13.2.07

Pola revitalización do Sector Naval na ría ( Acto Público )

Este venres 16 de febreiro de 2.007 , ás 20:00 horas, o Consello Comarcal do BNG de Ferrolterra organiza, no salón de actos do Vicerreitorado-Campus de Esteiro (Ferrol), un acto público para explicar a proposta para a revitalización do sector naval na ría, posta en marcha pola Consellaría de Innovación e Industria, que xestiona o nacionalista Fernando Blanco.
Intervirán, ademais do propio conselleiro, Xosé María Rivera Arnoso, alcalde de Fene; Xoán Xosé Pita, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol; Francisco Rodríguez, portavoz do BNG no Congreso dos Deputados; e Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galiza.
No acto, os cargos públicos nacionalistas analizarán polo miúdo as iniciativas levadas a cabo até o de agora tanto polo Goberno galego como polo BNG a prol dun sector industrial de importancia estratéxica para o país, así como os obstáculos que está a pór a SEPI, máis interesada en favorecer outras zonas do Estado en detrimento do naval galego.
O proxecto presentado pola Consellaría implica a unha importante navieira galega, Barreras, e conta co aval de dúas entidades financeiras da solvencia de Caixanova e Caixa Galicia. Implicaría a creación de 300 postos de traballo directos e 2.000 indirectos, que contrastan coa parálise actual da factoría fenesa. Ao estar protagonizado por capital privado, atópase á marxe dos vetos negociados polo PSOE coa Unión Europea.

12.2.07

Vicepresidencia esixelle ao Goberno central que "nos deixe traballar en paz" para impulsar Navantia

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asegurou hoxe que a Administración autonómica “non precisa” do Estado para impulsar un proxecto nos terreos de Navantia en Fene e, por iso, pediu ao Goberno estatal que “nos deixen traballar en paz” para facer viábel a “única alternativa posible” para o estaleiro, traducida no proxecto presentado por Hijos de J. Barreras.En resposta aos medios de comunicación, Quintana expresou a súa “convicción“ de que a reivindicación defendida polos nacionalistas é xusta e, en consecuencia, confirmou a intención de “levala a onde faga falla”. Afirmou que a oferta da empresa viguesa non sóconstitúe a “única” posíbel, senón que tamén “é unha boa alternativa” e engadiu que “agora non vale dar voltas ao tema”, en referencia á negativa da SEPI á proposta impulsada pola Xunta para segregar a superficie inutilizada da antiga ASTANO para adicala á construción de buques civís.Quintana afirmou que o debate está restrinxido a “se os galegos teñen dereito a producir nun sector tradicional” da súa economía, o naval, ou ben deben “sufrir as consecuencias de calquera acordo colonial”, en referencia aos termos pactados no 2004 coa Unión Europea co gallo de garantir a continuidade da que por entón era a empresa pública Izar.AlegaciónsDesta forma, Quintana aludiu ao argumento esgrimido pola SEPI para xustificar o seu desacordo e advertiu que o pacto subscrito con Bruxelas “nada ten que ver coas institucións públicas ou cos dereitos e intereses dos galegos”.Nesta dirección, subliñou que a Xunta “está do lado dos intereses de Galiza” e que, por iso, aspira a “utilizar unhas instalacións, hoxe ociosas, que poderían cumprir unha función indispensábel para a creación de emprego en Ferrolterra”. “ Estamos convencidos da xustiza da nosa reivindicación e vamos a levala a onde faga falla”.Única soluciónAnxo Quintana considera que o caso de ASTANO é un bon exemplo e, en consecuencia, engadiu que só propón “unha solución: que nos deixen ser nós mesmos”. "Estamos fartos de pedir ao Estado, agora o único que lle pedimos é que nos deixen en paz e que nos deixen traballar a nós”, aseverou.Así mesmo incidiu en que “isto e a voluntade de autogoberno” fronte a “excesiva incidencia que hai en Galicia de pedirlle ao Estado”. “E hora de dicirlle que non o precisamos. Galicia ten empresas, entidades financeiras e un Goberno disposto a crear escenarios. Con que nos deixen gobernarnos e suficiente” concluíu.

