21.11.09
15.11.09
Recorte dun 75,4% aos fondos da Xunta para discapacitados
A reiterada promesa de “manter” e mesmo “aumentar” o gasto destinado a áreas sociais nos Orzamentos Xerais da Xunta para o vindeiro 2010 volve bater coa realidade das contas públicas dos vindeiros doce meses, que xa tramita o Parlamento.
Á redución, xa avanzada por este diario, de case 200 millóns de euros en diferentes partidas do ámbito social, engádese unha drástica tesoirada aos fondos destinados a entidades cuxo labor social ten sido, historicamente, coidado polo Goberno galego, isto é, os colectivos de axuda a persoas con discapacidade.
A análise do proxecto de Orzamento da Consellería de Traballo e Benestar mostra ás claras unha drástica redución nas asignacións orzamentarias para estes colectivos, nomeadamente, coa desaparición dos convenios que financian o funcionamento ordinario de entidades senlleiras na comunidade, como a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), a Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (Fademga), ou a asociación Down Galicia.
Fronte aos 4,8 millóns de euros que, no exercicio de 2009, destinou a antiga Vicepresidencia do Benestar á actividade destes colectivos, o novo departamento de Traballo e Benestar reduce drasticamente a asignación, deixándoa en apenas 1,2 millóns ou, o que é o mesmo, rebaixándo nun 75,4% os fondos distribuídos, a través de convenios , polo departamento entón dirixido por Anxo Quintana.
Entre as partidas que a consellería de Beatriz Mato fai desaparecer en 2010 destacan os convenios de apoio a Cogami, que non contará coa axuda para a “formación de persoas con discapacidade física” que en 2009 acadou os 427.516 euros, cos 156.500 para o seu centro de formación en Lugo nin con 400.000 euros para outras actividades.
Na mesma situación atópase Feafes, especializada na atención ás enfermidades mentais, e que xa non recibirá os 400.000 euros asignados pola Vicepresidencia hai un ano. Algo semellante acontece con Down Galicia, que verá minguar o seu orzamentos en 250.000 euros e mais con Fademga –entidade coa que a número dous da consellería, Susana López Abella, compartiu onte un acto público–, que deixará de percibir 230.000 euros ou a entidade deportiva para persoas con discapacidade, á que se reservaran 220.000 euros nos derradeiros Orzamentos do bipartito.
Nas primeiras contas públicas do Executivo do PPdeG, todas as vías de colaboración económica con estas entidades quedan reducidas a dúas partidas xenéricas. A primeira delas, de 601.115 euros, ten por obxecto as “transferencias a asociacións e centros de minusválidos físicos, psíquicos e sensoriais”, unha partida xa criticada pola oposición parlamentaria, ao recuperar o termo “minusválidos”.
Este apartado do Orzamento complétase con 584.016 euros que terán como destino os “convenios de formación de persoas con discapacidade”, completando así o total de 1,2 millóns de euros
noticia Xornal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:37 p.m. 0 comentarios
10.11.09
O consumo de Carbón en As Pontes
Nos últimos días asistimos a unha importante folga do transporte de carbón, por mor do cambio de concesionaria, e tamén coñecemos datos sobre a importancia que ten o tránsito de carbón importado para os resultados económicos da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Porén, malia ficar clara cos exemplos anteriormente citados a importancia económica deste sector na nosa comarca, non se coñece ningunha xestión por parte das administracións públicas, nomeadamente a Xunta, nin por outros axentes sociais, sobre a garantía do consumo habitual de carbón na central térmica de As Pontes.
Nestes momentos hai un debate aberto nas zonas mineiras do Estado sobre a necesidade urxente de consumo de carbón autóctono para a producción eléctrica. Agora, polo seu alto prezo, case non se consume este carbón e as centrais térmicas que funcionan con este mineral teñen acumulado moreas de toneladas nos seus parques de carbóns, nalgún caso mesmo para o consumo normal de todo un ano.
Asemade, a crise está incidindo de forma directa no consumo eléctrico e, a outubro deste ano,
rexístrase unha baixada do 4,6% a respecto do mesmo tempo do ano pasado, e debemos lembrar que o ano 2008 foi o de menor crecemento de consumo desde o ano 1993.
Se a estes factores sumamos que a potencia instalada no Estado (a capacidade de producir enerxía) incrementouse nese tempo nun 5% -sobre todo en ciclos combinados e en renovábeis- veremos a complexa situación para darlle saída ao carbón autóctono.
Por iso, a presión de axentes sociais, políticos e institucionais de diferentes comunidades autónomas provocou a aprobación por parte do Goberno do Estado dun borrador de Real Decreto, que está agora en fase de alegacións para ser aprobado antes de fin de ano, co fin de primar económicamente e favorecer o consumo de carbón autóctono por parte das nove centrais térmicas que o consumen no Estado, ningunha delas en Galiza.
Loxicamente, a posta en funcionamento destas centrais, provocará que outras tecnoloxías queden fóra do mercado, nelas podería estar, entre outras, o carbón importado que se consume nas Pontes e en Cerceda. Mais nesta situación non coñecemos ningunha xestión, nin de axentes sociais nin da Xunta do PP -máis interesada en derrubar as actuacións do goberno do bipartito BNG-PSOE que en gobernar este país- para garantir que o novo Real Decreto non afecte á actividade económica da nosa comarca.
Mentres, para as empresas eléctricas -expertas en negociacións deste tipo co Goberno do Estado- o borrador do Real Decreto recolle que as centrais que deixen de producir, para darlle prioridade ao carbón autóctono, cobrarán o lucro cesante; é dicir, poderán manter os ingresos e mesmo aforrar nos custos de mantemento e de subministro.
Mágoa que mentras que noutras zonas do Estado, ben sexa por cuestións territoriais, sociais ou de postos de traballo, estáse a defender este sector ante o impacto que ten na súa economía; no caso de Galiza a Xunta fica desaparecida. A enerxía, polo que se vé, non é o seu ponto forte...
