O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar no concello alegacións á Ordenanza Reguladora de cesión de Locales no Concello. Ordenanza que foi debatida en pleno do Concello e que xa naquel intre presentara o BNG unha serie de suxestións, rexeitadas todos pola concelleria do PP, Monserrat Rico, estando no periodo de alegacións que remata o vindeiro sábado día 3, o Bloque presenta agora alegacións ao texto, co ánimo de enriquecelo e de correxir eivas que, non poderán logo ser subsanadas pese ao dito na reunión coas asociacións celebrado o dia de onte 29 de setembro, na que a concelleira do PP afirmaba que a Ordenanza se ía aprobar pero, que tal e como dixera o alcalde no Pleno ao Portavoz do BNG, non se ía a levar a cabo.
As Ordenanzas se aproban e logo se poñen en funcionamento iso é o que establece a normativa vixente ( non se fan porque si)
30.9.09
O BNG presenta alegación á Ordenanza que regula os lacales das asociacións
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 7:30 p.m. 0 comentarios
29.9.09
Rafael Cuíña: ‘Estarei na manifestación a prol do galego’
Empresario e militante do PPdeG
É militante do PPdeG e confesa que non lle preocupa que o definan como nacionalista. Rafael Cuíña (Lalín, 1972), membro da plataforma 'ProLingua', confirma que asistirá a manifestación convocada por 'Queremos Galego' o vindeiro 18 de outubro en Compostela. 'Estou a favor de calquera movemento que defenda o idioma', asegura. Nesta entrevista, o fillo do histórico dirixente do PPdeG, Xosé Cuíña, debulla a súa visión sobre a situación do idioma.
Queremos Galego” convidou os votantes do PPdeG a unirse “ao desacordo co ataque á lingua”. Como militante do partido vai asistir á manifestación do 18 de outubro?
Por suposto, sempre e cando non mo impida nada ese día. Eu formo parte da plataforma “ProLingua”, que a nivel asociación non vai participar –tal e como recolle o manifesto–, pero a nivel individual apoiamos a convocatoria ao 150 por cento. Manifestándome non vou en contra de ninguén senón a favor do galego. Eu asisto a calquera movemento que defenda a nosa lingua. É máis, cando “Queremos Galego” se constituíu na comarca do Deza tiña pensando asistir á asemblea aberta, pero finalmente resultoume imposíbel ir.
Como ve o conflito lingüístico creado nos últimos tempos?
Véxoo con preocupación. Estou preocupado por como inflúe na política lingüística un grupo de presión como Galicia Bilingüe, pero á vez teño a seguridade de que xente da capacidade de Anxo Lorenzo –secretario xeral de Política Lingüística– resistirá estes embates. Penso que Lorenzo vai ser quen de artellar un bo decreto que regule o uso e promoción do galego no ensino co que esteamos de acordo.
Que lle parece o decreto que está en vigor hoxe en día?
A min non me asusta en absoluto. Hai quen di que con este decreto tratábase de “impoñer”, pero considero que este decreto o que fixo foi “poñer”. Na actualidade, o castelán aparece constantemente ao noso redor, nos medios de comunicación, na sociedade... ninguén vai ter problemas en aprendelo. En cambio, co galego acontece todo o contrario. Con todo, existen o que eu chamo “pseudoelites” que están preocupadas por que os seus fillos e fillas se formen en castelán. Pola contra, no rural non existe o debate da lingua. Falamos galego sen ningún complexo.
publicado en ANT
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:13 p.m. 0 comentarios
25.9.09
O BNG solicita inversión para a Casilla do Puntal
A Deputación Provincial ven de aprobar o Plan de Obras e Servizos para os concellos da Provincia, no caso do noso Concello a cantidade a percibir pasa dos 142 Mil Euros. Este diñeiro debería ser empregado tal e como establece o Artg. 26 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en esta ocasión o Ente provincial permite a ampliación de criterios fora do establecemento desta Lei, por cuestións de necesidade Local.
O Bloque Nacionalista Galego , vai solicitar que o 30 % dos mais de 142 Mil euros sexan invertidos no Local da Casilla do Puntal, por ser esta zona do Concello a que carece de inmoble para actividadesdos veciños/as e incluso para a realización de votación, o concello debe alugar un Local.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:34 a.m. 0 comentarios
22.9.09
Tega e PP rexitan unha moción conxunta BNG-PSOE polo tema dos voluminosos
No pleno da corporación municipal celebrado o xoves 27 de setembro o Bloque Nacionalista Galego eo PSOE, presentaron unha moción transacionada que despois de ser rexeitada na Comisión de Asuntos de Plen,os grupos do PSEO e BNG a presentaron por via de urxencia no Pleno, algo que tamén foi rexeitado polos grupos de PP e TEGA; na moción solicitábase:
Instar á Xunta de Galicia e á Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) ao mantemento da recepción de residuos voluminosos procedentes dos municipios adheridos, nas condicións que o viña facendo até agora, para o seu posterior tratamento por un xestor autorizado e conforme á normativa vixente.
2 No seu defecto, financiar dende a Xunta de Galicia os diferenciais de custo para os concellos entre as tarifas que ata o de agora pagaban a SOGAMA e os novos custos derivados desta decisión, de xeito que os concellos galegos non teñan unha maior carga económica pola xestión destes residuos voluminosos.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:00 p.m. 0 comentarios
21.9.09
O que o BNG presenta ao Pleno encol do Bono Social da Tarifa Eléctrica
Ao aveiro da lexislacion vixente, artg. 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, o BNG presentan a seguinte moción no Rexistro do Concello de Neda.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A liberalización operada no sector eléctrico, lonxe de significar unha mellor prestación do servizo eléctrico nos fogares e abaratar o custe da factura eléctrica para a maioría das economías domésticas, está a ocasionar unha confusión crecente e un incremento no gasto repercutido polo subministro eléctrico á maioría dos consumidores.
A constatación do fracaso da aplicación da política de libre competencia nun servizo esencial para toda a comunidade como o subministro de enerxía eléctrica, onde ademais o abano de empresas comercializadoras redúcese a cinco, ponse de manifesto mesmo na recente normativa reguladora sobre a materia, como é o caso da creación do denominado “bono social”, consistente nunha bonificación na factura eléctrica por unha contía igual á diferenza entre o valor da tarifa de último recurso e unha tarifa reducida,é unha bonificación na factura por unha cuantía igual á diferencia entre o valor da tarifa de último recurso e un valor de referencia ou tarifa reducida co que se pretende corrixir a importante repercusión económica que o novo sistema de tarifas ocasiona na economía da maioría dos consumidores domésticos.
