
O Director Xeral de Calidade e Avaliación Medio Ambiental, Joaquin Lucas Buergo, anunciou o día 6 de Xuño de 2.007 en resposta ao BNG, que o proxecto de selado e de clausura do vertedoiro de Ancos (Neda) deberá estar rematado o próximo mes de outubro.
Durante o debate en comisión dunha iniciativa do deputado nacionalista Ferando Blanco Parga ao respeito, Buergo explicou que, nestes momentos, se pode dicir que a obra está na súa fase de inicio “ no seu replanteo”, toda vez que o pasado mes de abril se adxudicou a súa execución e en Maio asinouse o contrato, co compro miso de rematar en cinco meses.
Blanco Parga, lembrou que se trata dun proxecto necesario, xa que a sáu permanencia como vertedoiro incontrolado, nunha parcela de 8.277 metros cadrados, supón unha agresión medioambiental importante, “ pois os residuos se acunulan na ladeira do rio Grande de Xubia e existe o perigo de derrube.
Coñecida a contestación, e personándose , no lugar os concelleiros do BNG en Neda, Manolo Castro e Abel García, comprobamos que polo momento, non existe ningún tipo de actuación, feito que choca coa contestación realizada en sede parlamentar, apreciándose iso si, un total abandono na zona.
10.6.07
A XUNTA COMPROMÉTESE CO BNG A SELAR O VERTEDOIRO DE ANCOS (NEDA) EN OUTUBRO
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:07 p.m. 0 comentarios
8.6.07
Catro verdades sobre Reganosa
http://www.anosaterra.com/documentos/central_principal.php?pagina_actual=principal_1&numero=1274
O portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, escribe esta semana en A Nosa Terra o seguinte artigo sobre o conflito xurdido en Ferrol pola planta de Reganosa.
“El Musel está llamado a jugar un peso estratégico cada vez más importante en el relevante papel que ya tiene el Principado en el mapa energético español. Endesa ya ha pedido suelo en la nueva explanada de Aboño, otra de las obras de las ampliación portuaria gijonesa, para hacer un ciclo combinado de 800 megavatios” (http://www.xixon.izquierdaxunida.com/iu.php?id_noticia=00003387). Deste xeito, enfrontando con toda rotundidade a oposición de numerosos grupos ecoloxistas e colectivos cidadáns de Asturies, xustifica IU de Xixón o seu apoio á futura regasificadora do Musel, adxudicada a ENAGAS polo goberno español do PSOE. Unha regasificadora situada a menos de 1000 metros de bairros como os do Muselín, Otero, Musel Arnao, Les Cabañes, Barrio de Pescadores, Jove de Arriba ou Tocote e dunha concorrida praia como a de Xivares cuxa entrada en funcionamento está prevista para 2010.
No caso da regasificadora de Reganosa en Mugardos é sabido que a sucursal galega de IU fixo da súa oposición á planta o eixo dunha campaña electoral que lle permitirá cogobernar Ferrol co PSOE, partido que malia a súa directa responsabilidade na autorización e na ubicación da planta de gas mantivo un prudente silenzo apenas roto polos mocazos da policía, dirixida polo Delegado do Goberno, e a desproporcionada intervención da Fiscalía contra o patrón maior da Confraría ferrolá. Ministerio Fiscal que tamén depende, como é sabido, do goberno español. Porén nin estes partidos nin tampouco o denominado Comité de Emerxencia fixeron en momento ningún referencia ao paralelismo entre Ferrol e Xixón nesta materia. A razón do silenzo hai que procurala na militancia partidaria de Carmelo Teixeiro (ex responsábel do PSOE en Ferrolterra) e Rafael Pillado (ex concelleiro do PSOE en Ferrol), respectivamente portavoz e destacado integrante do dito Comité de Emerxencia ao tempo que integrantes da Xunta Directiva da Asociación “Fuco Buxán”, de recoñecida filiación pesoísta. E quizais esta militancia partidaria teña a ver tamén coa clara intencionalidade política dunhas críticas centradas no BNG e dirixidas, sen dúbida, a desviar a atención da negativa do goberno español – secundado por IU – a permitir a volta da construción naval civil á ría de Ferrol.
Pois ben, penso que xa é ben tempo de que desde o nacionalismo se esclarezan algúns dados que Teixeiro, Pillado e IU interesadamente silencian sobre o asunto de Reganosa:
1. O BNG foi a única forza política que formulou alegacións contra a ubicación da planta regasificadora no interior da ría de Ferrol. Nin o PSOE nin IU formularon alegación ningunha nin utilizaron, como si fixo o nacionalismo galego, a súa representación institucional para se opór, cando o había que facer, á tal ubicación. É máis, desde o BNG seguimos a pensar o mesmo: a ubicación idónea para a regasificadora debe ser o porto exterior. Mágoa que ENAGAS rexeitara ese emprazamento. As razóns, nunca explicadas, haberá que llas perguntar ao xenro do finado Xeneral Gabeiras, na altura conselleiro delegado da empresa gasista.