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 3:58 p.m. 0 comentarios
4.11.09
O BNG logra incrementar as partidas orzamentarias do Estado para Galiza
Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila Este incremento das partidas está acompañado doutras melloras conseguidas polo BNG como beneficios fiscais para o sector agrario. A isto hai que engadirlle o impacto económico das transaccionais pactadas onte polo BNG na Comisión de Orzamentos, como é a prórroga do Plan 2000E para renovar o parque de automóbiles, o mantemento da dedución dos 400 euros para as rendas máis baixas e a modificación da coñecida como “Lei Beckham”.
Hoxe, Francisco Jorquera chegou a acordos transaccionais co grupo socialista na Comisión de Orzamentos en relación ás partidas para Galiza. Uns acordos que non van variar a posición do BNG contraria aos Orzamentos estatais 2010, xa que o os nacionalistas galegos non modifican a avaliación global que fan destas contas estatais “coas que estamos en profundo desacordo”.
29 millóns máis para os investimentos en Galiza
No que atinxe aos investimentos territorializados, o BNG conseguiu uns 29 millóns de euros máis para Galiza en capítulos como o ferroviario e investimentos locais en materias como cultura, vivenda e medio ambiente.
En relación ao capítulo ferroviario, o BNG conseguiu os seguintes incrementos de partidas, catro millóns de euros para o tramo do Eixo Atlántico Ferrol-A Coruña, dous millóns para o tramo do AVE Lugo-Ourense e un millón para o tramo do AVE Vigo-fronteira portuguesa
Na materia referida ao medio ambiente, destínase unha partida dun millón de euros para a rexeneración da Ría de O Burgo.
O resto vai parar a diversos investimentos locais a negociar con concellos e que teñen relación con materias como a cultura, o medio ambiente e vivenda.
Melloras fiscais para o sector agrario
Respecto aos beneficios fiscais para o sector agrario, Jorquera explicou que “conseguimos que para o 2010 se adecúen os módulos no sector gandeiro, especialmente nas explotacións lácteas, ás circunstancias de crise económica derivada dos baixos prezos no sector, sen esquecer outros axustes debidos a situacións climatolóxicas ou perdas de produción que poidan xurdir.
Ademais, os nacionalistas galegos lograron unha conxelación das cotizacións sociais dos gandeiros que así non se teñen que enfrontar a subas para o 2010.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 3:55 p.m. 0 comentarios
2.11.09
A Legalidade do Concurso Eólico
1. Limiar. Os primeiros meses do Goberno de Feijóo.
A Xunta aprobou o xoves un proxecto de lei regulador da enerxía eólica que derroga o Decreto aprobado polo bipartito. Unha vez o aprobe o Parlamento de Galicia, o conselleiro de Economía e Industria acordará, ao abeiro do Dereito Transitorio, o desestimento das adxudicacións do anterior Goberno que resolveron o concurso eólico convocado ao abeiro do devandito Decreto regulador.
A adopción desta medida non se albiscaba inmediata aló polos primeiros meses do Goberno Feijóo, cando o director xeral de Industria, Angel Tahoces, chegou a recoñecer que os emprazamentos dos parques admitidos polo Goberno anterior eran ambientalmente correctos, respectando plenamente a Rede Natura.
Mais semella que no interín, dende outras consellarías do Goberno se traballaba nunha folla de ruta distinta. E esta opción abriuse paso entre manifestacións públicas de Iberdrola e Gas Natural de que presentarían as súas ofertas a un novo concurso, novo concurso que semellaba xuridicamente imposíbel sen un acordo do Consello Consultivo ou unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contrarios ao Decreto. Iberdrola e Gas Natural non haberían sospeitar a posibilidade da repetición do concurso, de non ser por dispór dalgunha información privilexiada ou por confiar na boa fin do traballo de “lobby” que de xeito continuo exerceron dende a mesma data da toma de posesión do novo Goberno.
Mentres, a propia Xunta defendía perante o TSXG (no marco dun contencioso interposto por Endesa contra o Decreto eólico) a legalidade do Decreto do bipartito, existindo un asisado informe nese senso dun alto cargo da Asesoría Xurídica da Xunta unanimemente ben considerado pola súa independencia política e preparación xurídica.
2. A solución do Goberno Feijóo: un enxeño xurídico inconstitucional.
O Decreto do Goberno anterior era legal e ía resultar case imposíbel acadar a súa anulación polas vías previstas na Lei: declarala radicalmente nula (por gravísimas infraccións xurídicas) previo informe favorábel do Consello Consultivo ou pedirlle ao TSXG unha sentenza anulatoria por infraccións xurídicas ordinarias. Para superar estas, aparentementes insuperábeis eivas, botouse mán dun artificio xurídico: os 29 adxudicatarios do concurso eólico non serían titulares de dereitos, porque a adxudicación non era definitiva. E, atopado este artificio, elixiuse a vía máis acaída para dificultar o acceso dos adxudicatarios á xurisdición: a aprobación dunha Lei. Porque, aprobada a lei e desestida, ao seu abeiro, a anterior adxudicación polo Goberno, os adxudicatarios prexudicados poderán recorrer perante o TSXG eses actos de desestimento. Mais o TSXG, para lles poder amparar en sentenza aos adxudicatarios, requirirá que previamente o Tribunal Constitucional declare inconstitucional este artificio xurídico, ao ter rango de Lei.
¿Por qué é inconstitucional esta solución? Porque vulnera as bases do réxime xurídico das Administracións Públicas, concretamente, das garantías (emanadas do dereito á tutela efectiva do artigo 24 da Constitución) que impiden a anulación de actos administrativos executivos e creadores de facultades e dereitos para os administrados pola actuación de Gobernos posteriores.
¿Por qué a adxudicación pasada xera dereitos a prol dos adxudicatarios? Porqué seleccionou os proxectos gañadores do concurso até a potencia máxima do mesmo. Deste xeito, a partires da presentación de cadansúas solicitudes de autorización, os adxudicatarios son xa titulares do dereito a obter a autorización administrativa para o seu proxecto logo da comprobación da súa legalidade e viabilidade técnica, xa avaliadas de xeito inicial na fase de selección do concurso.
