1.10.09

Nin calados nin con medo

Debo recoñecer o meu asombro pola riada de opinións a favor e en contra que motivou a miña presenza nunha tertulia radiofónica. Sería moito máis gratificante para min que as opinións viñeran dadas polo que eu poidera dicir neses debates e non polo simple feito de asistir, cousa común e corrente para responsables políticos de todo signo e en todas as cadeas de radio sen excepción.
Tiña eu a convicción de que debía escoitar en respectuoso silenzo as opinións de todo o mundo. E así o faría se non fora porque o presidente Feijóo, por si faltaba alguén, tamén tercia na controversia e a preguntas dos xornalistas de Intereconomía di que non coñece as capacidades para o debate de quen esto escribe, deixa esa valoración “para quenes o contrataron”, e deséxame toda a sorte do mundo.
Abrumado por merecer a atención de quen ostenta tan alto posto e precavido ante a posibilidade de que se me aplique o refrán de “cala logo outorga”, me animo a facer algunhas puntualizacións sobre os últimos acontecementos. De boa gaña daríalle as grazas ao presidente polos seus bos desexos senon fora porque para facelo utiliza dúas mentiras.
Primeiro porque el sabe que non hai ningún “contrato” ou polo menos este é tan irreal como o que el ten ca Cadena SER, onde tamén participa como tertuliano. O sr. Feijóo coma presidente e eu coma deputado temos dedicación exclusiva e estamos suxeitos á lei de Incompatibilidades polo que non podemos contratar nin recibir remuneración polos nosos servizos de ningunha empresa, nin mediática nin doutro signo.
E segundo porque algo sobre as miñas condicións para o debate sí debe saber o sr. Feijóo porque nalgunhas ocasións tivo a oportunidade de comprobalo en primeira persoa. A última con motivo do debate das pasadas eleccións xerais do Estado. E foi a última porque o sr. Feijóo preocupouse de que non houbera máis debates electorais dando boa mostra do seu sentido democrático.
Facer política a rebufo das mentiras e manipulacións dalgún medio de comunicación debe ser tremendamente fácil pero dende o meu punto de vista indigno de calquera responsable politico. Porque só de mentiras e manipulacións pódese calificar o tratamento dalgún medio aos últimos acontecementos.
Para os que non contamos co rencor como parte significativa da nosa personalidade resulta difícil entender que un gran medio de comunicación se marque como tarefa obsesiva o intento de destrución persoal de quen equivocadamente consideran o seu adversario. O acordo entre o BNG e o PSOE para garantir a presenza das dúas forzas en organismos e institucións como a Mesa do Parlamento ou o Consello de Contas, está por escrito e non admite lugar a dúbidas nin interpretacións. Non hai ningún intercambio. Hai compromiso de presenza de ambos nos dous organismos, simplemente porque ningún Parlamento democrático deixa fora dos lugares de debate, decisión e control, a unha forza política que conta co 16,57 % do electorado, 267.631 votos e 12 deputados.
Como corresponde a toda forza democrática, o BNG decide no seo dos seus organismos quen o representa en calquera ámbito. Tal foi así na decisión da Executiva Nacional, a proposta unánime do Grupo Parlamentar, para que fora eu quen ocupara o lugar que o Nacionalismo, por dereito propio, lle corresponde na mesa do Parlamento.
Converter esta limpa realidade nunha falsa novela negra de negociacións persoais, con escuros intercambios no que o único obxectivo é a conquista dun coche oficial, só cabe na cabeza de quen se guía pola máxima tramposa de: non deixes que a verdade te estrague un bo titular.
E para seguir nesa liña, si fai falta, rómpense criterios básicos de comportamento comunmente utilizados. Como o que establece como norma que nunha democracia avanzada, igual que é lexítima e saudábel a discrepancia, non caben os vetos contra ninguén polas súas ideas e credos, e moito menos os vetos a un medio de comunicación.
Fun convidado, e aceptei de bo grado, a participar nun debate radiofónico cada quince días no que estarían presentes responsables políticos de todas as tendencias e no que se me asegura poder expresar as miñas opinións con total liberdade nun programa de dúas horas cunha audiencia de máis dun millón de ouvintes de todo o Estado.

30.9.09

O BNG presenta alegación á Ordenanza que regula os lacales das asociacións

O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar no concello alegacións á Ordenanza Reguladora de cesión de Locales no Concello. Ordenanza que foi debatida en pleno do Concello e que xa naquel intre presentara o BNG unha serie de suxestións, rexeitadas todos pola concelleria do PP, Monserrat Rico, estando no periodo de alegacións que remata o vindeiro sábado día 3, o Bloque presenta agora alegacións ao texto, co ánimo de enriquecelo e de correxir eivas que, non poderán logo ser subsanadas pese ao dito na reunión coas asociacións celebrado o dia de onte 29 de setembro, na que a concelleira do PP afirmaba que a Ordenanza se ía aprobar pero, que tal e como dixera o alcalde no Pleno ao Portavoz do BNG, non se ía a levar a cabo.
As Ordenanzas se aproban e logo se poñen en funcionamento iso é o que establece a normativa vixente ( non se fan porque si)

29.9.09

Rafael Cuíña: ‘Estarei na manifestación a prol do galego’

Empresario e militante do PPdeG
É militante do PPdeG e confesa que non lle preocupa que o definan como nacionalista. Rafael Cuíña (Lalín, 1972), membro da plataforma 'ProLingua', confirma que asistirá a manifestación convocada por 'Queremos Galego' o vindeiro 18 de outubro en Compostela. 'Estou a favor de calquera movemento que defenda o idioma', asegura. Nesta entrevista, o fillo do histórico dirixente do PPdeG, Xosé Cuíña, debulla a súa visión sobre a situación do idioma.
Queremos Galego” convidou os votantes do PPdeG a unirse “ao desacordo co ataque á lingua”. Como militante do partido vai asistir á manifestación do 18 de outubro?
Por suposto, sempre e cando non mo impida nada ese día. Eu formo parte da plataforma “ProLingua”, que a nivel asociación non vai participar –tal e como recolle o manifesto–, pero a nivel individual apoiamos a convocatoria ao 150 por cento. Manifestándome non vou en contra de ninguén senón a favor do galego. Eu asisto a calquera movemento que defenda a nosa lingua. É máis, cando “Queremos Galego” se constituíu na comarca do Deza tiña pensando asistir á asemblea aberta, pero finalmente resultoume imposíbel ir.

Como ve o conflito lingüístico creado nos últimos tempos?

Véxoo con preocupación. Estou preocupado por como inflúe na política lingüística un grupo de presión como Galicia Bilingüe, pero á vez teño a seguridade de que xente da capacidade de Anxo Lorenzo –secretario xeral de Política Lingüística– resistirá estes embates. Penso que Lorenzo vai ser quen de artellar un bo decreto que regule o uso e promoción do galego no ensino co que esteamos de acordo.

Que lle parece o decreto que está en vigor hoxe en día?

A min non me asusta en absoluto. Hai quen di que con este decreto tratábase de “impoñer”, pero considero que este decreto o que fixo foi “poñer”. Na actualidade, o castelán aparece constantemente ao noso redor, nos medios de comunicación, na sociedade... ninguén vai ter problemas en aprendelo. En cambio, co galego acontece todo o contrario. Con todo, existen o que eu chamo “pseudoelites” que están preocupadas por que os seus fillos e fillas se formen en castelán. Pola contra, no rural non existe o debate da lingua. Falamos galego sen ningún complexo.
publicado en ANT

25.9.09

O BNG solicita inversión para a Casilla do Puntal

A Deputación Provincial ven de aprobar o Plan de Obras e Servizos para os concellos da Provincia, no caso do noso Concello a cantidade a percibir pasa dos 142 Mil Euros. Este diñeiro debería ser empregado tal e como establece o Artg. 26 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en esta ocasión o Ente provincial permite a ampliación de criterios fora do establecemento desta Lei, por cuestións de necesidade Local.
O Bloque Nacionalista Galego , vai solicitar que o 30 % dos mais de 142 Mil euros sexan invertidos no Local da Casilla do Puntal, por ser esta zona do Concello a que carece de inmoble para actividadesdos veciños/as e incluso para a realización de votación, o concello debe alugar un Local.

22.9.09

Tega e PP rexitan unha moción conxunta BNG-PSOE polo tema dos voluminosos

No pleno da corporación municipal celebrado o xoves 27 de setembro o Bloque Nacionalista Galego eo PSOE, presentaron unha moción transacionada que despois de ser rexeitada na Comisión de Asuntos de Plen,os grupos do PSEO e BNG a presentaron por via de urxencia no Pleno, algo que tamén foi rexeitado polos grupos de PP e TEGA; na moción solicitábase:
Instar á Xunta de Galicia e á Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) ao mantemento da recepción de residuos voluminosos procedentes dos municipios adheridos, nas condicións que o viña facendo até agora, para o seu posterior tratamento por un xestor autorizado e conforme á normativa vixente.
2 No seu defecto, financiar dende a Xunta de Galicia os diferenciais de custo para os concellos entre as tarifas que ata o de agora pagaban a SOGAMA e os novos custos derivados desta decisión, de xeito que os concellos galegos non teñan unha maior carga económica pola xestión destes residuos voluminosos.

21.9.09

O que o BNG presenta ao Pleno encol do Bono Social da Tarifa Eléctrica

Ao aveiro da lexislacion vixente, artg. 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, o BNG presentan a seguinte moción no Rexistro do Concello de Neda.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A liberalización operada no sector eléctrico, lonxe de significar unha mellor prestación do servizo eléctrico nos fogares e abaratar o custe da factura eléctrica para a maioría das economías domésticas, está a ocasionar unha confusión crecente e un incremento no gasto repercutido polo subministro eléctrico á maioría dos consumidores.

A constatación do fracaso da aplicación da política de libre competencia nun servizo esencial para toda a comunidade como o subministro de enerxía eléctrica, onde ademais o abano de empresas comercializadoras redúcese a cinco, ponse de manifesto mesmo na recente normativa reguladora sobre a materia, como é o caso da creación do denominado “bono social”, consistente nunha bonificación na factura eléctrica por unha contía igual á diferenza entre o valor da tarifa de último recurso e unha tarifa reducida,é unha bonificación na factura por unha cuantía igual á diferencia entre o valor da tarifa de último recurso e un valor de referencia ou tarifa reducida co que se pretende corrixir a importante repercusión económica que o novo sistema de tarifas ocasiona na economía da maioría dos consumidores domésticos.

Malia que no limiar do Real Decreto-Lei 6/2009, do 30 de abril, se expresa claramente “...que se require a posta en marcha de forma inminente dun bono social ...”, non é até case que dous meses despois cando se publica a Resolución do 26 de xuño de 2009, da Secretaría de Estado de Enerxía, onde se determina o procedemento de posta en marcha do bono social, e se concretan as persoas beneficiarias da medida: as titulares dun punto de subministro na súa vivenda habitual de 60 ou máis anos de idade que acrediten ser pensionistas do Sistema da Seguridade Social que perciban as contías mínimas, as que acrediten ser familias numerosas, as que acrediten formar parte dunha unidade familiar con todos os seus membros en idade de traballar en situación de desemprego e as que teñan contratada unha potencia menor de 3kv.

Estes potenciais beneficiarios, ademais da demora na publicación e polo tanto posta en marcha efectiva do bono social, están a sufrir atrancos inxustificados, como incumprimentos das empresas distribuidoras e comercializadoras de enerxía eléctrica no relativo á publicidade do procedemento e o ofrecemento de información exhaustiva, a imposibilidade dunha atención presencial dado o escaso número de empresas comercializadoras existentes, ou mesmo a necesidade de achegar múltiple documentación acreditativa de diversos organismos e administracións públicas, entre eles o Concello.

