13.1.09

Entrevista co Conselleiro de Innovación e Industria

O actual conselleiro de Innovación e Industria analiza nesta entrevista para a web do BNG as medidas estrela do seu departamento durante esta lexislatura, pero tamén fai unha radiografía da actual crise económica e das propostas para saír dela.
Unha pregunta obrigada é sobre a resolución do concurso eólico. Agardaba tanta polémica e controversia arredor desta resolución?
“Con este concurso eólico os galegos e galegas terán o 14,28% dos parques eólicos, dos anteriores concursos do PP teñen cero”
Creo que facer as cousas con cambios de fondo sempre suscita controversias. O máis fácil é deixarse levar pola inercia e repetir modelos pasados. Por iso cando nós, en comparación co anterior sistema do PP, puxemos en marcha un concurso público suscitouse controversia porque supuxo cambios evidentes. Esiximos uns baremos obxectivos como a participación pública, o desenvolvemento de proxectos industriais, o desenvolvemento de proxectos medioambientais, ou incluso a canalización do aforro, que figuraban como punto de valoración. Creo que xa coñecemos o modelo do PP: un modelo ocultista, onde concedía o conselleiro sen saber que criterios se avaliaban. Pola contra, o noso é un modelo de concurso público, transparente, onde se analizan todas as propostas e aquelas que redundan nun maior beneficio para os galegos e galegas son as adxudicatarias. Os galegos e galegas teñen que saber que agora un 14,28% dos muíños que se van poñer perténcelles, e dos anteriores cero. Pode haber algúns cambios na resolución?
A resolución é definitiva. A resolución é firme. É unha admisión a trámite, pero a resolución é firme.
Cando se prevé que os parques eólicos entren en funcionamento?Actuarase en tempos diferentes, en función da propia axilidade e eficiencia dos promotores. Haberá algúns que poidan entrar en funcionamento en dous ou tres anos e haberá algúns que poidan levar máis, en función do proxecto presentado e da súa axilidade e eficiencia. Esta participación pública, que se canalizará a través do INEGA, será o xérmolo cun grupo enerxético público galego?
A participación da Xunta de Galiza no sector enerxético xa empeza a ser importante. Imos ter un 14,28% nestes megavatios, temos participación en REGANOSA, en Gas Galicia, podemos ter participación en moitos proxectos que se poñan en marcha. Polo tanto configúrase aí un grupo importante.
Se a iso lle sumamos que xa hai un número importante de empresas galegas que actúan dentro dese sector, evidentemente que a conxunción de forzas de iniciativa galega, tanto pública como privada, poderían configurar un grupo enerxético galego de certa entidade, que haberá que mirar que percorrido ten. Con este grupo gañamos dúas cousas: presenza no sector, e polo tanto, beneficios para os galegos e galegas, e a articulación dun grupo de cara o futuro.
Será esta unha das propostas en materia de industria do programa eleitoral do BNG?
Creo que si porque a enerxía é un sector estratéxico de cara ao futuro, como o estamos a ver estes días coa gran dependencia enerxética que ten Europa doutros países. Polo tanto, debemos reducir ese grao de dependencia. A aposta polas renovábeis que fixemos é moi importante, porque non esquezamos que o 95% da enerxía que se consuma no futuro vai ser de enerxías renovábeis. É un cambio substantivo.
En absoluto renunciamos ao traslado de ENCE”Un dos proxectos que quedou descartado foi o do traslado de ENCE.....
Creo que son dúas cuestións distintas. O concurso eólico, efectivamente, podía ser unha oportunidade, pero era un concurso público, onde había que competir con outros, que foron mellores na presentación deses proxectos.
Iso non significa que se renunciase en absoluto. ENCE ten a limitación de 2018 e polo tanto tense que marchar de alí. Penso que o razoábel é buscar unha alternativa que permita facelo canto antes. Nese sentido, as negociacións continuarán, agora sen o que supuña unha oportunidade pero tamén un condicionante.
En que fase se atopan as negociacións?
Cos propietarios de ENCE lévase falando tempo e haberá que seguir falando no futuro. Pero hai unha parte substantiva que son os propietarios de ENCE. Nós dende o 2018 non tempos capacidade se non hai un acordo para retirala. Polo tanto, debe de ser unha conxunción de vontades, que até este momento non se ve con claridade.
“O Estado ten que garantir que o investimento no sector financeiro chegue a quen o necesita: os cidadáns e as empresas”
Véñense de coñecer os dados do paro no conxunto de 2008 e a verdade é que as cifras asustan: incremento do 22% en Galiza con respecto a 2007 e máis de 3,2 millóns de parados no conxunto do Estado. Esperaba que a crise fose tan dura?
No 2007 xa falei de crise e polo tanto non me teño que arrepentir de non ter alertado da situación que ía producir. Daquela propuxemos medidas porque isto se vía vir. A gravidade ou afección era máis difícil de discernir nese momento, pero é unha crise moi importante que está a afectar a todo, de maneira global. E ,sobre todo, en certos sectores que se ven moi afectados, como a construción, a lousa, o automóbil, o granito, aínda que a afección é ao conxunto. Polo tanto, nós como Administración o que temos que facer é apoiar ás empresas, darlles forzas para aguantar este temporal para saír desta crise reforzadas.
Pero hai algo que todos os empresarios me repiten: necesitan financiamento. E o sistema financeiro non está prestando axuda que tanto as empresas como as familias precisan para adquirir bens de consumo e para levar proxectos de futuro, a pesar das inxeccións que veñen dende a propia administración. E isto non é tolerábel.
Xa que logo, hai que esixir claramente aos bancos e caixas que fagan unha aposta imprescindíbel polas empresas e polas familias. E que os cartos que se lles dan vaian a onde teñen que ir. Do contrario, haberá que cambiar o sistema.
O problema de financiamento é o problema máis grave que teñen neste momento as empresas e as familias. E, polo tanto, ten que resolverse e o Estado debe garantir que o investimento público chegue a quen o necesita e para quen se lle da.
Nós non queremos os cartos para resolver os problemas dos bancos e caixas debidos a unha xestión máis ou menos eficaz ou máis ou menos irresponsábel. Senón que eses cartos sirvan para artellar unha recuperación económica, non a deles, senón a do conxunto do entramado económico.
“É imprescindíbel a creación dun instituto galego de crédito oficial”Que marxe de actuación ten a Xunta de Galiza neste momento para resolver ese problema?
A marxe de manobra é moi limitada. A ausencia dun Instituto de Crédito Oficial galego ou dunha banca pública condiciona claramente a capacidade de reacción dunha administración como a galega.
Sería por tanto imprescindíbel a creación dun instituto galego de crédito oficial. Todos os que hai un ano dicían que o público debería desaparecer son os que agora reclaman berrando máis alto ca ninguén a necesidade da intervención pública. En que quedamos? Podo ir ao eólico. A participación pública sempre foi un cabalo de batalla do BNG, do BNG, e non de outros. E daquela se nos dicía que o libre mercado resolvía todo, e os que dicían iso hai un ano agora claman pola intervención pública. Algúns seguimos tendo coherencia no que plantexamos, outros eles saberán.
Un sector que pasa por un momento difícil é o da automoción. Por onde deberían pasar as medidas para buscar unha saída á crise deste sector tan importante na economía galega?

A solución á situación do sector do automóbil vén tamén incentivar e garantir o financiamento para os consumidores. Nós falamos de que hai que presentar un novo Plan RENOVE, con subvención directa e con articulación de medidas de financiamento que garantan iso. Ese é o problema.
O resto, as apostas de tipo tecnolóxico, nós xa as temos deseñadas dende antes da crise para ir cara a un cambio substancial no modelo de produción do automóbil, que agora hai que axilizar e no que temos proxectos importantes. Pero a solución agora é que se compren coches.
O Plan VIVE non me parece suficiente. Ante grandes problemas cómpren grandes solucións, e a solución vai por un Plan Renove, onde haxa unha parte de subvención directa e garantirlle o financiamento aos consumidores.
Veñen de comezar as rebaixas, cunha queixa unánime do sector polo descenso das vendas. Cal é a avaliación que fai a Consellaría da situación do comercio galego?
O sector do comercio está a pasar esta crise con dificultades por unha redución do nivel de vendas e tamén pola falta de financiamento. Dende a Consellaría puxemos en marcha iniciativas para axudar o sector. Así, nos orzamentos para 2008 démoslle prioridade aos investimentos no comercio galego, cun incremento do 15,8% ao respeito do ano 2007 chegando aos 35 millóns de euros.
Unido a este problema conxuntural da crise económica, hai unha cuestión máis estrutural de sectores produtivos galegos que, como os do téxtil ou da pedra-lousa, están sufrindo a competencial global. Cal é a aposta que deberían facer as empresas galegas para afrontar este reto?
Innovación, tanto no proceso como no produto. Creo que a aposta pola I+D+i é imprescindíbel. Se queremos seguir ocupando espazo ante unha situación que, efectivamente, é así, desde logo, a aposta pola innovación ten que ser unha clave esencial nisto e cara a iso estamos dirixindo os nosos esforzos, cara á innovación e busca de novos mercados a través da internacionalización, e, inevitabelmente, cara á revisar un sistema que non dá resposta a moitos dos problemas que están a suceder.
“A actual crise demostra que hai que cambiar o modelo: as economías especulativas foron un timo a gran escala
”Nesta crise viuse que era necesario un cambio no modelo de crecemento?
Creo que está claro que dalgunha maneira nos puxo na realidade. Estas economías especulativas, onde a espiral da inflación aliméntase e impúlsase a si mesma, rompen e descubrimos a verdade. Creo que isto foi un calote da estampita a gran escala.
Un dos proxectos que o BNG vén defendendo historicamente é a recuperación de ASTANO. Hai novidades?
Creo que se alguén defendeu ASTANO e o sector naval e desde logo apostou e fixo unha defensa en todos os sentidos dende logo é o BNG, e esta consellaría especificamente. Alégrome de que agora moitos empecen a contemplar que a construción naval é posíbel en ASTANO, despois de opoñerse de forma máis ou menos clara durante moito tempo e durante todo o proceso no que a Consellaría de Industria defendeu iso. Con posicións doutros partidos políticos que si votaron a favor no Parlamento pero que despois instrumentalizaban coas forzas que tiñan unha oposición a ese cambio. Parece ser que iso vai cambiar agora, e como estas fe dos conversos é moi resistente, mesmo pode ser que o poñan como bandeira, pero a sociedade galega sabe o que hai.
Un empresariado comprometido coa defensa dos intereses de Galiza está moi dentro da liña que o BNG defende”Por agora non hai información sobre o proceso para levantar o veto. Nós colaboraremos e estaremos aí para que sexa un traballo conxunto. Se alguén ten credibilidade para defender ese sector e conseguir eses cambios é quen xa o fixo hai dous anos.
Cando o BNG asumiu a dirección da Consellaría de Industria, a relación do nacionalismo co empresariado galego estaba interferida por preconceitos.
Cambiou a percepción do empresariado galego e viceversa nestes catro anos?
Penso que todos tiñamos preconceitos, os empresarios e o BNG. Porén, fomos capaces de superalos e buscar puntos de encontro, cun obxectivo coincidente para eles e nós: defender os intereses do país. E iso tamén significa defender os intereses dun empresariado galego comprometido co país. Polo tanto, hai puntos en común. Penso que esa relación foi frutífera para todos e iso é bo para eles e para o BNG.
É imprescindíbel que desde calquera sector haxa unha aposta polo país, polos intereses dos galegos e galegas. Calquera é benvido a ese proxecto. E eu considero que se son conscientes de que a defensa dos intereses propios sempre é algo prioritario nun pais, o comportamento que ten que producirse está moi dentro da liña que o BNG defende. Iso é evidente.
Cales son os proxectos nos que lle gustaría ter avanzado máis nesta lexislatura?
Quizás a creación da Axencia de Desenvolvemento Industrial e Innovación gustaríame vela rematada, pero diferentes visións produciron un atraso e espero que sexa unha realidade na próxima lexislatura. O resto dos compromisos que tiñamos cumprímolos: o Plano Galego de I+D+i, o Plano Galego da Sociedade da Información, a Lei de Horarios Comerciais, a Lei de Minas, a aposta polos sectores industriais produtivos, polo comercio, polo turismo tamén. Houbo un nivel de cumprimento moi alto e iso é o que nos vai dar credibilidade para que agora lle expliquemos á sociedade galega que queremos facer nos próximos catro anos, porque hai que dar saltos, hai que continuar, e este cumprimento é o que nos permite ter creto suficiente para levalos adiante.
Cales son as súas expectativas para os comicios do 1 de marzo?Creo que un medre importante do BNG, qué o que as enquisas dan. Ese é o meu desexo e polo que vou traballar. Eu falarei do BNG, dos demais que falen outros