Malia que no limiar do Real Decreto-Lei 6/2009, do 30 de abril, se expresa claramente “...que se require a posta en marcha de forma inminente dun bono social ...”, non é até case que dous meses despois cando se publica a Resolución do 26 de xuño de 2009, da Secretaría de Estado de Enerxía, onde se determina o procedemento de posta en marcha do bono social, e se concretan as persoas beneficiarias da medida: as titulares dun punto de subministro na súa vivenda habitual de 60 ou máis anos de idade que acrediten ser pensionistas do Sistema da Seguridade Social que perciban as contías mínimas, as que acrediten ser familias numerosas, as que acrediten formar parte dunha unidade familiar con todos os seus membros en idade de traballar en situación de desemprego e as que teñan contratada unha potencia menor de 3kv.
Estes potenciais beneficiarios, ademais da demora na publicación e polo tanto posta en marcha efectiva do bono social, están a sufrir atrancos inxustificados, como incumprimentos das empresas distribuidoras e comercializadoras de enerxía eléctrica no relativo á publicidade do procedemento e o ofrecemento de información exhaustiva, a imposibilidade dunha atención presencial dado o escaso número de empresas comercializadoras existentes, ou mesmo a necesidade de achegar múltiple documentación acreditativa de diversos organismos e administracións públicas, entre eles o Concello.
Por todo o exposto con anterioridade, o Grupo Político Municipal do BNG propón ao Pleno do Concello adoptar os seguintes
ACORDOS
1. Instar ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e á Comisión Nacional de Enerxía a adoptaren as medidas necesarias que garantan a extensión a todos os beneficiarios do bono social, e a súa aplicación efectiva nos prazos establecidos pola normativa vixente.
2. Instar ás Consellarías de Traballo e Benestar, e de Economía e Industria, e ao Instituto Galego de Consumo a poren en marcha, de xeito urxente, Planos de Comunicación, Información e Asesoramento sobre das últimas modificacións no sistema de tarifas eléctricas e da aplicación do bono social, orientadas tanto á poboación en xeral como especificamente aos potenciais beneficiarios.
3. Ofrecer un servizo de información, asesoramento e colaboración na tramitación da solicitude do bono social, por parte do concello de Neda, onde se facilite ademais dun xeito áxil toda documentación acreditativa que o beneficiario deba obter do concello.
En Neda, a 27 de agosto de 2.009
Asdo. Manolo Castro Alonso ( Portavoz BNG en Neda )Resposta á manipulación
http://ppneda.blogspot.com/2009/09/el-bng-de-neda-manipular-la-informacion.html
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:49 p.m. 0 comentarios
19.9.09
Conveniar coa Voz de Galicia
Abraiados estamos. No DOG de hoxe ( 15 ) podedes ver cal é a política que en materia de augas vai levar o organismo autónomo Augas de Galicia: o único convenio que asina este organismo en catro meses (maio, xuño, xullo e agosto) é...coa Voz de Galicia Radio!!
Trátase dun excelente e revelador testemuño de como concibe Feijóo o seu programa de goberno: perante a cantidade de temas pendentes en materia de política hídrica galega, a primeira medida conveniada de Augas de Galicia é co "medio de comunicación" de Santiago Rey, cómplice necesario e preferente da chegada ao goberno do PP.
Descoñecemos se isto demostra que a política de Feijóo fai defitivamente augas; ou se trata de implementar unha EDAR en Sabón, perante a cantidade de residuos tóxicos que saen de semellante empresa. En calquer caso, o asunto exemplifica perfectamente que a política de propaganda é a fontanería coa que Feijóo vai remplazar a necesaria (e até o momento inexistente) actividade administrativa ordinaria.
Conscientes do impresentable do asunto, non publican o importe, incumprindo a Lei 4/2006, de transparencia e boas práticas da Administración galega
Nota sacada de blogfeijoomente.
http://feijoomente.blogaliza.org/?p=837
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:30 a.m. 0 comentarios
TEGA e PP vontan en contra de solicitude de mellores no Bono Social eléctrico
O pasado xoves día 17 de setembro de 2009, o Bloque Nacionalista Galego, presentou unha moción ao Pleno celebrado no Concello de Neda, moción que ía dirixida á corrección das eivas detectadas no Real Decreto -Lei 6/2009 e a normativa reguladora sobre a mnateria enexética e a posta en funcionamento do Bonoo Social.
Na Moción en dentro dos acordos :
1. Instar ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e á Comisión Nacional de Enerxía a adoptaren as medidas necesarias que garantan a extensión a todos os beneficiarios do bono social, e a súa aplicación efectiva nos prazos establecidos pola normativa vixente.
2. Instar ás Consellarías de Traballo e Benestar, e de Economía e Industria, e ao Instituto Galego de Consumo a poren en marcha, de xeito urxente, Planos de Comunicación, Información e Asesoramento sobre das últimas modificacións no sistema de tarifas eléctricas e da aplicación do bono social, orientadas tanto á poboación en xeral como especificamente aos potenciais beneficiarios.
3. Ofrecer un servizo de información, asesoramento e colaboración na tramitación da solicitude do bono social, por parte do concello de Neda, onde se facilite ademais dun xeito áxil toda documentación acreditativa que o beneficiario deba obter do concello.
Estes acordos foron rexeitadas polo PP e TEGA, no concello de Neda, pero si apoiados noutros concellos polo PP, algo curioso.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:19 a.m. 0 comentarios
15.9.09
A Deputación Inviste en Neda
O Pleno da Deputación Provincial, celebrado o pasado venres 11 de setembro, aprobou a primeira fase dun dos plans “anticrise” deseñadas polo goberno provincial para paliar a difícil situación económica que padecen os concellos da provincia como consecuencia da crise. Nesta primeira fase do “plan anticrise 2”, destinado a financiar os gastos de reposición asociados ao mantemento de servizos públicos esenciais dos concellos, cun investimento total de 10 millóns de euros, apróbanse obras e actuacións en 41 concellos da provincia por importe de algo máis de catro millóns de euros. Neste programa participan os 91 concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes.
Neste Plan o concello de Neda, recibe unha asignación económica de 66.807.03 €, cantidade que vai destinada ao amaño do Muro de Contención do Colexio S. Isidro.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:50 p.m. 0 comentarios
13.9.09
Cando a demagoxia estoupa na cara

O Valedor do Pobo na lectura do seu informe o pasado día 8 fixo especial fincapé nas queixas recibidas durante o ano 2008 ao respecto da aplicación da Lei de Dependencia no noso país. Non pode pasar desapercibido nin para os cidadáns afectados nin para o conxunto da poboación que as queixas sobre a dependencia só supuxeron no ano 2008 o 3,2% do total das queixas recibidas polo Valedor e que tal porcentaxe está moi por debaixo das queixas recibidas polo mesmo motivo noutros organismos de amparo doutras comunidades autónomas no que as queixas pola aplicación da Lei de Autonomía Persoal significaron entre o 10 e o 15% das queixas remitidas.
As queixas ante o Valedor así como as denuncias xudiciais formaron parte da estratexia do PP anunciada polo señor Feijóo contra o Goberno bipartito. Por suposto que tal circunstancia non vai en detrimento do dereito dos cidadáns a protestar nin do Valedor a colocar a importancia e o protagonismo do seu informe onde lle pete, pero sí explica que o gran argumento do PP para intentar tapar a súa falta de proxecto e xestión nos Servizos Sociais sexa o informe do Valedor.