Por todo o exposto con anterioridade, o Grupo Político Municipal do BNG propón ao Pleno do Concello adoptar os seguintes

ACORDOS

1. Instar ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e á Comisión Nacional de Enerxía a adoptaren as medidas necesarias que garantan a extensión a todos os beneficiarios do bono social, e a súa aplicación efectiva nos prazos establecidos pola normativa vixente.
2. Instar ás Consellarías de Traballo e Benestar, e de Economía e Industria, e ao Instituto Galego de Consumo a poren en marcha, de xeito urxente, Planos de Comunicación, Información e Asesoramento sobre das últimas modificacións no sistema de tarifas eléctricas e da aplicación do bono social, orientadas tanto á poboación en xeral como especificamente aos potenciais beneficiarios.
3. Ofrecer un servizo de información, asesoramento e colaboración na tramitación da solicitude do bono social, por parte do concello de Neda, onde se facilite ademais dun xeito áxil toda documentación acreditativa que o beneficiario deba obter do concello.


En Neda, a 27 de agosto de 2.009

Asdo. Manolo Castro Alonso ( Portavoz BNG en Neda )Resposta á manipulación
http://ppneda.blogspot.com/2009/09/el-bng-de-neda-manipular-la-informacion.html

19.9.09

Conveniar coa Voz de Galicia

Abraiados estamos. No DOG de hoxe ( 15 ) podedes ver cal é a política que en materia de augas vai levar o organismo autónomo Augas de Galicia: o único convenio que asina este organismo en catro meses (maio, xuño, xullo e agosto) é...coa Voz de Galicia Radio!!

Trátase dun excelente e revelador testemuño de como concibe Feijóo o seu programa de goberno: perante a cantidade de temas pendentes en materia de política hídrica galega, a primeira medida conveniada de Augas de Galicia é co "medio de comunicación" de Santiago Rey, cómplice necesario e preferente da chegada ao goberno do PP.

Descoñecemos se isto demostra que a política de Feijóo fai defitivamente augas; ou se trata de implementar unha EDAR en Sabón, perante a cantidade de residuos tóxicos que saen de semellante empresa. En calquer caso, o asunto exemplifica perfectamente que a política de propaganda é a fontanería coa que Feijóo vai remplazar a necesaria (e até o momento inexistente) actividade administrativa ordinaria.

Conscientes do impresentable do asunto, non publican o importe, incumprindo a Lei 4/2006, de transparencia e boas práticas da Administración galega
Nota sacada de blogfeijoomente.
http://feijoomente.blogaliza.org/?p=837

TEGA e PP vontan en contra de solicitude de mellores no Bono Social eléctrico

O pasado xoves día 17 de setembro de 2009, o Bloque Nacionalista Galego, presentou unha moción ao Pleno celebrado no Concello de Neda, moción que ía dirixida á corrección das eivas detectadas no Real Decreto -Lei 6/2009 e a normativa reguladora sobre a mnateria enexética e a posta en funcionamento do Bonoo Social.
Na Moción en dentro dos acordos :
1. Instar ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e á Comisión Nacional de Enerxía a adoptaren as medidas necesarias que garantan a extensión a todos os beneficiarios do bono social, e a súa aplicación efectiva nos prazos establecidos pola normativa vixente.
2. Instar ás Consellarías de Traballo e Benestar, e de Economía e Industria, e ao Instituto Galego de Consumo a poren en marcha, de xeito urxente, Planos de Comunicación, Información e Asesoramento sobre das últimas modificacións no sistema de tarifas eléctricas e da aplicación do bono social, orientadas tanto á poboación en xeral como especificamente aos potenciais beneficiarios.
3. Ofrecer un servizo de información, asesoramento e colaboración na tramitación da solicitude do bono social, por parte do concello de Neda, onde se facilite ademais dun xeito áxil toda documentación acreditativa que o beneficiario deba obter do concello.
Estes acordos foron rexeitadas polo PP e TEGA, no concello de Neda, pero si apoiados noutros concellos polo PP, algo curioso.

15.9.09

A Deputación Inviste en Neda

O Pleno da Deputación Provincial, celebrado o pasado venres 11 de setembro, aprobou a primeira fase dun dos plans “anticrise” deseñadas polo goberno provincial para paliar a difícil situación económica que padecen os concellos da provincia como consecuencia da crise. Nesta primeira fase do “plan anticrise 2”, destinado a financiar os gastos de reposición asociados ao mantemento de servizos públicos esenciais dos concellos, cun investimento total de 10 millóns de euros, apróbanse obras e actuacións en 41 concellos da provincia por importe de algo máis de catro millóns de euros. Neste programa participan os 91 concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes.
Neste Plan o concello de Neda, recibe unha asignación económica de 66.807.03 €, cantidade que vai destinada ao amaño do Muro de Contención do Colexio S. Isidro.

13.9.09

Cando a demagoxia estoupa na cara


O Valedor do Pobo na lectura do seu informe o pasado día 8 fixo especial fincapé nas queixas recibidas durante o ano 2008 ao respecto da aplicación da Lei de Dependencia no noso país. Non pode pasar desapercibido nin para os cidadáns afectados nin para o conxunto da poboación que as queixas sobre a dependencia só supuxeron no ano 2008 o 3,2% do total das queixas recibidas polo Valedor e que tal porcentaxe está moi por debaixo das queixas recibidas polo mesmo motivo noutros organismos de amparo doutras comunidades autónomas no que as queixas pola aplicación da Lei de Autonomía Persoal significaron entre o 10 e o 15% das queixas remitidas.

As queixas ante o Valedor así como as denuncias xudiciais formaron parte da estratexia do PP anunciada polo señor Feijóo contra o Goberno bipartito. Por suposto que tal circunstancia non vai en detrimento do dereito dos cidadáns a protestar nin do Valedor a colocar a importancia e o protagonismo do seu informe onde lle pete, pero sí explica que o gran argumento do PP para intentar tapar a súa falta de proxecto e xestión nos Servizos Sociais sexa o informe do Valedor.

A construcción dun servizo público universal é unha das tarefas máis ilusionantes que pode realizar un goberno. Pero tamén, como todas as grandes empresas, difícil e traballosa. Tal foi o noso sentimento coa aprobación da Lei Galega de Servizos Sociais e a posta en marcha do Sistema Galego de Benestar na pasada lexislatura.

Nun tempo récord constituíuse, en colaboración cos concellos, un organismo público de xestión, o Consorcio, que en tan só dous anos e medio puxo en marcha 233 instalacións públicas de Igualdade e Benestar, entre eles 57 Centros de Día. No mesmo tempo a administración galega valorou 54.655 solicitudes de Atención á Dependencia (o 94% das presentadas) e á altura de abril do 2009, 15.000 persoas disfrutaban xa en Galiza dalgunha prestación do Sistema Galego de Autonomía Persoal. Sen dúbida cifras insuficientes pero positivas se temos en conta que partíamos da nada.

Mentres tanto, o PP dende a oposición adicouse á demagoxia e á política de terra queimada. Ben acompañado pola aristocracia mediática encheu páxinas de periódico con fotos de dependentes que esperaban pola súa prestación sen dicir que xa eran dependentes cando gobernaba Fraga. Intentaron desacreditar a Rede Pública e o seu organismo de xestión, o Consorcio, sen dicir qué alcaldes do PP participaron na súa constitución e nas súas posteriores tomas de decisión.

Teño para min que a saña que o PP utilizou e segue a utilizar contra o Sistema Galego de Benestar ten unha explicación política: intentar desterrar a perigosa asociación de ideas que a cidadanía podería facer entre nacionalismo e benestar. Que se nos asocie coa defensa da identidade do país o levan mal, que se nos identifique co traballo para acadar o Benestar dos cidadáns non están dispostos a soportalo.

O problema para o PP chega agora cando ten que gobernar o sistema sen crer nel e ademáis ten que facelo ca pesada carga da súa demagoxia. ¡Pola boca morre o peixe!

Cando non se teñen ideas nin capacidade o máis doado é botarlle a culpa aos demáis. De aí que para intentar ocultar a súa falta de solucións, acusen ao bipartito de mala xestión e a Madrid de non dar cartos. Segundo a conselleira e o presidente para poder atender aos dependentes en Galiza faría falla que Madrid nos dera cada ano máis de 400 millóns de euros e agora só nos dá 100. Resulta obvio que se con esa falta de financiación o bipartito foi capaz de pór en marcha 57 centros de día, 7 centros residenciais e atender a 15.000 dependentes a súa xestión lonxe de considerarse deficiente debería ser calificada de auténticamente máxica.

O PP perdeu esta semana no Parlamento unha oportunidade única para pedir perdón pola demagoxia do pasado, recoñecer os avances conseguidos polos adversarios, reclamar paz para unha obra que debe ser de todos e empezar a gobernar para mellorar o feito... si se pode! Pero segundo parece interesa moito máis prolongar indefinidamente a campaña electoral que gobernar para consolidar un Servizo Público. Por eso despois de tanto berrar e anunciar que en cen días arranxaría o tema da dependencia agora a única promesa que se atreve a facer o presidente Feijóo consiste en anunciar que terá a 18.500 dependentes atendidos a finais do ano 2009. O bipartito atendeu a 15.000 en dous anos e agora a gran fazaña do señor Feijóo é atender a 3.500 en nove meses! Mentres tanto, 20 centros xerontolóxicos construídos e rematados polo bipartito esperan a ser postos en funcionamento polo novo Goberno. Boa demostración do que significa a austeridade para o PP: recortes na extensión do Servizo Público que fan dudar ata das súas cativas promesas. A demagoxia estóupalle na cara ao presidente e con demagoxia non se goberna.

1.9.09

O NOTARIO DA VERDADE. (LA VERDAD DE LA CALLE).


Foto GZnacion
Ciudadano Rey:

Lin con moita atención o seu artigo do domingo, no que amosa a súa preocupación polo que está a acontecer na sociedade galega, e teño que recoñecer que coincido con vostede en moitas das súas reflexións, que certamente preocupan aos cidadáns, tales como a crise económica, a destrucción da paisaxe, a agravio comparativo en investimentos a respeito de outros territorios do estado, o dispendio no gasto de diñeiro público, o trato dado a sociedades anonimas deportivas, e mesmo os excesos do Gaiás para un país como o noso.

O seu artigo pode resultar incluso enternecedor, pero si pormenorizamos nos contidos, a súa demagoxia agroma tanto como ese agocentrismo de autodemominarse "notario da verdade", defensor das liberdades e da democracia en un verdadeiro alarde obsceno de falsa modestia.

Sorprende escoitar de vostede a preocupación polas axudas con cartos públicos a empresas que contribuiron a xenerar a situación de crise económica omitindo que a súa propria é a que máis diñeiro recibe en subvencións entre todos os medios de comunicación por parte do goberno galego, dato este, por certo que omite o seu xornal cecais por escandaloso.

Aínda compartindo que o Gaiás pesa como o granito para as arcas públicas galegas, non vemos os galegos as mesmas criticas en La Voz de Galicia a un gasto, se cadra maior, e tan incomprensíbel como o porto exterior da Coruña, a poucas millas do de Ferrol e sen a financiación necesaria pero feito con urxencia para garantir a especulación nos terreos do porto coruñés.

Entendo que cuestione vostede os esaxerados gastos da administración en asuntos menores, pero a súa belixerante actitude co goberno bipartito, non a percibimos os galegos cando Fraga e Núñez Feijoo mercaron luxosos audis ou cando gastan milleiros de euros en cambiar cartelística e imaxes mentras deixan de abrir escolas infantís, centros de día públicos ou o investimento en politicas sociais mentras subvencionan colexios privados que segregan por sexos.

