueril como inútil. Teñen o poder pero non gobernan, nin toman decisións, nin saben en que dirección tomalas. Con todo, teñen poder económico, financieiro e mediático para ir tirando, e mesmo, ás veces, permítense o luxo de facer exactamente o contrario do que prometían, pasando de abrazar o ultraliberalismo financeiro máis ramplón a defender a intervención pública nas caixas. E ao mesmo tempo que en Madrid organizan o reparto do control das entidades de aforro entre as forzas políticas estatais, aquí intentan convencernos dun galeguismo financeiro que polo visto non ten o seu referente no Parlamento Galego senón… no andaluz!
Nunha cousa si cumpriu Feijóo: dixo no seu discurso de investidura que traballaría para conseguir “a unión de todos os galegos en torno a unha idea conxunta e compartida do país que queremos”. A súa cruzada en contra do galego rompendo os fráxiles consensos nesta materia serviu para que aflorara dende a pluralidade unha inmensa unidade cidadá en defensa do noso idioma e da nosa identidade. Quizáis, despois dun ano, ao señor Feijóo xa non lle funcionen tan ben os resortes institucionais, políticos, financieiros e mediáticos para impor a súa interpretación da realidade. E ese é o primeiro paso para perder o poder. O goberno nin o exercen nin o queren.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:37 p.m. 0 comentarios
22.2.10
Orgulloso do Galego
Martiño Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%. Campaña "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego" da Coordinadora Galega de ENDL. Comparte e difunde.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:50 p.m. 0 comentarios
21.2.10
O Circo do Capitalismo
Aínda coa adrenalina liberada no descenso polo tobogán de xaneiro, perante a situación de alerta polo perigo detectado no descenso de ingresos nas contas públicas estatais, e que xa tivo a sua primeira consecuencia co anuncio dun forte recorte no gasto público, e o presumible saqueo do sistema de pensións.
Nós mentres, aquí no noso país, na Galiza que algúns comezaron a desdebuxar tentando agochar o propio, entramos de cheo no entroido, nas máscaras dos vergalleiros, dos boteiros, dos felos, das tradicións acumuladas durante séculos. Máscaras para meter medo, para baterlle aos veciños, máscaras nun país no que hai que comezar a desenmascarar ao propio goberno. Pero, cal é a máscara deste goberno do P&P? Pois non é outra que a do cinismo e a irresponsabilidade, porque mentres concentran as súas forzas na batalla por derrubar a nosa dignidade colectiva, tentando ferir de morte a propia lingua, ou facendo escaramuzas coa cuestión das caixas galegas, unha pantasma percorre Galiza, un verdadeiro terremoto o da crise económica que fai tremer os cidadáns galegos. De iso non se ocupan, para que?, atallar a crise non forma parte das suas prioridades de goberno.
Mentres tanto, si asistimos día tras día a sucesivas sesións do circo do capitalismo: ao peche de numerosas empresas galegas e ao drama de comprobar como cada día homes e mulleres ingresan nesas longas listas do paro, coa inquedanza de non saber se este sistema lles permitirá algún día atopar de novo un posto de traballo. Pero malia esta traxedia social cotiá, a ousadía do mundo financeiro chega a raiar o amoral, anunciando aos catro ventos os grandes beneficios obtidos, e incluso algunha entidade ten a desvergoña de comunicar nos medios que de cada cinco créditos ICO solicitados, só concedeu un.
Barbaridades financeiras, estímulos públicos a un sistema en estado de shock, que incrementan o endebedamento dos mercados financeiros e a longa marcha cara taxas de desemprego crónicas no noso país. Todas elas non son cuestións que pareceran interesarlle a este goberno, un goberno cuxa inación podería resumirse no título daquela obra de Charles Bukowski: O capitán saíu xantar e os mariñeiros apropiáronse do barco.