A construcción dun servizo público universal é unha das tarefas máis ilusionantes que pode realizar un goberno. Pero tamén, como todas as grandes empresas, difícil e traballosa. Tal foi o noso sentimento coa aprobación da Lei Galega de Servizos Sociais e a posta en marcha do Sistema Galego de Benestar na pasada lexislatura.
Nun tempo récord constituíuse, en colaboración cos concellos, un organismo público de xestión, o Consorcio, que en tan só dous anos e medio puxo en marcha 233 instalacións públicas de Igualdade e Benestar, entre eles 57 Centros de Día. No mesmo tempo a administración galega valorou 54.655 solicitudes de Atención á Dependencia (o 94% das presentadas) e á altura de abril do 2009, 15.000 persoas disfrutaban xa en Galiza dalgunha prestación do Sistema Galego de Autonomía Persoal. Sen dúbida cifras insuficientes pero positivas se temos en conta que partíamos da nada.
Mentres tanto, o PP dende a oposición adicouse á demagoxia e á política de terra queimada. Ben acompañado pola aristocracia mediática encheu páxinas de periódico con fotos de dependentes que esperaban pola súa prestación sen dicir que xa eran dependentes cando gobernaba Fraga. Intentaron desacreditar a Rede Pública e o seu organismo de xestión, o Consorcio, sen dicir qué alcaldes do PP participaron na súa constitución e nas súas posteriores tomas de decisión.
Teño para min que a saña que o PP utilizou e segue a utilizar contra o Sistema Galego de Benestar ten unha explicación política: intentar desterrar a perigosa asociación de ideas que a cidadanía podería facer entre nacionalismo e benestar. Que se nos asocie coa defensa da identidade do país o levan mal, que se nos identifique co traballo para acadar o Benestar dos cidadáns non están dispostos a soportalo.
O problema para o PP chega agora cando ten que gobernar o sistema sen crer nel e ademáis ten que facelo ca pesada carga da súa demagoxia. ¡Pola boca morre o peixe!
Cando non se teñen ideas nin capacidade o máis doado é botarlle a culpa aos demáis. De aí que para intentar ocultar a súa falta de solucións, acusen ao bipartito de mala xestión e a Madrid de non dar cartos. Segundo a conselleira e o presidente para poder atender aos dependentes en Galiza faría falla que Madrid nos dera cada ano máis de 400 millóns de euros e agora só nos dá 100. Resulta obvio que se con esa falta de financiación o bipartito foi capaz de pór en marcha 57 centros de día, 7 centros residenciais e atender a 15.000 dependentes a súa xestión lonxe de considerarse deficiente debería ser calificada de auténticamente máxica.
O PP perdeu esta semana no Parlamento unha oportunidade única para pedir perdón pola demagoxia do pasado, recoñecer os avances conseguidos polos adversarios, reclamar paz para unha obra que debe ser de todos e empezar a gobernar para mellorar o feito... si se pode! Pero segundo parece interesa moito máis prolongar indefinidamente a campaña electoral que gobernar para consolidar un Servizo Público. Por eso despois de tanto berrar e anunciar que en cen días arranxaría o tema da dependencia agora a única promesa que se atreve a facer o presidente Feijóo consiste en anunciar que terá a 18.500 dependentes atendidos a finais do ano 2009. O bipartito atendeu a 15.000 en dous anos e agora a gran fazaña do señor Feijóo é atender a 3.500 en nove meses! Mentres tanto, 20 centros xerontolóxicos construídos e rematados polo bipartito esperan a ser postos en funcionamento polo novo Goberno. Boa demostración do que significa a austeridade para o PP: recortes na extensión do Servizo Público que fan dudar ata das súas cativas promesas. A demagoxia estóupalle na cara ao presidente e con demagoxia non se goberna.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:44 a.m. 0 comentarios
1.9.09
O NOTARIO DA VERDADE. (LA VERDAD DE LA CALLE).

Foto GZnacion
Ciudadano Rey:
Lin con moita atención o seu artigo do domingo, no que amosa a súa preocupación polo que está a acontecer na sociedade galega, e teño que recoñecer que coincido con vostede en moitas das súas reflexións, que certamente preocupan aos cidadáns, tales como a crise económica, a destrucción da paisaxe, a agravio comparativo en investimentos a respeito de outros territorios do estado, o dispendio no gasto de diñeiro público, o trato dado a sociedades anonimas deportivas, e mesmo os excesos do Gaiás para un país como o noso.
O seu artigo pode resultar incluso enternecedor, pero si pormenorizamos nos contidos, a súa demagoxia agroma tanto como ese agocentrismo de autodemominarse "notario da verdade", defensor das liberdades e da democracia en un verdadeiro alarde obsceno de falsa modestia.
Sorprende escoitar de vostede a preocupación polas axudas con cartos públicos a empresas que contribuiron a xenerar a situación de crise económica omitindo que a súa propria é a que máis diñeiro recibe en subvencións entre todos os medios de comunicación por parte do goberno galego, dato este, por certo que omite o seu xornal cecais por escandaloso.
Aínda compartindo que o Gaiás pesa como o granito para as arcas públicas galegas, non vemos os galegos as mesmas criticas en La Voz de Galicia a un gasto, se cadra maior, e tan incomprensíbel como o porto exterior da Coruña, a poucas millas do de Ferrol e sen a financiación necesaria pero feito con urxencia para garantir a especulación nos terreos do porto coruñés.
Entendo que cuestione vostede os esaxerados gastos da administración en asuntos menores, pero a súa belixerante actitude co goberno bipartito, non a percibimos os galegos cando Fraga e Núñez Feijoo mercaron luxosos audis ou cando gastan milleiros de euros en cambiar cartelística e imaxes mentras deixan de abrir escolas infantís, centros de día públicos ou o investimento en politicas sociais mentras subvencionan colexios privados que segregan por sexos.
Os galegos podemos entender as súas demandas de millor e maior financiamento, pero as súas palabras non son coerentes coa realidade: critica un plan eólico que se reparte en máis de trinta proxectos de criación de industria e postos de traballo e que deixa ás arcas públicas arredor do 15% do rendimento en época de crise, pero cando o goberno de Fraga repartiu a Francisco Vazquez e Castro Baldivia "a dedo" muíños eólicos non o vimos nin a vostede nin ao seu medio na defensa da tan cacareada transparencia.
As súas análises conservadoras sobre a realidade politica quedan ben ás claras na súa visión do estatuto catalán, posicionandose abertamente de parte das teses máis centralistas do Partido Popular, aínda antes de facerse público o informe do tribunal constitucional. Toda unha demostración de independencia periodística.