Os galegos podemos entender as súas demandas de millor e maior financiamento, pero as súas palabras non son coerentes coa realidade: critica un plan eólico que se reparte en máis de trinta proxectos de criación de industria e postos de traballo e que deixa ás arcas públicas arredor do 15% do rendimento en época de crise, pero cando o goberno de Fraga repartiu a Francisco Vazquez e Castro Baldivia "a dedo" muíños eólicos non o vimos nin a vostede nin ao seu medio na defensa da tan cacareada transparencia.

As súas análises conservadoras sobre a realidade politica quedan ben ás claras na súa visión do estatuto catalán, posicionandose abertamente de parte das teses máis centralistas do Partido Popular, aínda antes de facerse público o informe do tribunal constitucional. Toda unha demostración de independencia periodística.

Comparto tamén con vostede, señor Rey, o seu enfado pola especulación urbanística e a destrucción da paisaxe só pola priorización dos intereses económicos sobre a etica, pero lémbrolle que está de triste actualidade a sentencia do supremo sobre unha licencia ilegal concedida polo seu amigo Francisco Vazquez ao seu outro "amigo" Manuel Jove no edificio da antiga sede de FENOSA, mentras o medio de comunicación do que é editor se adicou na anterior lexislatura a combatir o decreto do Habitat ou a lei de protección da costa. Curiosamente, fai vostede tamén unha defensa velada da instalación de macropiscifactorías na Costa da Morte (Paz Andrade é membro do Consello de administración de Caixa Galicia e dono de Pescanova) e ao tempo exerce de ecoloxista.

Critica vostede un localismo (estamos de acordo) que despois practica na súa análise sobre a polémica da fusión das caixas, posicionandose claramente por unha absorción (non fusión) de Caixa Galicia sobre Caixanova, facendo gala de esa "independencia" que o caracteriza á hora de defender intereses de parte (o seu xornal sobrevive tamén gracias a caixa que dirixe Méndez), do lobby coruñés do que vostede se erixe en defensor mediático.

Sobre o galego e o galeguismo, chega con ver a porcentaxe que vostede adica no seu medio ao idioma galego, sen dúbida suficiente para xustificar subvencións por ese concepto mentras o goberno do PP aproba carísimas consultas sen valided legal suspende decretos e anuncia segregacións polo idioma co seu silencio cómplice no millor dos casos.

Esa comparación entre as politicas de outros países e o noso, desfaise no asunto aeroportuario, no que vostede é o principal valedor do localismo máis arcaico ao defender a ultranza unha competitividade entre galegos mentras os portugueses se benefician das guerras internas que vostede alimenta.

Sen dúbida, vostede practica nos seus artigos e no seu medio de comunicación, o mesmo discurso demagóxico ao tempo que reaccionario para facer unha interpretación interesada e paternalista de cara a unha sociedade que dí defender de palabra pero que manipula a diario, pero, señor Santiago Rey, "as palabras, levaas o vento" como din moitos dos nosos concidadáns con razón e sentido común, e as súas máis que as de ninguén, porque dí todo aquelo que non practica.

E por último, señor Rey, seguramente os sindicatos e os traballadores de La Voz de Galicia agradecerán ese aviso de tempos que lle farán tomar decisións duras e dificiles de entender, para que se vaian preparando para restriccións salariais, despedimentos, ou mesmo expedientes de regulación... eso sí, polo ben de Galicia da liberdade, da democracia e da verdade, nonsí?


Atentamente:

Carlos García Rey

30.8.09

Moción ao Pleno polo cesamento de prestación de servizo por parte de SOGAMA

A Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) ven de comunicar que a partires do 1 de setembro de 2009 procederase ao cesamento da recepción de residuos voluminosos procedentes dos concellos adheridos.

O cesamento na prestación do servizo de retirada de residuos voluminosos por parte de SOGAMA, para o seu posterior tratamento, prodúcese de xeito unilateral, sen ningún tipo de negociación previa cos concellos afectados, que a partir do 1 de setembro terán que facerse cargo, individualmente, da recollida e entrega deste tipo de residuos a un xestor autorizado.

Con este anuncio, a Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) podería estar a incumprir as condicións pactadas cos concellos no momento da súa adhesión, sen que nin a Xunta nin a propia SOGAMA ofrezan ningunha solución alternativa e viábel aos Consellos afectados, que, ademais de ter que artellar sistemas de recollida, verán como os custes do tratamento destes residuos se incrementan de xeito exponencial.

A falla dun sistema homoxéneo para a retirada destes residuos, xunto co incremento significativo dos custes, precisamente nun momento no que como consecuencia da crise económica e das deficiencias do sistema de financiamento local as facenda municipais están a pasar por situacións moi difíciles, podería derivar na proliferación de vertedoiros incontrolados ou, no mellor dos casos, cando o tratamento se faga conforme á legalidade e por un xestor autorizado, no traslado do incremento dos custes ao recibo do lixo que terán que soportar os/as veciños/as dos concellos afectados.
Tendo en conta o grave prexuizo que vai crear nos concellos e no caso de Neda en particular, pola serie de verquidos incontrolados que se están a realizar. O Bloque Nacionalista Gaelgo ven de presentar unha moción ao Pleno no que se solicita se tomen as seguintes medidas.


ACORDO
1. Instar á Xunta de Galiza e á Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) ao mantemento da recepción de residuos voluminosos procedentes dos municipios adheridos, nas condicións que o viña facendo até agora, para o seu posterior tratamento por un xestor autorizado e conforme á normativa vixente.

2. No seu defecto, instar á Xunta de Galiza a que aporte unha solución alternativa e viábel, que non supoña un incremento do recibo do lixo dos concellos afectados.

25.8.09

A Xunta non abrirá este curso 28 galescolas xa construidas


O curso escolar para a educación de 0 a 3 anos comezará este ano coas mesmas "85 galescolas" que funcionaban na época do bipartito, pese a que, segundo o BNG, hai outras 40 xa construidas das que a Xunta únicamente manifestou a intención de abrir 13. Auguran, no entanto, que quedarán en 12, porque o Concello de Carballeda de Avia optou por "rachar o convenio". Por tanto, serían 28 as galescolas rematadas que non se porían en marcha.

Así o manifestou o portavoz do grupo parlamentario nacionalista, Carlos Aymerich, quen sinalou que "a sociedade debe saber que as prazas de galescolas que se ofertarán a principio de curso son as mesmas que deixou en funcionamento o BNG".

Con esta afirmación, reprocha que a actual Xunta non poña en marcha outras "galescolas xa rematadas", algo que atribúe a que "Beatriz Mato (conselleira de Benestar) non quere dotalas dos medios materiais e persoais para que funcionen".

Neste sentido, reprochou ao Goberno galego que alegue que non hai diñeiro para "ampliar a cobertura da gratuidade dos libros de texto" ou para dotar de mobiliario e persoal as galescolas, pero si para "subvencionar colexios privados que separan a nenos e nenas e se adoutrinan" ou para efectuar a enquisa do galego e cambiar a rotulación das Galescolas para denominalas agora "Galiñas azuis". Por iso, mediante unha iniciativa parlamentaria, o BNG pedirá información sobre o "custo económico" que implica efectuar estes cambios, así como "todas as facturas expedidas" e os "contratos asinados" respecto diso.

Os nacionalistas vinculan esta situación co feito de que "a aposta do PP non é Galiza, non é o galego ou as necesidades dos galegos". Ao contrario, opinan que "as súas apostas están noutro país, noutra lingua e en certos intereses privados", que detectan tamén no "negocio da educación infantil de 0 a 3 anos". Hai, engadiu, unha "aposta polo ensino privado".

Ademais de aludir ás escolas que agora o PP denomina "A Galiña Azul", Aymerich referiuse aos 14 concellos que, afirman os nacionalistas, están "a velas vir" logo de conceder terreos para a construción doutras tantas garderías. Apuntou, tamén, que o 31 de agosto acaban os contratos de 64 profesionais destes centros educativos e afirma que "non está garantido que se cubran eses postos de traballo".

Todo, explicou, vai na liña de "redución de investimentos no ensino público, redución non esforzo orzamental das galescolas e a oposición a calquera presenza do galego", un proxecto que definiu como de "educación moderna avalado internacionalmente".

En relación co actual conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, Carlos Aymerich suxeriu "non tomalo moi en serio" e critica que se lle encargou a el unha responsabilidade como a da educación en Galiza. "É coma pór en mans dun mono un arma", espetou, alegando que, en todo caso, "a culpa non é del".

"Eliminar o galego"

Segundo Aymerich, o reto dos populares é "eliminar o galego" da educación e, para iso, "non hai austeridade" que promulga. Nesta idea incidiu o deputado nacionalista Bieito Lobeira, quen detecta un proceso de "combater até o exterminio ao galego" por dous conselleiros, Jesús Vázquez (Educación) e Beatriz Mato (Benestar).

Ambos, dixo, contribúen a trasladar á sociedade "unha imaxe perigosa", que é a "idea de que a lingua galega é estigmatizada". Así, transmiten que eliminar os símbolos que aludan a Galiza implican "neutralidade, educación en valores solidarios" e outros.
O Concello de Neda, queda sen Galescola, logo da adhesión ao Consorcio Gaelgo e da cesión ao mesmo de tarreos para a súa cosntrucción .
As consecuencias dun goberno Popular ,estanse a notar en Neda pasos axigantados, logo da perda das vivendas de protección, agora a perda da Galescola, o que isto sinifica para Neda é unha grande debacle e moito mais para os políticos do goberno local que apostaron forte por este goberno do PP, nun concello,que non se pode permitir e menos nestes tempos que corremos,estes desprezos por parte da administración galega.

23.8.09

Sentenza á Directora Xeral de Formacion


Fto voz

Traballo confía nunha aclaración xudicial sobre a condena da directora xeral de Colocación


En declaracións aos medios en Compostela, a responsábel deste departamento matizou as declaracións do voceiro 'popular', Antonio Rodriguez Miranda, xa que "o PP non é que diga que -o xuíz- se equivocou", senón que "transmite a confianza" de que se produza a devandita aclaración. "Para que todo o mundo teña a mesma confianza que teño eu nesta persoa", engadiu.

Así mesmo, Mato lamentou "profundamente" que o PSdeG advertise que se o alto cargo non cesa o seu grupo reprobará a conselleira no Parlamento. "Lamento profundamente que o PSOE se sume ao carro iniciado por un sindicato -a CIG-, cando ten que ser un partido serio que se supón que loita por ser unha opción de goberno", aseverou.

No canto á posibilidade de que a propia Díaz lle abra un expediente á empresa familiar, explicou que "non hai ningún tipo de vinculación", pois hai tres direccións xerais dentro da Consellaría de Traballo e a que ten que ver coas inspeccións de traballo é a de Relacións Laborais, que dirixe Odilo Martiñá -mentres que Ana María Díaz leva a dirección de Formación e Colocación-.

Investigación

Neste sentido, "a Consellaría cumpre estrita e escrupulosamente o marco lexislativo en vigor", garantiu, polo que asegurou que "non haberá ningún conflito de intereses". Ademais, non descartou que se abra unha investigación ao respecto, e indicou que "se a acta de instrución xa está levantada, -esta- comezará e levantarase como un expediente máis".

Dito isto, rexeitou "contribuír a unha película" que cualificou de "un tanto rocambolesca", polo que se remitiu a anteriores pronunciamentos e reiterou a súa "confianza plena na honestidade e na profesionalidade desta persoa".

