
O nacionalista Carlos Aymerich liderou boa parte das críticas da oposición ao Goberno de Feijóo no recente Debate sobre o Estado da Autonomía. Cando xa se cumpriu o primeiro ano dos catro da lexislatura, o voceiro parlamentario do BNG considera que “queda demostrado que esta Xunta non está á altura do país”.
Que sensacións lle deixou o Debate?
A conclusión fundamental é que temos que cambiar o regulamento para evitar espectáculos como o dado coas resolucións. E logo o debate en si amosou a un Núñez Feijóo que fuxiu das contas, nunca falou do feito nos doce meses que leva na Xunta, o que é unha fuxida permanente cara diante, na que non se cumpre o prometido pero se anuncian novos plans que seguramente tampouco se cumprirán.
Na primeira xornada do Debate fíxose visible certa crítica conxunta de Bloque e PSOE, como representando unha alternativa. Pero no día das resolucións xa volveron algunhas divisións.
Eu teño falado con moitos amigos do PSOE de que o Bloque non pode facer toda a oposición el só. Nas resolucións fálase de xeometría variable, e Feijóo está cómodo no medio da roda, pactando con uns as caixas e cos outros o territorio e a demografía. Pero nas caixas non hai un pacto, hai unha lei do BNG que foi apoiada polo PP. Eu xa dixen no debate que Feijóo é o responsable do que suceda agora. O que non pode facer é culpar a outros da súa falta de habilidade ou de firmeza. Neste país xa imos fartos de culpabilidades colectivas. Cando vetou o Estatuto tamén dixo que a culpa era de todos e non, era súa. E se o das caixas fracasa será porque non pon toda a carne no asador, non recorre o FROB nin ten a forza suficiente dentro do seu partido para cambiar a opinión do PP estatal, que é a mesma que a do PSOE, a favor dun reparto do mapa financeiro en dúas grandes áreas de influencia, unha para cada partido. Feijóo ten que pasar das palabras aos feitos. O que si nos sorprendeu máis foi o pacto polo territorio. Estes días temos en Barreiros o que significa ese pacto, que envía a mensaxe de que se pode construír ilegalmente en terreo rústico, que non vai haber sancións.
Vai dar batalla co territorio o Bloque ao mesmo nivel que coas caixas?
O BNG está para defender este país e se non o facemos sobramos, porque para esnaquizalo hai outros, mellores que nós niso. Nós non temos unha versión idílica do territorio nin pensamos que non hai que facer nada de nada, nós estamos porque haxa desenvolvemento e industria, pero dentro dun desenvolvemento racional do territorio, con respecto absoluto polo medio ambiente. O que non pode ser é que esa ordenación comece polo tellado. Se xa existe moita dispersión na poboación teremos que mirar de non aumentala, e a reforma que pactaron PP e PSOE por exemplo non axuda a ese propósito. Fan unha reforma exprés da Lei do Solo para legalizar todos os desmáns que Feijóo permitiu cando era conselleiro, cos Gobernos de Fraga. A este paso, cando haxa directrices da ordenación do territorio xa non vai haber territorio que ordenar. Constatamos que hai unha política moi lesiva para o país, claramente inspirada polo PP e por Agustín Hernández, que é o representante dos promotores e dos grandes construtores no Goberno. E agora o PSOE avala iso, e eu o lamento, porque así volve aos anos do sindicato de alcaldes e de seguir as ordes de Madrid, como nos tempos de Francisco Vázquez. Así vai ser difícil presentar unha alternativa ao PP.
Foi iluso o BNG coas caixas?
Non, sempre fomos conscientes de que isto era un tema complicado, consensuado por PP e PSOE en Madrid, que queren centralizar o poder financeiro e acabar convertendo as caixas en bancos. Iso non é fácil movelo. O que me pregunto é porque o PSOE pacta co PP por Cajamadrid, asumindo que ese era un tema central, pero en Galiza non, o que merece unha explicación, como merece unha explicación que Feijóo non se decida a aplicar a lei, non está actuando de acordo co mandato parlamentario segundo o cal ten que impugnar o FROB. E tamén ten que facerse respectar en Madrid e para iso ten que respectar primeiro a Galiza, o que non se consegue desprezando a lingua ou o autogoberno ou máis preocupado no que din os foros madrileños que no que lle ocorre aos galegos.
No Debate, Feijóo traduciu a Castelao pero definiuse como “galeguista”. Hai unha perversión do diccionario?
Isto lembra á neolingua da que fala Orwell en 1984. Eliminan os libros de texto gratis pero lle chaman gratuidade solidaria cando é todo o contrario; eliminan os servizos públicos e lle chaman austeridade; incrementan a débeda e lle chaman saneamento; atacan a lingua, a cultura e a identidade galega e falan de equilibrio e cordialidade. Feijóo usa os problemas dos galegos e os nosos parados para pavimentar a chegada do PP ao poder en Madrid. Logo di iso da Galiza global e debe referirse á subvención para que Caramelo envíe a China a súa produción. Isto é o que temos.
Seguen firmes en contra do decreto do galego do PP malia que agora é defendido como “equilibrado”.
O 50-50 que propoñen non é o equilibrio que sinala o Plan de Normalización, que fai referencia a un mínimo da metade do horario lectivo. Agora haberá un 50% excluídos os idiomas. E logo, ese suposto equilibrio ata se podería aceptar se houbese tamén equilibrio nos medios de comunicación, nas relacións comerciais, na administración, nos outros aspectos da vida, porque un non se socializa só na escola. Pero a escola está para correxir os desequilibrios. Se na sociedade hai unha desigualdade evidente entre galego e castelán iso non se vai solucionar cun falso equilibrio na escola. Tratar como iguais aos que non o son tamén é discriminar. E hai máis temas moi graves. En infantil, un neno nun entorno castelán falante non vai ter ningún contacto co galego na escola e seguramente tampouco na vida diaria. Iso é equilibrio? Pero é que ademais, logo está iso de escoller a lingua na que falan ao profesor. Nunca houbo ningún problema por iso, pero o normal en termos pedagóxicos é que se faga o exame no idioma no que se imparte. Todo isto non é algo que só diga o BNG. Feijóo cometeu un erro de cálculo, xa levou tres avisos e agora está só, porque defendendo a lingua está tamén o PSOE, nunha postura que o honra, está a Real Academia, está o Consello da Cultura, están os colexios relixiosos concertados, están as asociacións de renovación pedagóxica, os sindicatos, todo o mundo menos Feijóo, Galicia Bilingüe e Rosa Díez, que están no outro lado.
A reforma do Estatuto é unha causa perdida nesta lexislatura?
Non, non renunciamos a que esta lexislatura poda ser a do Estatuto, pero estamos no de sempre, que Estatuto? Feijóo xa o vetou unha vez e agora é o responsable de que teñamos un financiamento inxusto, xa que non regulamos eses mínimos como si fixo por exemplo Cataluña. E agora Feijóo segue no de sempre: xa o plantexaremos cando saia a sentenza do Estatut. El chegou a dicir que a reforma do Estatuto galego era imprescindíbel en termos políticos, pero chegou Rajoy, dixo que non é unha prioridade para Galiza e todo pasou a mellor vida. O BNG ten claro que quere un Estatuto para crecer, que manteña o noso estatus gañado hai trinta anos, xunto a Euskadi e Cataluña e iso significa que o texto ten que recoñecer o noso feito nacional, ten que recoñecer o dereito a uns servizos sociais públicos, porque para iso vale un Estatuto tamén. Tería que blindar as nosas competencias e tamén igualar a nivel legal a galego e castelán, como pediu o propio Xesús Palmou en Xornal, para que os que falamos galego teñamos os mesmos dereitos que os que falan castelán, algo que agora non ocorre.
Os tres grupos veñen de asinar unha resolución para loitar contra a crise. Porén, este tipo de acordos adoitan xerar moito escepticismo.
Eu tamén son bastante escéptico sobre este tipo de resolucións porque no discurso de investidura Feijóo prometeu trinta plans e non fixo ningún. El queixábase de que no último ano do bipartito medrara o paro en 15.000 persoas, e agora con el foi o dobre, 30.000. E non di nada sobre o que vai facer para atallar esta sangría. Isto debemos de cambialo, porque aprobar resolucións sen que haxa logo un mecanismo de seguimento e cumprimento non avanza nada. Pero tamén é moi chusca esta que aprobaron sobre o impulso demográfico.
Fraga dicía que os galegos tiñan que poñerse a facer fillos.
Eu prefiro o que dicía John Kenneth Galbraith cando Ronald Reagan quixo adornar a súa política neoliberal dicindo que había que defender as familias e este contestoulle que se preocupara de ofrecer uns bos servizos públicos, unha boa educación, unha boa sanidade, que se hai iso as familias xa se defenden soas e farán os fillos que queiran. E agora, o PP fala de impulso demográfico cando pecha galescolas, non abre centros de día... cun desemprego e unha precariedade laboral con cara de muller nova. De este xeito cal vai ser o impulso demográfico? Cando Fraga falara daquilo, cun discurso terrible que viña a dicir algo así como que cando as mulleres se liberan deixan de facer fillos, se creara un equipo de traballo e elaborara un informe que logo o PP non aprobou porque falaba precisamente diso, da necesidade de incrementar os servizos públicos para mellorar a demografía.