Comparto tamén con vostede, señor Rey, o seu enfado pola especulación urbanística e a destrucción da paisaxe só pola priorización dos intereses económicos sobre a etica, pero lémbrolle que está de triste actualidade a sentencia do supremo sobre unha licencia ilegal concedida polo seu amigo Francisco Vazquez ao seu outro "amigo" Manuel Jove no edificio da antiga sede de FENOSA, mentras o medio de comunicación do que é editor se adicou na anterior lexislatura a combatir o decreto do Habitat ou a lei de protección da costa. Curiosamente, fai vostede tamén unha defensa velada da instalación de macropiscifactorías na Costa da Morte (Paz Andrade é membro do Consello de administración de Caixa Galicia e dono de Pescanova) e ao tempo exerce de ecoloxista.
Critica vostede un localismo (estamos de acordo) que despois practica na súa análise sobre a polémica da fusión das caixas, posicionandose claramente por unha absorción (non fusión) de Caixa Galicia sobre Caixanova, facendo gala de esa "independencia" que o caracteriza á hora de defender intereses de parte (o seu xornal sobrevive tamén gracias a caixa que dirixe Méndez), do lobby coruñés do que vostede se erixe en defensor mediático.
Sobre o galego e o galeguismo, chega con ver a porcentaxe que vostede adica no seu medio ao idioma galego, sen dúbida suficiente para xustificar subvencións por ese concepto mentras o goberno do PP aproba carísimas consultas sen valided legal suspende decretos e anuncia segregacións polo idioma co seu silencio cómplice no millor dos casos.
Esa comparación entre as politicas de outros países e o noso, desfaise no asunto aeroportuario, no que vostede é o principal valedor do localismo máis arcaico ao defender a ultranza unha competitividade entre galegos mentras os portugueses se benefician das guerras internas que vostede alimenta.
Sen dúbida, vostede practica nos seus artigos e no seu medio de comunicación, o mesmo discurso demagóxico ao tempo que reaccionario para facer unha interpretación interesada e paternalista de cara a unha sociedade que dí defender de palabra pero que manipula a diario, pero, señor Santiago Rey, "as palabras, levaas o vento" como din moitos dos nosos concidadáns con razón e sentido común, e as súas máis que as de ninguén, porque dí todo aquelo que non practica.
E por último, señor Rey, seguramente os sindicatos e os traballadores de La Voz de Galicia agradecerán ese aviso de tempos que lle farán tomar decisións duras e dificiles de entender, para que se vaian preparando para restriccións salariais, despedimentos, ou mesmo expedientes de regulación... eso sí, polo ben de Galicia da liberdade, da democracia e da verdade, nonsí?
Atentamente:
Carlos García Rey
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:19 p.m. 0 comentarios
30.8.09
Moción ao Pleno polo cesamento de prestación de servizo por parte de SOGAMA
A Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) ven de comunicar que a partires do 1 de setembro de 2009 procederase ao cesamento da recepción de residuos voluminosos procedentes dos concellos adheridos.
O cesamento na prestación do servizo de retirada de residuos voluminosos por parte de SOGAMA, para o seu posterior tratamento, prodúcese de xeito unilateral, sen ningún tipo de negociación previa cos concellos afectados, que a partir do 1 de setembro terán que facerse cargo, individualmente, da recollida e entrega deste tipo de residuos a un xestor autorizado.
Con este anuncio, a Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) podería estar a incumprir as condicións pactadas cos concellos no momento da súa adhesión, sen que nin a Xunta nin a propia SOGAMA ofrezan ningunha solución alternativa e viábel aos Consellos afectados, que, ademais de ter que artellar sistemas de recollida, verán como os custes do tratamento destes residuos se incrementan de xeito exponencial.
A falla dun sistema homoxéneo para a retirada destes residuos, xunto co incremento significativo dos custes, precisamente nun momento no que como consecuencia da crise económica e das deficiencias do sistema de financiamento local as facenda municipais están a pasar por situacións moi difíciles, podería derivar na proliferación de vertedoiros incontrolados ou, no mellor dos casos, cando o tratamento se faga conforme á legalidade e por un xestor autorizado, no traslado do incremento dos custes ao recibo do lixo que terán que soportar os/as veciños/as dos concellos afectados.
Tendo en conta o grave prexuizo que vai crear nos concellos e no caso de Neda en particular, pola serie de verquidos incontrolados que se están a realizar. O Bloque Nacionalista Gaelgo ven de presentar unha moción ao Pleno no que se solicita se tomen as seguintes medidas.
ACORDO
1. Instar á Xunta de Galiza e á Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) ao mantemento da recepción de residuos voluminosos procedentes dos municipios adheridos, nas condicións que o viña facendo até agora, para o seu posterior tratamento por un xestor autorizado e conforme á normativa vixente.
2. No seu defecto, instar á Xunta de Galiza a que aporte unha solución alternativa e viábel, que non supoña un incremento do recibo do lixo dos concellos afectados.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:46 a.m. 0 comentarios
25.8.09
A Xunta non abrirá este curso 28 galescolas xa construidas

O curso escolar para a educación de 0 a 3 anos comezará este ano coas mesmas "85 galescolas" que funcionaban na época do bipartito, pese a que, segundo o BNG, hai outras 40 xa construidas das que a Xunta únicamente manifestou a intención de abrir 13. Auguran, no entanto, que quedarán en 12, porque o Concello de Carballeda de Avia optou por "rachar o convenio". Por tanto, serían 28 as galescolas rematadas que non se porían en marcha.
Así o manifestou o portavoz do grupo parlamentario nacionalista, Carlos Aymerich, quen sinalou que "a sociedade debe saber que as prazas de galescolas que se ofertarán a principio de curso son as mesmas que deixou en funcionamento o BNG".
Con esta afirmación, reprocha que a actual Xunta non poña en marcha outras "galescolas xa rematadas", algo que atribúe a que "Beatriz Mato (conselleira de Benestar) non quere dotalas dos medios materiais e persoais para que funcionen".
Neste sentido, reprochou ao Goberno galego que alegue que non hai diñeiro para "ampliar a cobertura da gratuidade dos libros de texto" ou para dotar de mobiliario e persoal as galescolas, pero si para "subvencionar colexios privados que separan a nenos e nenas e se adoutrinan" ou para efectuar a enquisa do galego e cambiar a rotulación das Galescolas para denominalas agora "Galiñas azuis". Por iso, mediante unha iniciativa parlamentaria, o BNG pedirá información sobre o "custo económico" que implica efectuar estes cambios, así como "todas as facturas expedidas" e os "contratos asinados" respecto diso.
Os nacionalistas vinculan esta situación co feito de que "a aposta do PP non é Galiza, non é o galego ou as necesidades dos galegos". Ao contrario, opinan que "as súas apostas están noutro país, noutra lingua e en certos intereses privados", que detectan tamén no "negocio da educación infantil de 0 a 3 anos". Hai, engadiu, unha "aposta polo ensino privado".
Ademais de aludir ás escolas que agora o PP denomina "A Galiña Azul", Aymerich referiuse aos 14 concellos que, afirman os nacionalistas, están "a velas vir" logo de conceder terreos para a construción doutras tantas garderías. Apuntou, tamén, que o 31 de agosto acaban os contratos de 64 profesionais destes centros educativos e afirma que "non está garantido que se cubran eses postos de traballo".