22.8.09

O 'impaís'

O conselleiro de Industria dese país postula que as empresas leven a súa produción fóra, a outros países e por iso, xunto coa conselleira de Traballo, aproba deslocalizacións industriais que deixan na rúa, ERE mediante, centos de traballadores do seu país. E a man non lles treme. Ese mesmo conselleiro de Industria pretende revisar o concurso eólico para beneficiar, desta vez dixitalmente, ás empresas de fóra. As mesmas que levan décadas explotando os recursos naturais do seu país e estragando impunemente a súa natureza. Onte en Castrelo de Miño e hoxe nos canóns do Sil. E a man non lle treme. A conselleira de Facenda dese país acepta un sistema de financiamento prexudicial para os seus cidadáns e asiste calada, cun silencio cómplice, ás ameazas de absorción das súas caixas de aforro por entidades de fóra. E a consciencia non lle remorde. Esa mesma conselleira que rebaixa os impostos aos que máis teñen, xustifica despois coa falta de recursos os recortes constantes nos servizos e nas prestacións públicas que, con entusiasmo militante, aplican despois os seus compañeiros de gabinete no ensino, na sanidade ou nos servizos sociais. E mesmo anuncian novas privatizacións e retallamentos. O conselleiro de Educación e o secretario xeral de Política Lingüística dese país teñen como prioridade o combate contra a lingua dese país. Por iso, ao seu ver, despolitizar o ensino equivale a depurar calquera sinal capaz de espertar no alumnado o coñecemento e o cariño cara ó seu país. E aínda fachendean, ignorantes de que o país que non defende o seu en ván reclamará fóra respeito polos seus intereses.

Nese país o presidente do Goberno escolle para o negociado encargado de mirar polo cumprimento da normativa laboral a unha persoa condenada, precisamente, por incumprila de xeito aberto e reiterado. E lonxe de a cesar, defende a súa continuidade no posto. Nun país así ninguén se estraña de que o goberno, metido até o pescozo na lameira da corrupción e do tráfico de influencias, aínda se permita fachendear contra toda evidencia de austeridade e honradez no manexo da cousa pública. Nese país ninguén semella tampouco incomodarse porque o presidente do Goberno pase a maior parte do tempo, semana tras semana, na capital do país veciño gañando méritos e negociando cos seus gobernantes e prebostes da empresa e da comunicación a venda en porcións do seu país. Hai quen dirá que ese país ten o goberno que merece. E, porén, a maioría dos seus cidadáns e cidadás votaron por algo diferente.
Artigo de Opinión de Carlos Aymerich, no Xornal.com

19.8.09

Feijoo e o seu ideario

Día a día o Presidente Núñez Feijóo configura malgré lui un discurso propio que afecta á esfera identitaria. É evidente que esa non era unha das súas arelas vitais nin sentimentais. Faino forzado polo feito de a historia saírlle ao paso, pois a historia e os feitos non se retiran ao paso dos poderosos. Fican. E resulta que el ten que falar. E fala.

Concretei en análises anteriores algunhas notas sobre o que vai comparecendo nesas alocucións. Hoxe parece mesmo urxente abundar no asunto. Parécemo polo día no que andamos e porque Feijóo volveu falar noutro lugar de forte carga simbólica e incorreu de novo nesa práctica deshonesta de terxiversar textos e ideas alleos.

Pode crerse que para min representa un esforzo non menor dedicar tempo a isto. Non experimento ningún pracer tratando de escudriñar o que en realidade vén dicir este señor. Pois, en definitiva, desde unha perspectiva semiótica e de análise do discurso, un sabe que se dispón a falar do espectáculo de quen aspira a se (re)presentar a si mesmo como a nada, como alguén que postula a conveniencia escénica de non ser e non pensar nada, de quen hoxe se abandeira nun raro furor populista, o de reducir a cero o respecto xa non á realidade histórica e ao presente senón ante todo á racionalidade humana. A cada paso máis preto daquela norma de Franco, facer como que un non está en política para facer política de vez.

Leo o discurso seu de hoxe en Bonaval, perante o féretro de Castelao, e teño presente de novo o texto de hai dúas semanas no Consello da Cultura. En esquema digo:

1. Feijóo aspira a promover dous ideoloxemas constitutivos de todo o sistema de coordenadas do seu "pensamento" político: un é a súa noción de liberdade, o outro é a súa noción de pobo.

2. A acepción Feijóo de liberdade incorpora como antónimo de uso o termo imposición. Mentres que a acepción Feijóo de pobo sitúa como antitética a idea de elites culturais.

3. Para Feijóo e para quen inspiren o seu discurso oficial, que talvez non sexan exactamente os seus subordinados no Gabinete, as liberdades corresponden ao pobo innominado, mentres que as imposicións corresponden ao exercicio e á intervención das elites culturais.

4. O pobo é galeguista. As elites culturais do país propenden ao nacionalismo. Galeguismo e nacionalismo han de promoverse desde o discurso do poder como concepcións antagónicas. O mesmo que pobo e elites culturais.

5. O pobo en Feijóo caracterízase, alén do anonimato, pola aceptación mansa do que sobrevén de fóra en forma de superestrato cultural ou de dominación. As elites son o Medulio, é dicir, un reduto enclaustrado que se limita a exercer a resistencia perante os ritmos naturais da historia.

6. El, Feijóo, intentará no seu mandato dous logros históricos que na súa linguaxe non pública poderían definirse como "definitiva despolitización da esfera pública" e "sometemento tras rendición, e posterior tutela, dos resistentes do Medulio". Esa é a tarefa histórica de Feijóo. En tradución libre a unha linguaxe adulta, permítome transcribila nestoutros termos: populismo sustentado nun pacto financeiro-mediático de non agresión entre o poder institucional e os poderes efectivos ou reais e logro dunha definitiva rexionalización da nación (aténdase a un punto feble deste equilibrio inestábel: a posibilidade de que a rexionalización político-cultural levada ás súas últimas consecuencias supoña algunha clase de restrición da autonomía do poder económico e/ou mediático do país).

7. Un mecanismo que merece optimizarse é o da manipulación ou terxiversación, mesmo deconstrutiva, de mitos e símbolos identitarios, entende Feijóo. Esa é unha tarefa que el interpreta que debe afrontar directamente: incidindo nas institucións e nos lugares nalgún sentido sacralizados polas elites culturais nacionalistas ou simplemente galeguistas (se estas se excederen nalgún momento por algunha razón, mesmo desde dentro do PP).

8. No Consello da Cultura, o pasado día 9 de xullo, Feijóo golpeou até cansar no fígado identitario diso que algúns chamaron "criterio filolóxico" (algo que, serei claro, merece revisión desde un punto de vista empírico e sociolóxico, con total franqueza) e outros describiron como "filoloxización da cultura". Veu dicir alí, en definitiva, que a cultura galega non ten por que facerse en galego. Aínda máis: que pode ser máis galego culturalmente alguén que se exprese en castelán que alguén que se exprese en galego. E aínda isto: que Valle-Inclán é máis galego que por exemplo Rodríguez Mourullo ou Guerra da Cal (por poñer nomes, xa sei que é probábel que Feijóo non lese nada deles, de ningún deles, de ningún dos tres, quero dicir). E vaia, só por procurar un punto de encontro e animar a rebotica, até entraría un nese debate... Pero, claro, só a condición de... (isto, outro día).

9. Hoxe, no Panteón de Galegas Ilustres, Feijóo fixo outras cousas, moi na liña de usar a conveniencia propia o dito por terceiros, o discurso de outros, en especial se nel detecta algunha plusvalía simbólica. Moi na liña tamén de saírse do guión institucional e, non sei se por entender mal aquilo de se poñer á defensiva, acabar na mala educación e no vicio máximo de calquera acto retórico: ignorar por completo o sentido empático e suasorio do kairós. Malia todo o cal, tamén debe recoñecerse que pronunciou unhas certas palabras de Castelao, nada menos que da Alba de Groria de 1948 (escribo groria por non escribir gloria e evitar así irmos todos con Lancelot xusto alí en data tan sinalada como esta). Si, Feijóo falou do que na edición anotada que eu manexo Castelao enunciou como "substractum insobornable da patria galega". Iso aparece máis ou menos así no texto que esta vez si remitiu Presidencia ou polo menos o partido aos medios de comunicación e que eu recupero sen anotación marxinal ningunha (polo de agora). Un texto co algo aparatoso marbete de "manifesto" ao que accedín hai unhas horas polo favor dun amigo xornalista. Será posíbel iso do substractum etc.? Diríao de veras? Pois si, díxoo. Curiosamente, creo que un Touriño, por caso, nunca repetiría esas palabras de Castelao, nin na intimidade. Pero igual me equivoco.

10. Entón, que está a acontecer aquí? O que ocorre é que Feijóo usa de novo un lugar emblemático para seguir castigando o fígado identitario como unha especie de adaíl antielitista e rexionalista. Para alén das modificacións que introduciu na cita de Castelao (quen por certo atuaba ao seu público naquel 25 de xullo bonaerense, nun texto algo modificado ou normativizado na cita usada) e para alén doutras cuestións menores, o que Feijóo fixo hoxe foi deconstruír por completo a mensaxe de Castelao de 1948, que non esquezamos que era un canto á irmandade no exilio político e na emigración social ademais dunha homenaxe aos galeguistas, republicanos e en xeral demócratas asasinados desde 1936, e sobre todos eles unha homenaxe a Bóveda. De forma que Feijóo usa a Castelao, cita a Castelao, expele mesmo o que nel é un simple flatus voci ("patria galega"). E non como substractum senón como superestrato discursivo e ideolóxico, como un xogo cínico entre pastiche e cambalache para así reformular e negar o pensamento de Castelao. Como se dixo por aquí hai pouco, para espetar de novo onde máis doe. Por que? Acaso é malévolo Feijóo? Non nos precipitemos. Diso tratarase no punto 12, derradeiro de hoxe.

11. Alba de Groria foi un emotivo discurso (persoalmente, tería algo que engadir a esa valoración pero non o farei aquí) articulado, tras un moi interesante exordio, en dúas partes: unha, a final, centrábase en efecto no pobo (nese pobo reconducido a espírito e a unha aparente —en Castelao, só aparente— mansedume, que tanto chifla ao Presidente Feijóo) e outra, a inicial, referíase aos nomes propios, aos nomes históricos, ás elites... (horreur, Rueda, Varela!) encabezadas por Prisciliano e con colofón (vaia!) no nome de Valle-Inclán. Era o que Castelao chamou de modo acaso inconveniente pero acaído ao acto cívico daquel día naquel exilio "Santa Compaña inmorredoira" (polo medio, Xelmírez, Pardo de Cela, Faraldo, Rosalía e moitos máis, algún deles tamén presente a carón do lugar que ocupaba hoxe o orador). Por tanto, de novo, Feijóo furta unha parte substantiva da mensaxe e do texto: todo o que lle sobra ou estorba: as elites, os intelectuais, os ideólogos e idealistas, os que soñaron e fixeron a nación. E con que fica? Con iso que el soletrea como p-o-b-o e que Castelao chamou tamén, por conmover á xente, "a espranza celta", "xermes incorruptibles da nosa futura hestoria" e demais.

12. Non esquivo a pregunta. É Feijóo malo? Por que nos trata así? Sabe o que fai? Como conxectura técnica, diría que Feijóo non ten nin puta idea de cara onde vai, que non se dá conta en absoluto de todo o que se está a cargar, que se sente como un Harry Potter benévolo que poñerá as cousas no seu sitio: o das liberdades e o pobo, o do pobre neno que experimenta a imposición de ter que chamar "conxunto baleiro" ao que propiamente se ve que é un "conjunto vacío". Cada vez máis, Fraga —de novo por dar un nome—, o que Fraga Iribarne representou, esváese da súa memoria. Pouco ten que ver xa con el nin co sentido institucional de quen a estas alturas arelaba ser conserxe do Instituto de Vilalba (e isto si que empeza a ser canalla, o de non nomealo conserxe a don Manuel e darlle a oportunidade de concluír os seus servizos ao Estado como sempre quixo) e ten que andar recibindo condecoracións do carniceiro de Guiné Ecuatorial. Pero Feijóo si ten algo na cabeza (algo, apenas algo, non extrememos os xuízos) no marco identitario e na súa planificación do que ten de ser a Galiza futura e a política cultural que a tal ideación corresponda: i) a bandeira da liberdade debe tapar a do dereito e a lei; ii) os dereitos explícitos dos cidadáns sométense a unha noción tácita, esencial, abstracta e nunca continxente do comodín liberdade; iii) en canto oio falar de cultura saco o DOG e amanso o patio; iv) todo intelectual ten un prezo (barato); v) toda cita e todo símbolo son susceptíbeis de sometemento á lei do calcetín; vi) a esfera pública pode e debe reconducirse a casino ou no peor dos casos a taberna (por aquí a andrómena do harmónico, o cordial e outras variantes que frivolizan o conflito); vii) o pobo ten a palabra e para iso se fan inquéritos e periódicos, para que a teña; viii) a identidade é dos que veñen, nós non a precisamos e limitámonos a asimilar a dos que veñen a vernos (como Kundera!, como Beckett!, como Zelig!); ix) a identidade é unha deconstrución e, como debeu dicir Píndaro e non dixo xustamente por ser elite cultural, hai que chegar a ser o que non somos, coma min e como a oposición.