Vaise manter a tensión deste primeiro ano o resto da lexislatura?
Creo que Feijóo desperdiciou a cuarta parte do seu mandato dividindo ao país, e este non era un ano calquera, é o único que tiña sen eleccións. E nun ano que é o primeiro, o de maior enerxía, sen comicios, que pode ser o máis propicio para introducir acordos e propostas constatamos que o que fixo foi un desperdicio...ada indica que o ano que vén, con municipais, vaia baixar o diapasón, máis ben todo o contrario. Ademais, Feijóo chegou como o gran pacificador, o que ía domar e castrar ao sector da boina e logo a Galiza. E vemos como un ano despois, as augas dentro do PPdeG non baixan tan calmas e na sociedade galega hai moita máis contestación da que esperaba. Porque ademais Feijóo tolera escándalos democráticos como as prácticas dos Baltar en Ourense ou as de Louzán en Pontevedra, coas súas mocións de censura con tránsfugas.
As municipais están preto.
Estamos traballando para melloren resultados e para ter un BNG que poida aproveitar ese sentimento de orfandade que teñen agora moitos votantes do PSOE que non se recoñecen con este PSOE de Pachi Vázquez, que pacta legalizar todas as desfeitas urbanísticas. Hai moita xente que empeza a mirar para o BNG e temos que facernos merecedores da súa confianza.
Por iso o BNG non celebrará asemblea este ano?
Nós (a corrente Máis Galiza) cando falabamos dunha asemblea antes da municipais sempre dixemos para que a queríamos e como a queríamos. Agora, cando aínda non pasou un ano da anterior, se non chegamos a ela cun mínimo de consenso previo podería ser moi negativo. Queríamos unha asemblea que servise para proxectar un BNG unido e pechase as feridas da última, pero non unha de confrontación ás portas dunhas municipais nas que o Bloque se xoga moito, incrementar a presenza nos concellos pero algo máis.
Que é ese “algo máis” que se xoga o BNG nas locais?
Pois que o Bloque poida saír das municipais con forzas para botar a Feijóo da Xunta
21.3.10
Carlos Aymerich: “Núñez Feijóo usa os parados galegos para pavimentar a chegada de Rajoy ao poder”
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:31 a.m. 0 comentarios
7.3.10
POLA ABOLICIÓN DO 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
O título deste artigo é coma aquel anuncio que dicía “cervexa gratis” e despois aclaraba: “agora que captei a súa atención…” Dende sempre as mulleres estivemos obrigadas a captar a atención sobre os nosos problemas, inquedanzas, sentimentos… O mundo masculino céntrao todo e, ás veces, chega un punto no que a pretendida igualdade se refire a “converterse” nun home. Un compañeiro meu dicíame hai un tempo: “Sodes iguais que os homes? E pensaredes que sodes gran cousa!”. Pois aquí está a diferenza. Nin somos homes nin queremos selo. A nosa loita é pola posibilidade de decidir en igualdade de condicións o que queremos ser, no que queremos traballar, o que queremos estudar…, sen esquecer o que nos fai diferentes pero non desiguais.
A conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora ten unha orixe algo controvertida pero non radica nun acontecemento illado, senón que debemos situalo nun contexto histórico e ideolóxico moito máis amplo. A comezos do século XX, moitas mulleres incorporáronse ao traballo nas fábricas nunhas condicións moi duras: xornadas laborais moi longas, de doce e máis horas, recibindo salarios inferiores aos dos homes. A medida que as mulleres se ían incorporando ao mundo laboral, facíase máis evidente que aquela situación non era xusta, e pouco a pouco comenzaron a organizarse. Sóense tomar como referencia dous feitos. Por unha banda, a protesta das traballadoras da fábrica téxtil Cotton de Nova York que rematou con 129 mulleres mortas e, por outra, a decisión da líder do movemento alemán de mulleres socialistas, Clara Zetkin, de converter esta celebración nunha festividade. Estes son dous feitos puntuais pero o 8 de marzo é unha xornada de reflexión sobre o longo camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.
O obxectivo final da igualdade aínda non se conseguiu, e para elo simplemente temos que remitirnos aos datos de desemprego, horas de traballo dentro do fogar e fóra del, posición laboral, soldos, abusos, agresións, etc. Aínda queda moito por facer e hai marxe para mellorar o apoio ás familias no ámbito salarial, fiscal e educativo: equiparación salarial, mellorar as prestacións fiscais por fillos, ampliar a educación gratuíta aos cero anos para favorecer a incorporación da muller ao traballo... As conquistas foron moitas pero queda dabondo por facer. Nos momentos de crise económica as mulleres seguimos a ser as máis prexudicadas. Un dos primeiros prexuízos que se causa ás mulleres no relativo ao emprego é non considerar como “traballo” a cantidade de horas e esforzo adicado ao coidado da casa e da familia. Son maioritariamente mulleres as que levan a cabo ese traballo sen que o seu labor sexa recoñecido socialmente nin valorado economicamente. Tamén cando consideramos o traballo remunerado vemos que son as mulleres as que sofren unha taxa máis elevada de paro, de temporalidade e inestabilidade no emprego, de xornadas a tempo parcial, de menores salarios, etc. Os últimos datos do paro amosan un desemprego de 107.613 homes fronte a 124. 015 mulleres na Galiza (datos do Servizo Público de Emprego Estatal para xaneiro de 2010).
Cómpre preguntarse como actúan fronte a este panorama as institucións e as leis. A resposta é que as leis prohiben a discriminación das mulleres con carácter xeral e, concretamente, no emprego alomenos en teoría. Mais isto non é suficiente, precísanse actuacións coordinadas a diferentes niveis. Un dos aspectos a miúdo esquecido é o da educación.
Toda a poboación pasa pola escola e esta debe transmitir os valores compartidos tendentes á defensa da non discriminación, a paz e a convivencia. As administracións educativas, profesorado, ANPAS… deben establecer como obxectivo prioritario o fomento da igualdade real entre homes e mulleres, fomentando a coeducación, a valorización do femenino, facendo desaparecer a segregación por sexos, facilitando o acceso das mulleres aos estudos tradicionalmente masculinos, facendo visibles as mulleres que fixeron historia no literario, no científico, no deportivo… Sinxelamente amosar en igualdade de condicións a homes e mulleres. Se conseguimos levar a cabo esta tarefa compartida, estaremos a camiñar cara a unha igualdade real e interiorizada na que as nosas cidadás e cidadáns se comporten como tales e camiñen cara unha sociedade na que o primeiro sexa a xustiza social.
(*) Jéssica Fernández Polo é responsable de Muller Galiza Nova Ferrolterra
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:09 a.m. 0 comentarios
2.3.10
O BNG denuncia 'marxinación' nos informativos da TVE
O deputado nacionalista galego considera demostrado "que nos últimos meses, no canto de ofrecer unha información plural de todas as forzas do arco parlamentario", TVE "marxina" as formacións que, como o BNG, "son nacionalistas e non dan soporte ao Goberno".
Como exemplo "dunha liña informativa sectaria que atenta contra o dereito dos cidadáns a unha información plural, contrastada e veraz", Jorquera salienta o debate do Congreso sobre a situación económica, do pasado 17 de febreiro. Segundo denuncia, non se informou da intervención do portavoz do BNG, pero "si doutros partidos do grupo mixto como Coalición Canaria ou UPyD", con menos representación.
Estas mesmas circunstancias repetiuse na reunión entre o Goberno central e os distintos partidos políticos celebrada o pasado 25 de febreiro para impulsar un pacto de Estado contra a crise, onde na comparecencia posterior "o representante do BNG foi de novo excluído no informativo de mediodía de TVE, e non así con UPyD ou CC", segundo indica a formación frontista.
Francisco Jorquera estima "canto menos curioso" o criterio dos directores de TVE, xa que, tanto nun caso como noutro, o BNG é a forza política con máis representación: "209.042 votos nas últimas eleccións xerais fronte aos 164.255 de Coalición Canaria e dous deputados fronte a unha deputada de UPyD".
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:47 p.m. 0 comentarios
1.3.10
Gobernar ou ter poder
Puidérase pensar que o exercicio de goberno leva ineludiblemente aparellada a posesión democrática do poder. Ou que ostentar o poder só ten sentido se se utiliza para exercer democraticamente os labores de goberno. Dende o meu punto de vista, a historia recente do país e o primeiro ano de goberno do señor Feijóo, amosan que non sempre se cumpre a lóxica da norma.