3. A gravísima responsabilidade patrimonial da Xunta.
Os adxudicatarios teñen investido importantes cantidades en proxectos, estudos de medición do vento e outros, na merca de terreos ou en pagamentos a conta para que se lle fabriquen os muíños. Esas cantidades investidas haberán ser devolvidas aos investidores cos seus correspondentes xuros de demora. Porén, a indemnización incluiría tamén os beneficios deixados de perceber, por exemplo coa redución da prima por produción de enerxía eólica ou no caso de non poder instalar os parques por terse esgotado xa a capacidade de produción e evacuación a medio de novas autorizacións (novo concurso previsto na Lei). As indemnizacións a percebir serán potencialmente moi altas e pagarémolas entre todos.
4. Plena legalidade do decreto eólico do bipartito.
A Xunta alegaba en agosto catro razóns de ilegalidade no Decreto arestora vixente. A primeira baseábase en que a avaliación como mérito da oferta de participación pública vulneraba o dereito constitucional á libre empresa. Mais o Consello Consultivo xa deixara ben claro que a consideración como simple mérito da cesión pública era legal. Por outra banda, obxectábase que a Consellaría non tiña competencias para decidir a participación da Xunta de Galicia nunha empresa. Mais, a Consellaría só avaliaba o ofrecimento de participación que os distintos adxudicatarios prantexaron. Sería o Consello da Xunta quen tiña que aceptar os ofrecimentos das empresas e acordar a participación que asumiría a Xunta.
Alegaba tamén a Xunta que o Decreto non esixía a acreditación da aprobación do ponto de interconexión, cando si o facía na fase de autorización administrativa. E manifestaba que o concurso era propio dun sistema concesional e a explotación da enerxía eólica hase desenvolver legalmente a medio de autorizacións administrativas regradas. Porén, a Xunta continuará co sistema de concorrencia competititiva no novo marco legal, facendo bó o esquema do bipartito. E o bipartito respectaba este réxime de autorización regrada para todos aqueles que superaran o trámite de selección en réxime de concorrencia competitiva.
5. Un proceso cheo de incidentes.
Chamou a atención que o anteproxecto fose anunciado o xoves 6 de agosto, por mor da filtración publicada o mércores 5 en algúns medios. E o informe da directora xeral que ampara a desmontaxe gobernamental (contrastando con completos informes anteriores dalgún dos seus altos cargos) non saiu desa Asesoría Xurídica até o xoves 6, segundo o rexistro de saída.
Tramitouse un incidente de suspensión do Decreto no marco dun contencioso presentado por un dos empresarios que non obtiveron a selección dos seus proxectos. E a Xunta, vulnerando o precedente administrativo universal que lle obriga a defender os seus propios actos, non compareceu perante o TSXG nin alegou a prol da adxudicación eólica efectuada na legalidade polo Goberno.
A Xunta non atendeu a grave advertencia do informe do Consello Económico e Social (CES) verbo do proxecto, que advertía da probábel vulneración dos lexítimos dereitos dos adxudicatarios.
6. Conclusións.
O Decreto eólico do bipartito é legal. A desmontaxe da adxudicación do concurso eólico, prantexada pola Xunta de Feijóo, constitúe un artificio inconstitucional para obviar os dereitos dos adxudicatarios.
Eliminarase antixuridicamente unha decisión administrativa legal que ía xerar 8.000 empregos cun investimento en plans industrias asociados de 1.800 €/galego e que ía deixar nas arcas públicas o 14,3% dos beneficios da enerxía producida. Unha decisión administrativa plenamente xurídica que afortalaba a capacidade de amplos sectores empresariais galegos para canear a crise.
Desmóntase, pois, unha política legal útil para que a economía galega e o tecido empresarial galego remonten a crise. Desmóntase, pois, unha política creadora de riqueza e de emprego. A empresa galega é a grande prexudicada. E os máis satisfeitos coa solución do Goberno de Feijóo son as grandes distribuidoras eléctricas, ningunha delas galega
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:55 p.m. 0 comentarios
31.10.09
Pleno BUS A O PUNTAL

A corporación de Neda reuniuse onte nun pleno extraordinario que deu comezo ás nove da mañá para tratar un único punto: unha moción presentada pola oposición para que, a grandes liñas, tómense novas medidas para reclamar melloras no transporte público ao Puntal. Na actualidade a zona cóbrea Arriva co autobús que vai de Ferrol á Coruña, pero a súa frecuencia é moi escasa. Os veciños piden que chegue ao lugar a liña de Tranvías entre a vila e Ferrol.
A efectos de votación, o goberno municipal de Terra Galega e PP -como xa adiantara en comisión- tombou o texto presentado por PSOE, BNG e EU. E, na práctica, o debate converteuse nunha pelexa polos méritos. Porque aínda que o problema aínda non está liquidado, a Xunta anunciou o pasado mércores que en decembro comezará un novo servizo de transporte no lugar mesturando buses de Arriva e Tranvías a modo «experimental». Cos seus resultados estabilizarase logo unha fórmula definitiva.
O alcalde, Ignacio Cabezón (Terra Galega), declarou onte ao termo do pleno que esa era a mellor mostra de que «xa hai unha solución» que responde a que a coalición «fixo os deberes desde que chegou ao goberno nas últimas municipais, con xestións ante a Xunta do bipartito e agora coa do PP». E recordou que antes «non houbo resultados».
A óptica dos grupos da oposición era diametralmente oposta ao final da reunión. Para a socialista Begoña Balsa «o alcalde utilizou o pleno para porse medallas e volveu demostrar que non lle importan nin as opinións nin as inquietudes do resto de grupos». Recordou que na etapa de goberno do PSOE tamén houbo «avances» e anuncios da Xunta «de palabra que non se cumpriron».
Rosa Llago, de EU, sinalou que a moción de onte non tiña como obxectivo «poñer en entredito as xestións do actual goberno» senón «apoiar as reivindicacións dous veciños do Puntal». E censurou: «Agora semella que antes non movíase unha palla non Concello para tratar de resolver isto, cando hai documentación dabondo de que iso non é así».
