13.4.08

O nacionalismo une


Esta semana deume unha das maiores satisfacións que pode ter un político nacionalista. A aprobación unánime no Parlamento galego da proposición de lei orgánica para a transferencia do tráfico e da seguranza viaria demostrou, non só, necesidade e máis a utilidade do nacionalismo, senón o seu carácter conciliador e de unión. A pór o País po riba das desputas políticas o nacionalismo foi que de unir aos galegos neste obxectivo.
No debate do Estado da Autonomía do pasado outubro propuxen que fose o propio Parlamento, como representante do pobo galego, o que liderase esta reivindicación. Buscaba así a complicidade común que nace de pertencer ao mesmo pobo. E o tempo deume a razón. Podemos, pois, sentirnos ledos e orgullosos por ter conciliado e unido nesta proposta tamén a socialistas e populares. E velaí temos xa a proposición de lei pendente de se debater no Congreso dos Deputados de Madrid. Escoitaredes a algúns que isto de reclamarmos as competencias de tráfico é un capricho. Que o importante é xestionalas ben, fór dende Galiza ou dende Madrid. Non é certo. As transferencias de tráfico e seguranza viaria permitirán atender as nosas necesidades propias (temos unha rede viaria alongadísima no territorio e máis da metade dos núcleos de poboación de todo o Estado) desde un maior coñecemento da nosa realidade. Gobernar a propia casa sempre é rendíbel. Catalunya e Euskadi son os únicos territorios que autoxestionan estas competencias e teñen menores índices de siniestralidade que a media estatal. E foi particularmente salientábel a baixa de siniestralidade que tivo Catalunya desque asumiu as competencias viarias. A transferencia do tráfico será, pois, un instrumento para xerar máis benestar e calidade de vida. Pero a transferencia do tráfico non se explica só por mellorar e achegar a xestión, por incrementar o noso benestar. O autogoberno non só consiste en xestionar un maior ou menor ámbito de competencias, senón nunha actitude colectiva, como pobo, de nos autoresponsabilizar da xestión dos seus problemas. Esta actitude colectiva é comparábel a das persoas cando chegamos á idade e circunstancias vitais de sermos autónomos. Entón, percuramos gobernarmos a nosa vida, sen que deixemos de manter as máis estreitas relacións coa familia. E supoño que todos e todas estamos dacordo en que as persoas que dan ese paso no seu xusto tempo gañan en autoestima, en autonomía persoal e en madurez. Por iso o autogoberno é, en grande medida, unha cuestión de autoestima e autoresponsabilización. En xuño do 2007 aprobamos a creación da Policía galega. Esta nova transferencia vai permitir que a nosa Policía xestione o tráfico nas nosas estradas. Estaremos, deste xeito, ao mesmo nível ca Euskadi e Catalunya. Melloraremos a xestión, reduciremos progresivamente a siniestralidade e, por iso, xeraremos máis benestar. E tamén faremos visíbel en todos os recunchos do País un símbolo nacional: a Policía galega. Porque para construirmos a Nación precisamos da vontade das persoas que a componen, pero tamén do recoñecemento común dos nosos símbolos nacionais. E un dos caracteres e símbolos dunha Nación é ter unha Policía de seu. Nación e Policía propia van sempre xuntos.


P.D.: Hai que salientar o grande labor o de Chus Lago, secretaria xeral de Benestar da Vicepresidencia da Xunta. Chus demóstranos como se compatibilizan as convicións nacionalistas coa defensa da igualdade das persoas e a integración social de todos os colectivos. Nestes tempos nos que algúns chaman á exclusión, ao medo e á discriminación, Chus apréndenos os valores da solidariedade e da inclusión. Todo un luxo para Galiza.

10.4.08

Neda non merece unha Ordenanza asi

O Mércores 26 de marzo, celebrouse no concello unha sesión Plenaria ordinaria, entre outros temas da orde do día e no ponto 6º ía a ordenanza de conductas cívicas e protección dos espazos públicos.
O Bloque Nacionalista Galego, votou en contra desta ordenanza e tal e como explicamos no Pleno, os motivos, son os seguintes.
Consideramos, que un pobo como o de Neda, tranquilo e solidario, non é merecedor dun regulamento tan estricto e represivo, unha ordenanza que está copiada literalmente da de Castro Urdiales ( non por que veña desa Vila), senón, por que as casuísticas dun pobo como Castro Urdiales ( con 28.000 habitantes ) pouco teñen que ver con Neda ( 5.700 ).
Este é un regulamento que non introduce cuestións concretas de Neda e para Neda.
E por último, a pesar de estar aprobado, dende o BNG, consideramos que en moitos casos é de difícil apricación.