Un presidente que non aporta ningunha solución, ningunha alternativa que non sexa continuar coa folla de ruta dun sistema neoliberal mercantilista que lle vai trazando o poder económico. Pero, aínda diría máis, incluso están a acelerar o proceso de privatizar o sector público cunha certa ansiedade, co fin de esnaquizalo, porque neste circo os mercados do capital teñen ademais o descaro de penalizar cando un Estado abanea e vanlle poñendo a ese risco de suspensión de pagos cualificacións, os temidos vereditos das axencias de rating –suprimindo “A”, ou mudando “+S” por “–S” na etiqueta de risco, ou incrementando o prezo dos chamados CDS (Credit Default Swaps). E mentres, aquí na Galiza estamos orfos de goberno xa que o que temos carece de altura política nun momento en que se precisan propostas feitas dende a responsabilidade e a valentía para mudar cara unha sociedade máis xusta, un goberno ausente no medio dunha crise económica que retratou con total crudeza o carácter asocial e insolidario de toda esta maquinaria neoliberal. Agóchase pola contra tras unha máscara que coma as do entroido mete medo, e vaille batendo a sociedade. Remataremos sendo como dicía Michael Moore o cineasta norteamericano, cando denunciaba o mimetismo de Europa coa peor cara dos Estados Unidos:
“Deixade de ser coma nós, a vosa sociedade vai sufrir se privatizades a sanidade ou retirades o diñeiro público da educación, porque entón seredes como a América das miñas películas”.
Artigo de Tarexa Táboas en Xornal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 12:48 p.m. 0 comentarios
8.2.10
Entrevista a Coordinadora Nacional do BNG Tareixa Táboas
TERESA TÁBOAS coordinadora da executiva nacional do bng e deputada autonómica
«O risco de escisión é un debate interesado para debilitar ao BNG»
A deputada nacionalista cre que a organización superou a situación de bicefalia da última asemblea e pide unidade para impulsar un proxecto ilusionante para o país
6/2/2010
Cando o BNG se fundaba como organización en Riazor, no ano 1982, ela estudaba cuarto de Arquitectura en México e debuxaba casiñas con tinta chinesa. Vinte e cinco anos despois, Teresa Táboas (Cidade de México, 1961) acabou debuxando a Lei de Vivenda e as Normas do Hábitat co Goberno bipartito galego do que formou parte. Arquitectura e política. Do Beariz do seu pai á cidade máis poboada do planeta. Esa dobre pertenza define á número dous do Bloque, que creceu educada en castelán, pero oíndo aos seus pais falar galego entre eles.
-¿Que fai vostede no BNG?
-E onde ía estar. Son nacionalista e galega.
-E moi atípica, viaxada, cunha posición acomodada...
-Pero o verdadeiro nacionalista é profundamente universal, o coñecemento doutras identidade reforza a propia.
-¿Como chegou ao Bloque?
-Os primeiros contactos foron cando colaborei no estudio de César Portela. Por alí pasaba Beiras con frecuencia, intercambiaban ideas, tiñan alí os seus debates cos que eu aprendía.
-¿Foi a admiración a Beiras?
-Si, claramente, o Colexio de Arquitectos de Galicia empezaba a súa andaina e había semente nova. A nosa arquitectura estaba moi vencellada a un pensamento social e político, que entendía este país, que quería buscar unha sociedade máis xusta a través do urbanismo e da composición dos espazos públicos e privativos.
-¿En que situación está agora mesmo o Bloque?
-É unha organización que sempre está en ebulición, e aí reside a súa riqueza. Sempre hai debate e propostas, nas asembleas, nos consellos...
-¿Cre que está disipado o risco dunha escisión?
-Debater e discrepar non é sinónimo de escisión, non se poden confundir as voces críticas coa ruptura, non podemos caer nese xogo, porque o risco de escisión é un debate interesado para debilitar ao BNG.
-¿Superouse o enfrontamento da última asemblea entre a UPG e os quintanistas?
-Sempre é posible o entendemento, pero para iso os actores deben deixar a un lado as cuestións persoais e as de grupo. Temos que estar xuntos como unha piña, porque o BNG ten que ser un proxecto político ilusionante para este país.
-Pero a imaxe foi de bicefalia, con Vázquez e Aymerich.
-Non existe bicefalia ningunha, temos un portavoz nacional da organización que é Guillerme Vázquez. E punto. E logo o BNG ten que ter voceiros nas Cámaras onde estea.
-¿Visualiza a Guillerme Vázquez de candidato á Xunta?
-Tradicionalmente, o portavoz nacional foi o candidato. Pero esa decisión terá que tomala a militancia cando toque, e non toca agora.
-¿Cre que Aymerich podería entón ter algunha opción?