10.1.09

O BNG segue a interesarse polo Dragado do Belelle


En resposta á pregunta realizada polo BNG no Parlamento español o pasado 20 de xuño de 2008, referente ao Dragado do Belelle.
O Goberno informou da contratación do estudio do dragado o 30 de novembro de 2007, unha contratación que tiña un orzamento de 67.700 € e un prazo de execución de doce meses.
Transcorridos perto de 2 meses da data de finalización do estudio.
O Bloque Nacionalista Galego, cre pertinente e non tendo constatado o inicio de ningunha actuacións no entorno, cre pertinente, saber o estado de execución do proxecto e é polo que ten realizado as seguintes preguntas para a súa contestación por escrito.
Cal é o estado do proxecto de asistencia técnica para o estudo do dragado do Belelle?
Está concluído xa o estudo?
Cando ten previsto o goberno iniciar o traballo do dragado?
Cal é o compromiso real do goberno, para levar a efecto esta necesaria limpeza do Río Belelle?
Está disposto o Goberno a levar a cabo esta obra ao longo desta lexislatura?
Mantivo o goberno, contactos co Concello de Neda e cos afectados, para abordar a situación?

9.1.09

O BOP da Provincia publica a adxudicación provisional de obras en Neda

O Boletin Oficial da Provincia, publica no seu número do 8 de xaneiro, a adxudicación provisional das obras do " Campo de herba artificial en Neda", e as obras de acondicionamento do interior da Polideportiva do Roxal, no primeiro caso outorgadas á empresa Jesús Martínez Álvarez Construcciones S.A. e a segunda a MONCINA S.L.
A obra do campo de herba artificial foi unha vella promesa do Vivcepresidente da Deputación o SR. Pablo Villamar nunha visita realizada ao concello de Neda.

6.1.09

Quintana fai un chamamento a galeguistas e nacionalistas para conseguirmos "unha Galiza máis forte" o 1-M

O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, afirmou hoxe en rolda de prensa que o Bloque "é unha forza política es ascenso" e quixo manifestar a "enorme ilusión" coa que afronta esta forza política as eleccións do 1 de Marzo que foron convocadas hoxe.
O líder nacionalista fixo estas declaracións pouco despois de se facer efectiva esta mañá a convocatoria dos comicios galegos e defendeu que esta tendencia á alza do nacionalismo galego débese "á política transformadora" que o BNG aplicou desde o goberno galego "para provocar un cambio real no país".
"Temos demostrado o noso compromiso con Galiza nestes anos", afirmou e aproveitou para facer un chamamento "a todos aqueles que levan a Galiza no corazón". Asi, o portavoz nacional instou a "nacionalistas e galeguistas" a "facer un esforzo" para conseguir entre todos que despois das eleccións "Galiza sexa moito máis forte e máis respectada".
Para conseguilo, o BNG ofrecerá nesta campaña electoral "ideas, traballo, determinación, firmeza, diálogo e compromiso co país", en palabras do seu portavoz nacional. Quintana lembrou que isto é o que sempre fixo o nacionalismo galego e argumentou que "isto é o que a sociedade quere".

4.1.09

Quintana confía en que o BNG poida “liderar o goberno” tralas eleccións do 1 de marzo

O vicepresidente da Xunta e portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, sinalou hoxe que a formación frentista ten "as mellores expectativas" para o 1-M e confiou en que poida "liderar o goberno". Así, defendeu que, nun momento no que se disparan as especulacións sobre enquisas electorais, "a única cousa que queda por dilucidar nas próximas eleccións é saber canto vai subir o BNG". En declaracións aos medios antes dun acto en Allariz (Ourense), Quintana sinalou que "todo o mundo sabe que o PP non vai gobernar" e que "o PSOE non vai sacar un resultado especialmente diferente". Fronte a isto, sinalou, "o que todo o mundo dá por seguro é que o BNG vai subir, e está por ver canto". O seu desexo, "que sexa moito", para "que o nacionalismo poida liderar o goberno e facer esa segunda etapa do cambio galego que o país precisa". Quintana sinalou que a formación que preside presentará para os próximos comicios unha "alternativa nacionalista e transformadora", pensada para a maioría social. Neste sentido, argumentou que as propostas da súa campaña estarán pensadas e dirixidas "para os galegos que falan en galego pero tamén para os que falan en castelán, para os que noutras eleccións votaron ao BNG e para vos que votaron ao PP ou ao PSOE". O vicepresidente autonómico reiteró a súa reflexión en torno ao fracaso da "política tradicional", á que contrapuxo a opción dunha política "alternativa, transformadora e comprometida co país, como a que fai o BNG". Coincidencia de comiciosPreguntado sobre o posíbel efecto da coincidencia dos comicios galegos e os vascos, Quintana volveu a reiterar que "os cidadáns saben que nas eleccións galegas non se vai elixir nin ao presidente e Madrid nin ao de Euskadi, vaise elixir ao presidente de Galiza". Así, mostrouse confiado na intelixencia dos galegos a este respecto: "non son parvos e polo tanto saben distinguir entre Ibarretxe, Quintana e Patxi López", sentenciou. Sobre a preocupación existente en relación ao feito de que se faga "menos caso a Galiza", Quintana mostrouse "encantado, porque así escoitaremos moitas menos parvadas, e poderemos os galegos falar do que nos interesa, do noso país, dos nosos problemas e das solucións que os galegos temos que aportar para eses problemas", explicou. Quintana definiu ao Bloque Nacionalista Galego como unha "forza política peculiar" polo feito de ter capacidade de goberno e habela acadado "sen ser a expresión política de ningún grupo social de presión" e sen representar a ningún poder económico, financeiro ou mediático. Esta circunstancia, indicou, "non é normal" nas democracias actuais e supón un "gran mérito" do BNG que lle dá "credibilidade" ante a cidadanía.

2.1.09

O CONCURSO EÓLICO

Cando o goberno de Fraga, con Núñez Feixoo de vicepresidente, adxudicou máis de 4000 MW eólicos a amigos e empresas de escasa ou nula solvencia económica, muitas delas recén criadas por personaxes próximos a PP – como Castro Valdivia – e PSOE – Francisco Vázquez -, tamén envolvidos na trama hidroeléctrica denunciada polo Consello de Contas, un coñecido diario coruñés gardou un clamoroso silencio. Tampouco informou aos seus numerosos leitores de que o goberno popular foi asesorado, nesta adxudicación, por unha consultora propriedade dunha empresa basca, GAMESA, beneficiaria dun bon lote de megavatios. Daquela non interesaba. Todo quedaba na casa.
Mais cando o BNG impulsa desde o goberno galego unha nova política enerxética respeitosa co meio ambiente – a diferenza dos gobernos do PP non se vai ocupar ningún espazo incluído na “Rede Natura” –, favorábel aos intereses do país – na previsión da participación pública e na obriga dos adxudicatarios de desenvolveren proxectos industriais – e faino, ademais, de xeito rigoroso e transparente – a meio dun concurso público con participación das consellarías de industria, meio rural, meio ambiente e política territorial – aí comezan os problemas.
Os problemas co PSOE, que non dubidou en utilizar un Consello Consultivo nomeado na súa integridade por Fraga para tentar paralisar o Decreto eólico. Os problemas co goberno español que non dubidou en utilizar a empresa pública “Red Eléctrica Española S.A” para tentar paralisar o concurso co argumento da falta de capacidade de evacuación (sen reparar nos retrasos que acumulan as infraestruturas enerxéticas que esta empresa estatal ten que acometer en Galiza). Os problemas e as presións exercidas por poderosos grupos enerxéticos foráneos, receosos de que as autorizacións non recaisen nos de sempre. E os problemas, como é notorio, con certos poderes fácticos, económicos e mediáticos, afeitos a se repartiren Galiza, o seu territorio e os seus recursos naturais, como se dun clube privado se tratase.
E con todo, o proceso segue. A resolución dun concurso público non pode ser obxecto de negociación, tal e como algúns pretenden mesmo dentro do goberno galego. A adxudicación dos megavatios eólicos ten de se facer dentro da máis escrupulosa observancia da legalidade e das bases dun concurso que toma en conta a participación pública nos beneficios e o emprendimento de proxectos industriais no país. Así será. Porque isto é gobernar. Promover o interese xeral, o da maioría social, frente a calquera influencia ou presión. Así o entende o BNG. Outros farán ben en lembrar que non se pode servir a dous señores.
Publicado en Xornal Galicia

31.12.08

FELIZ 2009


Fonte: GZnación

O Grupo Municipal e a Asemblea Local do BNG, deséxanlles a todos e todas un ventureiro ano 2009.