6.4.08

NEDA NON MERECE ESTE ALCALDE


E non digo que o Sr. Cabezón non mereza ser alcalde, pero de Neda non.
O Sr. Alcalde ten unha visión de Neda que pouco se corresponde coa realidade. Desde o seu punto de vista percibe unha imaxe deformada da vila que logo non contrasta cos veciños e veciñas que habitamos o concello.
A maiores da falta de información que padece o alcalde, amosa unha incontinencia verbal indigna de quen ostenta o cargo máis alto de representación municipal.
Como alcalde deste concello, o Sr. Cabezón debería ser o principal defensor da honra e da dignidade de toda a poboación nedense.
Se fora certa a imaxe que el ten de Neda, a súa primeira e principal preocupación debería ser dotar ao concello de todos os servizos da súa competencia, para que a vida diaria no concello discurrise dentro dunhas aceptabeis condicións de dignidade e decencia.
Pero no canto de preocuparse desto, o Sr. Alcalde utiliza os medios de prensa para difundir pola contorna a imaxe deformada que ten do concello, manifestando que o “efecto favela se está adueñando” das rúas de Neda e augurando un futuro de delincuencia para a nosa xuventude.
Non sei como chegou o Sr. Cabezón a formarse esta idea do que supostamente está a acontecer en Neda.
Creo que non é necesario explicarlle a ninguén en que consiste unha favela. Calquera ten a información suficiente para saber que as favelas son asentamentos de poboación marxinais, nos suburbios das cidades, formados por colectivos procedentes en xeral da migración, que sobreviven en condicións límite, sen os servizos básicos de auga, electricidade e saneamento, e con actividades que moitas veces bordean a legalidade.
Aquí chamariamoslle un barrio de chabolas.
Non sei se o Sr. Cabezón ve pola vila de Neda pobreza e lixo, coas casas construídas con materiais de refugallo, e a xente sumida na miseria e no abandono.
De ser así, debería tomar as medidas oportunas para rematar esa situación.
O caso é que o Sr. Alcalde considera que Neda padece un proceso de “favelización”.
E nesta situación, e como corresponde coa súa mentalidade retrógrada, considera que a solución é dotar á Policía Local de máis medios para perseguir aos delincuentes.
Con todas as súas carencias e necesidades, Neda non se parece nin de lonxe a unha favela.
A xente de Neda somos xente corrente, nin bos nin malos senón de todo un pouco.
Poden faltar certas comodidades e determinados servizos, pero somos unha comunidade de convivencia pacífica e ordenada.
Claro que ás veces acontecen pequenos sucesos e, moi de raro en raro, mesmo algún grave. Pero non máis nin menos dos que poden acontecer nos concellos veciños.
Por qué motivos se califica a Neda como “o concello máis propicio para a proliferación do vandalismo”?
Cando se imputan actos vandálicos aos adolescentes “que de maiores se adicarán a outras cousas peores” estáse a decir que os nosos mozos e mozas son potenciais delincuentes?
A solución dos nosos problemas é incrementar as forzas de seguridade?
Non sería máis adecuado tomar as medidas oportunas para que a nosa xuventude dispoña de lugares e actividades nos que ocupar o seu tempo de ocio?
E procurar para toda a poboación a formación necesaria e suficiente para o acceso ao mundo laboral.
Pero vemos que o seu talante é voltar a vellos costumes e prácticas que pensabamos xa caducados.
Sr. Cabezón, non coñece vostede o noso concello nin se preocupa de coñecelo.
Por eso non merece ser alcalde.

27.3.08

Celebracion Pleno do Concello

Onte mércores, celebrouse no Local de Acto do Concello, o Pleno Ordinario correspondente ao mes de marzo.
Como primerio ponto da orde do día, foi a toma de posesión do seu escano da Concelleira Cristina Bouza Bellón.
O segundo ponto, era o prego de condicións, para a contratación da obra de explotación do Parque Eólico Singular de Neda, este ponto quedou enriba da mesa, pola incorporacion de novos criterios ao prego e pola aportación do Portavoz do BNG do establecemento de canon fixo e variable comparativo con outros concellos que xa dispoñen de parque.
O Bloque Nacionalista Galego, votou en contra da ordenanza de conductas civicas, por considerala
1º.- Copia exacta da de Castro Urdiales, con casuisticas totalmente distintas ao concello de Neda.
2º.- Unha ordenanza basea na tautoloxía, nos seus conceptos e definicións
3º.- Non ter introducido problemáticas reais para o concello de Neda
4º.- O BNG, fixo a afirmación que un pobo tranquilo como é Neda, non é merecedor e non precisa dun regulamento tan estricto e represivo.
Na moción do BNG en col da Tarifa Nocturna foi aprobada por unanimidade.
Dicir que neste Pleno non se tratou, a Ordenanza de Normalización Lingüistica, xa que a equipa de goberno non a incluiu na Orde do día.