8.2.07

A Propaganda desesperada do Alcalde de Neda (preme enlace nota aparecida nos medios )

Dende o Bloque Nacionalista Galego, nos gustaria, que o Sr. Alcalde de Neda, Sr. Carlos Pita, se deixara de facer tanta propaganda mediática e se puxera a traballar xa que leva moito tempo sin realizar propostas e traballos para sacar a Neda de onde a meteu, ( no vagón de cola da Comarca de Ferrolterra).
Dixemos que se deixe de propaganda e se poña a traballar porque o que si realmente ten que facer como Alcalde é
1. Presentar os ornamentos do ano 2.007, xa que a estas alturas ainda están no baúl dos recordos, e ademais aquelas grandes partidas do 2.006 pouco deberon dar de si, xa que o concello sigue a estar igual.
2. Dicimos que se poña a traballar e a realizar aquelas cousas que lle preocupan realmente á xente, vivenda pública, para que non siga marchando xente do concello, garderias infantis co fin de poder asentar xente nova, e que poida compaxinar a sua vida laboral e familiar, a realización das xestións para un centro de día, co fin de dar solución a un problema grande dos noso mayores, xa que o 24,5 % da población de Neda e mayor de 60 anos, e o tan manido Centro Cívico non vai dar solución a este tipo de necesidades dos nosos mayores.( lembramos que no mes de agosto do 2.006 presentamos dende o BNG, unha opción para o circulo de Xubia, que ademais de non costarnos prácticamente nada as arcas municipais, podería ser o inicio da solución aos problemas dos maiores.
3. E por último o emprego, e neste punto queriamos expresar a nosa sorpresa, polo do Parque Industrial de Maciñeira, sorpresa porque, despois de 28 gobernando en Neda, o Sr. Alcalde ainda non sabe a quen se ten que dirixir, para arranxar estes tema, xa que non é a consellería de Industria quen xestiona o terreos industriais, e a Consellería de Vivenda, ( xa que a Consellería de Industria a través de Xestur, o que fai e xestionar e urbanizar este chan, e ademais, primeiro o Sr. Alcalde terá que poñer a andar o PXOM, que é un trámite preceptivo, xa que si non tería que elaborar un Plan Parcial, cousa que ate o de agora o BNG, non veu presentado por ningures.

Polo tanto seguimos a reptir o que deciamos, cando iniciamos, Sr. Alcalde , si ten pensado facer algo nesta lexislatura, póñase mans a obra que o vai coller o toro.

31.1.07

Fernando Blanco presenta o proxecto de novo estaleiro para Fene


As xestións da Consellaría de Industria, dirixida polo nacionalista Fernando Blanco, xunto coa presión parlamentaria do BNG, desembocaron no proxecto que presentou o Conselleiro en compañía do Presidente de Barreras. O proxecto será financiado conxuntamente polo estaleiro vigués e as dúas caixas galegas. Terá carácter totalmente privado e por tanto non se vería afectado polos vetos negociados coa UE polo PSOE e ratificados polos gobernos ulteriores.

Barreras aspira a comprarlle á SEPI os terreos desaproveitados por Navantia e a ocupar aos traballadores inactivos, xerando 300 empregos directos e 2000 indirectos. Portos de Galicia considera a opción de retirarlle a concesión dos terreos a Navantia se incumpren os termos da cesión, isto é, a falta de actividade.

Minutos máis tarde do anuncio, a SEPI, sociedad estatal propietaria de Navantia, e principal escollo non político para a revitalización industrial da comarca de Ferrolterra, apresurouse a cualificar de sorprendente e irrealizable o proxecto, sen tempo para analizalo.

O alcalde de Fene e candidato á reelección declarou hoxe que non se entende como desde Madrid se poñen trabas unha e outra vez aos proxectos en positivo de desenvolvemento económico da Comarca. Este comportamento obstaculizador imita ao que a SEPI levou a cabo coa ampliación da terceira fase do Polígono de Vilar do Colo.

Os axentes económicos, por voz do presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, xa deron o seu visto bo a esta iniciativa de desenvolvemento industrial.

Sorprende o tratamento informativo que La Voz de Galicia lle dá a esta noticia. Na versión electrónica do caderno comarcal non aparece ningunha nova relacionado con isto, e nas páxinas galegas destaca como titular a reacción negativa da SEPI antes que a noticia do proxecto.

21.1.07

O noso ben económico máis prezado








Dende o Bloque Nacionalista Galego, consideramos que Neda ten unha riqueza natural que debe ser coidada, mimada pero á vez explotada nos seus temos turísticos e económico.