O nacionalista Manuel Castro, pola súa banda, tamén considerou «unha mágoa» que non se aprobase un texto «que non ía en contra de ninguén, senón en apoio aos veciños do Puntal». Apelou tamén o traballo do BNG «que ata rexistrou iniciativas parlamentarias» sobre o asunto e dixo non fiarse dos anuncios da Xunta, dado que «eu teño un escrito do 2006 non que ou Goberno galego dí case ou mesmo que agora e non se fixo nada».
Os cidadáns
Rubén Río, portavoz da coordinadora cidadá para mellorar o transporte público no Puntal, declarou, por unha banda, que «seguimos vendo moitas ambiguedades en todo isto» e que as prometidas melloras «crerémonolas cando se cumplan, cando cheguen os autobuses>>. Si callan asegurou >>, será grazas as mobilizacións dos veciños, xa que senón non teriemos nada.
A Voz
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:33 a.m. 0 comentarios
25.10.09
As declaracions do Director Xeral Sr. Bugarin ( O PP que diga o que queira ), a realidade é esta
La Xunta retrasa hasta el verano el nuevo Plan de Transporte Público
La puesta en servicio del nuevo plan de transporte metropolitano en la comarca, que en teoría está llamado a mejorar el que se activó en el 2005 y supuso la rebaja del precio del billete en los autobuses, volverá a sufrir un retraso.
En la actualidad se trabaja con ese documento inicial prorrogado, ya que su vigencia original era de cuatro años. El bipartito, primero, no fue capaz de culminar su renovación en el calendario adecuado. Ahora, los populares también lo están demorando más de lo previsto.
Tal y como publicó La Voz el 21 de junio, en aquel momento fuentes de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas señalaron que entraría en vigor «a finais de ano». Ese plazo queda tumbado.
Así lo indicó ayer en Ferrol el director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, en el marco de un encuentro con representantes municipales de Ferrol, Ares, Cabanas, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume y Valdoviño. En esa mesa, según se informó desde la propia Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, el alto cargo del Gobierno gallego informó de que será «a comenzos do próximo verán» cuando ese documento renovado verá la luz. En otras palabras, ahora tardará medio año más de lo anunciado inicialmente.
En la práctica, supone retrasar la aplicación de las propuestas que realizan los concellos y nuevas ventajas para los usuarios. La Xunta destacó ayer que habrá «medidas tecnolóxicas e investimentos que redundarán nunha mellora dos servizos que ata o de agora se veñen prestando». No se explicitó oficialmente, no obstante, en qué consistirán. Entre ellas se esperan, por ejemplo, nuevos sistemas tarifarios, mejora de infraestructuras como las marquesinas, adaptación de horarios y rutas y la incorporación de Cedeira.
Así, el encuentro de ayer sirvió para prorrogar el convenio del 2005 hasta que entre en vigor el nuevo.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:00 p.m. 0 comentarios
Continuan as mobilizacións dos veciños de O Puntal

Por terceira vez en dúas semanas, os veciños da zona nedense de O Puntal protagonizaron un corte de tráfico para reclamar un mellor servizo de transporte público na área. Actualmente, a concesión no lugar é de Arriva, que a cobre co autobús entre Ferrol e A Coruña. A súa escasa frecuencia non cubre as necesidades cidadás, que piden que esta se incremente ou que chegue até o núcleo a liña de Tranvías que hoxe queda no Camiño do Regueiro, a un quilómetro e medio.
A protesta de onte foi tan pacífica como longa.
Sobre as cinco da tarde os residentes na zona comezaron a congregarse nun paso de peóns do viario que une Neda e Fene. Reuníronse preto dun centenar de persoas que, ás 17.30 horas, fixeron unha cadea humana para cortar o paso do autobús de Arriva con rumbo á cidade herculina. Unha pancarta, un megáfono, chifres, chalecos reivindicativos... Todo servía para que a reclamación fixésese notar.
Non foi até unha hora máis tarde cando se disolveu a protesta e a circulación volveu á normalidade. Agardaron os manifestantes a que chegase o autobús de Arriva en sentido contrario para, deste xeito, paralizar os dous e focalizar as protestas, neste caso, cara a esa compañía. Non se evitou, no entanto, que os centos de vehículos que accedían ao lugar nas dúas direccións desen volta e buscasen alternativas por outras pistas próximas. Isto solucionou o problema de que se producisen retencións quilométricas, pero non impediu que a zona se convertese nun enorme foco de colapso.
Foi media hora despois de que se iniciase o corte cando se acudiron no lugar axentes da Garda Civil e de Tráfico. Os primeiros reclamaron autorización aos cidadáns para a súa protesta. Mostróuselles unha comunicación enviada o xoves á Subdelegación do Goberno informando da súa intención de mobilizarse. Os segundos axudaron a regular o tráfico.
Até os veciños indicaban amablemente aos condutores que se baixaban para preguntar por onde escapar do lugar. A obxectivo era deter aos autobuses de Arriva. E conseguiuse.
Os froitos das protestas, no entanto, fanse esperar. Os cidadáns agardan que sexa xa por pouco tempo.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:32 a.m. 0 comentarios
19.10.09
Os veciños do Puntal piden o bus

A falta dun servizo de transporte público adecuado recrudeceo as protestas que emprenderon os veciños de O Puntal, en Neda. Se o pasado venres cortaban o tráfico durante un cuarto de hora nese lugar, este xoves día 17 de outubro fixeron o mesmo no centro da vila, xusto fronte ao Concello, en dúas ocasións en menos de trinta minutos.
Todo desenvolveuse de forma pacífica, aínda que se provocaron importantes retencións de vehículos. De 12.20 a 12.30, e tras unha concentración previa, os cidadáns bloquearon a estrada principal do municipio cando ía pasar o autobús de Tranvías que une a zona con Ferrol. é, precisamente, o que queren que chegue até O Puntal. Na actualidade queda quilómetro e medio antes,
no Camiño do Regueiro.
Pouco despois, ás 12.35, repetiron a operación cando se achegou o vehículo de transporte colectivo de Arriva. é esa compañía a que ten a concesión na zona e cúbrea co coche que fai a ruta Ferrol-A Coruña, aínda que a súa frecuencia é moi escasa e, para os residentes de O Puntal, o servizo é deficiente.