Todo, explicou, vai na liña de "redución de investimentos no ensino público, redución non esforzo orzamental das galescolas e a oposición a calquera presenza do galego", un proxecto que definiu como de "educación moderna avalado internacionalmente".
En relación co actual conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, Carlos Aymerich suxeriu "non tomalo moi en serio" e critica que se lle encargou a el unha responsabilidade como a da educación en Galiza. "É coma pór en mans dun mono un arma", espetou, alegando que, en todo caso, "a culpa non é del".
"Eliminar o galego"
Segundo Aymerich, o reto dos populares é "eliminar o galego" da educación e, para iso, "non hai austeridade" que promulga. Nesta idea incidiu o deputado nacionalista Bieito Lobeira, quen detecta un proceso de "combater até o exterminio ao galego" por dous conselleiros, Jesús Vázquez (Educación) e Beatriz Mato (Benestar).
Ambos, dixo, contribúen a trasladar á sociedade "unha imaxe perigosa", que é a "idea de que a lingua galega é estigmatizada". Así, transmiten que eliminar os símbolos que aludan a Galiza implican "neutralidade, educación en valores solidarios" e outros.
O Concello de Neda, queda sen Galescola, logo da adhesión ao Consorcio Gaelgo e da cesión ao mesmo de tarreos para a súa cosntrucción .
As consecuencias dun goberno Popular ,estanse a notar en Neda pasos axigantados, logo da perda das vivendas de protección, agora a perda da Galescola, o que isto sinifica para Neda é unha grande debacle e moito mais para os políticos do goberno local que apostaron forte por este goberno do PP, nun concello,que non se pode permitir e menos nestes tempos que corremos,estes desprezos por parte da administración galega.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 7:26 p.m. 0 comentarios
23.8.09
Sentenza á Directora Xeral de Formacion
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:50 a.m. 0 comentarios
Traballo confía nunha aclaración xudicial sobre a condena da directora xeral de Colocación

En declaracións aos medios en Compostela, a responsábel deste departamento matizou as declaracións do voceiro 'popular', Antonio Rodriguez Miranda, xa que "o PP non é que diga que -o xuíz- se equivocou", senón que "transmite a confianza" de que se produza a devandita aclaración. "Para que todo o mundo teña a mesma confianza que teño eu nesta persoa", engadiu.
Así mesmo, Mato lamentou "profundamente" que o PSdeG advertise que se o alto cargo non cesa o seu grupo reprobará a conselleira no Parlamento. "Lamento profundamente que o PSOE se sume ao carro iniciado por un sindicato -a CIG-, cando ten que ser un partido serio que se supón que loita por ser unha opción de goberno", aseverou.
No canto á posibilidade de que a propia Díaz lle abra un expediente á empresa familiar, explicou que "non hai ningún tipo de vinculación", pois hai tres direccións xerais dentro da Consellaría de Traballo e a que ten que ver coas inspeccións de traballo é a de Relacións Laborais, que dirixe Odilo Martiñá -mentres que Ana María Díaz leva a dirección de Formación e Colocación-.
Investigación
Neste sentido, "a Consellaría cumpre estrita e escrupulosamente o marco lexislativo en vigor", garantiu, polo que asegurou que "non haberá ningún conflito de intereses". Ademais, non descartou que se abra unha investigación ao respecto, e indicou que "se a acta de instrución xa está levantada, -esta- comezará e levantarase como un expediente máis".
Dito isto, rexeitou "contribuír a unha película" que cualificou de "un tanto rocambolesca", polo que se remitiu a anteriores pronunciamentos e reiterou a súa "confianza plena na honestidade e na profesionalidade desta persoa".
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:26 a.m. 0 comentarios
22.8.09
O 'impaís'
O conselleiro de Industria dese país postula que as empresas leven a súa produción fóra, a outros países e por iso, xunto coa conselleira de Traballo, aproba deslocalizacións industriais que deixan na rúa, ERE mediante, centos de traballadores do seu país. E a man non lles treme. Ese mesmo conselleiro de Industria pretende revisar o concurso eólico para beneficiar, desta vez dixitalmente, ás empresas de fóra. As mesmas que levan décadas explotando os recursos naturais do seu país e estragando impunemente a súa natureza. Onte en Castrelo de Miño e hoxe nos canóns do Sil. E a man non lle treme. A conselleira de Facenda dese país acepta un sistema de financiamento prexudicial para os seus cidadáns e asiste calada, cun silencio cómplice, ás ameazas de absorción das súas caixas de aforro por entidades de fóra. E a consciencia non lle remorde. Esa mesma conselleira que rebaixa os impostos aos que máis teñen, xustifica despois coa falta de recursos os recortes constantes nos servizos e nas prestacións públicas que, con entusiasmo militante, aplican despois os seus compañeiros de gabinete no ensino, na sanidade ou nos servizos sociais. E mesmo anuncian novas privatizacións e retallamentos. O conselleiro de Educación e o secretario xeral de Política Lingüística dese país teñen como prioridade o combate contra a lingua dese país. Por iso, ao seu ver, despolitizar o ensino equivale a depurar calquera sinal capaz de espertar no alumnado o coñecemento e o cariño cara ó seu país. E aínda fachendean, ignorantes de que o país que non defende o seu en ván reclamará fóra respeito polos seus intereses.
Nese país o presidente do Goberno escolle para o negociado encargado de mirar polo cumprimento da normativa laboral a unha persoa condenada, precisamente, por incumprila de xeito aberto e reiterado. E lonxe de a cesar, defende a súa continuidade no posto. Nun país así ninguén se estraña de que o goberno, metido até o pescozo na lameira da corrupción e do tráfico de influencias, aínda se permita fachendear contra toda evidencia de austeridade e honradez no manexo da cousa pública. Nese país ninguén semella tampouco incomodarse porque o presidente do Goberno pase a maior parte do tempo, semana tras semana, na capital do país veciño gañando méritos e negociando cos seus gobernantes e prebostes da empresa e da comunicación a venda en porcións do seu país. Hai quen dirá que ese país ten o goberno que merece. E, porén, a maioría dos seus cidadáns e cidadás votaron por algo diferente.
Artigo de Opinión de Carlos Aymerich, no Xornal.com
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:15 a.m. 0 comentarios
19.8.09
Feijoo e o seu ideario
Día a día o Presidente Núñez Feijóo configura malgré lui un discurso propio que afecta á esfera identitaria. É evidente que esa non era unha das súas arelas vitais nin sentimentais. Faino forzado polo feito de a historia saírlle ao paso, pois a historia e os feitos non se retiran ao paso dos poderosos. Fican. E resulta que el ten que falar. E fala.
Concretei en análises anteriores algunhas notas sobre o que vai comparecendo nesas alocucións. Hoxe parece mesmo urxente abundar no asunto. Parécemo polo día no que andamos e porque Feijóo volveu falar noutro lugar de forte carga simbólica e incorreu de novo nesa práctica deshonesta de terxiversar textos e ideas alleos.