Todo o anterior está a facer o seu efecto. As cartografías xa son outras, é certo. Feijóo malia non saber exactamente onde quere ir está logrando algo: un desarme, un certo decaemento, algúns actos de reacción mal calibrados e con carencias tácticas penosas. Pero os montes seguen onde estaban, incluído o Medulio e todos os significados que anden na órbita dese nome como mínimo eufónico. Reaccionemos!
Blog lándoas.

17.8.09

O BNG LEVARÁ AO PARLAMENTO O REPARTO “DISCRECIONAL” DOS RECURSOS DO PLAN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS

O grupo parlamentar do BNG levará ao parlamento o reparto dos recursos destinados á cooperación cos concellos para crear emprego, ante a “enorme preocupación” que está a xerar os criterios “discrecionais” nos que se vai basear.

O BNG, a través do seu deputado Henrique Viétez, rexistrou unha iniciativa parlamentar para que o goberno dea conta na Cámara de cantos recursos se teñen destinado xa dende a Consellaría de Traballo neste Plan de Cooperación, con que criterios e con que resultado.

Asemade, o parlamentar nacionalista pregunta se se tivo en conta o número de parados existentes en cada municipio, toda vez que, segundo as súas informacións, concellos con cifras de desemprego enormemente amplas e con dados que conforme a unha baremación obxectiva debían recibir un bo número de recursos “reciben, sen embargo, cantidades ridículas en comparación con outros, con alcaldes do PP”.

Viéitez afirma que este reparto discrecional, ao facerse, ademais, a través das novas delegacións territoriais, deixan ao descuberto, máis unha vez, o seu carácter como “órgaos políticos”, órgaos de goberno para controlar os recursos públicos e “instrumentalizar” ese control ao servizo do partido.

O deputado do BNG lembra que se trata de recursos que deberían de repartirse conforme a un baremo público e obxectivo, e xa que logo sen intermediarios, e dando a coñecer, ademais, os resultados á FEGAMP, mais a realidade é que se están a “vehiculizar a través dos delegados cuns resultados escandalosos dependendo da cor política do concello”.

15.8.09

Axudas da Xunta aos mnedios de comunicación

Axencia Galega de Noticias, S.A. 534 €
La Voz de Galicia, S.A. 996.195 €
Canal Voz, S.L. 19.410 €
Editorial Compostela, S.A. 179.886 €
La Opinión de La Coruña, S.L. 53.479 €
Diario El País, S.L. 158.336 €
La Región, S.A. 109.357 €
Lérez Ediciones, S.L . 84.835 €
Rías Baixas de Comunicación, S.A. 43.132 €
Europa Press Delegaciones, S.A. 11.333 €
Faro de Vigo, S.A.U. 397.357 €
Sar Comunicacións XXI, S.L. 2.777 €
Editorial La Capital, S.L. 114.945 €
Interdix Galicia, S.L. 4.682 €
El Progreso de Lugo, S.L. 180.478 €
Xornal de Galicia, S.A. 1.739 €
Sociedad Española de Radiodifusión, S.A. 12.011 €
Radio Vigo, S.A.U. 13.558 €
Radio Lugo, S.A. 13.586 €
Radio Coruña, S.L. 32.219 €
Radio Pontevedra, S.A. 15.567 €
Radio Orense, S.A. 5.122 €
Radio Popular, S.A. 43.990 €
Telecable Compostela, S.A. 4.455 €
Voz de Galicia Radio, S.L.U 8.249 €
SIGalicia, Radiodifusión y Medios de
Comunicación, S.A. 5.361 €
SIGalicia, Radiodifusión y Medios de
Comunicación, S.A. 6.060 €
Uniprex, S.A. 20.683 €

13.8.09

Ao fin o Estado recoñece a figura de Moncho Reboiras


Nun acto de reparación que o delegado do Goberno en Galicia, o socialista Antón Louro, definiu como “unha reafirmación das conviccións profundas asentadas na democracia”, o membro da Unión do Pobo Galego (UPG) Xosé Ramón Moncho Reboiras recibiu o recoñemento oficial como vítima da ditadura. Sindicalista tiroteado ata a morte pola policía franquista tal día como onte hai 34 anos –tras unha forte redada contra o que, presuntamente, era o xérmolo dun grupo armado de resistencia ao ditador e que acompañouse de decenas de detencións e o exilio de moitos militantes da UPG–Reboiras é considerado o gran mártir do nacionalismo galego moderno, “como o da anterior etapa foi Alexandre Bóveda”, segundo apunta Bautista Álvarez, fundador da UPG que estivo no acto celebrado na delegación do Goberno na Coruña. Xunto a el, o voceiro do Bloque, Guillerme Vázquez,os principais referentes do BNG que pertencen á UPG –Francisco Rodríguez, Bieito Lobeira, Francisco Jorquera, Ana Pontón ou Francisco García, entre outros– ou o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo. O documento oficial de reparación foi recollido por un emocionado Manuel Reboiras, irmán do nacionalista morto en Ferrol en 1975.

“Queremos que Moncho sexa recordado como unha persoa que loitou con todas as consecuencias pola liberdade do seu pobo”, afirmou Manuel Reboiras, que tamén utilizou a versión do vello lema nacionalista para cualificar ao seu irmán como “semente de vitoria”. “Foi un exemplo de compromiso por un soño vermello, branco e azul que lle levou a padecer como outros moitos a violencia ilexítima dun réxime ditatorial”, engadiu.

Antes, o delegado do Goberno gabou o traballo levado a cabo por Francisco Rodríguez, secretario xeral da UPG e dirixente do Bloque, durante os ses anos no Congreso de Madrid, onde foi un dos poñentes da Lei de Memoria Histórica, que segundo Louro vén “romper con certo silencio dos primeiros anos da transición e recuperar a lembranza dos perseguidos”. Ademais, destacou o feito de que o recoñecemento oficial viñera asinado por un ministro de procedencia galega, o ceense Francisco Caamaño.

En primeira liña do acto –no que tamén se recitou un poema de Manuel María en homenaxe a Reboiras– estivo presente o actual líder do BNG, Guillerme Vázquez, que considerou a reparación como unha “obriga”. “Seguramente tería sido imposible facelo co PP no poder en Madrid, eu era deputado cando había que condenar o franquismo e non eran capaces”. Ademais, lembrou de xeito persoal os complicados días da morte do militante nacionalista. “Eu aínda non militaba, pero si que me acordo da miña nai moi preocupada e con medo, dicindo que a policía ía matar a todo o mundo. Foron momentos terribles”, rememora.

A clandestinidade e dureza da loita contra o franquismo dos nacionalistas de corte marxista viviuna en primeira persoa o veterano Bautista Álvarez, agora presidente da UPG e ex deputado do Parlamento galego. “Moncho foi un gran compañeiro e por iso homenaxeámolo cada 12 de agosto. Foi un loitador pola nosa nación e cos actos anuais ou co de hoxe pois facemos algo moi importante que é rescatalo do inferno ao que o quixeron mandar os seus propios asasinos”, apunta.

Álvarez tivo que refuxiarse en Portugal durante aquela época. Lembra que “alí contabamos con apoios, incluso oficiais despois do 25 de abril, pero o certo é que temíamos que mandaran pistoleiros a por nós, así que ata cambiamos o piso no que nos agochabamos porque xa era moi coñecido”, relata.

O acto rematou, a petición dos propios familiares, coa interpretación do himno galego, entonado por moitos puño en alto cun retrato do Rei ao fondo. Tamén se cantou no organizado pola propia UPG, que ademais do recoñecemento a Reboiras supuxo unha exhibición –na que participaron medio milleiro de persoas– da nova actitude da forza hexemónica do BNG e a súa contorna tras a perda do poder na Xunta e a chegada do PP de Feijóo. Un espectacular corredor de bandeiras galegas e vermellas acolleu a ofrenda no punto no que foi abatido Reboiras, onde Xesús Seixo, da CIG, destacou que “existen similitudes entre 1975 e a actualidade, xa que segue a gobernar unha dereita reaccionaria e antigalega”. Pola súa parte, Francisco Rodríguez pechou un día emotivo para os nacionalistas dicindo que “recoñecer a Moncho é recoñecernos a nós mesmos”.

11.8.09

O BNG di que desapareceron 4.400 dependentes da lista do Ministerio


A coordenadora executiva do BNG, Teresa Táboas, esixiu hoxe á Xunta a actuar fronte á "desaparición" de 4.400 persoas dependentes con dereito a prestación en Galicia do listado do Ministerio de Sanidade e Asuntos Sociais.

En rolda de prensa, Táboas pediu ao Executivo galego que explique como solucionará "esta falta de compromiso do Estado" e denunciou tamén que "non se actualice" a páxina web que recolle os datos de dependentes con dereito a prestación, que están atrasados "dende febreiro".

Neste sentido, alertou de que "o proxecto do PPdeG é o de deconstruir Galicia" e que este mes de agosto "constitúe unha auténtica revelación do que é realmente o seu proxecto de país". "Durante o período de sesións no Parlamento non respondían a ningunha das preguntas do BNG con datos e agora vemos por que", lamentou.

Por iso, esixiu que a Xunta pida explicacións ao Goberno Central e que diga "a que se debe esta decisión" -redución de dependentes galegos nas súas listas-. "Estas persoas teñen dereito a reclamar", recordou a parlamentaria 'nacionalista'.

"NON HAI TRANSPARENCIA"

Así mesmo, Táboas sinalou que o Goberno do PPdeG utiliza a área de dependencia "de forma demagóxica", polo que pediu "transparencia, para que non se paralice -o sistema de axudas- e que se exerza un compromiso cos galegos e galegas en lugar de facer anuncios de campaña electoral".

Nesta materia, afirmou que a figura dos superdelegados, que son "o máis próximo ao propio cidadán", representan "unha mostra de ineficacia" ao concentrar "nunha soa persoa" numerosas responsabilidades, entre as que mencionou tamén o caso das persoas dependentes.

Finalmente, criticou que "non se realice un diagnóstico" da afectación da crise económica aos máis desfavorecidos, xa que "o sistema económico actual non é xusto para distribuír a riqueza". "O que se estaba a construír --dende a Xunta anterior do bipartito PSdeG e BNG-- era un Sistema Público de Benestar",lembrou.