Aproveitaron a manifestación, tamén, para solicitar a colaboración do Concello e, en concreto, a do alcalde. Con berros de «Cabezón, solución!» e «Cabezón, sal ao balcón!», en alusión ao rexedor, pedían «polo menos un xesto de que nos van a axudar de verdade a conseguir ou noso obxectivo», tal e como explicaba ao termo da mobilización Rubén Río, que onte exerceu de portavoz do colectivo.
Desde o grupo de goberno recentemente pedíaselle á veciños «confianza» nas súas xestións para resolver a situación e que a liña de Tranvías chegue a O Puntal, unha zona na que residen ao redor de setecentos cidadáns, moitos deles maiores de 60 anos e que necesitan o autobús para desprazarse, por exemplo, ao centro médico ou a facer a compra.
Os veciños, no entanto, xa anunciaron onte que se non hai avances, a finais da próxima semana -probablemente o venres pola tarde- haberá unha nova protesta «e esta vez será máis forte». Agradecen aos cidadáns que se viron afectados «a súa paciencia e a cordialidade que demostraron».
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:19 p.m. 0 comentarios
17.10.09
Os primeiros orzamentos de Feijóo
Logo de anunciar a catástrofe económica en forma de buratos financeiros herdados do Goberno anterior, de utilizar a excusa da falta de recursos para acometer toda caste de recortes nos servizos e nas prestacións públicas, de fantasear con inexistentes planos de choque fronte á crise que non se traduciron en ningunha medida concreta e, enfin, de ameazar cunha drástica baixada nos orzamentos para 2010…, despois de todo iso a Xunta de Feijóo apresenta (por en canto apenas parcialmente: a nota de imprensa do Consello da Xunta e un power point na web da Consellaría de Facenda, en total 26 páxinas) un proxecto de orzamentos para o próximo exercicio no que a redución a respecto de 2009 limítase a 741 millóns de euros, un 3,3%, ben lonxe daquela drástica caída do 15% prognosticada hai un mes escaso pola conselleira de Facenda. Ao fío destes dados imponse unha primeira conclusión: que foi do desfase de 1.200 millóns de euros legado polo bipartito?
Canto ao cadro macroeconómico, o PP demonstra, máis unha vez, a súa incapacidade de elaborar un cadro propio para Galiza (o que publicitan é unha mera proxección dos estudos realizados para o conxunto estatal poloGgoberno español e por centros de estudo e análise privados, na súa maioría ligados ás entidades financeiras) e mesmo de planificar orzamentalmente o conxunto da lexislatura, tal e como onte denunciaba nestas páxinas Xesús Veiga. Trátase dun “ti vai facendo” financeiro que abala entre o derrotismo en materia de ocupación (estímase un incremento do paro de máis de dous puntos, até o 15%) coherente co abandono das políticas de emprego e o optimismo desatado á hora de estimar os efectos económicos do ano Xacobeo. E quizais sexa iso o que nos cómpre: pornos en mans do Apóstolo á vista da insolvencia do goberno de Feijóo. Porque imos precisar fe, moita fe, para darmos por bos os datos ofrecidos tras do Consello da Xunta do pasado xoves e que non resisten o mínimo contraste coa realidade non opinábel dos números. Reparemos senón nalgúns exemplos:
–O ano pasado o orzamento para servizos sociais ascendeu a 570 M€. Seica este ano, cun orzamento global de 577M€, o gasto en dependencia vai experimentar un incremento de 74, suba obrigada polo propio calendario de aplicación da Lei. Daquela, que outras partidas se van reducir? Residencias, centros de día, galescolas, discapacidade, menores …? Ú-la solidariedade?
–Os orzamentos sanitarios sofren unha redución de 38M€. Os educativos baixan 32 M€. O aforro en gasto corrente fica nun pírrico 1% verbo do orzamentado para 2009 … U-la austeridade e a blindaxe dos servizos públicos?
–Baixan tamén os orzamentos dedicados a I+D+i e á sociedade da información. Carecemos de información a respecto dos orzamentos para vivenda (temámonos o pior!). Redúcense os recursos destinados a políticas de emprego ao tempo que se anuncia o incremento nun 1% do investimento real mais, iso si, recorrendo ao financiamento privado de toda caste de infraestruturas e servizos, incluídos os sanitarios… Ú-la aposta polo crecemento e a dinamización económica?
Como ben di Fernando Blanco, o portavoz de Economía do BNG, estes non son uns orzamentos para impulsar o país e enfrontar a crise. Preso da estratexia madrileña, Feijóo segue a apostar polo “canto peor, mellor” deixando á sociedade galega indefensa. Nin burato, nin crecimento, nin austeridade nin solidariedade. Eis os primeiros orzamento do feijoísmo.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:59 p.m. 0 comentarios
13.10.09
Isto non son inseguridades xurídicas
A nosaterra
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 3:49 p.m. 0 comentarios
10.10.09
BUS A O PUNTAL XA

Mais de medio cento de veciños da zona nedense de O Puntal protagonizaron onte ao mediodía a primeira dunha serie de manifestacións para reclamar un mellor servizo de autobús que, na actualidade, é deficitario para os residentes no lugar e impídelles desprazarse con fluidez a bordo do transporte público tanto ao centro da vila como a Ferrol.
O portavoz dun colectivo «que se reuniu de xeito espontáneo», indicou que se cortou o tráfico durante un cuarto de hora, aproximadamente, ao redor da unha e media da tarde na estrada que une Neda con Fene. Aínda que houbo algunha que outra escena de tensión -sobre todo cando un vehículo fixo o simulacro de pasar a cadea humana- Castro sinalou que «todo foi moi ben e vos veciños quedamos moi animados e coa sensación de que hai que seguir coas reclamacións para que, dunha vez, nos fagan caso». Agradeceu tamén «ou comportamento dá práctica totalidade dous condutores que se viron perxudicados».