Pode crerse que para min representa un esforzo non menor dedicar tempo a isto. Non experimento ningún pracer tratando de escudriñar o que en realidade vén dicir este señor. Pois, en definitiva, desde unha perspectiva semiótica e de análise do discurso, un sabe que se dispón a falar do espectáculo de quen aspira a se (re)presentar a si mesmo como a nada, como alguén que postula a conveniencia escénica de non ser e non pensar nada, de quen hoxe se abandeira nun raro furor populista, o de reducir a cero o respecto xa non á realidade histórica e ao presente senón ante todo á racionalidade humana. A cada paso máis preto daquela norma de Franco, facer como que un non está en política para facer política de vez.
Leo o discurso seu de hoxe en Bonaval, perante o féretro de Castelao, e teño presente de novo o texto de hai dúas semanas no Consello da Cultura. En esquema digo:
1. Feijóo aspira a promover dous ideoloxemas constitutivos de todo o sistema de coordenadas do seu "pensamento" político: un é a súa noción de liberdade, o outro é a súa noción de pobo.
2. A acepción Feijóo de liberdade incorpora como antónimo de uso o termo imposición. Mentres que a acepción Feijóo de pobo sitúa como antitética a idea de elites culturais.
3. Para Feijóo e para quen inspiren o seu discurso oficial, que talvez non sexan exactamente os seus subordinados no Gabinete, as liberdades corresponden ao pobo innominado, mentres que as imposicións corresponden ao exercicio e á intervención das elites culturais.
4. O pobo é galeguista. As elites culturais do país propenden ao nacionalismo. Galeguismo e nacionalismo han de promoverse desde o discurso do poder como concepcións antagónicas. O mesmo que pobo e elites culturais.
5. O pobo en Feijóo caracterízase, alén do anonimato, pola aceptación mansa do que sobrevén de fóra en forma de superestrato cultural ou de dominación. As elites son o Medulio, é dicir, un reduto enclaustrado que se limita a exercer a resistencia perante os ritmos naturais da historia.
6. El, Feijóo, intentará no seu mandato dous logros históricos que na súa linguaxe non pública poderían definirse como "definitiva despolitización da esfera pública" e "sometemento tras rendición, e posterior tutela, dos resistentes do Medulio". Esa é a tarefa histórica de Feijóo. En tradución libre a unha linguaxe adulta, permítome transcribila nestoutros termos: populismo sustentado nun pacto financeiro-mediático de non agresión entre o poder institucional e os poderes efectivos ou reais e logro dunha definitiva rexionalización da nación (aténdase a un punto feble deste equilibrio inestábel: a posibilidade de que a rexionalización político-cultural levada ás súas últimas consecuencias supoña algunha clase de restrición da autonomía do poder económico e/ou mediático do país).
7. Un mecanismo que merece optimizarse é o da manipulación ou terxiversación, mesmo deconstrutiva, de mitos e símbolos identitarios, entende Feijóo. Esa é unha tarefa que el interpreta que debe afrontar directamente: incidindo nas institucións e nos lugares nalgún sentido sacralizados polas elites culturais nacionalistas ou simplemente galeguistas (se estas se excederen nalgún momento por algunha razón, mesmo desde dentro do PP).
8. No Consello da Cultura, o pasado día 9 de xullo, Feijóo golpeou até cansar no fígado identitario diso que algúns chamaron "criterio filolóxico" (algo que, serei claro, merece revisión desde un punto de vista empírico e sociolóxico, con total franqueza) e outros describiron como "filoloxización da cultura". Veu dicir alí, en definitiva, que a cultura galega non ten por que facerse en galego. Aínda máis: que pode ser máis galego culturalmente alguén que se exprese en castelán que alguén que se exprese en galego. E aínda isto: que Valle-Inclán é máis galego que por exemplo Rodríguez Mourullo ou Guerra da Cal (por poñer nomes, xa sei que é probábel que Feijóo non lese nada deles, de ningún deles, de ningún dos tres, quero dicir). E vaia, só por procurar un punto de encontro e animar a rebotica, até entraría un nese debate... Pero, claro, só a condición de... (isto, outro día).
9. Hoxe, no Panteón de Galegas Ilustres, Feijóo fixo outras cousas, moi na liña de usar a conveniencia propia o dito por terceiros, o discurso de outros, en especial se nel detecta algunha plusvalía simbólica. Moi na liña tamén de saírse do guión institucional e, non sei se por entender mal aquilo de se poñer á defensiva, acabar na mala educación e no vicio máximo de calquera acto retórico: ignorar por completo o sentido empático e suasorio do kairós. Malia todo o cal, tamén debe recoñecerse que pronunciou unhas certas palabras de Castelao, nada menos que da Alba de Groria de 1948 (escribo groria por non escribir gloria e evitar así irmos todos con Lancelot xusto alí en data tan sinalada como esta). Si, Feijóo falou do que na edición anotada que eu manexo Castelao enunciou como "substractum insobornable da patria galega". Iso aparece máis ou menos así no texto que esta vez si remitiu Presidencia ou polo menos o partido aos medios de comunicación e que eu recupero sen anotación marxinal ningunha (polo de agora). Un texto co algo aparatoso marbete de "manifesto" ao que accedín hai unhas horas polo favor dun amigo xornalista. Será posíbel iso do substractum etc.? Diríao de veras? Pois si, díxoo. Curiosamente, creo que un Touriño, por caso, nunca repetiría esas palabras de Castelao, nin na intimidade. Pero igual me equivoco.
10. Entón, que está a acontecer aquí? O que ocorre é que Feijóo usa de novo un lugar emblemático para seguir castigando o fígado identitario como unha especie de adaíl antielitista e rexionalista. Para alén das modificacións que introduciu na cita de Castelao (quen por certo atuaba ao seu público naquel 25 de xullo bonaerense, nun texto algo modificado ou normativizado na cita usada) e para alén doutras cuestións menores, o que Feijóo fixo hoxe foi deconstruír por completo a mensaxe de Castelao de 1948, que non esquezamos que era un canto á irmandade no exilio político e na emigración social ademais dunha homenaxe aos galeguistas, republicanos e en xeral demócratas asasinados desde 1936, e sobre todos eles unha homenaxe a Bóveda. De forma que Feijóo usa a Castelao, cita a Castelao, expele mesmo o que nel é un simple flatus voci ("patria galega"). E non como substractum senón como superestrato discursivo e ideolóxico, como un xogo cínico entre pastiche e cambalache para así reformular e negar o pensamento de Castelao. Como se dixo por aquí hai pouco, para espetar de novo onde máis doe. Por que? Acaso é malévolo Feijóo? Non nos precipitemos. Diso tratarase no punto 12, derradeiro de hoxe.