18.1.07

Alumeado Público






NOTA ENVIADA Á PRENSA

O Bloque Nacionalista Galego, atopa preocupante a situacion do alumeado público no Concello de Neda, decenas de solicitudes de amaño de puntos de luz acumulánse na oficinas, ( tramitándose á empresa adxudicataria, sen que se tomen as medidas, para subsanar e amañar os problemas ), feito que acontecen en zonas tan dispares como na Parroquia de Anca, na de Viladonelle, en lugares como O Puntal, o Sartego, Os Pazos, etc, nalgunhos casos esas solicitudes son incluso reiterativas de solicitudes anteriores, os funcionarios reciben as queixas e estas se tramitan pero aí queda todo.
Dende o Bloque Nacionalista Galego pedimos aos socios do grupo de goberno que tomen as medidas oportunas co fin de dar saída, as reivindicacións dos veciños, entre outras cousas, porque son eles, os que pagan os impostos de ese alumeado.

En Neda, a 15 de Xaneiro de 2007

Os veciños comprabarán que a nota non seu na prensa, pero o dia 18 de xaneiro as luces estiveron acesas unhas horas, ¿alguén comunicaria a denuncia publica?

13.1.07

Preocupante aumento dos actos vandálicos en Neda


Os actos vandálicos que nos últimos tempos proliferan no municipio de Neda é de novo motivo de reproche por parte da oposición, Bloque Nacionalista Galego, á coalición de goberno formada por PSOE e IU.

Nesta ocasión as críticas proceden do grupo municipal do BNG, que insiste en solicitar a convocatoria da Xunta Local de Seguridade. O obxectivo dos nacionalistas é que os organismos representados nesta xunta -delegación do Goberno, Garda Civil, Protección Civil e Policías nacional e local- se impliquen co Concello na búsqueda de solucións a este problema.
Ó longo do exercicio pasado, os casos de roubos, destrozos e accidentes aumentaron no municipio nedés máis dun 40 por cento, segundo os datos que manexa a formación frentista.
Esta porcentaxe leva os nacionalistas a "pensar que é unha situación máis que preocupante", ó memo tempo que recordan que xa a mediados do pasado mes de decembro pediron de forma pública que se reunira a Xunta Local de Seguridade sen que polo de agora se tivera producido esa reunión.
O plantel da policía municipal está composto por cinco persoas que non patrullan pola noite, nin os fines de semana, cando as competencias as asume a Garda Civil. O limitado número de efectivos que ten este corpo de seguridade do Estado ten que custodiar non so a vila de Neda, senón tamén outras catro localidades da comarca: Fene, Ares, Mugardos e Cabanas.

7.1.07

Quintana insta aos partidos a practicar un verdadeiro "galeguismo"

:: GZnacion.com. Avanzando as noticias de Galiza.

6.1.07

O Traballo do BNG no Parlamento

Escolma do traballo do Bloque Nacionalista Galego ao longo destes últimos meses.

20.12.06

Fillo Predilecto

Na sesión Plenaria celebrada o día 20 de decembro de 2.006, aprobouse unha moción presentada polo BNG. co fin de crear a figura de fillo Predilecto, a moción qudou com segue:

Ao abeiro da lexislación vixente, o Bloque Nacionalista Galego, apresenta esta moción, para ser debatidapolo Pleno da Corporación.

EXPOSICION DE MOTIVOS

O Concello de Neda, posue históricamente un número de persoas, que polo seu labor tanto no eido social, cultural e tamén histórico, etc., poderían ser merecedores da concesión de recoñecimento de ser Fillo Predilecto do Concello.
Para que isto poida ser levado a cabo, o primeiro trámite que debe ser realizado, é a creación da figura de Fillo Predilecto, Fillo Adoptivo, etc.
Polo anteriormente exposto o Bloque Nacionalista Galego propón:

ACORDO

1. O Pleno do Concello de Neda, acorda a creación da figura de fillo predilecto, fillo adoptivo, etc. do concello.
2. O Pleno do Concello tal e como está establecido nos artigos 4 e 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril e dos artigos 50.3, 24, 189 a 191 do R.D. 2568/1986 de 26 de novembro R.O.F., propón a elaboración dun regulamento que estableza os criterios da concesión da honra de ser fillo predilecto, fillo adoptivo, etc. do Concello.