Cal é o pano de fondo destas protestas? Que desde hai anos os veciños reclaman que chegue a O Puntal a liña de Tranvías que une Ferrol e Neda. Na actualidade queda no Camiño do Regueiro, aproximadamente a quilómetro e medio dunha zona «na que hai arredor de douscentos veciños maiores que teñen que depender doutros ou dun taxi para cousas tan sinxelas como ir ata o centro de saúde ou ao supermercado ».
O problema radica, sinalan, en que a concesión desa zona corresponde a Arriva, que a cobre co autobús que une Ferrol e A Coruña e cuxa frecuencia «é moi escasa e non resposta ás nosas necesidades».
foto voz
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:27 a.m. 0 comentarios
6.10.09
De paseo a Bruxelas
Que o Presidente do Governo Galego viaxe a Bruxelas está ben. Depois de todo, nesa capital como nas demais da Unión Europea: Estrasburgo, Luxemburgo, Frankfurt, as instituicións que nos reunen, toman decisións nosas e ás que votamos non poden se ignorar cando se trata da convivencia política, a economía e a política monetaria, as redes de transporte e enerxética, o medio ambiente, a xustiza, ou a acción internacional. Mais o paseo non se debe aplaudir cando se organiza aproveitando actividades menores ou visitas institucionais de escasa relevancia, utilizando os nomes de José Manuel Durão Barroso, Jerzy Buzet ou Joaquín Almunia para dar a impresión de que un saudo fugaz ou unha breve conversa protocolaria onde se coincida teñen algo a ver cos problemas ou aspiracións da sociedade galega.
Claro que é preciso achegarse con frecuencia e que Bruxelas veña a Compostela, ponto de destino en Galiza dun camiño que contribui a explicar a identidade europea. Mais, para as viaxes seren úteis, antes tería sido preciso formular aquí propostas serias, xa non digo un proxecto nacional como correspondería, en lugar de destruir o feito e de sementar o caos, tal como está a pasar.
Son muitos os asuntos que xustifican unha política galega acerca da Unión Europea. A cuestión enerxética é cada vez mais un asunto comunitario, sendo prioritario o desenvolvimento das enerxías renovábeis e en especial da enerxía eléctrica de orixe eólica. Qué pode explicar e demandar alí o xefe dun executivo que no país do vento empreendeu gravisimamente o camiño contrario, tollendo unha oportunidade crucial? Que pode dicer que fixo ou que quer facer a respeito do futuro da produción lactea galega e do desenvolvimento da agricultura, unha actividade decisiva para o noso futuro como do de todos os paises, se está a disculpar o non facer co argumento escapista das competencias estatais e borra todo o que se levaba feito; da industria do automóbel e da excelente industria auxiliar galega en crise, mais alá dos audis; da pesca nos mares comunitarios, se semella que non sabe que a frota galega está ainda discriminada; da incorporación a todas ás redes europea de transporte terrestres, ferroviarias, aéreas, liberándose da castradora pexa radial madrileña; do sistema educativo se no momento en que se europeiza lle retea aos centros e á universidade os recursos económicos precisos; da presenza da língua galega na Unión, como língua nacional e intercontinental, unha realidade que se fai cada vez máis evidente apesar do negacionismo do Governo que preside; da crise e do desemprego e do que debe facer a UE no mundo desde a perspectiva galega? Que dirá en Bruxelas da natureza privilexiada de Galiza e do que é preciso facer desde aquí e desde alí?. O Presidente da Comisión Europea, podería compreendelo. Enxergao mesmo desde o seu fogar nas Terras do Barroso do Támega e o Cávado, a unha carreiriña de can da Serra do Larouco que as une coa Limia e Monterrei.
Non parece que o Presidente de Galiza leve que dicer.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:28 p.m. 0 comentarios
1.10.09
Nin calados nin con medo
Debo recoñecer o meu asombro pola riada de opinións a favor e en contra que motivou a miña presenza nunha tertulia radiofónica. Sería moito máis gratificante para min que as opinións viñeran dadas polo que eu poidera dicir neses debates e non polo simple feito de asistir, cousa común e corrente para responsables políticos de todo signo e en todas as cadeas de radio sen excepción.
Tiña eu a convicción de que debía escoitar en respectuoso silenzo as opinións de todo o mundo. E así o faría se non fora porque o presidente Feijóo, por si faltaba alguén, tamén tercia na controversia e a preguntas dos xornalistas de Intereconomía di que non coñece as capacidades para o debate de quen esto escribe, deixa esa valoración “para quenes o contrataron”, e deséxame toda a sorte do mundo.
Abrumado por merecer a atención de quen ostenta tan alto posto e precavido ante a posibilidade de que se me aplique o refrán de “cala logo outorga”, me animo a facer algunhas puntualizacións sobre os últimos acontecementos. De boa gaña daríalle as grazas ao presidente polos seus bos desexos senon fora porque para facelo utiliza dúas mentiras.
Primeiro porque el sabe que non hai ningún “contrato” ou polo menos este é tan irreal como o que el ten ca Cadena SER, onde tamén participa como tertuliano. O sr. Feijóo coma presidente e eu coma deputado temos dedicación exclusiva e estamos suxeitos á lei de Incompatibilidades polo que non podemos contratar nin recibir remuneración polos nosos servizos de ningunha empresa, nin mediática nin doutro signo.
E segundo porque algo sobre as miñas condicións para o debate sí debe saber o sr. Feijóo porque nalgunhas ocasións tivo a oportunidade de comprobalo en primeira persoa. A última con motivo do debate das pasadas eleccións xerais do Estado. E foi a última porque o sr. Feijóo preocupouse de que non houbera máis debates electorais dando boa mostra do seu sentido democrático.
Facer política a rebufo das mentiras e manipulacións dalgún medio de comunicación debe ser tremendamente fácil pero dende o meu punto de vista indigno de calquera responsable politico. Porque só de mentiras e manipulacións pódese calificar o tratamento dalgún medio aos últimos acontecementos.