Galiza tivo entre xuño de 2005 e marzo de 2009 un goberno disposto a gobernar ou, o que é o mesmo, un goberno disposto a tomar decisións en función do proxecto que ofrecera aos cidadáns. As medidas de protección do litoral e de freo da degradación urbanística, o aumento exponencial do investimento en educación e a gratuidade dos libros de texto, a construción dunha rede pública de servizos sociais e de organismos estables de colaboración coma o Consorcio, a nova ordenación dos aproveitamentos enerxéticos eólicos, a Lei do Banco de Terras, o Plan Sectorial de Vivenda Protexida, o Decreto do Hábitat, as Seleccións Deportivas Galegas, as Galescolas,… Todas elas, xunto coas accións promovidas no ámbito sanitario, na promoción do emprego ou na defensa da nosa identidade cultural, provocaron transformacións positivas no país, en coherencia co programa de cambio ofertado á cidadanía. Houbo equivocacións, como é normal, pero sobre todo houbo goberno.
O bipartito gobernou, pero o bipartito non ostentou o poder. O poder nunha sociedade avanzada está repartido entre diferentes estamentos (non todos elexidos democraticamente) e, en termos políticos, osténtao aquel que é capaz de impor a súa interpretación da realidade no día a día. Esa capacidade sempre estivo en mans do Partido Popular, non só pola súa fortaleza política e social, senón sobre todo, pola súas articulacións económicas, financieiras e mediáticas. O PP usou o seu poder para impor a apreciación interesada dun Goberno galego causante da crise, despilfarrador e dividido. Un debuxo falseado da realidade que se abriu paso tamén pola incapacidade de PSOE e BNG para facer unha lectura acaída da situación política e enfrontarse a ela. Así, trala campaña máis sucia da historia da democracia, o PP chegou democraticamente ao goberno. Pero chegou para ocupalo non para exercelo. Porque non se pode chamar gobernar a destruír o feito por outros sen aportar proxectos alternativos de futuro (non podemos esquecer que a saña con que se ten empregado Feijóo na privatización dos centros de día do Consorcio ou na desaparición das Galescolas vai acompañada duns orzamentos nos que se consignan cero euros para novas instalaciónns de benestar ou educación infantil). Porque a política urbanística de “ti vai facendo”, tan extendida no mundo municipal, e agora abrazada tamén pola Xunta, pode recibir aplausos tan populistas como efímeros. Pero iso non é gobernar, é mentir botándolle a culpa dos nosos males urbanísticos ás medidas de protección postas en marcha nos últimos tres anos e medio, no canto de atribuírllas a desregularización e abandono dos vinte anos anteriores. Porque o vitimismo chorón pode servir para tentar xustificar a falla de avances no noso autogoberno, pero non pode ocultar a falla total de estratexia gubernamental en relación coa Administración do Estado, que se pretende agochar botándolle a culpa de todo a Madrid, nun enfrontamento tan pueril como inútil. Teñen o poder pero non gobernan, nin toman decisións, nin saben en que dirección tomalas. Con todo, teñen poder económico, financieiro e mediático para ir tirando, e mesmo, ás veces, permítense o luxo de facer exactamente o contrario do que prometían, pasando de abrazar o ultraliberalismo financeiro máis ramplón a defender a intervención pública nas caixas. E ao mesmo tempo que en Madrid organizan o reparto do control das entidades de aforro entre as forzas políticas estatais, aquí intentan convencernos dun galeguismo financeiro que polo visto non ten o seu referente no Parlamento Galego senón… no andaluz!
Nunha cousa si cumpriu Feijóo: dixo no seu discurso de investidura que traballaría para conseguir “a unión de todos os galegos en torno a unha idea conxunta e compartida do país que queremos”. A súa cruzada en contra do galego rompendo os fráxiles consensos nesta materia serviu para que aflorara dende a pluralidade unha inmensa unidade cidadá en defensa do noso idioma e da nosa identidade. Quizáis, despois dun ano, ao señor Feijóo xa non lle funcionen tan ben os resortes institucionais, políticos, financieiros e mediáticos para impor a súa interpretación da realidade. E ese é o primeiro paso para perder o poder. O goberno nin o exercen nin o queren.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:37 p.m. 0 comentarios
22.2.10
Orgulloso do Galego
Martiño Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%. Campaña "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego" da Coordinadora Galega de ENDL. Comparte e difunde.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:50 p.m. 0 comentarios
21.2.10
O Circo do Capitalismo
Aínda coa adrenalina liberada no descenso polo tobogán de xaneiro, perante a situación de alerta polo perigo detectado no descenso de ingresos nas contas públicas estatais, e que xa tivo a sua primeira consecuencia co anuncio dun forte recorte no gasto público, e o presumible saqueo do sistema de pensións.
Nós mentres, aquí no noso país, na Galiza que algúns comezaron a desdebuxar tentando agochar o propio, entramos de cheo no entroido, nas máscaras dos vergalleiros, dos boteiros, dos felos, das tradicións acumuladas durante séculos. Máscaras para meter medo, para baterlle aos veciños, máscaras nun país no que hai que comezar a desenmascarar ao propio goberno. Pero, cal é a máscara deste goberno do P&P? Pois non é outra que a do cinismo e a irresponsabilidade, porque mentres concentran as súas forzas na batalla por derrubar a nosa dignidade colectiva, tentando ferir de morte a propia lingua, ou facendo escaramuzas coa cuestión das caixas galegas, unha pantasma percorre Galiza, un verdadeiro terremoto o da crise económica que fai tremer os cidadáns galegos. De iso non se ocupan, para que?, atallar a crise non forma parte das suas prioridades de goberno.
Mentres tanto, si asistimos día tras día a sucesivas sesións do circo do capitalismo: ao peche de numerosas empresas galegas e ao drama de comprobar como cada día homes e mulleres ingresan nesas longas listas do paro, coa inquedanza de non saber se este sistema lles permitirá algún día atopar de novo un posto de traballo. Pero malia esta traxedia social cotiá, a ousadía do mundo financeiro chega a raiar o amoral, anunciando aos catro ventos os grandes beneficios obtidos, e incluso algunha entidade ten a desvergoña de comunicar nos medios que de cada cinco créditos ICO solicitados, só concedeu un.
Barbaridades financeiras, estímulos públicos a un sistema en estado de shock, que incrementan o endebedamento dos mercados financeiros e a longa marcha cara taxas de desemprego crónicas no noso país. Todas elas non son cuestións que pareceran interesarlle a este goberno, un goberno cuxa inación podería resumirse no título daquela obra de Charles Bukowski: O capitán saíu xantar e os mariñeiros apropiáronse do barco.
Un presidente que non aporta ningunha solución, ningunha alternativa que non sexa continuar coa folla de ruta dun sistema neoliberal mercantilista que lle vai trazando o poder económico. Pero, aínda diría máis, incluso están a acelerar o proceso de privatizar o sector público cunha certa ansiedade, co fin de esnaquizalo, porque neste circo os mercados do capital teñen ademais o descaro de penalizar cando un Estado abanea e vanlle poñendo a ese risco de suspensión de pagos cualificacións, os temidos vereditos das axencias de rating –suprimindo “A”, ou mudando “+S” por “–S” na etiqueta de risco, ou incrementando o prezo dos chamados CDS (Credit Default Swaps). E mentres, aquí na Galiza estamos orfos de goberno xa que o que temos carece de altura política nun momento en que se precisan propostas feitas dende a responsabilidade e a valentía para mudar cara unha sociedade máis xusta, un goberno ausente no medio dunha crise económica que retratou con total crudeza o carácter asocial e insolidario de toda esta maquinaria neoliberal. Agóchase pola contra tras unha máscara que coma as do entroido mete medo, e vaille batendo a sociedade. Remataremos sendo como dicía Michael Moore o cineasta norteamericano, cando denunciaba o mimetismo de Europa coa peor cara dos Estados Unidos:
“Deixade de ser coma nós, a vosa sociedade vai sufrir se privatizades a sanidade ou retirades o diñeiro público da educación, porque entón seredes como a América das miñas películas”.
Artigo de Tarexa Táboas en Xornal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 12:48 p.m. 0 comentarios
8.2.10
Entrevista a Coordinadora Nacional do BNG Tareixa Táboas
TERESA TÁBOAS coordinadora da executiva nacional do bng e deputada autonómica
«O risco de escisión é un debate interesado para debilitar ao BNG»
A deputada nacionalista cre que a organización superou a situación de bicefalia da última asemblea e pide unidade para impulsar un proxecto ilusionante para o país
6/2/2010
Cando o BNG se fundaba como organización en Riazor, no ano 1982, ela estudaba cuarto de Arquitectura en México e debuxaba casiñas con tinta chinesa. Vinte e cinco anos despois, Teresa Táboas (Cidade de México, 1961) acabou debuxando a Lei de Vivenda e as Normas do Hábitat co Goberno bipartito galego do que formou parte. Arquitectura e política. Do Beariz do seu pai á cidade máis poboada do planeta. Esa dobre pertenza define á número dous do Bloque, que creceu educada en castelán, pero oíndo aos seus pais falar galego entre eles.
-¿Que fai vostede no BNG?
-E onde ía estar. Son nacionalista e galega.
-E moi atípica, viaxada, cunha posición acomodada...
-Pero o verdadeiro nacionalista é profundamente universal, o coñecemento doutras identidade reforza a propia.