En Neda 21 de novembro de 2.006
Asdo. Helena Pardo Portavoz do Grupo Municipal do B.N.G

17.12.06

Actos Vándalicos en Neda


Farola Paseo Marítimo desmantelada

Despois dos acontecimentos sucedidos estes últimos días, no Concello de Neda, que non son máis que a continuación de unha serie de destrozos, roubos, actos vándálicos, etc, que viñeron sucedendo ao longo destes últimos anos, tendo enconta as limitacións, tanto humanas como de carácter competencial dos membros da policía municipal, o Bloque Nacionalista Galego, no concello de Neda, vai solicitar no Concello unha reunión urxente da Xunta Local de Seguridade, primeiro para pedir que se integren os membros dos distintos grupos políticos, representados na Corporación, e segundo para poñer enriba da mesa a aqueles representantes dos distintos corpos de seguridade que teñen realmente competencias en materia de seguridade e de orde público, as problemáticas existentes hoxe por hoxe na Comarca de Ferroterra pero en particular en Neda como concello.
Nesa Xuntanza terían que abordarse temas como a coordinación, rapidez na actuación, e posta a punto de materiais tanto técnicos como humanos, co fin de tentar dar saída dentro do posible a estas actuacións, que xa se prolongan no tempo sin ter a posibilidade de verlles unha solución.
Nota enviada á prensa

6.12.06

Nota enviada ao medios polo P.X.O.M (preme eiqui)



BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ( NEDA)



Nunha información aparecida nese medio de comunicación, o xoves 16 de novembro, con respecto a unhas declaracións realizadas polo concelleiro de E.U., o Bloque Nacionalista Galego, quere facer diversas pontualizacións.

O Concelleiro, que fai as declaracións ( dentro do goberno, non ten responsabilidades de Urbanismo )
Ao B.N.G. sorpréndelle, que se estean a facer a estas alturas as labores de planeamento de redes de abastacemento e saneamento, cando ese documento xa foi enviado no seu momento ( mes de setembro ) á Xunta de Galicia, co fin de que dera o seu visto bó.
O Bloque Nacionalista Galego, cando tivo coñecemento de que o documento estaba en posesión dos socios do grupo de goberno, púxose en contacto co Alcalde Carlos Pita ( no que se lle comunicou ) que podía ser o momento para falar do mesmo entre os grupos políticos, ( xa que a día de hoxe non se ten falado entre os grupos políticos do PXOM) , contestando o alcalde , que non, que o ía enviar así á Xunta de Galicia, - pensamos dende o B.N.G. que teriamos evitado a devolución, polo menos por eses motivos.
Cando o Concelleiro afirma que todos os grupos tiveran acceso ao documento – está a mentir- no caso do Bloque Nacionalista Galego-, ao único que este grupo tivo acceso foi a unhos Planos – Planos que por certo- e de forma legal mais que dudosa , estiveron a exposición pública, sen nengún tipo de acordo polos órganos colexiados do concello ( denuncia realizada polo B.N.G., no seu momento ), dicir que nese intre tivemos acceso aos Planos, de forma pouco rigorosa, algunhos socios do goberno entre eles o Alcalde Carlos Pita pintaban con un rotulador como se ampliaban ou quitaban zonas con algunha catalogación ( de forma persoal e unilateral sin consultar con ninguén ).
Tamén dicer que o Bloque Nacionalista Galego, en ningún caso tivo acceso á documentación escrita do PXOM, polo tanto, descoñecemos o seu contido, e por úiltimo, denunciar o escurantismo que dende o seu inicio no ano 2.002, se está a levar a elaboración deste Plan Xeral, ( pensamos dende o Bloque Nacionalista Galego, que existen intereses ocultos interesados ) ¿ será por iso polo que se está a disparar a merca en Neda ?
XA SEI QUE ESE MEDIO NON VAI PUBLICAR ESTA NOTA TAL E COMO SE MERECE ESTA INFORMACION.


En Neda, a 22 de Novembro de 2.006

Asdo Manolo Castro Alonso

26.11.06

Definición e Orixe dos nomes (preme eiqui )

Os noso nomes

UN NOVO ESTATUTO PARA GALIZA (preme eiqui )

O video do NOVO ESTATUTO DE NACIÓN.

VIVIR SEN VIOLENCIA É DE LEI ( preme eiqui )

BNG Á NACION EN MARCHA (preme eiqui )

Boletin do Bloque Naconallista Galego, con motivo da XII Asemblea Nacional os días 2 e 3 de decembro de 2.006.