28.12.08

Unha nova conciencia social sobre a violencia machista"

As declaracións feitas polo alcalde de Neda aos medios a raíz do asasinato de María Fraguela, veciña do concello, polo seu compañeiro, foron ben desafortunadas, en primeiro lugar desde o ponto de vista humano. Seguramente nesas horas de dor a familia e amizades de María esperarían do seu alcalde unhas declaracións de condolencia, e o conxunto da cidadanía agardabamos unhas declaracións de denuncia ante un dos problemas sociais máis preocupantes na Galiza, onde padecemos no que vai deste ano 2008, seis mortes por violencia de xénero, sendo esta a terceira en pouco máis dun mes.
Foron, ao meu xuízo, unhas declaracións sexistas e reaccionarias, que reflicten unha escala de valores que perpetúa a ideoloxía patriarcal. Porque unha autoridade política, neste caso a maior autoridade do Concello, mencionou unha posíbel depresión do agresor a causa do plan sectorial para construír vivendas protexidas no concello, e isto unha trascendencia que o alcalde probabelmente non alcanzou a ver. En primeiro termo porque nunca unha depresión é a orixe, a causa ou o desencadeante dunha agresión, e menos desta magnitude. A depresión conduce ás persoas, en todo caso, a maltratarse a si mesmas. Alén deste pequeno “pormenor”, xa abonda de identificar o maltrato co trastorno mental e, en consecuencia, aos maltratadores con trastornados. A violencia de xénero non é un problema de saúde mental, nin de consumo de certas substancias; é un problema de xénero, de desigualdade e de dominación.
Con estas declaracións vense a xustificar inconscientemente que é natural que os homes descarguen as súas tensións sociais na casa; e claro, na casa estamos as mulleres, porque o espazo privado é entendido como propio das mulleres. A casa, a familia, é a institución básica do sistema patriarcal e o espazo do privado é asignado tradicionalmente ás mulleres, e nisto se sustenta a consideración de que o espazo do privado non se ve suxeito ás mesmas normas que o público. Xa que logo, estaba a xustificar o comportamento que poida ter un home na súa vida privada, coa súa parella, como o é en miles de casos de mulleres na Galiza que padecen a diario malos tratos por parte dos seus compañeiros, e que poden conducir á morte da muller no peor dos casos.
Aínda hai ben pouco que as relacións entre os homes e as mulleres pasaron a formar parte do que é considerado público e político, polo que subxace en boa parte da sociedade a consideración de que os homes teñen “dereito” sobre as mulleres, e que isto ten que ver coa natureza mesma, e coa consideración de que o maltrato, as humillacións, as vexacións e mesmo os asasinatos por violencia de xénero seguen sendo algo ligado ao privado.
Se para acabar coa violencia machista todos os recursos son poucos, as leis non abondan, a atención ás mulleres nunca é suficiente e toda a acción política que se deseñe pode non chegar, menos incidencia terán os recursos creados de prevención e atención se non somos quen de crear unha nova conciencia social onde se valoren na súa dimensión real os casos de violencia machista, todos, aqueles que se manifestan en forma de violencia psicolóxica, agresións físicas, desprezo, ou discriminacións. E deberiamos ser quen de facelo, sobre todo as persoas e institucións con incidencia e con voz na sociedade, incluíndo os concellos.
"Os concellos tamén teñen o seu papel á hora de actuar contra a violencia de xénero"
Tanto é así que os concellos tamén teñen o seu papel á hora de actuar contra a violencia de xénero, construír unha sociedade igualitaria e colaborar coas demais institucións neste camiño. Os recursos tamén se colocan a disposición da cidadanía através dos concellos, que son a institución máis próxima e que debe asumir o seu papel referente para as mulleres que están padecendo a violencia nas súas vidas.
Esa nova consciencia social que se fai necesaria, créase, en primeiro lugar, transmitindo apropriadamente a mensaxe de que a violencia de xénero é a maior expresión da desigualdade entre os homes e as mulleres. Debemos, en definitiva, desprestixiar a violencia de xénero en todas e cada unha das súas expresións, desde as aparentemente máis leves ata as máis graves. Debemos facer que as mulleres saiban identificar todas as expresións de violencia e que se sintan apoiadas socialmente, eliminando a culpa que lles produce saberse nesta situación. Debemos axudar a construír un lugar novo para as mulleres na sociedade e eludir todo tipo de xustificación para o agresor, porque todas e todos sabemos que non hai xustificación posíbel.
Señor alcalde de Neda, debería saber que as súas declaracións atentan contra a dignidade das mulleres. E que é unha actitude irresponsábel verter algo semellante nos medios de comunicación sen medir as consecuencias, e máis sendo un representante público.
Artgo. de Rosário Férnandez Velho, publicado en varios medios de comnicacion.

27.12.08

Piden la dimisión de Cabezón por no informar del Plan Sectorial a los vecinos

Una veintena de propietarios de terrenos en Neda, afectados por el Plan Sectorial de Vivenda de la Xunta, presentaron ayer sus alegaciones contra el referido proyecto, por entender que los criterios en los que se sustenta no se cumplen en Neda, al no existir prácticamente demanda de vivienda.
El mismo día en que concluía el plazo para presentar alegaciones al Plan Sectorial de Vivenda de la Xunta, que está generando polémica en otros municipios limítrofes al nedense como Fene o Narón, la plataforma de afectados por el del municipio de Neda -integrada por una veintena de propietarios- consiguió ayer presentar a tiempo las suyas, a pesar de que, tal y como denuncian, fueron informados de la existencia de un Plan para la villa el pasado día 22 de diciembre, “sin apenas tiempo de digerir la noticia”, explicó el portavoz de los afectados, José Ricardo López.
Así las cosas, este colectivo critica la actitud mantenida al respecto de este asunto por el gobierno municipal (TEGA y PP), que a pesar de conocer la existencia del proyecto para Neda desde el día en el que el DOG anunciaba el plazo de exposición pública -el pasado 25 de octubre- no lo comunicó a ninguno de los propietarios afectados, que se enteraron de la existencia del mismo el pasado día 22 de diciembre, casi dos meses después, en el transcurso de una reunión a la que fueron convocados por parte de la edil de Urbanismo, María Dolores Souto. También indican que este encuentro bien pudiera haberse producido, al igual que ocurrió en otros municipios, una vez se conoció la existencia del mismo, en octubre, no dos meses después, cuando casi no quedaba tiempo material para leer las 300 páginas de que consta el expediente del Plan Sectorial y presentar alegaciones. Por este motivo, desde la plataforma de afectados piden la dimisión, no sólo de la responsable del área de Urbanismo, sino también la del alcalde, Ignacio Cabezón, ambos de Terra Galega.
Otra de las quejas que tienen desde el colectivo de afectados es que en esa reunión mantenida en pasado día 22 con el arquitecto municipal y la titular de Urbanismo, Dolores Souto, ésta manifestara que no es responsabilidad del Concello informar de un proyecto de la Xunta, y que el desconocimiento de la ley no exime de su cumplimiento, algo que según el portavoz de los afectados no es así, “ya que no se trata de una ley sino de un proyecto del cual el Concello sí está obligado a informar por ley”.
Demanda social > Una de las premisas en las que se sustenta el Plan Sectorial de la Xunta es la demanda social de vivienda protegida, algo que en el caso concreto de Neda, “no tiene fundamento”, según explicó José Ricardo López. Por otra parte, los datos demográficos en los que debería sustentarse el referido Plan tampoco tiene sentido en el caso de la villa nedense, donde en los últimos años se produce un crecimiento demográfico negativo y tampoco se registra movimiento de población proviniente de otros lugares. En este punto el portavoz de los vecinos aseguraba que “en Vigo sí puede existir una gran demanda de vivienda social pero en Neda no”. En este sentido también apuntó que actualmente en el municipio existen numerosos inmuebles de nueva construcción sin ocupar.
Por otra parte, en cuanto a la demanda de viviendas sociales en Neda, según pudieron constatar los afectados, en el 2007 se presentaron entre 0 y 25 solicitudes, sin que pudieran precisar la cifra exacta hasta la fecha. Unas cifras bien distintas a las de Ferrol, donde se registraron 700 peticiones.
Los afectados sostienen que desde el Concello no se les está prestando el apoyo necesario y recuerdan que, curiosamente, el Plan Sectorial es idéntico a lo que se contemplaba en el PXOM, que como se recordará está pendiente todavía de aprobación y reelaboración tras ser rechazado por la Xunta.
Por otra parte, desde el Concello recuerdan que se han presentado alegaciones al Plan Sectorial y que apoyarán “de forma incondicional” a los vecinos, aunque estos piden al gobierno local que rechaze de plano el proyecto.
Nota Diario de Ferrol

24.12.08

Condena Violencia machista

A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego en Neda, quere mostrar a máis enérxica repulsa ante este novo caso de violencia de xénero, acontecido no concello de Neda.
Dende o BNG, consideramos que non existe ningunha causa que xustifique a violencia entre seres humanos e moito menos que esta violencia provoque a perda de vidas.
O BNG de Neda súmase ás concentración convocadas pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia o venres día 26 ás 12 horas.

23.12.08

Impulsan unha Iniciativa Lexislativa Popular para recuperar a construción civil en Navantia-Fene

O Parlamento de Galiza iniciou a tramitación dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) rexistrada hoxe co obxectivo de recuperar a construción civil en Navantia e de que o Executivo autonómico participe no consello do astaleiro de Fene. Os promotores da proposta cren que recuperar a construción civil na antiga Astano podería traducirse na creación de 1.500 empregos.Así o certificou esta mañá Juan Maneiro, un dos defensores da iniciativa, que se reuniron esta mañá na Cámara autonómica cos portavoces de Industria de PPdeG e BNG. "Estamos ante unha oportunidade única e irrepetible", proclamou Maneiro e agregou que, logo de destinar subvencións a múltiples sectores para facer fronte á crise, o "mínimo" que poden facer os poderes públicos é contribuír ao desenvolvemento do naval que o único que pide "é poder traballar".Tras unha reunión na que o PSOE estivo ausente, tanto o nacionalista Fernando Blanco Parga como o popular Ángel Bernardo Tahoces deron o seu apoio incondicional á ILP. Maneiro restou importancia á ausencia do PSOE no encontro e atribuíuno a "problemas de axenda". De feito, revelou que se produciron "contactos" cos socialistas e, polo momento, non se detectaron "reticencias".En todo caso, Maneiro recordou que o Parlamento galego aprobou de forma unánime propostas cun texto similar á iniciativa rexistrada hoxe, aínda que o PSOE "non a protexeu en Madrid", puntualizou. Por iso, manifestou o seu desexo de que esta iniciativa se convirta no "impulso definitivo" dun punto no que, a priori, existe consenso entre as tres forzas políticas galegas.Participación directaOs promotores da ILP piden tamén que se abra unha negociación co estado para a "participación directa" da Xunta na xestión das empresas públicas estatais integradas no sector naval de Galiza e que, pola súa natureza, non poidan ser obxecto de traspaso.Tamén pretende que o Goberno autonómico reclame do Executivo central a transferencia dos activos dos que as empresas estatais integradas no sector naval de Galiza sexan titulares e que non estean sendo aproveitados para a construción, reparación ou transformación de buques.Un grupo de traballo encargarase de recoller as 15.0000 firmas para que a proposta sexa debatida como proposición de lei, algo para o que dispoñen de catro meses de pazo. Os promotores piden que a súa tramitación se axilice ao máximo xa que consideran que os meses son "vitais" para o sector.