-Carlos Aymerich é o portavoz parlamentario. Ese é o papel que ten agora mesmo, e ningún outro.
«Puido haber erros en certas decisións do bipartito, pero nós non fomos á Xunta a crear redes clientelares»
Respecto a posibles equivocacións no seu paso pola Xunta, di que «non é tanto a percepción de ter fallado, como algúns sensabores que quedaron».
-¿Por exemplo?
-Quizais o principal fora a oposición virulenta que fixeron algúns construtores contra as Normas do Hábitat ou plan sectorial de vivenda co que buscabamos a utopía de facer espazos urbanos amplos, máis agradables para vivir.
-Son tempos para o pragmatismo máis que para a utopía.
-Pois é importante a utopía na política, e na vida. Galeano dicía que a utopía servía para camiñar, para dar pasos e acadar horizontes. A nós valeunos para chegar ás Normas do Hábitat e acabar coa trapallada de 1992.
-¿Teme que se poda derrogar ou revisar todo iso?
-Non. Poderán modificar ou matizar o que queiran en favor da especulación, pero vai quedar constancia de que foi posible facer outro urbanismo.
-¿Non cre que dende algunhas parcelas do Goberno o BNG actuou con certa soberbia?
-Non, traballouse coa ilusión de facer cambios rápidos e quizais algunhas cousas non se explicaron ben.
-Bailes cos maiores, carretaxes a mítines. O propio Touriño dixo que o Bloque tentou crear unha rede clientelar.
-Puido haber algún erro en certas decisións, pero os nacionalistas non fomos á Xunta a crear redes clientelares. Non se pode confundir o que puido ser algunha actitude persoal reprobable coa colectiva.
-¿Vostede tampouco leu o informe sobre as caixas do instituto que dirixe Quintana?
-Non tiven esa curiosidade.
-Pois desaconsella a fusión que reclama o Bloque.
-Xa, pero o IGEA non é o Bloque, aínda que estea presidido polo anterior portavoz nacional.
-¿Como se garante a galeguidade das caixas?
-Como deputada, e como cidadá, son abertamente partidaria da fusión para ter unha caixa galega e forte, porque non podemos consentir que o noso crédito se decida en Madrid. Agora ben, agardamos que ninguén, especialmente o presidente da Xunta, estea xogando con cartas agochadas.
-¿Beiras ou Paco Rodríguez?
-Representan visións distintas, pero comparten a lealdade ao BNG e o amor ao país.
-¿Mellor nacionalismo ou galeguismo?
-Nacionalismo, sen dúbida.
-¿Galicia ou México?
-Iso é como preguntarlle a un neno se papá ou mamá. Os dous. Un é o meu país, outra a terra de oportunidades.
-¿BNG ou Máis BNG?
-Sempre BNG.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:36 p.m. 0 comentarios
1.2.10
Vilariño de Conso (PP) vota en contra do decreto
Este concello ourensán, cuxo alcalde é do Partido Popular, aprobou por unanimidade a moción impulsada polo BNG na que se demanda a retirada do decreto. Tamén insta a Xunta a que cumpra as súas obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galiza e se lle pide taxativamente ao Goberno galego que retorne ao consenso político e social que ficou consagrado tanto na Lei de Normalización Lingüística como no decreto 124/2007, produto este último do Plano de Normalización Lingüística.
Esta iniciativa do BNG vaise debater no conxunto dos concellos galegos e nela afírmase que “é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta de Galiza que maltrate e desprece a lingua propia do noso país”.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 3:57 p.m. 0 comentarios
31.1.10
Dende o BNG criticamos a estética das novas marquesiñas da zona rural
O BNG de Neda mostrou onte a súa desconformidade cos novos modelos de marquesiñas que se están a instalar na zona rural do municipio. Os nacionalista consideran que rompen todo tipo de estética, non so co ámbito, que tamén, mais cos mínimos canons de construción, representando ademais un perigo por carecer de visibilidade ante a aproximación dun automóbil». Ademais, a formación quere coñecer quen foi a persoa encargada de elaborar o proxecto: Preguntámonos que tipo de técnico, fixo vos proxectos destes novos modelos de marquesiñas de parada de bus nestas zonas rurais, aínda que sospeitamos que poidan ser dalgún político, metido a técnico na súa carreira frustrada cara ao deseño».