-¿Como chegou ao Bloque?
-Os primeiros contactos foron cando colaborei no estudio de César Portela. Por alí pasaba Beiras con frecuencia, intercambiaban ideas, tiñan alí os seus debates cos que eu aprendía.
-¿Foi a admiración a Beiras?
-Si, claramente, o Colexio de Arquitectos de Galicia empezaba a súa andaina e había semente nova. A nosa arquitectura estaba moi vencellada a un pensamento social e político, que entendía este país, que quería buscar unha sociedade máis xusta a través do urbanismo e da composición dos espazos públicos e privativos.
-¿En que situación está agora mesmo o Bloque?
-É unha organización que sempre está en ebulición, e aí reside a súa riqueza. Sempre hai debate e propostas, nas asembleas, nos consellos...
-¿Cre que está disipado o risco dunha escisión?
-Debater e discrepar non é sinónimo de escisión, non se poden confundir as voces críticas coa ruptura, non podemos caer nese xogo, porque o risco de escisión é un debate interesado para debilitar ao BNG.
-¿Superouse o enfrontamento da última asemblea entre a UPG e os quintanistas?
-Sempre é posible o entendemento, pero para iso os actores deben deixar a un lado as cuestións persoais e as de grupo. Temos que estar xuntos como unha piña, porque o BNG ten que ser un proxecto político ilusionante para este país.
-Pero a imaxe foi de bicefalia, con Vázquez e Aymerich.
-Non existe bicefalia ningunha, temos un portavoz nacional da organización que é Guillerme Vázquez. E punto. E logo o BNG ten que ter voceiros nas Cámaras onde estea.
-¿Visualiza a Guillerme Vázquez de candidato á Xunta?
-Tradicionalmente, o portavoz nacional foi o candidato. Pero esa decisión terá que tomala a militancia cando toque, e non toca agora.
-¿Cre que Aymerich podería entón ter algunha opción?
-Carlos Aymerich é o portavoz parlamentario. Ese é o papel que ten agora mesmo, e ningún outro.
«Puido haber erros en certas decisións do bipartito, pero nós non fomos á Xunta a crear redes clientelares»
Respecto a posibles equivocacións no seu paso pola Xunta, di que «non é tanto a percepción de ter fallado, como algúns sensabores que quedaron».
-¿Por exemplo?
-Quizais o principal fora a oposición virulenta que fixeron algúns construtores contra as Normas do Hábitat ou plan sectorial de vivenda co que buscabamos a utopía de facer espazos urbanos amplos, máis agradables para vivir.
-Son tempos para o pragmatismo máis que para a utopía.
-Pois é importante a utopía na política, e na vida. Galeano dicía que a utopía servía para camiñar, para dar pasos e acadar horizontes. A nós valeunos para chegar ás Normas do Hábitat e acabar coa trapallada de 1992.
-¿Teme que se poda derrogar ou revisar todo iso?
-Non. Poderán modificar ou matizar o que queiran en favor da especulación, pero vai quedar constancia de que foi posible facer outro urbanismo.
-¿Non cre que dende algunhas parcelas do Goberno o BNG actuou con certa soberbia?
-Non, traballouse coa ilusión de facer cambios rápidos e quizais algunhas cousas non se explicaron ben.
-Bailes cos maiores, carretaxes a mítines. O propio Touriño dixo que o Bloque tentou crear unha rede clientelar.
-Puido haber algún erro en certas decisións, pero os nacionalistas non fomos á Xunta a crear redes clientelares. Non se pode confundir o que puido ser algunha actitude persoal reprobable coa colectiva.
-¿Vostede tampouco leu o informe sobre as caixas do instituto que dirixe Quintana?
-Non tiven esa curiosidade.
-Pois desaconsella a fusión que reclama o Bloque.
-Xa, pero o IGEA non é o Bloque, aínda que estea presidido polo anterior portavoz nacional.
-¿Como se garante a galeguidade das caixas?
-Como deputada, e como cidadá, son abertamente partidaria da fusión para ter unha caixa galega e forte, porque non podemos consentir que o noso crédito se decida en Madrid. Agora ben, agardamos que ninguén, especialmente o presidente da Xunta, estea xogando con cartas agochadas.
-¿Beiras ou Paco Rodríguez?
-Representan visións distintas, pero comparten a lealdade ao BNG e o amor ao país.
-¿Mellor nacionalismo ou galeguismo?
-Nacionalismo, sen dúbida.
-¿Galicia ou México?
-Iso é como preguntarlle a un neno se papá ou mamá. Os dous. Un é o meu país, outra a terra de oportunidades.
-¿BNG ou Máis BNG?
-Sempre BNG.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:36 p.m. 0 comentarios
1.2.10
Vilariño de Conso (PP) vota en contra do decreto
Este concello ourensán, cuxo alcalde é do Partido Popular, aprobou por unanimidade a moción impulsada polo BNG na que se demanda a retirada do decreto. Tamén insta a Xunta a que cumpra as súas obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galiza e se lle pide taxativamente ao Goberno galego que retorne ao consenso político e social que ficou consagrado tanto na Lei de Normalización Lingüística como no decreto 124/2007, produto este último do Plano de Normalización Lingüística.
Esta iniciativa do BNG vaise debater no conxunto dos concellos galegos e nela afírmase que “é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta de Galiza que maltrate e desprece a lingua propia do noso país”.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 3:57 p.m. 0 comentarios
31.1.10
Dende o BNG criticamos a estética das novas marquesiñas da zona rural
O BNG de Neda mostrou onte a súa desconformidade cos novos modelos de marquesiñas que se están a instalar na zona rural do municipio. Os nacionalista consideran que rompen todo tipo de estética, non so co ámbito, que tamén, mais cos mínimos canons de construción, representando ademais un perigo por carecer de visibilidade ante a aproximación dun automóbil». Ademais, a formación quere coñecer quen foi a persoa encargada de elaborar o proxecto: Preguntámonos que tipo de técnico, fixo vos proxectos destes novos modelos de marquesiñas de parada de bus nestas zonas rurais, aínda que sospeitamos que poidan ser dalgún político, metido a técnico na súa carreira frustrada cara ao deseño».
O Bloque tamén lamenta que aos veciños «se lles esixe acordes estéticos nas construción e máis non rural», mentres «ou Concello de Neda está a colocar este tipo de edificacións».
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:23 p.m. 0 comentarios
24.1.10
TEGA en Neda non apoia a Moción en contra do GALEGO
No Pleno celebrado onte día 21, no Concello de Neda, entre os puntos da orde do día e por vía de urxencia o debateuse unha moción do Bloque Nacionalista Galego, moción na que entre os acordos ía :
1.Retirar o borrador do novo Decreto sobre o uso das linguas vehiculares no ensino, presentado o pasado día 30 de decembro diante da opinión pública.
2. Cumprir as obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galiza en todos os planos da vida pública, de acordo co artigo 5 do Estatuto de Autonomía.
3. Retornar ao consenso político e social que se estabelece no marco normativo da Lei de Normalización Lingüística e no Decreto 124/2007, consecuencia do Plano de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade das forzas parlamentares.
Logo do debate, pasando á votación. A moción quedou rexeitada , sendo 6 votos a favor dos grupos BNG, PSOE, E.U. e 6 votos en contra PP e TEGA, co voto de calidade do Alcalde Ignacio Cabezón
Ao Bloque Nacionalista Galego, sorprendeulle a posición contraditoria de TEGA de Neda con respecto á liña oficial tomada polos membros do seu grupo en Narón, concello no cal foi aprobada por tódolos grupos agás o PP, postura que demostra que a linea galeguista de TEGA non é tal, e que choca frontalmente coa linea ideolóxica plasmada nos seus estatutos.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:27 p.m. 0 comentarios
16.1.10
País de sectarios/Sectarian's Country

Éche asi. Galiza (Jacobsland ou Galicia, nomes more correctos) está inzada de sectarios e extremistas. Ben o indica o Linguist Political General Secretaryna defensa do rascuño do Decree que o Popular Party está a impulsar. Todos, agás o Popular Party e o seu environment, sectarios, e ademais extremistas. O nacionalismo, of course. BNG e CIG son xa coñecidos de vello pola súa intolerancia e pola defensa de principios ideolóxicos obsoletos: igualdade entre os countries, xustiza social, freedom para a nación. Con estes non se pode ir a ningures. A Mesa e a Plataforma Queremos Galego non son máis que a “talibanada” lingüística que pretende que o idioma galego (invading) desprace o spanish, lingua propia de Galiza. Para falar coas cow,para criar pig e actividades similares pode estar very well. Agora ben, para a education, administration, justice, cinema, health, newspapers ou economical transactions, evidentemente non vale este dialecto. Mais tamén o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega son entidades nas que impera o fanatismo extremista. Ah! E o Consello de Europa e a Axencia Europea de Linguas Minorizadas cos seus informes sectarios. Por certo, tamén o resto dos sindicatos da education. E to take for granted, as organizacións estudantís, que como os Comités, son caldo de cultivo de radicais. E a Federación de ANPAS de Centros Públicos, eses also o son. Ou a Asociación Internacional de Estudos Galegos, too. E así até 600 organizations andentidades de diverso tipo. But, sobretodo, os thousand de women e men que se teñen manifestado, na defence do seu dialecto (galician) durante os últimos month. Eses son os worst.