20.12.08

Quintana reclama "que os traballadores non paguen a crise provocada polos especuladores"


O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, interveu esta noite en Pontevedra nun acto político que tivo lugar na Facultade de Belas Artes, incluído na campaña “Con máis autogoberno. Unha economía ao servizo da xente”. O seu discurso tivo por eixe fundamental a crise económica, entendida como crise do modelo neoliberal, e a alternativa dos nacionalistas galegos ante esta situación.O líder nacionalista subliñou que “os que nunca deberan pagar os custos desta crise provocada polos especuladores son os traballadores e traballadoras e as clases sociais máis desfavorecidas”.Neste sentido, salientou que as medidas que propón o BNG para saír da crise son o mantemento e mellora do poder adquisitivo dos salarios, “porque para poder estimular a demanda interna é necesario que os traballadores teñan poder de compra”; reforzar a cobertura económica e social, así como a formación axeitada en caso de desemprego, “e deseñar unha política fiscal xusta e progresiva que non penalice aos que menos teñen”. A alternativa do BNG no goberno galegoQuintana tamén defendeu as políticas tomadas polo BNG desde a Xunta en materia de Benestar e servizos sociais; de política enerxética; da reactivación económica do Medio Rural; da defensa da identidade cultural e da posta en marcha dunha nova política de vivenda.“Temos en Galiza un goberno de limitadas competencias e peor financiamento. Temos unha autonomía que non colma as nosas aspiracións nacionalistas, pero a pesar desa situación e de compartirmos un goberno en minoría fomos quen de pór o goberno ao servizo do pobo e de construír país”, asegurou. “E fixémolo porque nós si cremos no papel do goberno e do sector público como reitores dunha estratexia económica ao servizo da nación”, enfatizou.Novas medidas“Precisamos tamén tomar novas medidas, como a creación dun Instituto Galego de Crédito Oficial, que unifique os distintos organismos do goberno galego que conceden financiamento ás empresas e dea participación ás entidades de capital risco das caixas de aforro galegas”, asegurou.Miguel Fernández LoresO alcalde nacionalista de Pontevedra preguntouse no seu discurso: “Por que non hai crise cando se asoballan, se invaden, oprimen estados, se oprimen nacións sen estado e pobos enteiros pero si a hai cando os millonarios teñen problemas para gañar mais?” Tamén se preguntou “por qué din que non hai crise cando se condenan a miles de mozos a traballar en precario e mal pagados e si a hai cando os opulentos, os indecentemente millonarios poden ver recortadas as súas ganancias”“Se as outras forzas políticas non galegas que actúan en Galiza son incapaces de imaxinar e loitar por outro mundo mais xusto, mais solidario, mais libre, o nacionalismo galego nunca abdicou dos seus principios e xa tiña criticado en xeral a deriva do sistema capitalista mundial baixo a hexemonía dos Estados Unidos”, asegurou Lores. O alcalde de Pontevedra criticou tamén a rendición ideolóxica da socialdemocracia no centro do sistema, “convertidos ao social-liberalismo” e responsábeis de teren asumido “os principios económicos da contrarrevolución conservadora”.“Contra a crise, só hai dúas alternativas: volver confiar nos que nos levaron á crise, ou apostar por quen defende un modelo alternativo, de aposta pola economía real fronte á especulación, ao servizo de Galiza e dos galegos e galegas”,

17.12.08

O BNG propón que o diñeiro do financiamento do Estado se invirta en saneamento

O Goberno do Estado destina 861.902,58 €, para o concello de Neda, dende o Bloque Nacionalista Galego é tal e como expresamos na Comisión informativa de obras pensamos que esta podería ser unha boa oportunidade, para a realización de unhas obras de primeira necesidade, para algunhas zonas do concello, como son a auga e a rede de saneamento, xa que perto do 40 % dos veciños de Neda, carecen de rede de saneamento e máis do 40 % non teñen auga de subministro público.
Outra das obras de importancia capital, sería a realización de tomas de auga contraincendios, xa que Neda, depende dos concellos veciños para o suministro de da auga aos camións de contraincendios, e sendo como é Neda, un concello en zona de risco 1, para os incendios, sería esta unha boa oportunidade de dotarnos dun bo sistema de protección.

14.12.08

Quintana lamenta a actitude do concello de Arteixo pola que vai perder 2.800 vivendas protexidas e 91 ME de investimento

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, aclaroulle hoxe ao concello de Arteixo que alí non se fará ningunha vivenda dentro do Plan Sectorial de Vivenda Protexida da Xunta. “Como nós o que queremos é facer vivenda protexida, favorecer á xente, crear postos de traballo e crear riqueza, como as nosas intencións son positivas, pero como parece ser, segundo a alcaldesa, que en Arteixo o Plan Sectorial é un problema que afecta negativamente aos veciños, que non se preocupe a señora alcaldesa, que non se fará nin unha soa vivenda en Arteixo”. Así se manifestou esta mañá o vicepresidente en Xinzo de Limia a preguntas dos xornalistas sobre os problemas xurdidos en Arteixo a raíz das actuacións previstas no Plan Sectorial de Vivenda Protexida.
Quintana explicou que en Arteixo, o Plan Sectorial de Vivenda contemplaba unhas actuacións de 91 millóns de euros de investimento, íanse facer 2.800 vivendas protexidas e 600.000 metros cadrados de parques, “que non creo que os haxa neste momento en todo Arteixo” dixo Quintana, e ao mesmo tempo íanse crear espazos dotacionais para facer escolas infantís e para facer centros de día. “Pois parece ser que isto é un grave problema. O problema en Arteixo non foron os corenta anos de urbanismo salvaxe, o problema parece que é facer vivenda protexida, espazos libres e dotacionais e garderías”, sinalou Quintana.
Quintana explicou que o Plan Sectorial de Vivenda contemplaba en Arteixo actuacións de 91 ME de investimento O vicepresidente aclarou ademais que todas estas actuacións se ían facer sen tirar a casa de ninguén e sen que ninguén quedara se compensar con todo rigor como marca a lei. “Pero xa que a alcaldesa considera que isto é un atropelo e o bo polo visto é seguir con ese urbanismo salvaxe, que se tranquilice a alcaldesa e que cese xa nesa campaña de trasladar angustia aos veciños. Non se fará ningunha vivenda”, informou o vicepresidente. Quintana asegurou que existen na área metropolitana de Coruña varios concellos que están reclamando que se fagan máis vivendas protexidas, e polo tanto, “o que se ía facer en Arteixo farémolo agora no resto dos concellos”.
Ante esta situación, Quintana dixo que o que si terá que facer agora a alcaldesa é explicarlles aos veciños que van quedar sen 2.800 vivendas e teralles que dicir como vai compensar ela a carga de traballo que se ía dar para uns 18.000 postos de traballo. “Pero é evidente que cada un ten que ser responsable dos seus actos, e nós o último que queremos é crear ningún tipo de angustia”, aclarou o vicepresidente.
Colaboración institucional
O vicepresidente Quintana dixo entender que se fagan críticas a un plan ou a unha actuación, xa que as críticas son boas e hai que aceptalas en democracia. Pero asegurou que o problema en Arteixo non é que se critique, o problema é que non se plantean alternativas. “Eu creo que a alcaldesa está facendo algo máis que criticar o Plan Sectorial de Vivenda. Ademais, para unha cuestión tan importante como o Plan Sectorial de Vivenda é bo que os concellos planteen as súas alegacións, as súas propostas e as melloras que haxa que facer”. Por iso, recordou Quintana, no propio Plan Sectorial se define que cada concello ten un período para mellorar o previsto porque sempre hai cousas que se poden mellorar.
O vicepresidente afirmou que agora a alcaldesa terá que explicarlles aos veciños que van quedar sen 2.800 vivendas Quintana asegurou que o problema en Arteixo non é que se critique, o problema é que non se plantean alternativas. “E o que se está é trasladando, por parte da alcaldesa, é unha incertidume e unha angustia a moitos cidadáns totalmente infundada e se está acusando ao plan sectorial de vivenda de provocar malestar en Arteixo e ir contra os intereses dos veciños. E a min iso é algo que me preocupa”, manifestou Quintana. Explicou que é algo que o preocupa porque Arteixo é un concello, como tantos outros de Galiza, sen planeamento urbanístico, “porque se ten feito un urbanismo salvaxe, no que o prezo da vivenda ten aumentado ata un 150% nos últimos anos, e nesa situación, que non se aproveite a oportunidade do Plano Sectorial e que o único problema urbanístico de Arteixo sexa que a Xunta de Galicia quere facer vivenda protexida para que poida acceder á vivenda a xente con menos recursos, paréceme dende logo unha actitude imposible de explicar”.
O vicepresidente destacou que o único que agarda é que haxa colaboración institucional. Lembrou que o Plan Sectorial de Vivenda significa a construción de 45.000 vivendas protexidas en todo o país e afirmou que o problema que se está dando é que, unha vez que se empezou, hai moitos concellos que querían máis e que están solicitando máis, “estamos recibindo colaboración institucional en todas partes”. Quintana expuxo que o único problema que se está producindo é que se queren facer máis porque fan falta máis vivendas. Explicou que, por unha parte, o sector da construción está totalmente paralizado e faille falta carga de traballo, e por outra banda, o único xeito que ten a xente de acceder a unha vivenda, agora en tempo de crise, é a vivenda protexida, que é unha vivenda de prezo taxado. “Se hai alcaldes e alcaldesas que non entenden isto e que prefiren axitar e angustiar e trasladar situacións totalmente irreais, eu teño que aceptalo democraticamente porque son representantes dos cidadáns, electos democraticamente, e respectar as súas decisións e traballar ao lado das corporacións”, concluíu o vicepresidente.

23.11.08

A moción do BNG para a cesión de "A CASILLA " do Puntal, aprobada por unanimidade

O pasado xoves e no Pleno ordinario de mes, o Bloque Nacionalista Gaelgo presentou unha moción, encamiñada a que o goberno municipal iniciara os tramites para que a " Casilla" de titulariada da Consellería de Ordenación do Territorio, fora cedida para usos dos veciños e veciñas do Puntal. Esta moción foi apoiada por todos os membros da corporación do concello de Neda.
Os veciños e veciñas do Puntal, agradecen o apoio prestado, para a consecución deste inmoble, co fin de darlle utilidade, xa que nas condicións que se atopa, caerá en pouco tempo.
A consellería ten disposición para a cesión deste inmoble, para poder darlle utilidade.

16.11.08

O Boletín de información do BNG




12.11.08

O Boletin do BNG xa está na rúa




4.11.08

O BNG solcita información das antenas de telefonía

Ao longo de varios plenos tanto neste mandato como no anterior, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego realizou unha serie de preguntas, dirixidas á situación de legalidade na que se atopan as antenas de telefonía móbil instaladas no noso Concello.
Non tendo a estas alturas a claridade de si estas infraestruturas, teñen licenza municipal de instalación, o Grupo Municipal do BNG en Neda, ven de rexistrar no concello unha pregunta na que se solicita dos servizos técnicos municipais o informe onde se reflicta a licenza de construción das devanditas infraestruturas.

2.11.08

A Consellería contesta a Blanco Parga polo tema do transporte ao Puntal

Con rexistro do Parlamento de Galiza, do día 28 de outubro de 2.008, e en relación coa pregunta formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de D. Carlos Fernando Blanco Parga, sobre " as previsións da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes respecto da ampliación do percorrido do transporte público colectivo desde o Porto ata o Puntal, no concello de Neda ", teño a honra de enviarlle, para asi dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galiza, a contestación formulada pola Consellería de Política Teritorial, obras Públicas e Transportes, que ten o seguinte contido:
" A Consellería, a través da Dirección Xeral de TRansportes, amosou en todo momento a súa dispoñibilidade a ampliar o servizo de transporte público colectivo ao Puntal no concello de Neda.
Con esta finalidade, solicitouse da empresa concesionaria a remisión dunha proposta de servizos para atender ese lugar, logo dunha reunión entre o concello, a empresa e a Dirección Xeral de Transportes.
Esa proposta remitiúse ao concello para a súa valoración, que considerou que non se axustaba ás necesidades dos usuarios.
O día 23 de setembro deste ano tivo lugar unha xuntanza entre os responsables municipais e a Dirección Xeral de Transportes co obxecto de analizar as posibilidades existentes para ofrecer o servizo solicitado.
Nesa xuntanza acordouse que o concello remitira unha proposta de horarios e servizos, da que aínda non se ten constancia na Dirección Xeral de Transportes.
Por último, indícase que a este concello envióuselle a proposta de convenio para a posta en funcionamento do novo Plan de Transporte Metropolitano, no que está previsto incluír este servizo".