9.8.09

El concurso eólico y las claves del poder en Galicia

Las concesiones eólicas constituyen un importante negocio del que quieren apropiarse las grandes compañías energéticas españolas, con el pretexto de que no debe dársele porciones de semejante pastel a empresas ajenas a la energía. Se refieren, sobre todo, a las cajas de ahorros, a los conserveros y a las cooperativas lácteas, beneficiadas por el BNG al aplicar un criterio favorable a los intereses de sectores considerados básicos en la estructura económica y financiera de Galicia. LosIberdrola de turno así se lo hicieron saber a Mariano Rajoy, presidente del PP, y así terminó asumiéndolo Alberto Núñez Feijóo como presidente de la Xunta de Galicia. De hacer los papeles para cargarse el concurso eólico que había resuelto la Xunta de Touriño y Quintana se encargó el conselleiro de Industria, Javier Guerra, quien lo hizo con la dignidad suficiente para intentarsalvar los muebles. Aunque tuvo que poner la cara de una fea operación, Guerra no fue precisamente el abanderado de una medida política sin precedentes en la autonomía gallega, y que ha dado pie a un clima de inseguridad jurídica, que daña la imagen de Galicia en el mundo económico, sobre todo en el exterior. El periodista Jesús Parga, que había sido secretario de Comunicación del presidente Fraga, lo resumió bien cuando concluyó así un artículo sobre el tema, ya publicado en Xornal: "Entre todos están metiendo a Galicia en tal inseguridad jurídica, que aquí, solo vendrán a invertir de Tanzania".

Ahora, en Madrid, hay un proyecto de guión eólico para Galicia que está ya más o menos escrito: el multimillonario negocio se lo llevarán grandes compañías españolas. Cajas de ahorros, conserveros y lácteos tendrán muy complicado repetir el resultado del concurso derogado. Con los demás ya se verá. Todo será mediante adjudicación directa, sin un concurso como el anterior, que si algo primaba era el interés público.

- LOS ENREDOS DE TOURIÑO Y LA VOZ.- Es verdad que en los medios políticos y periodísticos de Galicia se dio por hecho que el gran muñidor de cargarse el concurso eólico fue el dueño del diario La Voz de Galicia, que extendió la maldad de vincular el nacimiento de Xornal de Galicia a una supuesta gran concesión eólica a una filial del grupo que también edita este diario, a pesar de que la salida de Xornal en papel estaba proyectada desde el año 2004, como es público y notorio. Por si fuera poco, no hubo tal gran concesión a SanJosé, que fue más bien modesta al lado de otras, pero de lo que se trataba era de dañar a un competidor emergente y de arrinconarlo, vinculándolo, de paso, a un determinado partido, cuando este diario siempre se confesó en una línea independiente, progresista y galleguista, que ahí está. En ese juego perverso también entró de lleno el anterior presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, que al tiempo que vetaba a Xornal de Galicia, buscaba el abrazo de La Voz y ponía palos en la rueda de su propio gobierno, creyendo que éste era inmune a todo.

El 1 de marzo, los gallegos (y Pepe Blanco) mandaron al pobre Touriño para su casa y le dieron su confianza a Alberto Núñez Feijóo, a quien le habían ofrecido carnaza desde el PSOE, por extraño que parezca. En efecto, algunos socialistas, en su ingénuo intento de asegurarse el apoyo de La Voz de Galicia, enredaron cuanto pudieron para hacerle creer a la opinión pública que el BNG no estaba siendo todo lo ortodoxo que debería ser con el concurso eólico. En realidad, lo que había pretendido Touriño era meter su mano en el concurso, pero como no pudo se sumó a la insistente campaña de La Voz, que, como no podía ser de otro modo, dejó en la estacada al PSOE y terminó apoyando a Feijóo y al PP en la sucia campaña del 1 de marzo. A Touriño lo consolaron con unas cuantas fotos de "presidente". Toda una tomadura de pelo a un presidentiño que, por cierto, se lamentaba de presidir más bien poco, empezando por el concurso eólico, y que a algunos le ha dado pie para reflexionar sobre la figura del "tonto útil" que hay en cantidad de historias de la vida.

Es posible que todo este montaje de La Voz de Galicia y Touriño haya planeado sobre el concurso eólico, pero lo realmente importante y decisivo no pasó por sus manos, sino por las de personas seguramente menos conocidas en Galicia, como un tal Galán, que resulta que preside Iberdrola y que siente la tentación de abrazarse a Feijóo en público; tanto, que parece que quiere otra cosa. Ese tal Galán es el tipo que se hizo retratar en la plaza del Obradoiro y que ahora cuelga su trofeo en la web oficial de Iberdrola, lo que puede dar idea de su osadía y de alguna otra cosa que más vale no mentar hoy.

- LA FOTO DE GALÁN CON EL PRESIDENTE DE LA "JUNTA".- A Galán le vino su dios a ver cuando supo que el PP obtenía mayoría absoluta. Y en cuanto le dijeron el día de la toma de posesión de Feijóo pidió en Génova --la calle madrileña donde tiene su sede el PP-- que le consiguieran una invitación para estar cerca del flamante presidente de Galicia. No se conocían pero él precisaba demostrar que sí y hacerse una foto que llegase a la prensa. Cuando fue informado de que para el acto del Obradoiro no había invitaciones oficiales se plantó allí y en cuanto tuvo a tiro al presidente se fue a por él y le dio el abrazo de su vida. Era un tipo de abrazo que solo podía corresponder a su novia, su familia o alguno de sus amigos íntimos, pero fue el abrazo de un desconocido muy conocido: Ignacio Galán, que es como se hace llamar este hombre que también se apellida Sánchez. y que preside una de las compañías que, casualmente, impugnó el reparto eólico del bipartito.

Galán, que en honor a su apellido procura salir siempre airoso en el manejo de una persona capaz de galantear, es tan insistente que incluso pretendió utilizar la figura del padre de Alberto Núñez Feijóo, un respetable señor, conocido por su amabilidad, que en tiempos había tenido relación con una contrata de la antigua Iberduero, firma ahora integrada en Iberdrola. Al presidente de la Xunta, que para Galán es de la "Junta" (sic), nunca le hicieron gracia los montajes del presidente de Iberdrola y, menos aún, que intentara manipular a su padre, que puede ser afectuoso pero no por ello incapaz de darse cuenta de lo que quisieron hacer con él.

El asunto traerá cola porque el presidente Feijóo sabe que Galán fue a por él y que le dio un abrazo que puede comprometer su brillante carrera política, y también porque en algún momento Galán tendrá que explicar sus peculiares métodos de trabajo a su consejo de administración. Su esperanza de salvar la cara estriba ahora en cerrar un buen paquete de megavatios mediante una adjudicación directa, lo cual puede ser posible pero también tendrá sus costes.

Si las Iberdrola de turno --entre ellas la antigua Fenosa, ahora catalana-- fuerzan al PP de Rajoy y se imponen en Galicia frente a las empresas gallegas que ambicionan la explotación de recursos de esta comunidad, retornaremos a los viejos tiempos, eso sí, con líderes jóvenes. Si, por el contrario, Feijóo da un puñetazo en la mesa y no se deja comer más el terreno, volveremos a mirar al futuro, mientras suturan las heridas de guerra. Sea como sea, lo contaremos.
Artgo de Xornal.com

8.8.09

Apoio ao Manifesto a prol da Convivencia Lingüistica e da Igualdade de Dereitos para o Galego

7.8.09

Anxo Quintana: “O PP usa a Constitución, o ecoloxismo e a Biblia con tal de beneficiar aos de sempre”


Cando era vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana xa sufriu o azoute do PP, daquela oposición, por causa do decreto eólico. O nacionalista defendía o mesmo que defende agora: “Era a primeira vez que Galiza era dona dos seus recursos”. Agora, co seu proxecto derrogado, o ex portavoz nacional do BNG é contundente na súa crítica: “Todo isto aseméllase moito á prevaricación e á malversación”.

Di a súa formación que con este novo proxecto eólico do PP van volver ás adxudicacións a dedo.

O que o PP vai a facer con isto é volver a favorecer aos catro de sempre. Ás empresas amigas e de paso a certa aristocracia mediática que hai neste país que quere gobernar sen pasar polas urnas. A decisión de Feijóo é unha decisión inxusta e por riba, a sabendas de que é inxusta. Unha decisión que vai ter unha gravosa repercusión no erario público, nos cartos de todos os galegos e galegas.


Que cre que pode perder Galicia coa derrogación do decreto eólico?

Galiza vai perder cartos e algo máis importante que é prestixio. A decisión de Feijóo o que fai é convertir Galiza nunha república bananeira onde non hai seguridade xurídica para os investimentos privados. Iso é o máis grave que lle pode pasar a un país en tempos de crise. Que alguén dite resolucións inxustas sabendo que o son, e que a alguén non lle importe gastar fondos públicos para os seus caprichos... calquera experto en Dereito diría que esto se asemella moito á prevaricación e á malversación. Feijóo debería de telo en conta.

Fala de empresas amigas. Que poderes hai tras desta decisión?

Por primeira vez Galiza era dona dos seus recursos e, por primeira vez, Galiza lexislaba para que os galegos e as galegas foran os principais beneficiarios da explotación dos recursos naturais desta terra. Ningún Goberno sensato podería botar abaixo iso. Admítense matizacións ou modificacións puntuais como en calquera Executivo, pero o que fai Feijóo só se explica se o que se pretende é que, no canto de que se beneficien os cidadáns de Galiza, se beneficien os catro de sempre. Se ademais diso se dá a satisfacción dalgún aristócrata mediático que o que lle gusta é gobernar sen presentarse ás eleccións, tanto mellor para o señor Feijóo. É o que lle gusta.

Pois a Xunta asegura que o decreto o derroga polas súas numerosas tachas legais.

Se hai tachas legais debería de recorrer quen se sentise afectado e serían os tribunais os que ditaminarían se existían esas tachas ou non. Feijóo sabe que o decreto foi aprobado polo Goberno con todas as beizóns da Asesoría Técnica Xurídica da Xunta de Galicia. De todos os xeitos, o último que lle importa é a legalidade. O decreto eólico significaría, coa súa aplicación práctica e cos proxectos industriais asociados, a creación de máis de 8.000 postos de traballo. Era un auténtico plan de emprego de Galicia en tempos de crise e Feijóo tírao pola borda. E tírao tendo como único plan contra a crise malvender en revenda os coches usados da Xunta que el mesmo comprou.

Que lle parece que un canon vaia a substituir a participación pública nos parques eólicos?

Participación pública nos parques quere dicir que o conxunto da cidadanía galega benefíciase diretamente. Quen esté en contra diso que o diga. Se Feijóo está en contra da participación pública é porque está a favor de determinadas empresas, aínda que iso vaia en detrimento do beneficio dos galegos. Esa é a política que quere implantar en Galiza.

O BNG di que o proceso se dirimirá nos xulgados xa que haberá moitas alegacións das empresas. Non obstante, a Xunta asegura que, tal e como está plantexado o proceso, non haberá que indemnizar a ninguén.

Hoxe deberíanse de estar xa levando a cabo os pasos administrativos para implantar os parques eólicos concedidos polo decreto e empezándose a pór en marcha os proxectos industriais que xerarían 8.000 postos de traballo. Feijóo prometeu eficacia e rapidez contra a crise e a cambio diso danos a nada. Danos unha regulamentación eólica coma a de sempre e a beneficio dos de sempre. Por outro lado, Feijóo non só quere suplantar ao Constitucional, senón que quere suplantar o dereito libre das persoas a manifestarse se se fai algo que vai en contra dos seus intereses. Non sei se se lle subiu o cargo á cabeza incluso antes de telo.

O PSOE dicía onte que sorprende ver como a Xunta é tan meticulosa coa instalación das eólicas cando non lle ocorre o mesmo coas plantas acuícolas.

O PP utiliza a Constitución, o ecoloxismo e a Biblia con tal de beneficiar aos catro de sempre. Na ecuación dos populares hai múltiples variables constitucionais, ecolóxicas, marítimas, pesqueiras ou bíblicas pero, ao final, o resultado é sempre o mesmo: beneficiar aos catro de sempre. Esta é a verdade, todo o demais son excusas de malpagador.