Para os que non contamos co rencor como parte significativa da nosa personalidade resulta difícil entender que un gran medio de comunicación se marque como tarefa obsesiva o intento de destrución persoal de quen equivocadamente consideran o seu adversario. O acordo entre o BNG e o PSOE para garantir a presenza das dúas forzas en organismos e institucións como a Mesa do Parlamento ou o Consello de Contas, está por escrito e non admite lugar a dúbidas nin interpretacións. Non hai ningún intercambio. Hai compromiso de presenza de ambos nos dous organismos, simplemente porque ningún Parlamento democrático deixa fora dos lugares de debate, decisión e control, a unha forza política que conta co 16,57 % do electorado, 267.631 votos e 12 deputados.
Como corresponde a toda forza democrática, o BNG decide no seo dos seus organismos quen o representa en calquera ámbito. Tal foi así na decisión da Executiva Nacional, a proposta unánime do Grupo Parlamentar, para que fora eu quen ocupara o lugar que o Nacionalismo, por dereito propio, lle corresponde na mesa do Parlamento.
Converter esta limpa realidade nunha falsa novela negra de negociacións persoais, con escuros intercambios no que o único obxectivo é a conquista dun coche oficial, só cabe na cabeza de quen se guía pola máxima tramposa de: non deixes que a verdade te estrague un bo titular.
E para seguir nesa liña, si fai falta, rómpense criterios básicos de comportamento comunmente utilizados. Como o que establece como norma que nunha democracia avanzada, igual que é lexítima e saudábel a discrepancia, non caben os vetos contra ninguén polas súas ideas e credos, e moito menos os vetos a un medio de comunicación.
Fun convidado, e aceptei de bo grado, a participar nun debate radiofónico cada quince días no que estarían presentes responsables políticos de todas as tendencias e no que se me asegura poder expresar as miñas opinións con total liberdade nun programa de dúas horas cunha audiencia de máis dun millón de ouvintes de todo o Estado.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:08 p.m. 0 comentarios
30.9.09
O BNG presenta alegación á Ordenanza que regula os lacales das asociacións
O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar no concello alegacións á Ordenanza Reguladora de cesión de Locales no Concello. Ordenanza que foi debatida en pleno do Concello e que xa naquel intre presentara o BNG unha serie de suxestións, rexeitadas todos pola concelleria do PP, Monserrat Rico, estando no periodo de alegacións que remata o vindeiro sábado día 3, o Bloque presenta agora alegacións ao texto, co ánimo de enriquecelo e de correxir eivas que, non poderán logo ser subsanadas pese ao dito na reunión coas asociacións celebrado o dia de onte 29 de setembro, na que a concelleira do PP afirmaba que a Ordenanza se ía aprobar pero, que tal e como dixera o alcalde no Pleno ao Portavoz do BNG, non se ía a levar a cabo.
As Ordenanzas se aproban e logo se poñen en funcionamento iso é o que establece a normativa vixente ( non se fan porque si)
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 7:30 p.m. 0 comentarios
29.9.09
Rafael Cuíña: ‘Estarei na manifestación a prol do galego’
Empresario e militante do PPdeG
É militante do PPdeG e confesa que non lle preocupa que o definan como nacionalista. Rafael Cuíña (Lalín, 1972), membro da plataforma 'ProLingua', confirma que asistirá a manifestación convocada por 'Queremos Galego' o vindeiro 18 de outubro en Compostela. 'Estou a favor de calquera movemento que defenda o idioma', asegura. Nesta entrevista, o fillo do histórico dirixente do PPdeG, Xosé Cuíña, debulla a súa visión sobre a situación do idioma.
Queremos Galego” convidou os votantes do PPdeG a unirse “ao desacordo co ataque á lingua”. Como militante do partido vai asistir á manifestación do 18 de outubro?
Por suposto, sempre e cando non mo impida nada ese día. Eu formo parte da plataforma “ProLingua”, que a nivel asociación non vai participar –tal e como recolle o manifesto–, pero a nivel individual apoiamos a convocatoria ao 150 por cento. Manifestándome non vou en contra de ninguén senón a favor do galego. Eu asisto a calquera movemento que defenda a nosa lingua. É máis, cando “Queremos Galego” se constituíu na comarca do Deza tiña pensando asistir á asemblea aberta, pero finalmente resultoume imposíbel ir.
Como ve o conflito lingüístico creado nos últimos tempos?
Véxoo con preocupación. Estou preocupado por como inflúe na política lingüística un grupo de presión como Galicia Bilingüe, pero á vez teño a seguridade de que xente da capacidade de Anxo Lorenzo –secretario xeral de Política Lingüística– resistirá estes embates. Penso que Lorenzo vai ser quen de artellar un bo decreto que regule o uso e promoción do galego no ensino co que esteamos de acordo.
Que lle parece o decreto que está en vigor hoxe en día?
A min non me asusta en absoluto. Hai quen di que con este decreto tratábase de “impoñer”, pero considero que este decreto o que fixo foi “poñer”. Na actualidade, o castelán aparece constantemente ao noso redor, nos medios de comunicación, na sociedade... ninguén vai ter problemas en aprendelo. En cambio, co galego acontece todo o contrario. Con todo, existen o que eu chamo “pseudoelites” que están preocupadas por que os seus fillos e fillas se formen en castelán. Pola contra, no rural non existe o debate da lingua. Falamos galego sen ningún complexo.
publicado en ANT
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:13 p.m. 0 comentarios
25.9.09
O BNG solicita inversión para a Casilla do Puntal
A Deputación Provincial ven de aprobar o Plan de Obras e Servizos para os concellos da Provincia, no caso do noso Concello a cantidade a percibir pasa dos 142 Mil Euros. Este diñeiro debería ser empregado tal e como establece o Artg. 26 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en esta ocasión o Ente provincial permite a ampliación de criterios fora do establecemento desta Lei, por cuestións de necesidade Local.