Daquela, con who se pode to talk para negociar? Cos que non son sectarian, e teñen demostrado tolerant actitude nos últimos times. For example, a Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT), a Spanish Falange, ou o Popular Party, que teñen participado en manifestation (small, si, e con people de fóra de Galiza, mais manifestation), con dirixentes como Alfonso Rueda (ou wheel, dependendo de en que se fale, respectando a freedom de cadaquén), Carlos (Charles, Charly) Negreira (negrera, black ou similar, que ademais é friend de Millán Astray), ou Corina Porro (apelido que admite polisémicas posibilidades). Eles non son sectarian people, e poden to speak entre eles, e negociaren oDecree da Education xuntándose, poño por caso, nunha Blue Chicken. Así deeasy! E poden tamén chamar o judge of Alcorcón, o director da EGAP (que tivo a ben to send Nadal congratulations nun perfecto bilingüismo latin-spanish), and so on.
Confésome sectarian, como moitos outros. Por esa reason vaime resultarimpossible negociar nothing co Popular Party. E o próximo 21 de January estarei en Compostela, defendendo a exclusión dos two languages propios da Galiza (spanish e english) e a imposition dun strange dialecto: o galego. Somos así de raros neste sectarian country, nesta old nation que só aspira a ser ela mesma, e to build o seu futuro no idioma que pariu historicamente, que nos une e identifica.
a nosa terra
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:34 a.m. 0 comentarios
15.1.10
O BNG pregunta a Feijóo canto emprego xerará o seu apoio á rotativa de A Voz?

O BNG, a través de Anxo Quintana, rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia na que pide á Xunta, por escrito, as previsións de emprego que xerará co seu investimento de 2,2 millóns de euros na nova planta rotativa de La Voz de Galicia.
O pasado 5 de xaneiro, o Igape anunciou por medio dun comunicado o seu apoio ao proxecto, orzado en 22,15 millóns de euros. A subvención do organismo dependente da Consellería de Economía e Facenda, ?a fondo perdido? segundo os nacionalistas, cubrirá por tanto o 10% do investimento que acometerá o diario editado por Santiago Rey.
Ademais dos postos que a Xunta espera crear con leste ?millonario investimento?, o BNG demanda tamén ao Executivo ?a dotación económica total para ou ano 2010 dá partida orzamentaria que ou Igape utilizou para esta subvención?.
Por último, Quintana pregunta ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo o seguinte: ?Cantas e cales empresas galegas solicitaron á Xunta axudas non ano 2009 con cargo a ese mesmo fondo, cales se lles concedeu e canto se lles concedeu??. En opinión do BNG, ?dada a crise económica que está a sufrir ou noso país, resulta fácil adiviñar ou gran número de empresas que saudarían poder contar cunha axuda como esta?.
AGASALLO DE REYES
A pregunta para a súa resposta escrita presentada por Quintana equipara a subvención á rotativa da Voz cun agasallo de Reyes para o diario con sede na Coruña. ?Ou día 5 de xaneiro, coincidindo coa chegada a Galiza dous Reis Meigos, a Consellaría de Industria e Economía facía pública en nota de prensa a concesión dunha subvención a fondo perdido de 2,2 millóns de euros á empresa Galicia Editorial?, apunta o nacionalista. ?A axuda, segundo a nota de prensa, vehiculízase a través do Igape dentro dun proceso de concorrencia non competitiva e sen publicidade?, engade Quintana.
Estas preguntas, entregadas na mesa do Parlamento de Galicia o martes, únense á proposición non de lei coa que os nacionalistas pretenden que a Cámara inste á Xunta a establecer un maior control sobre as axudas aos medios de comunicación privados.
Tal e como adiantou onte Xornal, os nacionalistas demandan ao Executivo autonómico unha orde específica e única de apoio ás empresas do sector que impulse a estabilidade laboral e as melloras empresariais. Quintana e Carlos Aymerich, os dous impulsores da proposición non de lei, pretenden que o texto se debata nun pleno parlamentario.
Na iniciativa, solicítase que a citada orde estea baseada ?na mellora técnica empresarial, na consecución dunha maior estabilidade e calidade laboral dúas profesionais dous medios e na promoción do noso idioma e cultura. Unha orde baseada na libre e pública concorrencia, así como na baremación xusta dúas proxectos presentados?.
Os nacionalistas demandan ademais que a Xunta, no prazo máximo dun mes, faga público ?ou número de exemplares que ou Goberno galego e vos seus organismos autónomos mercan a cada empresa editora?. Unha vez que coñeza os datos, o BNG trasladará á Cámara ?unha proposta obxectiva para a adquisición de exemplares?.
PACHI VÁZQUEZ
O secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Pachi Vázquez, manifestou onte, no transcurso dun Café de Redacción de Xornal de Galicia que se publicará integramente na edición do domingo, que nas axudas aos medios en Galicia, ninguén é inocente, incluídos nós. Pero nós non podemos voltar a fallar outra vez. Teriamos que ter cambiado as regras e non ou fixemos nin apuntamos maneiras?.
O Colexio de Xornalistas de Galicia, a través do seu decano Xosé Manuel Pereiro, apoia as peticións incluídas na proposición non de lei presentada polo BNG no Parlamento.
Xornal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:16 p.m. 0 comentarios
13.1.10
Benvido, Mr. Marshall Plurilingüismo armónico
Un pobo que non respéctese a se mesmo xamais conseguirá ser respectado polos demais. Un pobo que crea que a súa cultura propia é unha limitación, e que só é posible alcanzar a dignidade asimilándose a outros pobos e a outras culturas é un pobo disposto a asinar ou seu propio certificado de defunción. Todos vos pobos do mundo posúen as súas linguas propias. Pode darse ou caso de que un país posúa diferentes linguas faladas e recoñeza unha ou varias linguas oficiais na súa Constitución. Con todo sempre adoita quedar moi claro que as linguas faladas e as linguas oficiais son elementos constitutivos dá realidade histórica e cultural de cada pobo e cada país, razón pola cal han de estar dotadas de protección legal. A linguaxe é un elemento consubstancial dá natureza humana. Vos homes somos uns «animais que posuímos linguaxe», segundo dicía Aristóteles. Sen ela non seriamos verdadeiramente humanos. Con todo a linguaxe é, ademais dunha parte consubstancial de cada un de nós e dá nosa identidade persoal, un feito de natureza esencialmente social. Por esta razón, do mesmo xeito que se recoñecen dereitos ás colectividades, ademais de aos individuos, tamén pode falarse dá necesaria protección que han de posuír as linguas de cada comunidade política.
Vos seres humanos, como seres empalabrados que somos, vivimos, pensamos e expresámonos/expresámosnos dentro dunhas linguas que son indisociables dás comunidades nas que estamos social e politicamente integrados. Unhas comunidades que son as que nos garanten ou recoñecemento e ou gozo de todos vos nosos dereitos. E é por esta razón pola que non pódese afirmar que a elección dunha lingua na que falar ou na que ser escolarizado é unha opción totalmente libre, similar á elección de calquera produto nun mercado globalizado.
Dicía ou propio Aristóteles que «para vivir só hai que ser un animal ou un deus». Como non podemos ser nin unha destas cousas nin a outra, e como \ que vivir nunha comunidade política, teremos que estar dispostos a aceptar que as linguas faladas polas xentes desa comunidade na que vivimos, dá que tamén podemos marchar, son unhas linguas diferentes ás demais linguas do mundo. Aínda que nalgunhas desoutras linguas publíquese a maior parte dá ciencia e a cultura globais, ou aínda que sexan as predominantes non mundo dous negocios, ou poder político ou a diplomacia.
A Constitución Española recoñece que as linguas faladas e oficiais en Galicia son ou castelán e ou galego. Esas dúas linguas han de gozar de protección legal e ou seu uso e ou seu coñecemento son un dereito e un deber para todas as persoas que desexen vivir nesa comunidade.
Hai non mundo linguas como ou inglés que nos últimos anos conseguiron acaparar ou campo dás ciencias e que son de uso obrigado non mundo dous negocios. Ou coñecemento do inglés e outras linguas é fundamental para ser un científico e para desenvolverse en determinadas esferas internacionais. Non entanto iso non quere dicir que todos vos galegos deban saber falar inglés para desenvolverse non futuro non mercado laboral e moito menos para vivir en Galicia (un país non que dubido que máis que unha ínfima minoría do seu políticos teñan un bo dominio do inglés). Para traballar en Alemaña, agora e non futuro, seguirá sendo necesario falar alemán, en Francia ou francés e na China , ou maior e máis fabuloso mercado mundial, ou chinés. En ningún deses países -orgullosos dá súa identidade- deise nin dirase que ou inglés vaia ser unha lingua oficial.