24.3.08

Toma de posesión do escano da concelleira do BNG


O vindeiro mércores día 26 de marzo, celebrarase no salón de actos da Casa do Concello, a Sesión de Pleno correspondente ao mes de marzo.
Como primeiro ponto da orde do Día logo da aprobación da acta, está a toma de posesión da nova concelleira do Bloque Nacionalista Galego, Cristina Bouza Bellón, Cristina que acupaba o posto número 3 na candidatura do BNG para o Concello de Neda, xa foi concelleira por esta organización no pasado mandato 2003-2007, na quel intre levaba as área de servizos sociais, muller e cultura como representante do BNG na oposición.
Nesta nova andaina levará como membro da oposición as áeas de Servizos sociais, sanidade e medio ambiente, muller, cultura e facenda e a portavocía na comisión de Asuntos de Pleno.
Cristina Bouza que dende hai anos pertence ao movemento asociativo do Concello, sendo no seu momento Presidenta da ANPA de S. Isidro e estando na actualidade como membro desa mesma asociación, forma parte tamén da Asociación de Mulleres Rurais NASZOCAS.

21.3.08

Pleno do mes de Marzo

O vindeiro mércores día 26, ás 19 horas celebrarase na Casa do Concello a Sesión Ordinaria do Pleno.
Orde do Día
-Aprobación , si procede da acta da sesión anterior
-Toma de posesión da Concelleira electa Cristina Bouza Bellón
-Prego de condicións que rexerán a contratación da obra de explotación do parque eólico singular de Neda.
-Modificación plantilla de persoal
-Ordenanza municipal sobre protección de conductas cívicas e protección dos espazos públicos.
-Participación das persoas integrantes do Grupo Mixto Municipal nas distintas Comisións Informativas.
-Moción do Grupo Municipal do PSOE, con motivo da conmemoración do 8 de marzo
-Moción do BNG, sobre a "Tarifa Nocturna"
- Moción de Terra Galega, sobre asasinato, o día 7 do actual, do militante socialista D. Isaias Carrasco

16.3.08

O BNG considerase discriminado polos gobernantes de Neda

En comisión de Asuntos de Pleno, o Portavoz do Bloque Nacionalista Galego, expresou, como en ocasións anteriores e incluso publicamente a discriminación, que os grupos da oposición no concello de Neda,están a sufrir con respecto, ás informacións que están a recibir do equipo de goberno e da equipa de redacción do Plan xeral de Ordenación Muncipal.
Tal e como expresou Manolo Castro nesta comisión, o BNG vai solicitar unha reunión coa equipa de redacción, co fin de saber, de primeira man, cales son os motivos que levaron a fecer algunhos dos criterios de redacción do Plan algo que poido ter acontecido xa no seu momento, tal e como solicitou o noso grupo ) e cales son a xuizo dos Técnicos, as millores iniciativas técnicas, xa que as políticas, dende o BNG xa están definidas dende o inicio da redacción do mesmo, a pesar de non poder participar e non poder dar o seu ponto de vista.
E dende logo temos que dicer que a nos non nos valen as interpretacións partidarias feitas , na asemblea por Terra Galega, por que ao fin e ao cabo non foron mais que interpretacións partidistas dun feito que está aí e perxudica a tódolos veciños e veciñas de Neda.

11.3.08

209.042 grazas ( 423 grazas aos veciños e veciñas de Neda )

Xerais 2008: contigo, Galiza decide !

Grazas polo teu apoio nas eleccións. Sen ti non sería posíbel. Hai no país 209.042 razóns para que Galiza sexa decisiva. Tamén podedes ver na web nacional as valoracións do resultado das Eleccións Xerais de Anxo Quintana (tamén en vídeo), Portavoz Nacional do BNG, e do Coordenador Executivo, Francisco Jorquera.