O Bloque Nacionalista Galego , vai solicitar que o 30 % dos mais de 142 Mil euros sexan invertidos no Local da Casilla do Puntal, por ser esta zona do Concello a que carece de inmoble para actividadesdos veciños/as e incluso para a realización de votación, o concello debe alugar un Local.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:34 a.m. 0 comentarios
22.9.09
Tega e PP rexitan unha moción conxunta BNG-PSOE polo tema dos voluminosos
No pleno da corporación municipal celebrado o xoves 27 de setembro o Bloque Nacionalista Galego eo PSOE, presentaron unha moción transacionada que despois de ser rexeitada na Comisión de Asuntos de Plen,os grupos do PSEO e BNG a presentaron por via de urxencia no Pleno, algo que tamén foi rexeitado polos grupos de PP e TEGA; na moción solicitábase:
Instar á Xunta de Galicia e á Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) ao mantemento da recepción de residuos voluminosos procedentes dos municipios adheridos, nas condicións que o viña facendo até agora, para o seu posterior tratamento por un xestor autorizado e conforme á normativa vixente.
2 No seu defecto, financiar dende a Xunta de Galicia os diferenciais de custo para os concellos entre as tarifas que ata o de agora pagaban a SOGAMA e os novos custos derivados desta decisión, de xeito que os concellos galegos non teñan unha maior carga económica pola xestión destes residuos voluminosos.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:00 p.m. 0 comentarios
21.9.09
O que o BNG presenta ao Pleno encol do Bono Social da Tarifa Eléctrica
Ao aveiro da lexislacion vixente, artg. 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, o BNG presentan a seguinte moción no Rexistro do Concello de Neda.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A liberalización operada no sector eléctrico, lonxe de significar unha mellor prestación do servizo eléctrico nos fogares e abaratar o custe da factura eléctrica para a maioría das economías domésticas, está a ocasionar unha confusión crecente e un incremento no gasto repercutido polo subministro eléctrico á maioría dos consumidores.
A constatación do fracaso da aplicación da política de libre competencia nun servizo esencial para toda a comunidade como o subministro de enerxía eléctrica, onde ademais o abano de empresas comercializadoras redúcese a cinco, ponse de manifesto mesmo na recente normativa reguladora sobre a materia, como é o caso da creación do denominado “bono social”, consistente nunha bonificación na factura eléctrica por unha contía igual á diferenza entre o valor da tarifa de último recurso e unha tarifa reducida,é unha bonificación na factura por unha cuantía igual á diferencia entre o valor da tarifa de último recurso e un valor de referencia ou tarifa reducida co que se pretende corrixir a importante repercusión económica que o novo sistema de tarifas ocasiona na economía da maioría dos consumidores domésticos.
Malia que no limiar do Real Decreto-Lei 6/2009, do 30 de abril, se expresa claramente “...que se require a posta en marcha de forma inminente dun bono social ...”, non é até case que dous meses despois cando se publica a Resolución do 26 de xuño de 2009, da Secretaría de Estado de Enerxía, onde se determina o procedemento de posta en marcha do bono social, e se concretan as persoas beneficiarias da medida: as titulares dun punto de subministro na súa vivenda habitual de 60 ou máis anos de idade que acrediten ser pensionistas do Sistema da Seguridade Social que perciban as contías mínimas, as que acrediten ser familias numerosas, as que acrediten formar parte dunha unidade familiar con todos os seus membros en idade de traballar en situación de desemprego e as que teñan contratada unha potencia menor de 3kv.
Estes potenciais beneficiarios, ademais da demora na publicación e polo tanto posta en marcha efectiva do bono social, están a sufrir atrancos inxustificados, como incumprimentos das empresas distribuidoras e comercializadoras de enerxía eléctrica no relativo á publicidade do procedemento e o ofrecemento de información exhaustiva, a imposibilidade dunha atención presencial dado o escaso número de empresas comercializadoras existentes, ou mesmo a necesidade de achegar múltiple documentación acreditativa de diversos organismos e administracións públicas, entre eles o Concello.
Por todo o exposto con anterioridade, o Grupo Político Municipal do BNG propón ao Pleno do Concello adoptar os seguintes
ACORDOS
1. Instar ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e á Comisión Nacional de Enerxía a adoptaren as medidas necesarias que garantan a extensión a todos os beneficiarios do bono social, e a súa aplicación efectiva nos prazos establecidos pola normativa vixente.
2. Instar ás Consellarías de Traballo e Benestar, e de Economía e Industria, e ao Instituto Galego de Consumo a poren en marcha, de xeito urxente, Planos de Comunicación, Información e Asesoramento sobre das últimas modificacións no sistema de tarifas eléctricas e da aplicación do bono social, orientadas tanto á poboación en xeral como especificamente aos potenciais beneficiarios.
3. Ofrecer un servizo de información, asesoramento e colaboración na tramitación da solicitude do bono social, por parte do concello de Neda, onde se facilite ademais dun xeito áxil toda documentación acreditativa que o beneficiario deba obter do concello.
En Neda, a 27 de agosto de 2.009
Asdo. Manolo Castro Alonso ( Portavoz BNG en Neda )Resposta á manipulación
http://ppneda.blogspot.com/2009/09/el-bng-de-neda-manipular-la-informacion.html
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:49 p.m. 0 comentarios
19.9.09
Conveniar coa Voz de Galicia
Abraiados estamos. No DOG de hoxe ( 15 ) podedes ver cal é a política que en materia de augas vai levar o organismo autónomo Augas de Galicia: o único convenio que asina este organismo en catro meses (maio, xuño, xullo e agosto) é...coa Voz de Galicia Radio!!
Trátase dun excelente e revelador testemuño de como concibe Feijóo o seu programa de goberno: perante a cantidade de temas pendentes en materia de política hídrica galega, a primeira medida conveniada de Augas de Galicia é co "medio de comunicación" de Santiago Rey, cómplice necesario e preferente da chegada ao goberno do PP.
Descoñecemos se isto demostra que a política de Feijóo fai defitivamente augas; ou se trata de implementar unha EDAR en Sabón, perante a cantidade de residuos tóxicos que saen de semellante empresa. En calquer caso, o asunto exemplifica perfectamente que a política de propaganda é a fontanería coa que Feijóo vai remplazar a necesaria (e até o momento inexistente) actividade administrativa ordinaria.
Conscientes do impresentable do asunto, non publican o importe, incumprindo a Lei 4/2006, de transparencia e boas práticas da Administración galega
Nota sacada de blogfeijoomente.
http://feijoomente.blogaliza.org/?p=837
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:30 a.m. 0 comentarios