26.10.08

Neda está dentro do Plan Sectorial Galego de Solo Residencial, promovido pola Consellaría de Vivenda e Solo

En numerosas ocasións o BNG, no Concello de Neda, ten manifestado a necesidade de construir vivenda protexida para os veciños e veciñas do noso Concello, así o amosan as iniciativas levadas a cabo polo grupo municipal ao longo destes anos, coa presentación de mocións, co fin de que os gobernantes, os de antes e os de agora, puxeran a disposición da Consellería de Vivenda e Solo, tarreos para a construcción de vivendas.
Estes días a Consellería de Vivenda e Solo, anunicou o Plano Sectorial de Solo Residencial, un Plan sectorial que inclúe ao concello de Neda; dende o BNG queremos amosar o noso apoio á iniciativa, a cal terá unha repercusión importante para Neda, Concello tan necesitado deste tipo de actuacións.
Unha iniciativa, esta, que traerá beneficios para os veciños, non so, pola construcción de vivendas, senón tamén pola urbanización que vai representar en zonas verdes, viais, zonas de lecer, etc.
Nos vindeiros días, os concelleiros do BNG, tentarán unha reunión cos responsables da Conselleaía, co fin de coñecer polo miúdo esta actuación.

21.10.08

Implantación do Xantar na Casa

QUINTANA PRESENTA O PROGRAMA XANTAR NA CASA, QUE COLOCA A GALIZA NA VANGARDA DO ESTADO EN SERVIZOS SOCIAIS DE PROXIMIDADE

§ O vicepresidente da Xunta salientou que con este servizo ábrese unha nova etapa na que son os recursos os que se achegan á xente e non a xente aos recursos
§ A primeira fase de Xantar na Casa chegará a 90 concellos de toda Galiza e beneficiará a máis de 800 persoas, o que suporá un custe global de máis de 800.000 euros
§ Cada usuario pagará, como máximo, 54 euros ao mes polo seu menú diario, adaptado ás súas necesidades e elaborado con materias primas de primeira calidade

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presentou hoxe en Santiago o programa Xantar na Casa, co que se achegará menús saudables aos domicilios das persoas maiores, dos dependentes ou das persoas en risco de exclusión social. Este novo programa, que se suma a proxectos coma o transporte adaptado, a axuda no fogar ou a teleasistencia, sirve para situar a Galiza á vangarda do Estado nos servizos sociais de proximidade e axuda domiciliaria. Para Quintana, ábrese así no país unha nova etapa “na que son os recursos os que se achegan á xente, e non a xente aos recursos”.

O acto de presentación do programa Xantar na Casa desenvolveuse esta mañá na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, onde se instalaron os vehículos que prestarán este novo servizo, xunto co persoal encargado do seu desenvolvemento. A continuación tivo lugar na Casa da Parra unha demostración do funcionamento do servizo, así como unha degustación dalgúns dos menús que se servirán a través de Xantar na Casa. Ademais do vicepresidente da Xunta, ao acto tamén asistiu a secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago; o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Lois Pérez Castrillo; e os alcaldes dos concellos galegos onde se implantará esta primeira fase do servizo.
Na súa intervención, o vicepresidente do Goberno galego explicou que o programa Xantar na Casa inclúese na carteira de prestacións do Sistema Galego de Benestar e supón un novo avance na estratexia de reforzo dos servizos de atención domiciliaria, cos que se pretende garantir a permanencia das persoas no seu contorno, ao tempo que promove a súa autonomía persoal. Ademais, Quintana fixo especial fincapé na importancia da colaboración institucional, froito da cal, segundo afirmou xorde esta iniciativa, que representa un novo compromiso desta colaboración entre a Xunta e os concellos galegos, na liña de cooperación e diálogo promovida desde a Vicepresidencia. Así, serán os servizos sociais municipais os que seleccionen ás persoas beneficiarias do programa, mentres que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar xestionará a prestación do servizo e realizará o seguimento do mesmo.

Autonomía e conciliación
Segundo explicou o vicepresidente da Xunta, Xantar na Casa é un recurso de proximidade co que se facilitará unha alimentación equilibrada e saudable para as persoas maiores, as persoas dependentes ou aquelas en situación de exclusión social. Os principais obxectivos deste programa pasan por favorecer a autonomía persoal, garantindo a permanencia no fogar; facilitar un respiro ás familias coidadoras e axudar á conciliación laboral e familiar dos coidadores; e potenciar tamén os hábitos saudables.

O lanzamento de Xantar na Casa faise logo do desenvolvemento dun programa piloto experimental iniciado desde a Vicepresidencia da Xunta no ano 2005, que se sumaba así a outras iniciativas concretas postas en marcha nalgunhas zonas. Pero o que ata o de agora eran experiencias puntuais convértense a partir de hoxe nun proxecto nacional, homoxéneo e de calidade, con máis recursos e con garantía de continuidade na prestación do servizo.

Unha flota de 9 vehículos distribuirá os menús entre as persoas beneficiarias do programa, no que en total traballarán 34 profesionais encargados da elaboración, envasado e distribución das comidas, baixo estritos procesos de control alimentario e sanitario. Tamén está prevista a entrega previa de electrodomésticos – microondas e frigoríficos – ás persoas usuarias que carezan deles. Ademais, os menús estarán elaborados con produtos de primeira calidade, preferentemente de orixe galega. Cada persoa que reciba o xantar na casa pagará, como máximo, un total de 54 euros mensuais.

Fases de implantación
Coa presentación de hoxe dase por iniciada a primeira fase de implantación de Xantar na Casa. Nesta primeira etapa, que se prolongará ata xaneiro de 2009, o servizo funcionará nun total de 90 concellos de todo o país e beneficiará a máis de 800 persoas, cun custo global previsto de 800.000 euros. O obxectivo é acadar que en xaneiro de 2009 o programa atenda xa a 1.200 persoas nun máximo de 130 concellos. Cómpre salientar que máis do 70 por cento dos 90 concellos que implantarán o servizo neste mes corresponden a áreas rurais ou zonas de elevada dispersión poboacional. Ademais, a selección destes primeiros 90 concellos responde a un estudo previo de necesidades, no que se valoran criterios como o índice de avellentamento, a ratio de dependencia senil ou o grao de dispersión.A segunda fase arrancará en febreiro de 2009 coa incorporación dos 39 concellos que hoxe dispoñen do servizo de comida a domicilio a través do Plan Concertado, así como daqueles outros concellos interesados en adherirse á iniciativa. Xa no ano 2010 activarase a terceira e última fase de Xantar na Casa, coa incorporación de novos municipios consorciados, ata asegurar a máxima cobertura territorial do servizo no país.

Seguimento individualizado
No programa Xantar na Casa destaca tamén a súa dimensión de compromiso social, xa que supón, ademais dunha aposta pola prevención e a atención á dependencia, unha loita contra a exclusión social, con actuacións que impulsan o trato personalizado e o seguimento individualizado de cada persoa usuaria. Así, habilitarase unha liña telefónica aberta ininterrompidamente os 365 días do ano para atender calquera incidencia na prestación do servizo. Ademais, os auxiliares de reparto non se limitarán só á entrega dos menús, senón que asesorarán aos usuarios e poderán facer un seguimento puntual de cada caso, o que permitirá detectar calquera circunstancia excepcional no núcleo familiar de convivencia.

19.10.08

Boletin BNGNEDA

Xa está no prelo o novo BOLETIN do BNG de Neda, un informativo no cal poñeranse a disposición dos veciños/as, iniciativas e axudas dos traballos feitos dende o Bloque Nacionalista Galego, co fin de que os veciños/as, poidan xulgar o traballo da nosa organización a prol do ben colectivo.

14.10.08

Jorquera reclama unha explicación a Defensa


O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para preguntarlle ao Ministerio de Defensa “por que razón procedeu á destrucción dos informes realizados polo Cevaco, órgano da Armada, sobre o sinistro da Fragata Extremadura ocorrido en decembro do ano 2005 e no que morreron dous militares”. Segundo informa o grupo parlamentar nun comunicado, o deputado do BNG quer saber se “ao se tratar de accidentes ou casos baixo investigación, “debe a Armada cumprir igualmente as normas de destrución de documentos por motivos de seguridade. Dado que se trata dunha causa aberta, non tería a Armada que ter conservado esa documentación?”, son algunhas das cuestións que formula ao Ministerio na iniciativa parlamentar. Documentos dunha investigación Jorquera pide explicacións a Defensa, segundo o comunicado, por “ter eliminado os informes redactados polos membros do Centro de Valoración e Apoio da Calificación Operativa para o Combate (Cevaco) sobre o accidente da Fragata Extremadura, que foron requeridos pola familia do soldado falecido”, Erik Noval, e que segundo Defensa “foron destruidos por motivos de seguridade”. Ademais, Jorquera tamén lle require a Defensa información sobre as posíbeis copias destes informes “e de ser así, se van ser achegadas á investigación en curso”. O deputado do BNG salienta o feito de que entre os documentos eliminados se poderían atopar as táboas de rexistro de contaminación por cloro da auga da caldeira que explotou aquel fatídico 19 de decembro. Jorquera salienta que “estamos a falar dun informe moi importante para comprobar se os niveis de contaminación por cloro superaban o establecido no regulamento, unha das hipóteses que se barallan como causa da explosión”.

5.10.08

Quintana: "Pido o voso apoio para que o BNG sexa o Partido Galeguista do século XXI"




Quintana durante a defensa da súa candidatura
O candidato asegura que “a alternativa ao disparate que nos presentan outros é o proxecto nacionalista, de benestar e igualdade”

O líder nacionalista defendeu na Asemblea Nacional Extraordinaria a súa candidatura a optar á presidencia da Xunta

O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, pedíu esta mañá na súa intervención na Asemblea Nacional Extraordinaria o apoio “de todos e todas para que o proxecto transformador, a favor das maiorías sociais do BNG sexa o Partido Galeguista do século XXI, a forza política que sexa capaz de abrazar esa maioría social galeguista que quer que unha forza política propia rixa o destino do país”.

Quintana asegurou na presentación da súa candidatura que o BNG vaise marcar “o reto de acadar o mellor resultado da súa historia nas eleccións galegas” e puxo como aval os dados dos comicios municipais e estatais nos que o nacionalismo xa se refrendou como forza política con forte implantación no país.

O líder nacionalista presentouse como “representante dun proxecto colectivo, o do BNG, e do seu programa", polo que pedíu "con humildade o voso apoio para ser o candidato de todo o BNG porque quero ser o presidente de todos os galegos e galegas”.

Quintana fixo especial fincapé na súa intervención no feito de que “o BNG é diferente” e exemplificou esta diferencia no xeito de abordar a situación de crise económica, asi, “fronte á economía especulativa, nós temos unha economía con raíces, baseada no territorio e pensada para a xente”. “A alternativa ao disparate que nos presentan outros”, continuou, “é o proxecto nacionalista, de benestar e igualdade, porque iso é o que necesitamos, un proxecto político próximo á xente”.

O candidato asegurou que o BNG é “garantía da autocrítica tan necesaria” e indicou que é a única forza política que “non deixa nun alegato progre a igualdade entre homes e mulleres, senón que o leva á acción de goberno”.

O líder do Bloque dixo que a proximidade do nacionalismo á xente “é o que temen os nosos adversarios, é o que lles molesta e ése é un valor político ao que non imos renunciar”. Outro dos valores irrenunciábeis do proxecto político nacionalista é, tal e como incidíu o candidato, “a defensa do noso idioma, porque en el está a nosa identidade” e opinou que “é imposíbel o benestar sen identidade”.

4.10.08

Enquisa de GZnación

Nin boina nin birrete. O binomio que foi descrición, refrán e máxima do Partido Popular en Galiza morreu coa marcha do seu fundador e ex presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, ao senado de Madrid. A Praza Marina Española mantén ocupado a un home que durante anos foi o vértice dun partido sobre o cal xiraban poderosos satélites de gran discurso de masas e poder local. Pero Feijóo non é Fraga e Alfonso Rueda non é Cuíña, nin Cacharro, nin Baltar.