11. Alba de Groria foi un emotivo discurso (persoalmente, tería algo que engadir a esa valoración pero non o farei aquí) articulado, tras un moi interesante exordio, en dúas partes: unha, a final, centrábase en efecto no pobo (nese pobo reconducido a espírito e a unha aparente —en Castelao, só aparente— mansedume, que tanto chifla ao Presidente Feijóo) e outra, a inicial, referíase aos nomes propios, aos nomes históricos, ás elites... (horreur, Rueda, Varela!) encabezadas por Prisciliano e con colofón (vaia!) no nome de Valle-Inclán. Era o que Castelao chamou de modo acaso inconveniente pero acaído ao acto cívico daquel día naquel exilio "Santa Compaña inmorredoira" (polo medio, Xelmírez, Pardo de Cela, Faraldo, Rosalía e moitos máis, algún deles tamén presente a carón do lugar que ocupaba hoxe o orador). Por tanto, de novo, Feijóo furta unha parte substantiva da mensaxe e do texto: todo o que lle sobra ou estorba: as elites, os intelectuais, os ideólogos e idealistas, os que soñaron e fixeron a nación. E con que fica? Con iso que el soletrea como p-o-b-o e que Castelao chamou tamén, por conmover á xente, "a espranza celta", "xermes incorruptibles da nosa futura hestoria" e demais.
12. Non esquivo a pregunta. É Feijóo malo? Por que nos trata así? Sabe o que fai? Como conxectura técnica, diría que Feijóo non ten nin puta idea de cara onde vai, que non se dá conta en absoluto de todo o que se está a cargar, que se sente como un Harry Potter benévolo que poñerá as cousas no seu sitio: o das liberdades e o pobo, o do pobre neno que experimenta a imposición de ter que chamar "conxunto baleiro" ao que propiamente se ve que é un "conjunto vacío". Cada vez máis, Fraga —de novo por dar un nome—, o que Fraga Iribarne representou, esváese da súa memoria. Pouco ten que ver xa con el nin co sentido institucional de quen a estas alturas arelaba ser conserxe do Instituto de Vilalba (e isto si que empeza a ser canalla, o de non nomealo conserxe a don Manuel e darlle a oportunidade de concluír os seus servizos ao Estado como sempre quixo) e ten que andar recibindo condecoracións do carniceiro de Guiné Ecuatorial. Pero Feijóo si ten algo na cabeza (algo, apenas algo, non extrememos os xuízos) no marco identitario e na súa planificación do que ten de ser a Galiza futura e a política cultural que a tal ideación corresponda: i) a bandeira da liberdade debe tapar a do dereito e a lei; ii) os dereitos explícitos dos cidadáns sométense a unha noción tácita, esencial, abstracta e nunca continxente do comodín liberdade; iii) en canto oio falar de cultura saco o DOG e amanso o patio; iv) todo intelectual ten un prezo (barato); v) toda cita e todo símbolo son susceptíbeis de sometemento á lei do calcetín; vi) a esfera pública pode e debe reconducirse a casino ou no peor dos casos a taberna (por aquí a andrómena do harmónico, o cordial e outras variantes que frivolizan o conflito); vii) o pobo ten a palabra e para iso se fan inquéritos e periódicos, para que a teña; viii) a identidade é dos que veñen, nós non a precisamos e limitámonos a asimilar a dos que veñen a vernos (como Kundera!, como Beckett!, como Zelig!); ix) a identidade é unha deconstrución e, como debeu dicir Píndaro e non dixo xustamente por ser elite cultural, hai que chegar a ser o que non somos, coma min e como a oposición.
Todo o anterior está a facer o seu efecto. As cartografías xa son outras, é certo. Feijóo malia non saber exactamente onde quere ir está logrando algo: un desarme, un certo decaemento, algúns actos de reacción mal calibrados e con carencias tácticas penosas. Pero os montes seguen onde estaban, incluído o Medulio e todos os significados que anden na órbita dese nome como mínimo eufónico. Reaccionemos!
Blog lándoas.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 7:05 p.m. 0 comentarios
17.8.09
O BNG LEVARÁ AO PARLAMENTO O REPARTO “DISCRECIONAL” DOS RECURSOS DO PLAN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS
O grupo parlamentar do BNG levará ao parlamento o reparto dos recursos destinados á cooperación cos concellos para crear emprego, ante a “enorme preocupación” que está a xerar os criterios “discrecionais” nos que se vai basear.
O BNG, a través do seu deputado Henrique Viétez, rexistrou unha iniciativa parlamentar para que o goberno dea conta na Cámara de cantos recursos se teñen destinado xa dende a Consellaría de Traballo neste Plan de Cooperación, con que criterios e con que resultado.
Asemade, o parlamentar nacionalista pregunta se se tivo en conta o número de parados existentes en cada municipio, toda vez que, segundo as súas informacións, concellos con cifras de desemprego enormemente amplas e con dados que conforme a unha baremación obxectiva debían recibir un bo número de recursos “reciben, sen embargo, cantidades ridículas en comparación con outros, con alcaldes do PP”.
Viéitez afirma que este reparto discrecional, ao facerse, ademais, a través das novas delegacións territoriais, deixan ao descuberto, máis unha vez, o seu carácter como “órgaos políticos”, órgaos de goberno para controlar os recursos públicos e “instrumentalizar” ese control ao servizo do partido.
O deputado do BNG lembra que se trata de recursos que deberían de repartirse conforme a un baremo público e obxectivo, e xa que logo sen intermediarios, e dando a coñecer, ademais, os resultados á FEGAMP, mais a realidade é que se están a “vehiculizar a través dos delegados cuns resultados escandalosos dependendo da cor política do concello”.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 7:10 p.m. 0 comentarios
15.8.09
Axudas da Xunta aos mnedios de comunicación
Axencia Galega de Noticias, S.A. 534 €
La Voz de Galicia, S.A. 996.195 €
Canal Voz, S.L. 19.410 €
Editorial Compostela, S.A. 179.886 €
La Opinión de La Coruña, S.L. 53.479 €
Diario El País, S.L. 158.336 €
La Región, S.A. 109.357 €
Lérez Ediciones, S.L . 84.835 €
Rías Baixas de Comunicación, S.A. 43.132 €
Europa Press Delegaciones, S.A. 11.333 €
Faro de Vigo, S.A.U. 397.357 €
Sar Comunicacións XXI, S.L. 2.777 €
Editorial La Capital, S.L. 114.945 €
Interdix Galicia, S.L. 4.682 €
El Progreso de Lugo, S.L. 180.478 €
Xornal de Galicia, S.A. 1.739 €
Sociedad Española de Radiodifusión, S.A. 12.011 €
Radio Vigo, S.A.U. 13.558 €
Radio Lugo, S.A. 13.586 €
Radio Coruña, S.L. 32.219 €
Radio Pontevedra, S.A. 15.567 €
Radio Orense, S.A. 5.122 €
Radio Popular, S.A. 43.990 €
Telecable Compostela, S.A. 4.455 €
Voz de Galicia Radio, S.L.U 8.249 €
SIGalicia, Radiodifusión y Medios de
Comunicación, S.A. 5.361 €
SIGalicia, Radiodifusión y Medios de
Comunicación, S.A. 6.060 €
Uniprex, S.A. 20.683 €
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:45 a.m. 0 comentarios
13.8.09
Ao fin o Estado recoñece a figura de Moncho Reboiras

Nun acto de reparación que o delegado do Goberno en Galicia, o socialista Antón Louro, definiu como “unha reafirmación das conviccións profundas asentadas na democracia”, o membro da Unión do Pobo Galego (UPG) Xosé Ramón Moncho Reboiras recibiu o recoñemento oficial como vítima da ditadura. Sindicalista tiroteado ata a morte pola policía franquista tal día como onte hai 34 anos –tras unha forte redada contra o que, presuntamente, era o xérmolo dun grupo armado de resistencia ao ditador e que acompañouse de decenas de detencións e o exilio de moitos militantes da UPG–Reboiras é considerado o gran mártir do nacionalismo galego moderno, “como o da anterior etapa foi Alexandre Bóveda”, segundo apunta Bautista Álvarez, fundador da UPG que estivo no acto celebrado na delegación do Goberno na Coruña. Xunto a el, o voceiro do Bloque, Guillerme Vázquez,os principais referentes do BNG que pertencen á UPG –Francisco Rodríguez, Bieito Lobeira, Francisco Jorquera, Ana Pontón ou Francisco García, entre outros– ou o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo. O documento oficial de reparación foi recollido por un emocionado Manuel Reboiras, irmán do nacionalista morto en Ferrol en 1975.