É dubidosamente constitucional que un profesor teña que impartir a súa docencia en inglés en Galicia (posto que, pola mesma razón, nun futuro non moi afastado tería que facelo en chinés). Ou inglés, e outras linguas non faladas en Galicia, debe ser estudado a fondo, como a física, as matemáticas ou a historia, porque é unha materia básica do currículo. Con todo ou inglés non é, nin será nunca, unha lingua que na futura Galicia plurilingüe conviva harmoniosamente co galego e ou castelán nun novo paraíso do zapping lingüístico.
Ou excesivo ascenso do inglés non campo científico e ou retroceso doutras linguas esenciais nel, como ou alemán ou ou francés, así como a invasión do inglés nos medios de comunicación de masas, trae consigo un proceso de uniformización e empobrecemento do pensamento e a cultura en todo ou mundo, solidario coa imposición do dominio político e militar dúas EE.?UU. e a uniformización dous mercados mundiais, que só son unha pequena parte dá realidade histórica do noso planeta.
Cando vos nosos parlamentarios discutan en inglés «para ver se se lles entende», como dixo un parlamentario do PP que só debe entender ou castelán, entón será crible este novo modelo de trilingüismo paritario. Mentres tanto, vos que vivimos non mundo real sabemos que ese modelo non é máis que unha inviable cerimonia dá confusión, grazas á que se espera que non medio do máis absoluto fastío pais e alumnos decidan abandonar para sempre ou galego e consígase así que ou único idioma verdadeiramente cosmopolita en Galicia sexa de novo ou castelán.
JOSÉ CARLOS BERMEJO BARREIRA CATEDRÁTICO DE HISTORIA ANTIGA DÁ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
a voz
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:25 p.m. 0 comentarios
10.1.10
A loita trae os seus beneficios

Logo de batallar durante varios meses para que a frecuencia do servizo de autobús ata O Puntal, en Neda, aumentase desde as dúas horas ata unha, os veciños desta parroquia tiveron a súa recompensa e dende o día 8 o Bus chega a O Puntal. Preto de corenta persoas reuníronse ás 18 horas deste venres no inicio da liña e subíronse ao vehículo que inaugurou durante todo o día o novo horario. Despois apeáronse á altura da casa consistorial e alí brindaron para celebrar a súa conquista.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:57 a.m. 0 comentarios
6.1.10
Axudas a colectivos en risco de exclusión para poder dispoñer dun equipo sintonizador de TDT
REQUISITOS PARA SOLICITAR UN EQUIPO SINTONIZADOR DE TDT
Pertencer ao menos a un dos colectivos beneficiarios do Plan:
• Ter 65 anos ou máis e unha dependencia recoñecida de nivel II ou III
• Ter un grao de discapacidade do 33% ou superior, constando como unha das súas discapacidades algunha de tipo auditivo ou visual
• Ter máis de 80 anos e vivir só ou soa, ou ben acompañado doutra persoa tamén maior de 80 anos
• Non ser beneficiario deste Plan de Actuacións de Apoio a través de Asociacións ou Comunidades Autónomas
ONDE DIRIXIRSE
Se considera que cumpre todos estes requisitos, debe acudir á Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións respectiva, que son as seguintes en Galiza:
•A Coruña. Rúa Ambrosio Feijóo s/n, 3º andar
•Lugo. Ronda da Muralla 131 baixo
•Ourense. Santo Domingo 64
•Pontevedra. Loureiro Crespo 7, 1º andar
Coa a seguinte documentación:
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
• Formulario de Solicitude de entrega de equipo sintonizador para colectivos con risco de exclusión no proceso de transición á televisión dixital terrestre (TDT) asinado pola persoa beneficiaria Solicitud sintonizador. Formato PDF [220 Kb]
• Documento de Identidade da persoa beneficiaria.
• Documento no que conste o domicilio da persoa beneficiaria: Documento de Identidade, ou no seu defecto unha factura de auga, gas, electricidade, certificado de empadroamento, imposto ou taxa estatal, autonómica ou municipal.
• Orixinal e copia do documento que acredite a pertenza da persoa beneficiaria a un dos colectivos beneficiarios do plan.
• Grao de dependencia: documento acreditativo correspondente emitido pola Xunta de Galiza.
• Grao de discapacidade: documento acreditativo da condición de persoa con discapacidade visual ou auditiva e documento acreditativo dun grao de discapacidade total igual ou superior ao 33% emitido pola Xunta de Galiza ou Comunidade Autónoma correspondente.
• Persoa maior de 80 años que vive sola: no es necesario presentar ningún documento adicional, e unicamente es preciso firmar el formulario de solicitude en que se manifesta esta situación.
Se non é posíbel desprazarse e debe ir outra persoa na súa representación, a documentación que deberá aportar será a seguinte:
• Formulario de Solicitude de entrega de equipo sintonizador para colectivos con risco de exclusión no proceso de transición á televisión dixital terrestre (TDT) firmado pola persoa que o represente Solicitud sintonizador. Formato PDF [220 Kb]
• Orixinal ou fotocopia compulsada do Documento de Identidade da persoa beneficiaria
• Documento no que conste o domicilio da persoa beneficiaria: Documento de Identidade, ou no seu defecto unha factura de auga, gas, electricidade, certificado de empadroamento, imposto ou taxa estatal, autonómica ou municipal.
• Orixinal e copia do documento que acredite a pertenza da persoa beneficiaria a un dos colectivos beneficiarios do plan
• Autorización firmada para a recollida do equipo pola persoa que o represente Autorización. Formato PDF [122 Kb]
• Documento de Identidade da persoa que o represente
ONDE PODE OBTER MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información, pódese contactar co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio 901.201.004.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:22 p.m. 0 comentarios
3.1.10
Os veciños do Puntal en Neda espectantes ante" a chegada" do Bus o día de Reis

NEDA As empresas Arriva e Tranvías do Ferrol combinarán un servizo cada hora
16/12/2009
O conflito cos veciños do Puntal, en Neda, pola carencia dun servizo regular de transporte público está ás portas de atopar unha solución. Segundo o alcalde, Ignacio Cabezón, técnicos da Dirección Xeral de Transportes da Xunta confirmaron onte, durante unha reunión no edificio administrativo da praza de España, en Ferrol, que a partir do día 6 de xaneiro empezará a operar un novo servizo compartido polo que se duplicarán as frecuencias dos buses.
Segundo explicou onte o alcalde de Neda, será, nun primeiro momento, unha ruta que farán por igual as empresas Arriva e Tranvías do Ferrol. A primeira delas, pasa cada dúas horas por esa estrada en servizo intermunicipal, e ata a data, era o único recurso do que dispuñan os veciños sen vehículo propio para desprazarse. En lugar diso, desde xaneiro haberá un servizo cada hora, que completará a horas alternas a empresa que xa realiza a liña urbana 1-2 entre Ferrol e Neda.
Á reunión de onte asistiron tanto Cabezón como o concelleiro de Tráfico, Antonio Seijo, e ambos demandaron como un obxectivo a continuación da liña urbana «cada vinte minutos» ata a zona do Puntal. No entanto, o rexedor considerou viable a solución exposta pola Xunta, polo menos, «de momento».
A delegación municipal no encontro con representantes da Dirección Xeral de Transportes tamén se asegurou de que esa modificación non gravase as arcas locais, e o alcalde confirmou que serán as dúas empresas de autocares as que corran co custo engadido, mentres que o prezo do billete seguirá sendo bonificado dentro do plan metropolitano.
Ese anuncio supón que haberá buses circulando polo Puntal cada hora desde as dez da mañá ata as dez da noite, apuntou Ignacio Cabezón, quen tamén afirmou que o goberno municipal seguirá negociando coa Dirección Xeral de Transportes, que é o organismo da Xunta con competencias para aprobar as liñas de pasaxeiros en Galicia, a instauración definitiva do bus de Tranvías do Ferrol con frecuencia cada vinte minutos.
Presión veciñal
O anuncio non só responde ás xestións municipais ante a Administración autonómica, senón tamén á presión exercida polo colectivo de veciños do Puntal, que no mes de outubro protagonizaron o primeiro corte da estrada AC-115, que une Neda con Fene, para protestar pola situación dese núcleo nedense.