A estimación da sondaxe de Quadernas non podería ser máis sentenciosa cunha formación que experimentou un cambio de líder na cadeira máis fea: a da oposición. Incómoda e invertebrada, cunha única cabeza visíbel que, semella, non convence. Segundo estes datos, o Partido Popular galego mantería a súa categoría de máis votado nas catro provincias galegas, mais Lugo, lugar onde superaba en máis de dez puntos aos socialistas, só lle outorga case catro puntos de vantaxe sobre a lista decidida por Pérez Touriño. Así, o PP pasaría nesta provincia do 49,1 ao 39,2 en estimación de voto; o PSdeG subiría do 33,7 ao 35,4%; e o BNG medraría do 15,2 ao 18,5%. Un dato, este último, máis que positivo para a lista de Quintana.

De igual maneira sucede nas restantes A Coruña, Pontevedra e Ourense. A primeira poderá ser un símbolo da caída total do PP, unha mostra de que a sempiterna bandeira da gaivota ondea xa máis baixo que a rosa vermella. Así, o PSdeG colócase a só unha décima dos populares, obtendo o 35,1 e 35,2 por cento dos votos respectivamente. O descenso conservador é aproveitado tamén polos nacionalistas, que soben até o 22,9% dos votos. Sen embargo, sorprende na Coruña as respostas "en branco", case o 5% do total. O descenso do PP en Ourense é de seis puntos, case os mesmos que en Pontevedra. A maior parte desta caída en barrena vai para os indecisos, non tanto para PSdeG e BNG, que apenas soben un ou dous puntos por demarcación.

O voto urbano

O voto urbano esvara da simpatía nacionalista. A formación frontista perde enteiros nas cidades de Galiza e manca as aspiracións máis ambiciosas que deberían de marcar a progresión do BNG dentro do noso país. A eiva é importante xa que, nos grandes núcleos, só o 10% manifesta que votaría aos nacionalistas, polo 21,6 do PP e o 21,9% do socialistas, que teñen nas cidades unha poderosa fronte desde a cal batallar. É por agora o voto semiurbano o que pode dar unha alegría aos de Anxo Quintana, lugares que lle reportarían o 16,1 por certo dos sufraxios, a só tres e un punto de populares e socialistas.

O mesmo rural de antes mantén o tipo para ese PPdeG tolleito de estandartes do populismo, outorgándolle un 22,7 por cento dos votos, catro e nove puntos por diante de PSdeG e BNG. Así as cousas, o BNG precisa tirar da súa militancia, mais cómpre que estime a importancia de mobilizar o voto urbano, pulmón de calquera vitoria electoral.

A terceira idade

Tan ou máis importante é a conservación do voto ancián do PPdeG como a mobilización da xente nova do BNG. Se ben os populares arrasan no tramo de idade de máis de 65 anos (31,3%), o BNG ten nos mozos de entre 18 e 29 anos un espazo polo que medrar (20,8%) a costa dos seus rivais. Ben é certo que Quintana non se crece cos maiores, estancándose nun pobre 7,9% do total

30.9.08

"Astano non hai optimismo sen futuro", un artigo de Fernando Blanco Parga

Vén de informarnos o Diario de Ferrol que, segundo declaracións do Presidente da Sepi, Sr. Martínez Robles, a UE vai arquivar os expedientes abertos a Izar polas axudas consideradas ilegais, sen que aínda saibamos que axudas recibíu -se foi algunha- o estaleiro de Fene, a pesares de que a instancias do BNG existe unha posición do Parlamento Galego solicitando esta información. Paradoxalmente, o Sr. Martínez Robles anuncia que o arquivo dos expedientes non significa a volta do estaleiro de Fene á construción naval civil; continuando esta penalización ata o 2015.
Estes anuncios prodúcense nun momento de fonda crise económica, que producirá un incremento do paro e no que, a pesares disto, o sector naval civil galego mantén a maior carga de traballo da súa historia recente; os estaleiros de Vigo teñen problemas para contratar máis buques polas limitacións das súas instalacións, algo que non sucede en Perlío.
Ao longo desta lexislatura, producíronse no Parlamento Galego numerosos debates - máis dunha ducia- que tiveron a situación da antiga Astano como argumento. Non hai dúbida que a aposta feita no seu día pola actual Consellaría de Innovación e Industria favoreceu que o naval de Fene non fose un tema esquecido, nin do pasado e, pola contra, a pesares das decisións do Goberno Central -tanto do PSOE como do PP- a falta de carga de traballo propia de Astano dende 2003, estivese ben presente na vida política.

Curiosamente, ningunha destas iniciativas parlamentares foi a iniciativa do PSOE, e quizais a explicación podémola atopar nun dos últimos debates parlamentares sobre este tema. Nesa ocasión, a representante do PSOE amosou unha certa fartura por ter que seguir falando, unha e outra vez, de Astano. Veu afirmar que seguir coa teima de Astano era igual a trasladar pesimismo á sociedade de Ferrolterra cando ésta, na súa opinión, vive unha fase de grande optimismo e, como fundamento da súa posición, deu lectura aos últimos resultados electorais na comarca: Alcaldías de Ferrol, Fene e As Pontes do PSOE.

O problema é que o optimismo, que sempre gusta a todos/as, tense que confirmar con feitos. Feitos tan necesarios nunha vila con perda de poboación moza, con plans industriais fantasmais, e onde os prazos de infraestruturas nunca se cumpren. Mais tamén é certo que os resultados electorais foron os que dicía a representante do PSOE, aínda que os comicios están suxeitos a moitas cuestións e reducir ou ligar un certo éxito a que Astano non traballe, ou non se fale dese tema, é síntoma dunha grande pobreza argumental e unha falta de responsabilidade política.
Por iso, esta reflexión -máis agora cando vemos como gobernos de diferentes Estados interveñen para evitar a quebra de determinados bancos- prantexa o interrogante de por que o Estado español non intervén para lograr a volta de Astano á construción naval civil, nun momento de importante carga de traballo. ¿ Ou chegaralle tamén ao Goberno do Estado co resultado das eleccións municipais?

Resulta evidente que, por riba das contendas electorais, a nosa comarca merece e necesita medidas políticas na defensa do se tecido económico e, en definitiva, na defensa do dereito a vivirmos do noso traballo. Nun ciclo alcista do mercado da construción naval - que leva mesmo a un nivel histórico de contratación dos asteleiros galegos - e perante unha situación de crise económica como a que estamos a vivir; manter o veto á construción naval civil en Astano constitúe un verdadeiro acto delictivo.
Neste momento histórico, as forzas sociais da comarca e a propia cidadanía deben de recuperar o protagonismo na defensa da nosa economía e na demanda das solucións políticas para recuperarmos o que nos pertence: o dereito a producir e o dereito a traballar. Desde logo, polo BNG non vai quedar.

21.9.08

TEGA e PP, rexeitan debatir os problemas dos veciños no Pleno

No último Pleno, celebrado o pasado xoves día 18, o Grupo do Bloque Nacionalista Galego, presentaba por vía de Urxencia, dúas mocións, mocións que xa foran presentadas por rexistro no Concello e rexeitadas na Comisión de Asuntos de Pleno por TEGA e o PP.
As mocións, que ían referidas, unha á creación dunha comisión, onde participaran os veciños e os grupos políticos, para tentar solucionar a problemática existente polo tema do trasporte no Puntal.
E a segunda moción,para que no (P.O.S.), PLAN DE OBRAS E SERVIZOS da Deputación Provincial. , plan que para este ano ten unha partida orzamentaria de 139.878,55 €, fora incluída a ampliación do saneamento da Parroquia de Anca.
Ambalasdúas, aprobadas polos grupos BNG,PSOE e E.U.e rexeitadas por PP e TEGA, que teñen maioría no concello.
Esta postura demostra o pouco interés que por parte do PP e TEGA existe para tentar solucionar os problemas dos veciños.
No caso do transporte ao Puntal e máis grave, xa que é un tema que ven do ano 2.004, de cando o Sr. Nuñez Feijoo, era o responsábel da área de Transportes da Xunta de Galicia.

4.9.08

O BNG reclama que o transporte chegue a O Puntal

Dende vai moitos anos, o Lugar do Puntal, no Concello de Neda, foi quedando aillado do resto do concello e da Comarca, como consecuencia das iniciativas económicas, tomadas polas empresas, que xestiona o Servizo e tamén polo pouco interés político que se ven demostrando polos organismos supramunicipais.

Os veciños desta zona do Concello, reclamaron en multitude de ocasións, tanto ao concello como á Xunta de Galicia e á empresa concesionaria, a situación que se estaba a vivir e por outro solucións para este problema.

En varias ocasións tanto o goberno municipal anterior como o actual, tiveron reunións cos organismos correspondentes e coa empresa concesionaria , neste último caso a empresa concesionaria fixo unha proposta que non é asumibel non so polo goberno de Neda sinon que tampouco polo BNG., sendo rexeitada, pero pese a todo isto os veciños do Puntal seguén a estar incomunicados.

Tamén no seu momento e coa sinatura do convenio de Transporte Metropolitano, (convenio polo cal o Concello debe facer unha aportación económica anual) os veciños pensaron que escomenzaba o proceso de solución do problema, pero transcorridos máis de 3 anos, estamos como ao principio.

No vindeiro Pleno a celebrar no mes de setembro ( xoves 18 ), o BNG, vai levar unha moción.

Moción na que o BNG, pedirá a creación dunha Comisión, co fin de tentar dar solución a este problema, que viven os veciños do Puntal ( que non teñen transporte nin para ir ao Centro de Saúde, á Botica ou ás tendas de ultramarinos,( para a súa merca diaria )

Que se exixa o cumplimento do acordo asinado no seu momento, e que o o Bus de Transporte Metropolitano nº 2, Porto –Neda ( chegue ao Puntal ).

O BNG, levará tamén ao Parlamento Galego, unha iniciativa parlamentaria, neste mesmo sentido.

26.8.08

A chatarra nos invade


Hola a todos: algúns veciños,nos preguntabamos ata cando imos ter a merda esparcida polas beirarrúas ,poñendo en perigo fisico e de sáude as nosas vidas.espero que alguén poña un pouco de razón a todo isto e a imaxe de Neda, non se vexa mais comprometida .Esperamos que isto quede esta semana arranxado.

As excusas que se nos deron foron moi variadas e singulares:
o camión ia cheo.
o camión esta estropeado.
¡¡¡a xente puxo os voluminosos no dia que non era!!
¡¡a xente e a ostia non se pode poñer a merda o dia despois da recollida e pretender que se recolla nese dia, ¿pero que recollida?, senon foron a recoller.
Xa temos un punto limpo no poligono doRío Pozo,non todas as persoas teñen coche .
Sentimos as molestias, pero moitos veciños/as queremos que se nos recolla coma no centro urbán ,que non hay nada.