“Queremos que Moncho sexa recordado como unha persoa que loitou con todas as consecuencias pola liberdade do seu pobo”, afirmou Manuel Reboiras, que tamén utilizou a versión do vello lema nacionalista para cualificar ao seu irmán como “semente de vitoria”. “Foi un exemplo de compromiso por un soño vermello, branco e azul que lle levou a padecer como outros moitos a violencia ilexítima dun réxime ditatorial”, engadiu.
Antes, o delegado do Goberno gabou o traballo levado a cabo por Francisco Rodríguez, secretario xeral da UPG e dirixente do Bloque, durante os ses anos no Congreso de Madrid, onde foi un dos poñentes da Lei de Memoria Histórica, que segundo Louro vén “romper con certo silencio dos primeiros anos da transición e recuperar a lembranza dos perseguidos”. Ademais, destacou o feito de que o recoñecemento oficial viñera asinado por un ministro de procedencia galega, o ceense Francisco Caamaño.
En primeira liña do acto –no que tamén se recitou un poema de Manuel María en homenaxe a Reboiras– estivo presente o actual líder do BNG, Guillerme Vázquez, que considerou a reparación como unha “obriga”. “Seguramente tería sido imposible facelo co PP no poder en Madrid, eu era deputado cando había que condenar o franquismo e non eran capaces”. Ademais, lembrou de xeito persoal os complicados días da morte do militante nacionalista. “Eu aínda non militaba, pero si que me acordo da miña nai moi preocupada e con medo, dicindo que a policía ía matar a todo o mundo. Foron momentos terribles”, rememora.
A clandestinidade e dureza da loita contra o franquismo dos nacionalistas de corte marxista viviuna en primeira persoa o veterano Bautista Álvarez, agora presidente da UPG e ex deputado do Parlamento galego. “Moncho foi un gran compañeiro e por iso homenaxeámolo cada 12 de agosto. Foi un loitador pola nosa nación e cos actos anuais ou co de hoxe pois facemos algo moi importante que é rescatalo do inferno ao que o quixeron mandar os seus propios asasinos”, apunta.
Álvarez tivo que refuxiarse en Portugal durante aquela época. Lembra que “alí contabamos con apoios, incluso oficiais despois do 25 de abril, pero o certo é que temíamos que mandaran pistoleiros a por nós, así que ata cambiamos o piso no que nos agochabamos porque xa era moi coñecido”, relata.
O acto rematou, a petición dos propios familiares, coa interpretación do himno galego, entonado por moitos puño en alto cun retrato do Rei ao fondo. Tamén se cantou no organizado pola propia UPG, que ademais do recoñecemento a Reboiras supuxo unha exhibición –na que participaron medio milleiro de persoas– da nova actitude da forza hexemónica do BNG e a súa contorna tras a perda do poder na Xunta e a chegada do PP de Feijóo. Un espectacular corredor de bandeiras galegas e vermellas acolleu a ofrenda no punto no que foi abatido Reboiras, onde Xesús Seixo, da CIG, destacou que “existen similitudes entre 1975 e a actualidade, xa que segue a gobernar unha dereita reaccionaria e antigalega”. Pola súa parte, Francisco Rodríguez pechou un día emotivo para os nacionalistas dicindo que “recoñecer a Moncho é recoñecernos a nós mesmos”.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:39 p.m. 0 comentarios
11.8.09
O BNG di que desapareceron 4.400 dependentes da lista do Ministerio

A coordenadora executiva do BNG, Teresa Táboas, esixiu hoxe á Xunta a actuar fronte á "desaparición" de 4.400 persoas dependentes con dereito a prestación en Galicia do listado do Ministerio de Sanidade e Asuntos Sociais.
En rolda de prensa, Táboas pediu ao Executivo galego que explique como solucionará "esta falta de compromiso do Estado" e denunciou tamén que "non se actualice" a páxina web que recolle os datos de dependentes con dereito a prestación, que están atrasados "dende febreiro".
Neste sentido, alertou de que "o proxecto do PPdeG é o de deconstruir Galicia" e que este mes de agosto "constitúe unha auténtica revelación do que é realmente o seu proxecto de país". "Durante o período de sesións no Parlamento non respondían a ningunha das preguntas do BNG con datos e agora vemos por que", lamentou.
Por iso, esixiu que a Xunta pida explicacións ao Goberno Central e que diga "a que se debe esta decisión" -redución de dependentes galegos nas súas listas-. "Estas persoas teñen dereito a reclamar", recordou a parlamentaria 'nacionalista'.
"NON HAI TRANSPARENCIA"
Así mesmo, Táboas sinalou que o Goberno do PPdeG utiliza a área de dependencia "de forma demagóxica", polo que pediu "transparencia, para que non se paralice -o sistema de axudas- e que se exerza un compromiso cos galegos e galegas en lugar de facer anuncios de campaña electoral".
Nesta materia, afirmou que a figura dos superdelegados, que son "o máis próximo ao propio cidadán", representan "unha mostra de ineficacia" ao concentrar "nunha soa persoa" numerosas responsabilidades, entre as que mencionou tamén o caso das persoas dependentes.
Finalmente, criticou que "non se realice un diagnóstico" da afectación da crise económica aos máis desfavorecidos, xa que "o sistema económico actual non é xusto para distribuír a riqueza". "O que se estaba a construír --dende a Xunta anterior do bipartito PSdeG e BNG-- era un Sistema Público de Benestar",lembrou.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:01 p.m. 0 comentarios