4.8.09

O goberno de Neda incumpre a legalidade vixente en materia urbanísitca

O Valedor do Pobo vén de remitir ao goberno municipal un informe no que advirte da obrigatoriedade do cumprimento da legalidade en relación cos informes xurídicos dentro dos expedientes urbanísticos. O propio executivo municipal TEGA-PP recoñece esta irregularidade na contestación enviada ao Valedor a aprobada en xunta de goberno do pasado 25 de xuño.

Esta situación vén derivada das queixas realizadas polo BNG na comisión de urbanismo e enviadas ante o Valedor do Pobo, ao ter observado un incumprimento da legalidade en materia urbanística por falta de informes xurídicos, tal e como establece o Art. 195.2 da Lei 9/2002 de 30 de decembro.

31.7.09

Política Municipal 2

25.7.09

Dia da Patria Galega


Máis de 20.000 persoas asistentes á manifestación do día da Patría, mentres que a Policía aínda non se pronunciou. Con todo, os nacionalistas encheron a Praza da Quintana, malia que o recinto non se ateigou, nin quedou xente fóra como noutras celebracións. “Na Galiza en galego!” e “Galegos somos, galegos seremos por españois nunca pasaremos” foron dous dos berros con máis éxito.

“Vencer a Feixóo como a Fraga”

“Ás veces podemos sentir certo desalento”, admitiu o líder da fronte ao comezo do seu discurso, en referencia á vitoria dos conservadores nas autonómicas. Porén, Vázquez asegurou que o Bloque non se converterá nunha “estatua de sal” que mira o pasado. “Se fomos quen de sobrevivir e vencer ao PP de Fraga, sobreviviremos e venceremos ao PP de Feixóo”, animou.

O voceiro fixo un chamamento á unidade da fronte e a incorporación de novos militantes porque “cabemos todos neste proxecto común e vós sodes os únicos imprescindíbeis”.

“Ataque ao idioma sen precedentes”

Vázquez acusou ao presidente da Xunta de “estar ao servizo de minorías extremistas” en particular na política lingüística. “O noso idioma está a sufrir un ataque sen precedentes orquestrado dende a propia Xunta”, denunciou o político pontevedrés.

“Tirar abaixo o concurso eólico para favorecer aos seus amigos”, “estar na política para facer carreira persoal”, “transformar o Goberno nun esperpéntico concesionario de coches de segunda man”, foron outras das acusacións.

Como alternativa propuxo unha política máis social que protexa aos traballadores da crise. Demandou tamén un “Estatuto de Nación, un Estatuto de primeira”.

24.7.09

Política Municipal

21.7.09

O PP paraliza as axudas á Dependencia

O voceiro do grupo parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, denunciou que “o bipartito deixou a 14.000 grandes dependentes recibindo a súa prestación”, e que “en 100 días de Goberno popular non hai nin unha soa prestación máis facilitada”.

Aymerich asegurou onte en rolda de prensa que a Consellería de Benestar non prestou aos grandes dependentes de Galicia “nin unha soa axuda máis das que xa estaba dispensando o goberno Bipartito”. O voceiro do Bloque sinalou que durante o anterior goberno, o ritmo de tramitación era de 2.000 solicitudes ao mes, mentres que, entre abril e xullo de 2009, recoñeceron “apenas 800 prestacións novas”, polo que “hai, como mínimo, 6.000 galegos que están a esperar que se resolva a súa solicitude”.

Por outra banda, o nacionalista sinalou que os datos facilitados na web do Ministerio de Sanidade reflicten que o número de solicitudes recibidas ás que se lle recoñeceu o dereito a recibir unha prestación, pasou de 5.675 a 26.385 entre maio de 2008 e abril de 2009.

Aymerich atribuíu este feito a “un problema de xestión” xa que segundo afirmou, o Departamento dirixido por Beatriz Mato, “está sumido nunha parálise administrativa e nun caos organizativo”. Así mesmo, destacou que “hai un problema de financiamento grave” que afecta á aplicación da Lei de Dependencia, e culpou ao Goberno central de non cumprir os seus compromisos.

O nacionalista sinalou que a Galicia lle corresponden 32 millóns de euros en virtude do Plan de Dinamización Económica, firmado en novembro de 2008, dos que 22 aínda non se fixeron efectivos. A esta cantidade “hai que sumar outros 80 millóns de euros adicionais que o Estado se comprometeu a abonar á Xunta en 2009 para a aplicación da Lei”, afirmou. O voceiro do BNG lembrou que se trata de fondos condicionados á realización de inversións, polo que “se non hai axilidade e dilixencia á hora de xustificar os proxectos, corremos o risco de que o diñeiro se perda”. Igualmente, destacou a especial negatividade do financiamento en materia de Dependencia.

15.7.09

Francisco Fernández Abraldes novo responsábel do BNG en Neda

Na tarde de onte 14 de xullo, o Bloque Nacionalista Galego de Neda, e continuando o proceso de renovación de órganos de dirección despois da Asemblea Nacional, elexiu en Asemblea de afiliados, por abrumadora maioría a Francisco Fernández Abraldes, como novo responsábel da Organización en Neda.
Despois do labor exercido polo compañeiro Manolo Castro ao longo dos últimos 11 anos, a organización toma novos folgos co fin de tentar dar solución aos múltiples problemas que ten o concello de Neda.

14.7.09

As subvención de La Voz pola normalización Lingüistica

En el 2007 aportaron 342.000 euros sobre un total de 385.000, 125.000 más que los que recibió la Real Academia
A Mesa pola Normalización Lingüística multiplicó en la pasada legislatura sus ingresos en subvenciones de la Xunta gracias a la presencia del BNG en el Gobierno gallego. La aportación de las consellerías nacionalistas resultó determinante en el incremento exponencial registrado en las cantidades aportadas por el Ejecutivo autonómico a la organización creada en 1986 para promover el uso del gallego, que entre el 2006 y el 2007 pasaron de 54.761 a 385.912 euros. De esa cantidad, 342.000 euros procedieron de convenios e inserciones publicitarias de Vicepresidencia, Industria, Cultura y Vivenda, departamentos que controló el Bloque dentro del Gobierno de coalición....
Qué dispendio!, decían na "Voz", aclamados polas hordas pepeiras antigalegas. Pois ben, agora sabemos que o artigo debeuno escribir un membro infiltrado da Mesa en " La Voz ", pois simplemente con mirar nun DOGA de Agosto de 2008, vemos que... " La Voz " cobrou da Xunta, por promoción da língua e cultura galegas nun ano, e só en subvencións, pois a publicidade se paga aparte, ¡o TRIPLE! que A Mesa:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA
Resolución do 15 de xullo de 2008, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión.
Esta secretaría xeral resolveu a publicación da relación de axudas que se especifican no anexo, concedidas no ano 2008 ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2007, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se convocan, para o ano 2008, axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión. Estas axudas fináncianse con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.30.151A.470.1 e 04.30.461A.470.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.
O que se fai público para xeral coñecemento. Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2008.
P.D. (Disposición adicional 2ª do Decreto 44/2006, do 2 de marzo) Fernando Salgado García, Secretario xeral de Comunicación
Resolución Nº expediente Empresa Importe (€) Data
PR 852A 2008/001 Voz de Galicia Radio, S.A. 6.484 5-6-2008
PR 852A 2008/002 La Voz de Galicia , S.A. 966.750 5-6-2008
PR 852A 2008/008 Canal Voz, S.L. 18.831 5-6-2008
O que fai un total para o grupo Voz de... 992065€!!!

9.7.09

O Vicepresidente da Deputación Provincial visitou o Concello de Neda


O Vicepresidente da Deputación Provincial , Pablo Villamar, visitou onte o concello de Neda, cos membros da Corporación, o Vicepresidente Provincial, despachou varios temas de interese para os veciños e veciñas de Neda, en todos eles o Vicepresidente puxo o máximo de interese co fin de darlles solución.
Logo realizou unha visita ao campo de futbol de herba artificial que se está a construir en Neda, e que esta financiado nun 80 % polo organismo provincial, comunicando tamén a recente aprobación por parte da deputación a financiación para o alumeado da mesma instalación.

7.7.09

A campaña de desprestixio conta " A Mesa pola Normalización Lingüistica" e contra o Nacionalismo Galego

A Mesa presentará unha denuncia contra a manipulación informativa da TVG no Telexornal mediodía de hoxe e exixindo o dereito de réplica. A Mesa xa estivo nas “listas negras do PP” e o TSXG chegou a emitir unha sentenza obrigando a Xunta a financiar a asociación. A Mesa lembra que é a maior asociación cultural de Galiza e que ten dereito a presentar proxectos para que sexan financiados polas administracións, “igual que todo o mundo”. A Mesa pide diñeiro público “para proxectos de promoción do galego, non para comprar traxes de luxo nin desviar diñeiro ás Illas Caimán nin certificar obras inexistentes”

Perante as informacións publicadas onte por La Voz de Galicia e a TVG, A Mesa pola Normalización Lingüística quere sinalar:


1) Todos os convenios asinados pola Mesa pola Normalización Lingüística son públicos, de acordo co estipulado pola Lei de transparencia, e atéñense plenamente á legalidade, cumprindo con todos os trámites e principios éticos. A actual conselleira de Economía e Facenda, Marta Fernández Currás, que como é sabido foi interventora xeral da Xunta durante un ano na pasada lexislatura, pode dar testemuño do mesmo.

2) A Mesa non recibiu financiamento do Goberno galego para infraestrutura (como si recibiron e reciben outras asociacións con moita menos afiliación e actividade) nin para a súa liña de traballo reivindicativa, senón para proxectos concretos, presentados perante os medios de comunicación: o Correlingua en que participan máis de 40.000 rapaces cada ano, o Voluntariado de Activación Lingüística no que participaron máis de 1.000 persoas (e polo cal a Xunta recibiu unha axuda europea superior ás cantidades conveniadas coa Mesa nestes anos), campañas de sensibilización nos diferentes ámbitos, edición da revista mensual Longalingua etc.
En ningún caso A Mesa recibiu diñeiro público para comprar traxes de luxo nin desviar diñeiro ás Illas Caimán nin tivo axudas para certificar fraudulentamente obras inexistentes, aspectos todos eles realmente de gravidade.

3) A Mesa é a maior asociación cultural de Galiza cos seus máis de 3.500 socios e socias. Era unha irregularidade manifesta que esta asociación ficase excluída das axudas públicas e de desenvolver proxectos para as administracións a pesar das súas dimensións e da súa capacidade de actividade, demostrada nos seus 23 anos ininterrompidos de accións de reivindicación, sensibilización e promoción do galego en ámbitos nos que está discriminado ou excluído, amén do seu creto como entidade pertencente á Axencia Europea de Linguas Menos Estendidas, con rango de entidade consultiva na ONU.

4) A Mesa lamenta as listas negras en que estivo inscrita durante os anteriores mandatos do PP e que agora parece que se van repetir aínda con maior crueza. Nese sentido, cómpre lembrar que o TSXG chegou a emitir unha sentenza obrigando á Xunta gobernada polo PP a financiar a asociación, que era a única excluída, de entre todas as solicitantes, en moitas convocatorias de axudas públicas. O PP quere, de forma sectaria, que A Mesa deixe de recibir diñeiro público, acusando esta asociación de falsas ilegalidades e demonizándoa. É a súa unha visión totalitaria, de quen quere eliminar os seus inimigos, a pesar de que o labor que estean realizando sexa de interese público. Na súa galegofobia, moléstalles A Mesa como ferramenta contra as discriminacións lingüísticas e de defensa firme do dereito a vivir en galego.