Veciños do Puntal,Curva do Bargo,Murallon e Curva do Regueiro.
Nota enviada polos veciños
Grazas

17.8.08

Galiza non pode adoptar a súa hora natural


O Goberno Central vén de rexeitar a iniciativa do BNG para que Galiza poida adaptar o seu horario á súa hora natural, aducindo, de forma vaga, razóns de harmonización do transporte, turismo e comunicacións. O portavoz nacionalista, Francisco Jorquera, presentou unha iniciativa no Congreso dos Deputadas na que argumentaba que Galiza “atópase no mesmo meridiano que Portugal ou Irlanda, e polo tanto debería ter o seu mesmo horario, unha medida que permitiría un mellor aproveitamento da luz solar, coas múltiples vantaxes que isto suporía para a sociedade galega, dende un maior aforro enerxético até a súa repercusión no conxunto da economía e nunha mellora da calidade de vida”.Cambio horario verán/inverno Outras das cuestións polas que se interesaba o deputado do BNG na súa iniciativa era os motivos para o cambio de horario verán a horario de inverno (último domingo do mes de marzo e outubro, respectivamente). Neste sentido, Francisco Jorquera lembraba que “cos datos do INEGA Galiza só aforra un 1% no seu consumo enerxético co cambio horario, unha cifra que se eleva ao 5% no conxunto do Estado Español, segundo os dados do IDAE”. A este respeito, o Goberno Central sorprende recoñecendo que o aforro enerxético é prácticamente inexistente: “O aforro enerxético, que era unha das principais razóns aducidas para a introdución da hora de verán e unha vez analisados un importante número de traballos efectuados polos Estados membros, sitúase só entre un 0 e un 0,5%”, asegura. “De feito –engade a resposta- o aforro eléctrico conseguido no ano 2006 a nivel estatal en España, no período do 27 de marzo ao 28 de outubro de 2006, en cifras reais de consumo medidas por Red Eléctrica, estímase nun 0,3%”. Porén, a pesar de que non existe prácticamente aforro e das molestias que lle ocasiona á poboación o cambio de horario o Goberno négase a cambialo aducindo que se trata dunha Directiva da Unión Europea, do ano 2001, “que é obrigatorio aplicar para todos os estados membros, non existindo a posibilidade de excepción que permitira a un Estado membro non aplicar o réxime de hora de verán”.

26.7.08

Quintana salienta no Día da Patria o fracaso do modelo económico ultraliberal



A organización repartiu estrelas entre os asistentes
Máis de 25.000 persoas asistiron este 25 de Xullo á manifestación convocada polo BNG con motivo do día da Patria Galega. No seu discurso, o portavoz nacional, Anxo Quintana, dedicou parte do seu tempo ao período de crise económica que estamos a vivir. Cualificou o actual período como a primeira crise da globalización ultraliberal: “Os apóstolos do ultraliberalismo agora gardan silencio fronte a unha crise global que evidencia o esgotamento do modelo enerxético baseado no petróleo, que evidencia todo o sen sentido especulativo do sistema financeiro mundial, e que revela unha aguda crise alimentaria que condea a millóns de persoas á fame extrema”.
"O BNG sempre apostou por poñer o autogoberno ao servizo da economía real das persoas e do benestar real das persoas"Nesa liña, destacou que o BNG sempre apostou por “poñer o autogoberno ao servizo da economía real das persoas e do benestar real das persoas” e mencionou as políticas baseadas no desenvolvemento autocentrado que está a por en práctica o BNG na Xunta. “Asumimos como parte fundamental da nosa acción de goberno a obriga de impulsar a mobilización dos recursos financeiros, enerxéticos e humanos de Galiza a favor da súa economía produtiva e da xeración de emprego e riqueza. Impulsar a nova ordenación da explotación dos nosos recursos enerxéticos e aproveitar as súas potencialidades para favorecer innovadoras estratexias de industrialización e diversificación produtiva”, dixo.
Quintana destacou tamén a importancia prioritaria de “deseñar unha nova política agrogandeira e forestal para recuperar o medio rural como espazo estratéxico prioritario para o noso desenvolvemento como garantía de reequilibrio territorial e cohesión social fronte á desertización demográfica que ameaza as nosas comarcas”.
Ademais, citou a tentativa de regaleguizar FENOSA: “benvidos ao galeguismo enerxético a algúns que estes días avogan pola galeguización dunha importante empresa eléctrica agora en venta”. “Son os mesmos que hai ben pouco tempo louvaban a liberdade sen límites dos mercados e acusaban ao BNG de cativismo paduano ao reclamar o dereito de Galiza a un desenvolvemento autocentrado e a sacar proveito nacional da explotación dos nosos recursos ou por non renunciar ao dereito a vivir e traballar na nosa terra”, afirmou.
A creba de Martinsa-Fadesa tamén tivo o seu espazo no discurso de Quintana: “Seica nestes días hai quen anda preocupado polo destino último que poden ter certos terreos propiedade dalgunha empresa inmobiliaria caída en desgraza. E se especula coa posibilidade de utilizar fondos públicos para resolver o desaguisado. Sabede que mentres o BNG teña responsabilidade nesta materia, e a terá durante moito tempo, os fondos públicos só se utilizarán para asegurar o acceso á vivenda das persoas con menos recursos, para a promoción de vivenda protexida e nunca para cadrar a conta de resultados dalgunha empresa mal xestionada”.

Modelo de financiamento
O vicepresidente da Xunta criticou os termos nos que se está a dar o debate das balanzas fiscais e da reforma do financiamento autonómico: “Temos que acabar dunha vez por todas co mito de que somos un país subsidiado, pobre, sen capacidade para xerar ingresos que cubran os nosos servizos públicos. Hai que desfacerse da imaxe distorsionada e falsa que de nós queren construír dende Madrid, sexa utilizando as balanzas fiscais ou o modelo de financiación”.
Acordos políticos en Galiza para ampliar o autogoberno
"O que utilizan con Euskadi, Cataluña ou Galiza para negarlle o seu autogoberno non son argumentos senón coartadas inadmisíbeis en termos democráticos”Citando a Curros Enríquez “Na nosa unidade está o porvir da patria”, Quintana defendeu o diálogo como método para chegar a acordos con PP e PSOE de cara a cuestións de interese xeral para Galiza, como a comisión de seguemento do AVE ou a ampliación de competencias.

Criticou a actitude do poder central ante as demandas de autogoberno das nacións: “Se seguen negándose en Madrid a que Galiza teña policía propia ou a crear a Comisión Bilateral de seguimento das obras do AVE teremos que concluír que o que utilizan con Euskadi, Cataluña ou Galiza para negarlle o seu autogoberno non son argumentos senón coartadas inadmisíbeis en termos democráticos”.
Unha nova maioría galeguista
O líder do BNG chamou aos presentes a artellar “unha nova maioría social galeguista en torno ao BNG como apoiatura dun novo goberno e do Novo Estatuto de Nación que Galiza precisa facer realidade en 2009”. “Esa maioría galeguista e nacionalista, á que queremos dar expresión política e representación institucional, confía e sabe que para ser algo hai que querer algo, que non hai avances se non hai vontade de avance, que non hai transformación positiva da realidade sen un esforzo consciente por mudar a realidade”, asegurou.
“Non seremos complemento ou bisagra”
Quintana reivindicou a labor do BNG como “motor das políticas de transformación social, cultural e económica do país e asegurou, concluíndo o seu discurso, que “nós non nacemos para ser complemento de ninguén nin ser bisagra en ningún modelo multipartidario. Nacemos para liderar o País e a única porta da que queremos formar parte é da que conduce á liberdade soberana de Galiza.”
A manifestación saíu puntualmente da Alameda e bifurcouse en dúas ao chegar á zona vella, para evitar aglomeracións e dar comezo antes ao acto. Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, foi a encargada de dar comezo ás intervencións. Mencionou as 19 delegacións internacionais asistentes, así como as cinco organizacións galegas que enviaron representantes.

24.7.08

O Día da Patria na Tele BNG

Segue o Día da Patria na TeleBNG, as intervencións do Portavoz Nacional (Anxo Quintan) e de Iria Aboi (responsábel de Galiza Nova)

21.7.08

A intolerancia de TEGA co galego

No último Pleno , celebrado no concello de Neda, no apartado de rogos e preguntas,portavoz do BNG no concello de Neda, fixo un rogo no que solicitaba que o contestador telefónico do concello tivera a opción dos idiomas galego e castelán ( dado que ate o de agora só esta en castelán), o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón de TEGA, negouse tallantemente, que non quería imposicións e que non queria que o idioma galego estivera como opción de idioma no contestador da centraliña do concello de Neda. Quen impón?. pregúntase os membros do BNG de Neda. Quen é intolerante co idioma ?. Onde está a igualdade dos idiomas?

17.7.08

TEGA e PP, votan encontra da maioría das mocións presentadas polo BNG no Pleno de Neda

As mocións referentes á “INVESTIGACIÓN DO ACCIDENTE DA FRAGATA EXTREMADURA”, a aportación do 0,8 % dos orzamentos municipais para " A SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITETÓNICAS”, e a relativa á posta a disposición do Instituto Galego de Vivenda e Solo de terreos “ PARA A CONSTRUCCIÓN DE VIVENDAS SOCIAIS”, foron rexeitadas e votadas encontra, polos socios de goberno de Neda ,TEGA e PP, no Pleno celebrado esta mañá no Salón de actos do Concello, cando xa na Comisión de Asuntos de Pleno fora rexeitada a da supresión da Simboloxía Fascista.
Ao BNG, chámalle a atención que a postura do PP, no caso das vivendas sociais fora unha demanda deste partido, tal e como se pode ler si un mira as hemerotecas ( notas do 03/08/05 ) e agora sexa rexeitada.
No mesmo pleno e ó inicio, á petición do Portavoz do BNG, Manolo Castro, fíxose unha condena por parte de tódolos grupos, aos atentados fascistas sufridos no mural do BNG, na parede dun veciño e no propio automóbil deste concelleiro.

14.7.08

Ataque fascista a un mural do BNG



Un mural do Bloque Nacionalista Galego no concello de Neda, en conmemoración do día da Patria Galega, foi sabotado tentando quitalo e facendo pintadas no mesmo e ao longo da parede dunha propiedade privada
O mural que está situado na Avda de Alxeciras , a altura do nº 67, sufriu o ataque este domingo.
O Bloque Nacionalista Galego en Neda, condena enerxicamente este tipo de actitudes de carácter fascistoide e quere expresar qaue quen isto fai carece de argumentos diante da cidadanía e demostra as súas actitudes antidemocráticas.
O BNG en Neda, pedirá no vindeiro Pleno a celebrar o 17 de xullo ás 12 da mañá, a condena destes actos por parte de tódolos grupos que forman parte da corporación nedense.

12.7.08

O BNG pide a construcción de Vivendas Sociais


No vindeiro Pleno a celebrar no salón de actos do concello de Neda o vindeiro 17 de xullo, o Bloque Nacionalista Galego, vai presentar unha moción , co fin de que os socios de goberno do concello TEGA e PP, poñan a disposición do Instituto Galego de Vivenda e Solo tarreos para a construcción de Vivendas.


Texto da Moción.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


O concello de Neda, é dos poucos concellos da Comarca de Ferrolterra, que carece de Vivendas Sociais, existindo unha grade necesidade deste tipo de infraestruturas en moita da poboación pero máis que nada dentro da poboación moza.
No Pleno do concello celebrado o 30 de xuño de 2.004, o Bloque Nacionalista Galego dentro dos puntos da orde do día presentou unha Moción para que se iniciaran os trámites de construción de vivendas sociais,moción que foi aprobada por tódolos membros do consistorio, transcorridos xa 4 anos, dende o BNG observamos, que non se tomaron iniciativas para levar a cabo a construción de ditas infraestruturas.
Polo exposto, o Bloque Nacionalista Galego, pon en consideración do Pleno.

ACORDOS


Que o goberno municipal, inicie os trámites para a consecución de terreos, para por a disposición do Instituto Galego de Vivenda e Solo, co fin de dotar ao noso concello de Vivendas Sociais.