2. As autorizacións para Reganosa se instalar en Mugardos e iniciar o seu funcionamento foron outorgadas polo goberno español. Máis en concreto pola Autoridade Portuaria de Ferrol, ao se tratar de dominio público portuario, e máis polo Ministerio de Industria. Son, xa que logo, estas mesmas autoridades estatais as que poden revisalas de oficio e anulalas como meio de promover o seu translado. Serían tamén, por certo, elas proprias as que tivesen que satisfacer as indemnizacións ou compensacións que, no seu caso, correspondesen. A Consellaría de Industria non ten competencias nin para autorizar, nin para paralisar nin tampouco para deslocar Reganosa da súa ubicación actual.
3. Porén, e á marxe da súa concreta ubicación, a Consellaría de Industria e o conxunto do goberno galego consideran que a existencia dunha regasificadora constitúe unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvimento económico de Galiza e, en concreto, para a instalación de ciclos combinados de gas natural nas térmicas das Pontes e de Sabón. E o BNG non vai permitir que Galiza perda o tren da transformación enerxética en beneficio de Asturies como outros semellan empeñados en que perda o da construción naval civil para maior proveito dos estaleiros andaluces.
4. Outra cousa é que Reganosa deba funcionar con todas as garantías ambientais e de seguranza exixidas pola lexislación vixente e que os danos e prexuízos que a súa posta en andamento poda supor para outras actividades económicas como a pesca ou o marisqueo deban ser avaliados e compensados. Neste sentido cúmprelles ás Consellarías de Desenvolvimento Sustentábel e Presidencia, responsábeis respectivamente pola Declaración de Efeitos Ambientais e máis polo Plano de Seguranza Exterior, extremaren o seu celo e actuaren coa máxima dilixencia.
Xa van sendo horas de pór a cadaquén no seu lugar e separar as lexítimas preocupacións polo meio ambiente e a seguranza doutras motivacións, políticas e económicas, menos confesábeis. Non vaia ser que, ao fin, os mesmos que secundaron que o naval marchase para Andalucía amparados nunha farisaica defensa do sector público, podan conseguir agora que a enerxía marche para Asturies sob a capa dunha falsa preocupación ambiental.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:03 p.m. 10 comentarios
30.5.07
Agradecemento do B.N.G.
Os membros do Bloque Nacionalista Galego, no concello de Neda, queremos dar as grazas aos veciños e veciñas pola sua participación nas eleccións municipais celebradas este pasado domingo día 27, pola concordia e tranquilidade con que estes comicios se desenrolaron.
Tamén queremos agradecer a aqueles veciños e veciñas que puxeron a confianza na nosa candidatura, co compromiso de seguir traballando por Neda e por tódolos veciños e veciñas, tal e como estivemos a facer ao longo destas duas últimas lexislaturas, colaborando co goberno municipal naquelas iniciativas que sexan beneficiosas para o Concello de Neda e para o conxunto da cidadanía.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:07 p.m. 0 comentarios
22.5.07
Noticia publicada no Diario de Ferrol o 21 de Maio
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:12 p.m. 3 comentarios
18.5.07
Propostas de Goberno do Bloque Nacionalista Galego
O Concello de Neda, un lugar privilexiado, no que tódolos veciños e veciñas deberiamos poñer o noso traballo e as nosas experiencias, co fin de ser ese referente real na Comarca de Ferrol.
Trateremos de que as infraestrucutras deportivas municipais deportivas e administrativas, formen un conxunto, coa creación dun Complexo Deportivo Municipal.
Promoveremos a execución do Proxecto Belelle, proxecto enfocado ao desenrolo do Concello.
O B.N.G. dende o Concello será garantía dunha política urbanística, concebida como instrumento ao servizo do Interés Xeral e Público.
O B.N.G. garantirá o trato igualitario para todas as persoas e creará os Consellos Parroquiais, co fin de articular a Participación veciñal.
Regularizaremos e optimizaremos os recursos humanos do Concello.
Tenteremos promover unha empresa de Transporte Local.
Promoveremos coa Vicepresidencia a creación dunha Escola Infantil.
Poñeremos en coñecemento dos veciños o Inventario Xeral do Patrimonio.
Co fin de que os maiores poidan ter voz no Concello, crearemos o Consello do Maior e a Aula do Maior.
Crearemos o Consello Local da Xuventude, co fin de que este colectivo sexa participe das políticas que lle afectan.
O B.N.G. cooperará coa Consellería de Vivenda na promoción de vivenda de tipoloxía acaída ás demandas e necesidades da mocidade.