15.11.06

O B.N.G. insiste no P.O.S



Mourela do Medio

O 30 de Novembro é o prazo que establece a Deputación Provincial da A Coruña, para á recepción da documentación das obras do Plan de Obras e Servicios (P.O.S.), que ese organismo publicou no B.O.P. no mes de Outubro, neste boletín ademais de aparecer a cantidade de 133.008,85 €, que corresponden ao Concello de Neda, tamén están establecidos os criterios que os concellos teñen que seguir para a realización dos proxectos.
Xa no mes de outubro, e co fin de que os socios do grupo de goberno tiveran tempo para poder debatelo, o Bloque Nacionalista Galego expresabamos publicamente unha proposta , na que propuñamos a obra de acondicionamento da primeira fase da Mourela do Medio, o cal xustificabamos, polo seu deterioro e dado que esa zona non tivo, ningunha actuación ao longo de 20 anos, nese intre dabamos ademais como alternativa a esta obra, por si puidera existir algún problema, de tipo técnico a viabilidade do saneamento en zonas totalmente abandonadas polos (PSOE e EU ) socios de goberno do concello de Neda, como son Anca Vella, A Cobeluda e Bouzarredonda .
Como queira, que quedan quince días e acostumados como nos teñen os gobernantes de Neda ao longo desta lexislatura e da anterior de presentarnos os proxectos o último día a última hora, con fin de que non exista posibilidade de debate, o Bloque Nacionalista Galego, nesta ocasión e xa que fixemos as nosas propostas en tempo, forma e publicamente, nos vamos ter que pensar moi moito, a nosa posición no seu momento, xa que consideramos, que son obras de unha grande importancia para o desenrolo desas zonas do Concello.

9.11.06

Arranxo Estrada AC-115

Estrada AC-115 ( Avda Médico Cebreiro )

O Bloque Nacionalista Galego, ten denunciado en varias ocasións o estado no que se atopa a Estrada AC-115 ,Fene-Xubia, tamén temos feito varias intervencios parlamentarias neste sentido, co fin de que se tomarán as iniciativa para amañar estavía, estrada que ademais de presentar un firme irregular, atópase con deficiencias de regulación de tráfico en zonas como os acesos a autoestrada AP-9 e o cruce de Xubia coa estrada de Ortigueira, Agora neste intre a Xunta de Galicia, toma a iniciativa de amañar a AC-862 estrada de Castela, infraestrucutra que ao longo destes últimos anos xa tivo arranxos, namentras que a AC-115, estivo totalmente abandoada polo goberno do PP,este vial que ten unha circulación diaria de perto de 14.000 automóbiles, precisa dun amaño e reestructuración co fin de humanizar esta zona e sobre todo no seu paso polo Centro urbano de Neda, tamén nestes intres nos sorprende que non se fale nada da estrada rápida de circunvalación que uniría a AP-9, co corredor Rápido das Pontes, vial que desconxestionaria moito a circulación no centro de Neda, interrrealacionando a convivencia da zona.

8.11.06

Coñece o Proxecto Belelle preme eiqui )

O proxecto Belelle, é un novo concepto de desenrolo dunha vila como Neda, é a maneira de ver como pode ser posible o progreso dun concello, tendo en conta os seus criterios de desenvolvemento sostible e ademais a conservación da natureza, Neda é un concello que forma parte do rural e do urbano, é xusto nesas circunstancias é polo que o BNG aposta pola conservación da natureza e polo desenrolo da sua riqueza natural que son os ríos

5.11.06

Unha Rotonda para a Muchiqueira

cruce Muchiqueira


Como de costume, os socios de goberno no concello de Neda, poñen improvisación, diante de problemas reais en troque de dar saída de futuro a estes problemas.
Cando nestes dias falábase, que se proxecta un muro, na confluencia de viais da Mourela, o Bloque Nacionalista Galego, quere mostrar publicamente a sua disconformidade con esta iniciativa, dado que isto non solucionará os problemas desta zona, zona de moita afluencia de automóbiles, debido á proximidade por un lado do Centro de Saúde e proximidade da Farmacia e por outro lado a cantidade de vehículos que circula a diario pola estrada Xubia-Ortigueira ( mais de 7500 )
Expresada a nosa disconformidade coa iniciativa,e sempre traballando en positivo, presentamos tamén proposta cara a tentar dar solución aos problemas desta zona, o Bloque Nacionalista Galego, propón facer un estudio de viabilidade e un proxecto real cara a ordenar a confluencia dos viais, Xubia –Ortigueira, estrada LC-121 Roxal –Vilar de Mouros , aceso Feira de Albarón (-Centro de Saúde ) e aceso Casadelos ( pola Forxá ), con unha Rotonda e a eliminación dentro da idoneidade,do talud desa zona, Tamén dicir que a reforma de toda esta zona debería ir incluida no Proxecto de PXOM que se está a redactar, xa que tería que formar parte dun conxunto que tivera enconta a idiosincrasia da zona e das construccións e non deunha obra aillada, co fin de darlle valor ao lugar..