Desde a Xunta chegaron a anunciar a solución «experimental» de combinar as rutas das dúas empresas, e apuntaran a finais deste mes para a súa implantación. Os veciños, pola súa banda, deron o mes pasado unha tregua nas súas protestas ata o día 8 de xaneiro.la voz
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:51 a.m. 0 comentarios
31.12.09
Un ano mais perdido na politica municipal de Neda
O ano 2009, pasará á historia da política municipal do concello de Neda, como un ano totalmente perdido, digo totalemtne perdido e imos por as claves
Un ano sin orzamentos municipais ( máximo documento económico para que un concello traballe ), un ano no que as comisións de Facenda brilaron pola súa ausencia ( aínda estamos esperando pola remisión de facturas a dita Comisión ( pero claro si non hai comisión, mal se poden presentar as facturas, tantas veces pedidas pola concelleira do PP). as Comisións de Obras se fan de pascuas en ramos, non deben existir problemas de obras no concello, a Galescola nin por asomo, as vivendas de protección nin olelas, o Bus a O Puntal, un espellismo, o ^Parque eólico, ( ese que nos dixo o Alcalde Cabezón ) que os do Bipartito o tiñan escondido nun caixón , agora ( seica vai para largo con este novo goberno da Xunta ), a EDAR saturada totalmente, zonas do Concello que carecen de rede de sumidoiros, a auga municipal que non chega ao 40 % da poboación de Neda, as arcas económicas municipais en declive, agora iso si xa temos un parque infntil de Agháta,as axudas económicas da Xunta, dende a entrada do PP baixaron un 30%, en temas Sociales, de recupoeración do Casco Histórico, de emprego. A lingua galega caeu en picado ( para mostra simplesmente hai que chamar por tlf ao concello de Neda), zonas do concello que carecen de internet ( un servizo, hoxe por hoxe importantísmo),as marquesinas dan pena, etc, etc. Como diciamos nun principio, un ano perdido, si non existe un proxecto de Concello, mal se poden facer políticas de avance para Neda.
Feliz saída e entrada de ano.
Como dicía nun principio
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:38 a.m. 0 comentarios
27.12.09
Análise de Xornal ás promesas de Feijóo

1 EMPREGO
O QUE DI O CONTRATO
“Combater o paro como máxima prioridade do Goberno e recuperar a senda de creación de emprego garantindo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes”.
O QUE SE FIXO
O novo Goberno do PP chegou á Xunta no medio dunha das peores crises económicas que se lembra. O aumento do desemprego en Galicia, nos dous últimos meses, é xa superior á media estatal, ainda que a porcentaxe total continúa a situarse catro puntos por baixo do paro a nivel español (12,3% fronte ao 17,9%). “Recuperar a senda de creación de emprego” segue quedando lonxe e un informe de Funcas xa advirte que chegará ao 17,5% en 2010 na comunidade. Os sindicatos e a oposición piden políticas activas de emprego e lembran que, durante o bipartito, o desemprego non acadou os niveis críticos que si alcanzaba xa no conxunto do Estado.
2 ECONOMÍA
O QUE DI O CONTRATO
“Estratexia económica. Loitar contra a crise apostando polos nosos sectores produtivos cun plan estratéxico a desenvolver por un Goberno unido, coordinado e que saiba establecer prioridades”.
O QUE SE FIXO
Poucos poderán negar a “coordinación” e “unidade” do novo Goberno en materia económica. Máis difícil será o da “aposta polos nosos sectores produtivos”. Caramelo despediu, co beneplácito da Xunta, 234 traballadores na súa planta da Coruña, malia o informe desfavorable de Inspección de Traballo e a posición en contra do comité de empresa. O conselleiro de Economía, Javier Guerra, non dubidou en defender deslocalizacións como as aplicadas nesta fábrica textil e que el mesmo promove nas súas empresas. O sector leiteiro, en grave crise, pide solucións mentres ve como a planta de Pascual en Outeiro de Rei queda en mans de cinco cooperativas vinculadas ao PP, rexeitándose a oferta de Feiraco, que reunía 24 cooperativas e centos máis de explotacións. No eólico, o TSXG vén de anular a suspensión do concurso do bipartito feita polo PP. A nova Lei aprobada no Parlamento, fortemente criticada polo sector, volve embarullar un sector paralizado, que afronta un posible balbordo xudicial e que volve privar o sector produtivo galego dos beneficios do vento.
3 AUSTERIDADE
O QUE DI O CONTRATO
“Eliminar e reducir drasticamente os gastos superfluos en publicidade, altos cargos, asesores, automóbiles ou obras nas dependencias do goberno”.
O QUE SE FIXO
A austeridade foi un dos lemas da campaña de Feijóo e segue a ser o seu comodín no Goberno. Aforrou en asesores e prescindiu das obras nas dependencias da Xunta que tanto lle criticou ao bipartito. Non se sabe nada de cadeiras de luxo, pero 17 dos famosos audis continúan á espera dun comprador, logo das duras campañas contra o parque móbil do anterior Goberno, e os que si se venderon acadaron un prezo moito menor do agardado. A austeridade si afectou á selección galega, ao Culturgal e aos Premios Nacionais de Cultura pero a Consellería de Educación non tivo reparos en gastar 190.000 euros nunha campaña para explicar o novo modelo de axudas para os libros de texto. Microsoft e outras multinacionais non sufriron a crise, ao serlle adxudicados 5 millóns en software para organismos da Xunta.
4 MENOS IMPOSTOS
O QUE DI O CONTRATO
“Reducir a cantidade de impostos autonómicos aos que os cidadáns teñen que facer fronte cada ano e defender a redución de impostos estatais”.
O QUE SE FIXO
O programa do PPdeG prometía a redución do tramo autonómico do IRPF, unha medida que a Xunta de Galicia xa aclarou a Xornal que quedaría aprazada ata despois de 2011 ante a situación da crise económica actual. O presidente do Goberno, Alberto Núñez Feijóo, ao igual que o resto do Partido Popular, criticou a suba de impostos estatais acordada polo Executivo central, pero non logrou frear a medida.
5 SANIDADE
O QUE DI O CONTRATO
“Sanidade con garantías. Mellorar as condicións e a calidade na asistencia sanitaria e reducir as listas de espera, con garantías legais para os pacientes”.
O QUE SE FIXO
A privatización das infraestruturas, os recortes salariais e a rebaixa dos orzamentos centran as críticas á política sanitaria, unha das que está a sufrir máis ataques por parte da oposición e dos sindicatos. O intento da Xunta de eliminar as peonadas puxo en pé de guerra os traballadores sanitarios e provocou que o Goberno recuase un pouco. Agora, Feijóo asegura que unha operación máis pola mañá reduciría en 45.000 pacientes as listas de espera, pero a diminución destas listas continúa agardándose. A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, é duramente censurada polo seu intento de privatización da sanidade pública e a licitación do contrato para construír e explotar o novo hospital do Sergas en Vigo é o último exemplo. A privatización da xestión do sanatorio do Centro Gallego en Bos Aires, que pasará a mans dun grupo privado castelá, foi levado incluso ao Parlamento arxentino, que rexeitou o fondo e as formas da Xunta.
6 DEPENDENCIA
O QUE DI O CONTRATO
“Dependencia efectiva. Dotar aos dependentes e asistentes de garantías para que reciban o servizo que por Lei lles corresponde nun prazo seguro”.
O QUE SE FIXO
Segundo os últimos datos do Observatorio Estatal para la Dependencia, Galicia obtén un cinco raspado na aplicación desta Lei da Dependencia, que tan duramente fora criticada polo PP durante a súa etapa na oposición. Os problemas continúan vixentes e os coidados específicos e a atención sanitaria están sendo substituídos por axudas ás familias. Vigalicia (Vida independente de Galicia) cre que o servizo galego de asistencia persoal queda “en evidencia” fronte a outros. “Dous anos despois da súa posta en marcha, derivou nun proxecto desvirtuado e mal enfocado, inservible para a sociedade”, din.
7 CONCILIACIÓN
O QUE DI O CONTRATO
“Opcións de conciliación. Responder por completo á demanda de pais e nais por unha praza de gardería e flexibilizar opcións para acadar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar”.
O QUE SE FIXO
A oposición acusa directamente ao Goberno de Feijóo de manter “pechados” centros de día e galescolas –agora denominadas escolas infantís– “ao non dotalas de material e persoal necesario para o seu funcionamento”. O intento por desfacer todo aquilo que soase a bipartito centrou os esforzos da Xunta no cambio de denominación das garderías, unha das apostas máis aceptadas pola sociedade durante a etapa do anterior Executivo. A rede de escolas infantís posta en marcha por socialistas e nacionalistas continúa adiante, pero “responder por completo á demanda de pais e nais por unha praza de gardería” é un obxectivo ambicioso que Feijóo non pode, nin moito menos, dar por acadado. A prevista unificación de todas as garderías públicas non chega aínda para alcanzar as recomendacións europeas.
8 MOCIDADE
O QUE DI O CONTRATO
“Mocidade en primeiro plano. Ampliar as oportunidades para que os mozos poidan vivir, estudar e traballar na súa terra, con políticas de vivenda efectivas, abrindo máis opcións de formación, e facilitando a súa entrada no mercado laboral”.
O QUE SE FIXO
A taxa de paro xuvenil en Galicia segue sendo das máis altas do Estado, as dificultades para atopar vivenda non diminúen e a emigración entre os máis novos continúa a estar á orde do día. A antiga Consellería de Vivenda quedou incluída na de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e as axudas ao alugueiro quedaron diluídas. A austeridade afectou tamén ao sistema I+D galego, que verá reducidas as súas subvencións e as posibilidades investigadoras dos rapaces máis válidos.
9 EQUILIBRIO
O QUE DI O CONTRATO
“Equilibrio territorial. Garantir que todos os galegos teñan as mesmas oportunidades e servizos, vivan onde vivan, sexa no interior ou na costa, en cidades ou no rural”.