O Bloque tamén lamenta que aos veciños «se lles esixe acordes estéticos nas construción e máis non rural», mentres «ou Concello de Neda está a colocar este tipo de edificacións».
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:23 p.m. 0 comentarios
24.1.10
TEGA en Neda non apoia a Moción en contra do GALEGO
No Pleno celebrado onte día 21, no Concello de Neda, entre os puntos da orde do día e por vía de urxencia o debateuse unha moción do Bloque Nacionalista Galego, moción na que entre os acordos ía :
1.Retirar o borrador do novo Decreto sobre o uso das linguas vehiculares no ensino, presentado o pasado día 30 de decembro diante da opinión pública.
2. Cumprir as obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galiza en todos os planos da vida pública, de acordo co artigo 5 do Estatuto de Autonomía.
3. Retornar ao consenso político e social que se estabelece no marco normativo da Lei de Normalización Lingüística e no Decreto 124/2007, consecuencia do Plano de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade das forzas parlamentares.
Logo do debate, pasando á votación. A moción quedou rexeitada , sendo 6 votos a favor dos grupos BNG, PSOE, E.U. e 6 votos en contra PP e TEGA, co voto de calidade do Alcalde Ignacio Cabezón
Ao Bloque Nacionalista Galego, sorprendeulle a posición contraditoria de TEGA de Neda con respecto á liña oficial tomada polos membros do seu grupo en Narón, concello no cal foi aprobada por tódolos grupos agás o PP, postura que demostra que a linea galeguista de TEGA non é tal, e que choca frontalmente coa linea ideolóxica plasmada nos seus estatutos.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:27 p.m. 0 comentarios
16.1.10
País de sectarios/Sectarian's Country

Éche asi. Galiza (Jacobsland ou Galicia, nomes more correctos) está inzada de sectarios e extremistas. Ben o indica o Linguist Political General Secretaryna defensa do rascuño do Decree que o Popular Party está a impulsar. Todos, agás o Popular Party e o seu environment, sectarios, e ademais extremistas. O nacionalismo, of course. BNG e CIG son xa coñecidos de vello pola súa intolerancia e pola defensa de principios ideolóxicos obsoletos: igualdade entre os countries, xustiza social, freedom para a nación. Con estes non se pode ir a ningures. A Mesa e a Plataforma Queremos Galego non son máis que a “talibanada” lingüística que pretende que o idioma galego (invading) desprace o spanish, lingua propia de Galiza. Para falar coas cow,para criar pig e actividades similares pode estar very well. Agora ben, para a education, administration, justice, cinema, health, newspapers ou economical transactions, evidentemente non vale este dialecto. Mais tamén o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega son entidades nas que impera o fanatismo extremista. Ah! E o Consello de Europa e a Axencia Europea de Linguas Minorizadas cos seus informes sectarios. Por certo, tamén o resto dos sindicatos da education. E to take for granted, as organizacións estudantís, que como os Comités, son caldo de cultivo de radicais. E a Federación de ANPAS de Centros Públicos, eses also o son. Ou a Asociación Internacional de Estudos Galegos, too. E así até 600 organizations andentidades de diverso tipo. But, sobretodo, os thousand de women e men que se teñen manifestado, na defence do seu dialecto (galician) durante os últimos month. Eses son os worst.
Daquela, con who se pode to talk para negociar? Cos que non son sectarian, e teñen demostrado tolerant actitude nos últimos times. For example, a Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT), a Spanish Falange, ou o Popular Party, que teñen participado en manifestation (small, si, e con people de fóra de Galiza, mais manifestation), con dirixentes como Alfonso Rueda (ou wheel, dependendo de en que se fale, respectando a freedom de cadaquén), Carlos (Charles, Charly) Negreira (negrera, black ou similar, que ademais é friend de Millán Astray), ou Corina Porro (apelido que admite polisémicas posibilidades). Eles non son sectarian people, e poden to speak entre eles, e negociaren oDecree da Education xuntándose, poño por caso, nunha Blue Chicken. Así deeasy! E poden tamén chamar o judge of Alcorcón, o director da EGAP (que tivo a ben to send Nadal congratulations nun perfecto bilingüismo latin-spanish), and so on.