Que por parte da Alcaldía, se elabore un bando onde se publique o rexistro de demandantes de vivendas do noso concello.


Que se solicite unha entrevista co Delegado Provincial de Vivenda e Solo, para coñecer a disposición do citado Organismo, para a construción das citadas infraestruturas.

9.7.08

Retirada da Simboloxía Feixista


O Bloque Nacionalista Galego, presenta unha moción para á súa toma en consideración , co fin de que sexa retirada a simboloxía feixistas no Concello de Neda.

No ano 1.936, o 18 de xullo, un sector dos militares levantaronse, contra o goberno do Estado, legalmente constituído e democraticamente elixido, como consecuencia disto ao longo de 3 anos, moitos homes e mulleres e por defender os dereitos democráticos e a ese goberno lexítimo, foron perseguidos maltratados, sufriron exilio e ate foron vilmente asasinados; no noso concello de Neda, temos tamén exemplo de veciños perseguidos polos fascistas e como no caso de Antonio Castro López ( Tocho ), domiciliado en Neda ou Antonio Veiga Mejuto ou José Sancho Ribera veciños de A Capela, foron asasinados o 30 de outubro do ano 1.951, nunha casa do Puntal de Abaixo.
Sempre pola vía da imposición, os golpistas foron deixando as súas pegadas ao longo de todo o Estado con escudos, símbolos, cruces e nomes de rúas de aqueles que sementaban o odio e o terror.
No noso concello temos mostra desa pasaxe da historia con nomes nas rúas ( Avda del generalísimo, Avda del general franco ), etc entre a simboloxía o iugo e as frechas nalgúns lavadoiros e a “cruz de los caídos” da Toeleira, que enaltece única e exclusivamente a unha parte dos mortos da contenda sen ter en ningún momento en conta, que si houbo persoas, que perderon a súa vida por loitar pola liberdade e defendendo a legalidade, e enaltecendo a outro golpista como foi Jose Antonio ( que tamén se alzou en armas contra un goberno lexitimo ).
A lei 52/2007 de 26 de decembro ( lei da memoria histórica) establece no seu Art. 15 ( Símbolos e monumentos públicos), no seu apartado 1. As administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva da sublevación militar da guerra civil ou da represión da ditadura.

Como queira que fai pouco tempo, celebrouse no concello veciño de Narón, un Congreso en col da Memoria Histórica, onde como colaboradores estaba o Concello de Neda, o Concello de Fene, o Concello de Narón, algúns grupos políticos, e como anfitrión o actual alcalde de Narón, acto no que se puxeron e se expuxeron grande cantidade de dados sobre o horror acontecido ao longo de toda a ditadura fascista.
Co fin de que sexa resarcida á lexitimidade e a memoria de todas aquelas mulleres e homes que pelexaron por un País en liberdade e pola democracia, o BNG propón


ACORDOS


A retirada da simboloxía e nomes da ditadura franquista do noso concello.

A retira de “ a cruz de los caídos” do xardín da Toeleira.

A colocación dunha cuncha como símbolo de unión de xentes e culturas ( que significa o Camiño Inglés ) e no seu interior un texto gravado, onde se lembre o art.Artg 29 2. (da Declaración dos Dereitos Humanos).
No exercicio dos seus deberes e no disfrute das súas liberdades , toda persoa estará unicamente suxeita ás limitacións establecidas pola lei co único fin de asegura-lo recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisface-las xustas esixencias da moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade democrática

6.7.08

O BNG presenta unha moción para a supresión da peaxe entre Fene e Pontedeume


Texto da moción que o Bloque Nacionalista Galego vai presentar ao Pleno do concello de Neda.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A estrada N-651 da servizo entre Ferrol e Pontedeume e atravesa os concellos de Fene e Cabanas. O desenvolvemento urbano destes catro concellos fai que esta vía sexa, a día de hoxe e case na súa totalidade, unha vía urbana e, polo tanto, con múltiples limitacións de 50 qm/h, por motivos de seguridade viaria, e, asemade, con atoamentos habituais en determinadas horas do día, especialmente no verán.

Mais esta situación é especialmente grave entre Pontedeume e Cabanas, xa que a ponte que cruza o Eume non abonda para absorber o tráfico e, neste punto concreto, os atascos son constantes, reproducíndose a situación anterior á entrada en servizo da autoestrada AP-9. A súa ampliación, imposíbel pola situación, volvería a converter a Pontedeume nun funil, e a construción doutra ponte no río Eume para aliviar o tráfico actual non é viábel polo seu impacto ambiental negativo.

A única solución factíbel e inmediata é o levantamento das peaxes da autoestrada AP-9, pasando a ser gratuíta entre Ferrol e Pontedeume, e dotar a este concello dun novo acceso no lugar de Andrade, actuacións conxuntas que terían un impacto positivo e evitarían seguir facendo de Pontedeume un colapso permanente de tráfico.

É importante destacar que o novo acceso xa é un vello compromiso das Administracións Públicas: o 24 de Febreiro do 1993, o Presidente de Audasa dirixíase por escrito ao Alcalde para “... confirmarlle a disposición desta Empresa de dotar a Pontedeume dun enlace, na zona do previsto polígono industrial de Vidreiro, coa Autoestrada do Atlántico, A-9, treito Fene-Guísamo”, e, nesa mesma data, o daquela Secretario Xeral para as Infraestruturas do Transporte Terrestre do Ministerio de Obras Públicas e Transportes, hoxe Presidente da Xunta de Galiza, sr. Pérez Touriño, tamén se dirixía por escrito ao Alcalde para reafirmar a disposición de Audasa. Por outra banda, o citado acceso xa acadou o apoio no Parlamento Galego logo de que o BNG presentase no ano 2007 unha Proposición Non de Lei.
Polo exposto con anterioridade, e considerando que a solución enunciada beneficia non só aos concellos directamente afectados (Ferrol, Fene, Cabanas e Pontedeume)a solución proposta beneficia efectivamente aos Concellos directamente afectados: Ferrol, Fene, Cabanas e Pontedeume, mais tamén ten unha repercusión positiva noutros Concellos do entorno: Monfero, Vilarmaior, A Capela, As Pontes, Mugardos, Ares, Neda, Narón, e, en definitiva, o conxunto dos Concellos das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegalsolución proposta beneficia efectivamente aos Concellos directamente afectados: Ferrol, Fene, Cabanas e Pontedeume, mais tamén ten unha repercusión positiva noutros Concellos do entorno: Monfero, Vilarmaior, A Capela, As Pontes, Mugardos, Ares, Neda, Narón, e, en definitiva, o conxunto dos Concellos das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, se non tamén aos do entorno (Monfero, Vilarmaior, A Capela, As Pontes, Mugardos, Ares, Neda, Narón, ...), e, en definitiva, ao conxunto das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, o Grupo Político Municipal do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO propón ao Pleno do Concello adoptar os seguintes

ACORDOS
1.- Demandar da Xunta de Galiza o inicio de negociacións co Goberno do Estado co obxectivo de liberar as peaxes entre Fene e Pontedeume.

2.-Instar á Xunta de Galiza, de acordo co aprobado no Parlamento Galego en xuño do 2007, a dirixirse ao Goberno do Estado para que retome as xestións e os compromisos acadados e se proceda a realizar un novo acceso á autoestrada AP-9 no concello de Pontedeume, no lugar de Andrade.

3.7.08

Rolda de prensa do grupo municipal do BNG

A/o Concelleira/o, Cristina Bouza Bellón e Manolo Castro Alonso, presentaron hoxe en rolda de prensa, as iniciativas que van a levar ao próximo pleno, a celebrar no Concello, o vindeiro 17 de xullo, os concelleiros expuxeron, que temas como o aprobado polos ministros e ministras de traballo dos Estados membros da Unión Europea ( na cuestión das 65 horas ) coa abstención do PSOE, a supresión da peaxe Ferrol-Pontedeume, o esclarecemento do accidente da Fragata "EXTREMADURA" e a retirada do expedente ao veciño de Neda e cabo da Armada, Jorge Miguel Gago Chao, a reserva dun 0,8 % nos orzamentos do ano 2.009, para a supresión de Barreiras Arquitectónicas, o inicio de trámites para por a disposición do Instituo Galego de Vivenda e Solo para dotar a Neda de Vivendas sociais e a retirada da simboloxía franquista do noso concello, son temas tratados polos concelleiros e que pretenden que sexan debatidos polos grupos que forman oa corporación municipal.

1.7.08

Que se exclareza o accidente da fragata " EXTREMADURA"

Que se esclareza o acontecido na fragata "EXTREMADURA" é o que esta a pedir o Bloque Nacionalista Galego na moción presentada no Concello de Neda e que ó Veciño deste concello o cabo da armada Jorge Miguel Gago Chao lle sexa retirado o expediente disciplinario.
Texto da Moción:
Exposición de Motivos:

O 19 de decembro do ano 2005, estouraba unha caldeira na Fragata “Extremadura”, pertencente á armada española, provocando á morte de dous dos seus tripulantes. Os mozos galegos, Francisco Javier Pérez Castrillón e Eric Noval Gómez.

Nas respostas do Goberno ás preguntas por escrito formuladas polo BNG en diversas ocasións no Congreso dos Deputados nunca se despexaron todas as dúbidas respecto ao accidente e ao estado da embarcación. En concreto nunca se aclarou porque nunca se evacuou a fragata á hora do accidente, nen tampouco as cuestións relacionadas coa temperatura da caldeira nos momentos previos ao suceso, que sempre quedaron abertas.

Somos coñecedores que existen testemuña que sosteñen que nas horas previas ao accidente se detectaron niveis de contaminación por cloro moi superiores aos niveis permitidos e que incluso se advertiu desta circunstancia aos mandos da fragata. Cabe a hipótese, polo tanto, de que a causa da explosión puidese estar no quentamento excesivo da caldeira de popa que posteriormente estourou.
Entre estas testemuñas atopase o veciño do noso concello Jorge Gago, que viu como a súa contribución esencial á clarificación dos feitos e á posibilidade real de facer xustiza foi respondida coa apertura dun expediente disciplinario.

A actitude do Ministerio de Defensa é cando menos sorprendente pois evita posicionarse escudándose na situación de “pendente de resolución xudicial” do caso e, ao mesmo tempo, ábrelle un expediente disciplinario ao cabo ferrolán Jorge Gago, unha testemuña clave neste proceso, o que pode chegar a entenderse como unha inxerencia que busca transmitir a mensaxe da obediencia e o silencio.

Entendemos que a Defensa como parte da administración publica debe rexerse polos principios de servizo, transparencia e responsabilidade. A disciplina militar non pode ser obediencia cega á xerarquía, subordinación acrítica e o mando autoritario despótico. As Forzas Armadas non poden ficar á marxe dos dereitos e deberes que teñen o resto de cidadáns e as administracións públicas.
Así mesmo, e xa que a día de hoxe moitos mozos e mozas de Galiza recorren ao ingreso nas Forzas Armadas, como saída laboral, merecen unha consideración, como cidadáns e traballadores, propia dun estado democrático.

Por este motivo o grupo municipal do BNG propón a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1.- O Pleno do Concello acorda instar ao Ministerio de Defensa a que proceda a realización dunha investigación seria e rigorosa que esclareza as causas do accidente da Fragata “Extremadura”.

2.- O Pleno do Concello acorda instar ao Ministerio de Defensa à retirada do expediente disciplinario aberto contra o veciño do concello de Neda e Cabo da armada Jorge Miguel Gago Chao.