O QUE SE FIXO
Os sindicatos agrarios continúan denunciando a degradación do mundo rural, especialmente dun sector leiteiro que non levanta cabeza e que a crise está levando por diante. O interior continúa a despoboarse e os centros de día, fundamentais para o equilibrio territorial das zonas de interior, foron privatizados para aforrar “burocracia e gastos”.
10 MEDIOAMBIENTE
O QUE DI O CONTRATO
“Principios medioambientais. Ligar a política territorial ao medio ambiente e facer do respecto medioambiental un principio irrenunciable en todas as áreas de goberno”.
O QUE SE FIXO
A Xunta meteu man en Sogama, afogada pola polémica durante a última época do bipartito, pero a eficacia dos seus cambios aínda están por ver. A supresión da famosa lei dos 500 metros foi outra das medidas estrela fortemente criticada polos colectivos ecoloxistas, que reciminan tamén a escasa aposta na loita contra o cambio climático. Só a partir de 2013 se levarán a cabo medidas concretas contra o quecemento global e os Orzamentos reducen as partidas para este fin un 50%.
11 INNOVACIÓN
O QUE DI O CONTRATO
“Asumir a innovación como unha actitude de Goberno para permitir que Galicia se adiante a cada crise e poida gañar o seu propio futuro”.
O QUE SE FIXO
A Xunta desmantelou Mancomún e pretende recortar as subvencións aos centros de I+D, o que podería provocar, en palabras dos responsables, “unha nova emigración dos que máis valen”. Porén, a aposta por Microsoft continúa intacta.
12 ADMINISTRACIÓN
O QUE DI O CONTRATO
“Reforma da Administración. Reformar a Administración para gañar en capacidade de resposta e efectividade e facilitar o seu contacto cos cidadáns, eliminando burocracia evitable”.
O QUE SE FIXO
A medida estrela supuxo a creación da figura dos superdelegados, medida criticada pola oposición pero defendida desde a campaña polo Partido Popular. A Xunta reduciu asesores e levou a cabo os cambios que prometera nas consellerías, que agruparon varias áreas antes dispersas.
13 IDENTIDADE
O QUE DI O CONTRATO
“Identidade e liberdade. Recuperar os consensos arredor dos nosos símbolos identitarios, moi especialmente no idioma: o galego ten que ser un instrumento de unión, nunca de imposición e debe garantirse a liberdade para escoller lingua en todos os ámbitos”.
O QUE SE FIXO
Máis de 50.000 persoas contra a política lingüística do PP demostra que o consenso na lingua non foi, nin será, posible. O anuncio dun decreto do ensino que pode deixar o galego nun terzo das materias provocará máis protestas no futuro. A selección galega, o Culturgal ou o Estatuto son outras vítimas do proceso desgaleguizador do Goberno de Feijóo, un dos procesos máis criticados pola oposición, que ve o paso do presidente pola Xunta como un chanzo máis na súa carreira cara a Madrid.
14 DEMOCRACIA
O QUE DI O CONTRATO
“Rexeneración democrática. Gobernar para todos, independentemente das súas preferencias políticas, eliminar prácticas clientelares e aplicar con capacidade de reacción a asunción de responsabilidades nos supostos que correspondan”.
O QUE SE FIXO
As viaxes pagadas pola Deputación de Ourense aos emigrantes, denunciadas por Xornal, demostran que as prácticas clientelares continúan a existir. A pretendida rexeneración democrática abrangue tamén un caso Gürtel do que Feijóo evita responsabilidades, pero que pinga a máis dun dos seus achegados. As mocións de censura, por outra banda, continúan agromando en Galicia, sobre todo en Pontevedra, desde a chegada do PP ao poder.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:09 a.m. 0 comentarios
23.12.09
A Xustiza e as mentiras do PP e dos medios de " incomunicación"
O concurso eólico do goberno bipartito ?co PSdeG e o BNG en San Caetano? foi paralizado sen que existisen motivos legais para facelo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) comunicou onte que estima os recursos de súplica presentados por varias das empresas beneficiadas na repartición eólica e levanta a suspensión cautelar do decreto do bipartito, polo que se concederon máis de 2.000 megawatts de potencia eólica.
O TSXG suspendeu o proceso de repartición eólica o pasado mes de outubro para evitar prexuízos ?difíciles de reparar?, pero o concurso nunca se chegou a anular, nin mesmo pola Xunta de Galicia, que o suspendeu ao considerar que existían ?tachas graves de legalidade?.
O TSXG di no seu auto que o feito de que o concurso se atope paralizado pola vía administrativa ?é dicir, a Xunta, que suspendeu o proceso o 7 de agosto? fai que calquera reclamación ?a de Muíños de Vento Galegos, empresa que non obtivo ningunha concesión no concurso e que o recorreu, provocando así a súa suspensión cautelar? estea ?condenada ao fracaso?, polo que decide levantar a suspensión. Ademais, o TSXG di no auto que se mostra de acordo co letrado da Xunta de Galicia, que sostén que ?carece de obxecto? a medida cautelar de suspensión.
Isto proba, segundo as fontes xurídicas consultadas por Xornal, que ?non había motivo para paralizar o concurso? e que todo se debeu a ?unha decisión política? da Xunta de Galicia. É máis, na exposición de motivos da nova lei, as mesmas fontes critican que o motivo da derrogación do anterior decreto e a aprobación da nova normativa débase a un tema de ?incompatibilidade?.
Na lei dise literalmente que ?a incompatibilidade do novo modelo de aproveitamento eólico co ata agora vixente? motiva a ?falta de base do procedemento instruído ao abeiro do decreto 242/2007?. Isto constitúe unha ?inseguridade xurídica que pode ser motivo de moitos recursos? ante a Xustiza, din esas mesmas fontes.
Ademais, o feito de que o TSXG levante a suspensión demostra que ?non existían motivos legais? e que esta decisión senta un precedente para aquelas empresas beneficiadas no concurso do bipartito e que teñen pensado recorrer a Lei eólica da Xunta entre xaneiro e marzo do próximo ano.
REACCIÓNS
O PSdeG e o BNG mostraron sempre unha total oposición á decisión da Xunta de derrogar o decreto eólico do bipartito. Socialistas e nacionalistas nunca deron validez ao informe xurídico no que se apoiou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para avalar a súa postura.
Abel Losada, portavoz de Industria dos socialistas no Parlamento, asegurou onte a Xornal de Galicia que a resolución do Tribunal Superior proba que a anulación do decreto eólico era ?unha maña? do Partido Popular, ?unha decisión política que non tiña nungún tipo de fundamento xurídico?.
?Foi un paso máis na reprogramación ideolóxica que iniciou o PP cando recuperou a Xunta de Galicia, non tiña ningún sentido a súa decisión sobre o sector eólico?, sostén Losada.
Para o deputado socialista, a resolución do TSXG suporá unha batalla legal entre as empresas que gañaran o concurso aberto polo bipartito e a Xunta. ?Haberá máis recursos e a Xunta dará unha mala imaxe; aínda que a decisión do Tribunal chega tarde, reforza a posición dos empresarios que se viron afectados?, engade Losada.
O secretario xeral dos socialistas, Manuel Pachi Vázquez, referiuse tamén en varias ocasións á suspensión do Goberno de Alberto Núñez Feijóo. Na súa opinión, o que sucedeu co sector eólico é unha proba máis do ?desgoberno? da Xunta.
Polo que respecta á Xunta, a Consellería de Industria limítase a asegurar que a nova lei servirá de impulso para as enerxías renovables en Galicia. Para o Executivo, eran numerosas as trabas legais que expuña o decreto do bipartito
O secretario xeral da patronal eólica, Íñigo Muniozguren, referiuse tamén á resolución do TSXG. Ao ?caer? o concurso do anterior goberno, ?o normal é que caian en efecto dominou? o resto de procesos administrativos e xudiciais derivados deste. Por iso, sinalou que entende que ?efecto non vai ter?, pois a lei aprobada suprime o decreto polo que se iniciou o concurso eólico. Por último, criticou o parón de cinco anos que sufriu o sector e os efectos que terá o prerregistro estatal. ?Galicia non ten megawatts maduros para entrar no prerregistro?, dixo, o que supón que outras comunidades ?gañaron esa cota?.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:43 a.m. 0 comentarios
19.12.09
Os veciños de O Puntal non queren sucedaneos para o transporte público

Veciños do núcleo do Puntal, en Neda, mostraron onte o seu malestar ante o que consideraron «unha solución sucedánea», en alusión á ampliación da liña de Tranvías do Ferrol ata esa zona da estrada AC-115 (Neda-Fene) anunciado esta semana o alcalde tras a negociación da Xunta coa empresa. Iso supoñerá que cada dúas horas chegará un bus da liña 1-2 ata O Puntal, que se combinará cos percorridos de Arriva por esa estrada para que pase un bus cada hora polo núcleo. Os veciños manifestaron que é unha boa medida pero que seguirán demandando o convoi cada vinte minutos.
Voz
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:04 a.m. 0 comentarios