Confésome sectarian, como moitos outros. Por esa reason vaime resultarimpossible negociar nothing co Popular Party. E o próximo 21 de January estarei en Compostela, defendendo a exclusión dos two languages propios da Galiza (spanish e english) e a imposition dun strange dialecto: o galego. Somos así de raros neste sectarian country, nesta old nation que só aspira a ser ela mesma, e to build o seu futuro no idioma que pariu historicamente, que nos une e identifica.
a nosa terra
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:34 a.m. 0 comentarios
15.1.10
O BNG pregunta a Feijóo canto emprego xerará o seu apoio á rotativa de A Voz?

O BNG, a través de Anxo Quintana, rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia na que pide á Xunta, por escrito, as previsións de emprego que xerará co seu investimento de 2,2 millóns de euros na nova planta rotativa de La Voz de Galicia.
O pasado 5 de xaneiro, o Igape anunciou por medio dun comunicado o seu apoio ao proxecto, orzado en 22,15 millóns de euros. A subvención do organismo dependente da Consellería de Economía e Facenda, ?a fondo perdido? segundo os nacionalistas, cubrirá por tanto o 10% do investimento que acometerá o diario editado por Santiago Rey.
Ademais dos postos que a Xunta espera crear con leste ?millonario investimento?, o BNG demanda tamén ao Executivo ?a dotación económica total para ou ano 2010 dá partida orzamentaria que ou Igape utilizou para esta subvención?.
Por último, Quintana pregunta ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo o seguinte: ?Cantas e cales empresas galegas solicitaron á Xunta axudas non ano 2009 con cargo a ese mesmo fondo, cales se lles concedeu e canto se lles concedeu??. En opinión do BNG, ?dada a crise económica que está a sufrir ou noso país, resulta fácil adiviñar ou gran número de empresas que saudarían poder contar cunha axuda como esta?.
AGASALLO DE REYES
A pregunta para a súa resposta escrita presentada por Quintana equipara a subvención á rotativa da Voz cun agasallo de Reyes para o diario con sede na Coruña. ?Ou día 5 de xaneiro, coincidindo coa chegada a Galiza dous Reis Meigos, a Consellaría de Industria e Economía facía pública en nota de prensa a concesión dunha subvención a fondo perdido de 2,2 millóns de euros á empresa Galicia Editorial?, apunta o nacionalista. ?A axuda, segundo a nota de prensa, vehiculízase a través do Igape dentro dun proceso de concorrencia non competitiva e sen publicidade?, engade Quintana.
Estas preguntas, entregadas na mesa do Parlamento de Galicia o martes, únense á proposición non de lei coa que os nacionalistas pretenden que a Cámara inste á Xunta a establecer un maior control sobre as axudas aos medios de comunicación privados.
Tal e como adiantou onte Xornal, os nacionalistas demandan ao Executivo autonómico unha orde específica e única de apoio ás empresas do sector que impulse a estabilidade laboral e as melloras empresariais. Quintana e Carlos Aymerich, os dous impulsores da proposición non de lei, pretenden que o texto se debata nun pleno parlamentario.
Na iniciativa, solicítase que a citada orde estea baseada ?na mellora técnica empresarial, na consecución dunha maior estabilidade e calidade laboral dúas profesionais dous medios e na promoción do noso idioma e cultura. Unha orde baseada na libre e pública concorrencia, así como na baremación xusta dúas proxectos presentados?.
Os nacionalistas demandan ademais que a Xunta, no prazo máximo dun mes, faga público ?ou número de exemplares que ou Goberno galego e vos seus organismos autónomos mercan a cada empresa editora?. Unha vez que coñeza os datos, o BNG trasladará á Cámara ?unha proposta obxectiva para a adquisición de exemplares?.
PACHI VÁZQUEZ
O secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Pachi Vázquez, manifestou onte, no transcurso dun Café de Redacción de Xornal de Galicia que se publicará integramente na edición do domingo, que nas axudas aos medios en Galicia, ninguén é inocente, incluídos nós. Pero nós non podemos voltar a fallar outra vez. Teriamos que ter cambiado as regras e non ou fixemos nin apuntamos maneiras?.
O Colexio de Xornalistas de Galicia, a través do seu decano Xosé Manuel Pereiro, apoia as peticións incluídas na proposición non de lei presentada polo BNG no Parlamento.
Xornal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:16 p.m. 0 comentarios