5) A Mesa lamenta a forma tendenciosa de ofrecer esta información para dar a entender que existiu un trato de favor por parte do bipartito ou das consellarías xestionadas polo nacionalismo, o cal falta á verdade. Nese sentido, cómpre salientar:

a. Non se citan ningún dos proxectos financiados, excepto a publicidade na revista Longalingua, que ademais é a publicación mensual en galego con maior tiraxe e difusión. Se recibir insercións publicitarias por parte das administracións fose delito, todos os medios de comunicación sen excepción estarían incorrendo nel, por certo moito máis que nesta revista cultural.

b. Nunha redacción enrevesada e salientando os datos dun único ano (mesmo como subtítulo), dáse a entender que A Mesa recibiu máis diñeiro nesta pasada lexislatura por parte do Goberno galego que a Real Academia Galega, algo que non é verdade, como ben se pode comprobar a través dos mecanismos estabelecidos pola Lei de transparencia, mesmo a través de internet. En calquera caso, A Mesa sempre defendeu o financiamento público xusto da RAG de acordo con criterios lóxicos de legalidade, representatividade e actividade, e sen contraprestacións partidarias, como agora quere facer Alberto Núñez Feijóo.

c. Vaise tamén contra principios básicos de ética xornalística cando se dá e salienta unha información falaz, nunca contrastada por inexistente, a pesar de que foi desmentida ducias de veces pola asociación. Referímonos á repetición de que A Mesa enviou “600 cartas ameazantes a comerciantes”, que en ningún caso existiron. O mesmo se pode dicir sobre os supostos delitos que se lle apuxeron á Mesa nos medios de comunicación e que non foron respaldados por ningún tribunal, pola súa evidente falsidade, o cal non é impedimento para que algúns medios continúen xogando con esas insinuacións difamantes.

6) A Mesa presentará unha denuncia xudicial contra a TVG polo tratamento manipulador dado á noticia no Telexornal mediodía de hoxe e exixindo o dereito de réplica. Nun medio público como este, é máis de lamentar a manipulación, a tendenciosidade e que se dea voz unicamente a unha parte, curiosamente o concelleiro e deputado do PP Carlos Negreira, mentres nin se poñen en contacto cos portavoces da Mesa para contrastar a información.

7) A Mesa segue unha transparencia escrupulosa nas súas contas, someténdoas ao debate anual entre as súas socias e socios en asemblea xeral e cos convenios públicos informados a través de internet. É rechamante que, pola contra, se pase por alto o financiamento opaco de entidades creadas para atacar o galego. Así, a pesar de non contar case con afiliación, algún destes grupos declarou que ten medio millón de euros para actividades para este ano 2009 e demostra unha capacidade económica para realizar campañas mediáticas con anuncios a cor nos diarios de maior tiraxe e cuñas radiofónicas, aluguer de autobuses para percorrer toda Galiza etc que nunca A Mesa tivo, a pesar de ser a maior asociación cultural de Galiza

6.7.09

O PP eos seus casos


No hay tregua en Génova ni un segundo. Después de calmarse un poco las aguas con el llamado 'caso Bárcenas', que apunta al tesorero nacional del PP a un presunto caso de fraude fiscal y de relaciones con la trama de corrupción 'Gürtel', ahora El País vuelve a la carga con el tema de los trajes de Camps. Estos trajes de lujo de la firma Milano, según se está investigando, habrían sido regalados por la red de empresas de Francisco Correa a algunos miembros del gobierno y el PP valenciano.

De eso se trata. Ahora que Rajoy estaba viendo mitigarse el 'caso Bárcenas', llega otro aluvión de datos negativos en torno al presidente valenciano, Francisco Camps. Según publica el diario de Prisa, la Policía ha sumado nuevas pruebas para sustentar el posible cohecho por el que están imputados por el juez José Flors cuatro dirigentes de la Comunidad Valenciana, entre el mencionado Camps, que recibieron supuestos regalos de la red que dirigía Francisco Correa.

El último informe de la Brigada Policial contra la Delincuencia Económica y el Blanqueo de Capitales incluye dos nuevas pruebas documentales. Una de ellas consiste en diversos correos electrónicos de las empresas corruptas y de sus dirigentes, así como de José Tomás, director de ventas de las tiendas de ropa donde se vistieron los dirigentes del PP y principal testigo de cargo contra Camps.

Esos correos acreditan, según el informe policial, las relaciones comerciales entre ambos y las facturas pendientes y pagadas correspondientes a ropa adquirida por cinco dirigentes valencianos, entre ellos Camps.

Respecto a la segunda prueba, el informe policial señala que en la embarcación de recreo de la trama, de nombre ‘Parapii’ fondeada en el puerto deportivo de Altea, la Policía requisó un ordenador portátil. Al analizar su disco duro encontraron un archivo con el nombre “cuentasmilano”. Camps insiste en su inocencia y asegura que abonó los trajes en metálico

1.7.09

Artigo de opinión de Alberte Souto sobre a situación dos bancos

Render contas

A actual crise financeira internacional, logo do estoupido e balbordo mediático, aterrou na economía real. Ao tempo de vermos o derrube de grandes corporacións financeiras, produciuse unha restrición xeralizada no acceso ao crédito de empresas e familias e, como corolario, unha retracción na actividade real na práctica totalidade dos sectores económicos. Relatado á inversa, a profundidade da recesión económica actual ten orixe no endurecemento da financiación por parte das entidades bancarias que se viron afectadas pola queda do sistema financeiro.

O colapso financeiro desencadéase após de culminárense unha serie de reformas que aspiraban a reforzar a solvencia do sistema financeiro en base á autorregulación e o autocontrol por parte de Bancos centrais dotados de maior autonomía respecto do poder político. Precisamente o que está en cuestión agora non son simplemente as malas prácticas e a incorrecta xestión dos riscos por parte das entidades financeiras e os bancos de investimento, senón tamén o papel desenvolvido polas autoridades que tiñan encomendada a supervisión de todo o sistema, isto é, os bancos centrais independentes dos poderes democráticos.

Neste días, as máximas autoridades na Unión europea e no Estado español da vixilancia do sistema financeiro, Trichet e Fernández Ordóñez, receitan saídas contra a crise económica que como denominador común implican un desmantelamento da protección social das persoas traballadoras. Non lle adicaron unha palabra á autocrítica no que atinxe ao desempeño da fiscalización do bon funcionamento do sistema financeiro que constitúe a súa principal ocupación. Iso non vai con eles. Antepoñen a crítica ao alleo antes de asumiren a exixencia nas obrigacións propias. Prefiren estar na allada política (que paradoxo, se son independentes!) como activistas da ideoloxía conservadora e neoliberal máis radical.

Con todo, veranse recompensados. A creación dun Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria, cunha inxección inicial maioritaria de diñeiro público de 6.000 millóns de euros que pode multiplicarse por dez, tamén pretende ser cedido en administración ao Banco de España. Non só hai que nutrir vigorosamente ao doente sistema financeiro español para superar a indixestión sufrida pola inxesta descomunal de activos tóxicos, tamén hai que delegar nunha tecnocracia corporativa, cos poderes democráticos de outsiders, a aplicación das doses reconstituíntes aos balances bancarios

Calquera curación require antes do tratamento un diagnóstico fiábel. Xa que logo, antes de sanear o sector bancario no Estado español cómpre que as súas autoridades informen publicamente do estado do doente. O gobernador do Banco de España está obrigado a render contas, a relatarnos en que andaba a institución que dirixe antes da crise, non a facer apoloxía política ao abeiro dun cargo que non ten ese cometido. O Goberno debe responsabilizarse, e facer partícipe ás Comunidades Autónomas, dos fondos públicos para sanear o sector bancario, garantindo a través da súa xestión directa que o destino principal sexa o restablecemento do crédito á economía produtiva e doméstica. É un labor propio dos poderes públicos que non pode depositarse en institucións alleas a un mínimo control democrático, das que sabemos ben, iso si, que son rexidas por quen non está a dar conta das súas obrigas e se dedican só a amosar xenreira contra as conquistas sociais.

Alberte Souto é avogado ( Gabinete de estudos do BNG )

24.6.09

Montse Prado: "O xuíz dá a razón ao BNG ao anular as dilixencias contra o alcalde de Mugardos"

A Secretaria de Organización do BNG, Montse Prado, afirmou hoxe en Mugardos que a decisión do xuíz de anular as dilixencias abertas contra o alcalde nacionalista deste concello, Xosé Fernández Barcia, demostra que "non houbo delicto e dá a razón ao BNG, xa que pon de manifesto a limpeza coa que sempre acutou o edil nacionalista, en defensa dos intereses xerais do pobo".

Prado cualificou tamén de "actuación irresponsábel" a decisión da Fiscalía no seu día de abrir dilixencias contra o alcalde neste caso. Segundo indicou a Secretaria de Organización, a Fiscalía "actuou ao servizo dunha estratexia política dirixida a criminalizar o nacionalismo".

Montse Prado afirmou que, tanto neste caso, coma noutros alegados polo Partido Popular, "preténdese desacreditar o nacionalismo galego. "Aqui, en Mugardos, non había nada de nada, como vén de esclarecer o xuíz. Nos outros casos que se alegan polo PP, tampouco hai nada de nada", dixo.

A Secretaria de Organización instou, en todo caso, ao PP a que "recorran aos xulgados se é que realmente consideran que noutros casos o BNG ten incorrido en responsabilidades". "Non o farán, porque saben que, como no caso de Mugardos, o BNG sempre actúa dende o máis escrupuloso respecto á legalidade. Ao BNG non o van dobregar, nin facer calar con falsas acusación", concluíu.

11.6.09

Neda queda sen Plan de Vivenda


En varias ocasións o Bloque Nacionalista Galego, ten presentado no concello de Neda, mocións, para conseguir o apoio dos distintos grupos políticos, en demanda de construcción de vivendas sociais, en máis de unha ocasión, esas iniciativas, foron apoiadas por tódolos grupos políticos representados no concello.
Na Lexislatura que acaba de rematar na Xunta de Galiza e como mostra de que o que o BNG solicitaba non era un paripé, na Xunta e dende a Consellería de Vivenda, proxectouse a construcción de perto de 200 vivendas de protección en Neda, co fin de darlle saída aos máis de 250 demandantes de vivenda no noso concello.
Tralas declaracións efectuadas estes días pola portavoz do PP, pensamos que quedan frustradas as esperanzas de todos e todas as demandantes de vivenda no noso concello, eses mozos e mozas na moioría dos casos que terán que seguir emigrando de Neda, para conseguir unha vivenda, xa que sin ese proxecto que a Xunta de Galiza pretendía desenrolar en Neda, non haberá outro en moitos anos como xa o demostrou o PP ao longo dos anteriores mandatos na Xunta e con un PXOM que vai tardar moito tempo en verse efectivo o futuro neste aspecto e incerto.
Mágoa, que as desgrazas de uns fagan felices a unhos poucos, como acontece nesta ocasión.

5.6.09

Entrevista a Ana Miranda

2.6.09

TEGA e PP votan en contra da Moción en apoio da Lingua

No PLENO Ordinario , celebrado onte día 1 de xunio, no concello de Neda, no punto 4º da orde do día figuraba unha moción transacional entre o BNG eo PSOE, moción que saeu despois do acordo entre as dúas formacións e que foi apoiada polo grupo de EU.
Esta Moción foi votada en contra polos grupos de TG e PP, no debate xurdido o Portavoz de TG e alcalde de Neda Ignacio Cabezón, solicitou que se retiraran dos acordos os puntos primeiro e terceiro para que eles poideran aprobala.
Moción que contaba cos seguintes puntos de acordo:


1º.- Manifestar a vontade da Corporación e levar a cabo accións de apoio e respaldo ao uso do galego e especificamente nos acordos unánimes adoptados polo Parlamento Galego para instrumentar as medidas de normalización do galego nos diversos ámbitos sociais.
2º.- Difundir a obra e figura de Ramón Piñeiro, sobre todo entre os nenos e nenas, para que o noso patrimonio cultural perviva e se manteña nas xeracións futuras.
3º.- Secundar as campañas que se promovan en defensa do idioma galego.
4º.- Reafirmar o consenso como elemento central en torno ao cal deben elaborarse as políticas lingüisticas.