Habilitaremos solo para Vivenda Protexida e para usos Industriais.
Tentaremos que as novas tecnoloxías sexan unha realidade en todas as parroquias do Concello.
PROGRAMA DE GOBERNO (pdf)
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 2:21 p.m. 0 comentarios
15.5.07
Presentación da campaña electoral do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ás Eleccions Municipais
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 12:34 a.m. 1 comentarios
14.5.07
Estrevista en Localia TV ós candidatos ás Eleccións Municipais do Concello de Neda
1. Balance do anterior mandato
2. Proxectos prioritarios para a próxima lexislatura
3. Plan Xeral de Ordenamento Municipal
4a. O Centro Cívico (1)
4b. O Centro Cívico (2)
5. Infraestructuras prioritarias
6. Proxectos que dependen doutras administracións
7. ¿Con que partido está disposto a gobernar?
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 3:39 p.m. 0 comentarios
Presentación da candidatura do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ás Eleccións Municipais do 27 de Maio
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 3:37 p.m. 0 comentarios
12.5.07
6.5.07
Candidatura do BNG en Neda
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:32 p.m.
1.5.07
Xa esta na rúa un novo Bloque Neda
O Bloque Nacionalista Galego, ven de sacar á rúa, un novo Boletín de difusión no Concello de Neda, co ánimo de informar de cuestións, que poucas veces os medios de comunicación se fan eco delas.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:26 a.m. 0 comentarios
30.4.07
Veciños, Xunta e Deputación restauran a Igrexa de Viladonelle
Para iso serán necesarios novos esforzos económicos, destinados a mellorar a zona na que se atopan as imaxes dos santos venerados na igrexa parroquial. Ante esta situación, a delegada provincial recomendou á comisión que levou a cabo os trámites que iniciase o proceso para a solicitude de novas subvencións. A Diputación Provincial, a través da comisión de Promoción Económica, e a Xunta colaboraron nesta restauración con 6.000 e 30.000 euros respectivamente en axudas. Sen embargo, tamén o fixeron os habitantes deste pequeno núcleo de poboación, de magoas 40 vivendas habitadas, que reuniron en torno a 18.000 euros.
Lantes Seara se reuniu tras a visita con membros da Asociación de Veciños "O Castro de Viladonelle,” a quen informou do proceso para a obtención de axudas económicas para entidades que pen á súa disposición o Goberno autonómico.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:08 p.m. 0 comentarios
26.4.07
A Fiscalía solicita informes pola situación do Verquedorio de Ancos
Fiscalía solicitou informes dos técnicos municipais do concello de Neda pola situación na que se atopa este entorno, como consecuencia dunha denuncia cursada polo Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA).
A consellería de Medio Ambiente, que no mes de setembro de 2.006, anunciou publicamente que no prazo de 6 meses clausuraría o verqudoiro, a estas alturas do 2.007 non deu ningún tipo de comunicación ao concello de Neda, para incluilo nos planos de selado iniciados no ano 2.005.
Temos que lembrar que o Conselleiro de Medio Ambiente e o Alcalde de Neda Sr. Pita prometeron publicamente e nos medios de comunicación a Clausura e rexeneración dese espazo, dende o B.N.G. Dicir que non só, non se tomaron as medidas para clausuralo, senón que ese verquedoiro foi aumentando os seus verquidos e creando outro verquedoiro incontrolado no espazo de Maciñeira.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:32 p.m. 0 comentarios
22.4.07
O Consellerio de Industria seguirá pelexando polas gradas e os dique de ASTANO
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:48 p.m. 0 comentarios
20.4.07
Ferrolhoy, publica o Proxecto Belelle
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:39 a.m. 0 comentarios
19.4.07
O Estado négase a privatizar os activos ocioso de ASTANO
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:14 p.m. 0 comentarios
3.4.07
Os intereses do conxunto dos veciños son o primeiro para o BNG
Neste punto o Bloque Nacionalista Galego, votou en contra, por ser perxudicial para os veciños de Neda, esta obra que é financiada por Augas de Gallica no 70% e polo concello no seu 30%, este 30% vai ser financiada con un contrato con Aquagest, e o seu financiamento vai ser coa suba do canón da auga o cal suporá que a obra costará ao concello 35.000 €, do que sería a sua financiación por un crédito bancario. tendo en conta ademáis que este canón repercutirá na suba da auga ao longo de 20 anos.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 7:25 p.m. 1 comentarios
Non perdas o vídeo sobre o debate no Congreso da iniciativa do BNG para eliminar as acepcións pexorativas da palabra 'gallego'!
Ao voso dispor o vídeo da intervención parlamentar de Francisco Rodríguez na defensa da proposición non de lei para a eliminación das acepcións pexorativas da palabra 'gallego' no dicionario da Real Academia de la Lengua Española.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 7:20 p.m. 2 comentarios
1.4.07
Xaime Bello visitou en Neda as obras financiadas pola Deputación da Coruña
O Vicepresidente da Deputación acompañado dos
responsabeis municipales e de Manolo Castro
Concelleiro do BNG en Neda
As obras en execución e comprometidas suman no concello 1.272.932,85 euros
O vicepresidente da Deputación da Coruña e presidente da área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xaime Bello Costa, visitou esta mañá o Concello de Neda para comprobar in situ a marcha das obras que financia o goberno provincial.
Bello Costa, que foi recibido polos representantes dos grupos municipais, repasou os investimentos que a Deputación da Coruña está a realizar no municipio, e que supoñen case 1.300.000 euros, só nas actuacións que dependen directamente da área de Cooperación e Asistencia aos Concellos.
INVESTIMENTOS ACTUAIS
P.O.S. 2004, 2005, 2006
Saneamento Cotiño – Illo – Fábrica 139.828,39 €
Ramais rede de saneamento Illo e outros 30.631,23 €
Beirarrúas no contorno do río Belelle 89.908,55 €
Alumeado público AC 115 47.078,38 €
Beirarrúas Empedrón – Xardín do Coto 42.403,59 €
Pavimentación e urbanización tramo inferior r/Real 173.730,09 €
TOTAL OBRAS POS 523.580,23 €
PLAN DE INVESTIMENTOS LOCAIS (P.I.L.) 2005:
Reposición de beirarrúas na AC 115 tramo
rúa Basteiro – rúa Empedrón 208.532,37 € TOTAL OBRAS P.I.L. 208.532,37 €
PLAN DE TRAVESÍAS
Pavimentado da estrada e beirarrúas no cruce 302.772,10 €
Roxal – Pazo Isabel II
TOTAL OBRAS PLAN TRAVESÍAS 302.772,10 €
PLAN INCENDIOS FORESTAIS 2005
Reparación repetidor TV Morraxo 556,40 €
Actuacións ruta sendeirismo 2.974,76 €
Mellora camiño e reparación muro vertedoiro 20.306,57 €
TOTAL OBRAS PLAN INCENDIOS 23.837,57 €
PLAN ELIMINACIÓN BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS
Ascensor edificio usos múltiples 73.309,22 €
TOTAL PLAN ELIM. BARREIRAS 73.309,22 €
P.O.S. 2007
Acondicionamento vía Mourela 84.848,81 €
Pavimentación travesías rúa Real 56.052,55 €
TOTAL P.O.S. 2007 140.901,36 €
TOTAL OBRAS EXECUCIÓN E PREVISTAS 2007 1.272.932,85 €
Ademais o municipio participa no proxecto “Instalacións solares fotovoltaicas con conexión á rede e instalacións solares térmicas en 11 concellos da provincia da Coruña”, incluído no “Programa de proxectos singulares de desenvolvemento local e urbano 2005”.
En concreto en Neda o proxecto supuxo a colocación de 4 colectores solares fotovoltaicos no polideportivo municipal e de 50 placas solares no edificio Toeleira.
Xaime Bello, acompañado polo alcalde e os representantes dos grupos municipais, visitou o lugar do Roxal onde practicamente xa están moi adiantadas as obras de pavimentado da estrada e beirarrúas no cruce Roxal – Pazo Isabel II, incluídas no Plan de travesías 2004 – 1ª fase, e as obras de reposición de beirarrúas na AC 115, tramo Rúa Basteiro – Rúa Empedrón, pertencentes ao Plan de Investimentos Locais (PIL).
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:06 p.m. 0 comentarios
O Bloque Nacionalista Galego apresenta o seu candidato á Alcaldía de Neda
Manolo Castro, acompañado da Conselleira de Cultura
e o Portavoz do BNG no Parlamento Galego
O pasado 15 de marzo o B.N.G. de Neda, apresentou o seu candidato á alcaldía de Neda, coa presenza da Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e o Deputado e portavoz no Parlamento Galego, Carlos Aymerich.
Na súa intervención o alcaldable de Neda Manolo Castro Alonso, expuxo como criterios de actuación o: a Transparencia como Antibiótico a Honradez como Antídoto a Participación como Calmante a Optimización de Recursos como Analxésico.Dentro das suas propostas programáticas o candidato á Alcaldía de Neda, Manolo Castro, expuxo a Posta en Valor dos bens Naturais e dos Vestixios Históricos A creación da CONCELLALÍA DE DESENVOLVEMENTO MUNICIPAL co fin de dar respostas aos diversos sectores do concello de Neda A elaboración dun Regulamento de Participación Cidadá, onde os CONSELLOS PARROQUIAIS, sexan protagonistas da vida municipal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 7:52 p.m. 1 comentarios








1(1).jpg)
2(2).jpg)
3(3).jpg)