10.3.08

O BNG é o único que resiste o bipartidismo

O líder do Bloque suliñou que BNG foi a “única forza nacionalista” que aumentou en votos e en porcentaxe con respecto as eleccións de hai catro anos. Por iso, felicitou aos galegos por “confiar” nesta formación e amosou o seu “agradecemento infinito” aos militantes do BNG polo “intenso” traballo realizado.
Nunha comparecencia pública para valorar os resultados das xerais, Quintana quixo deixar claro que, a partir de agora, o Bloque contará, e moito, en Madrid. Deste xeito, agradeceu aos cidadáns que deron o seu apoio a súa formación porque “impediron” a consolidación do bipartidismo en Galiza. “Non se van a arrepentir porque o Bloque será decisivo en Madrid”, asegurou.
Quintana insistiu en que, pese a campaña de socialistas e populares, “as veces con tintes antidemocráticos e discriminatorios”, foi unha victoria “pírrica” do bipartidismo en Galiza. E por iso puxo as súas cartas enriba da mesa de cara a vindeira lexislatura no Congreso.
Logo de felicitar a Zapatero polo seu triunfo, advertiulle que “contará” co BNG sempre e cando “teña en conta a Galiza”. En todo caso, e aínda que non quixo desvelar as condicións do pacto co PSOE, asegurou que a súa formación ten intención de “dar estabilidade” ao goberno socialista. “A lexislatura son catro anos e nós ímola a afrontar con tranquilidade e ilusión porque temos máis experiencia e podemos ser máis decisivos coa nosa representación”.
Mensaxe interna
E non quixo deixar pasar a ocasión para mandar unha mensaxe a súa militancia. “Se conseguimos superar este reto nestas condicións podemos conseguir calquera cousa e o futuro está nas nosas máns”. Unha clara mensaxe de unidade para as súas filas de cara aos próximos comicios autonómicos dos que non se quixo pronunciar nin facer extrapolacións porque, “aquí se presentaron Rajoy, que sacou 11 e Zapatero, que tivo 10”. “Xa veremos cando nos presentemos os tres”, dixo en alusión a el mesmo, Emilio Pérez Touriño e Alberto Núñez Feijóo.
E cun forte abrazo deu paso a Francisco Jorquera, elixido deputado por A Coruña. Feliz tamén estaba o coordinador da Executiva nacionalista que repetiu o argumento de Quintana, non hai maiorías absolutas e o Bloque “resistiu” o bipartidismo, o gran temor dos nacionalistas galegos nesta xornada.

2.3.08

Mitin na Casa da Cultura

O mércores, 5 de marzo ás 8 do serán, o Bloque Nacionalista Galego, vai celebrar un mitin na Casa da Cultura de Neda, mitin no que falarán

Manuel Castro Alonso ( portavoz do BNG en Neda )

Cristina Bouza Bellón

Xoan Carlos Bascuas ( Delegado Provincial de Vivenda )

Tareixa Novo ( Delegada Provincial de Vicepresidencia )

29.2.08

O Bloque Nacionalista Galego solicita Participar nas reunións coa equipa de redacción do PXOM.


Dende o ano 2.000, data na que se iniciou a redacción do P.X.O.M. En Neda, o Bloque Nacionalista Galego, solicitou a creación dunha comisión,co fin de que poidera ser a que fixera ás aportacións en termos políticos do que ía ser o P.X.O.M., ao longo dos anos a nosa organización mostrou o seu desacordo en tódolos foros que lle foi posíbel , co fin de poder participar ( e que os veciños foran tamén participes da elaboración dese documento ).
O vindeiro venres día 29 de febreiro o Goberno municipal de Neda, vai realizar unha xuntanza coa equipa de redacción do P.X.O.M, e tal e como expresamos na Comisión de Urbanismo deste marte día 26, o Bloque Nacionalista Galego, solicitamos formar parte na reunión que se vai celebrar.
1º.- Como mostra de democracía tal e como presumen os socios de goberno PP, TG.
2º .- Polo contido do informe da dirección Xeral da Consellería de Política Territorial.
3º Por ser membros da corporación municipal dende o inicio da redación do documento a pesar de non poder participar na redacción do mesmo.
4º .- Porque o Bloque Nacionalista Galego representa perto do 20 % da poboación do concello de Neda por número de votos.

27.2.08

Posicion do BNG, diante do informe do PXOM

Os representantes do BNG, Cristina Bouza e Manolo Castro, amosaronse preocupados polo acontecido co P.X.O.M. , un Plan que leva sete anos de elaboración.
Cistina Bouza, expresou que en numerosas ocasións solicitaran para formar parte dunha comisión, que redactara as liñas políticas dese Plan e que nunca se tivera en conta o seu plantexamento.
Un documento que costou 120.000 € e que son cartos tirados á papeleira.
O concelleiro Manolo Castro, solicitou unha reunión urxente coa equipa de redación, para que explique o que ao seu xuizo son deficiencias técnicas incomprensibles; ampliacións sen xustificación á limitación de chan urbán, implantación de 3 polígonos industriais, carencia de estudios económicos, falta de evaluación medioambiental, etc, etc.
Os membros do B.N.G. logo desta reunión analizarán si se deben exixir responsabilidades polo acontecido.
O que si teñen clarodende o Bloque Nacionalista Galego é o perxuizo que xa están a sufrir os veciños e veciñas de Neda.

24.2.08

E xa van dous


Segundo día desta campaña eleitoral e, de momento, mantéñome firme no meu propósito de non romper o meu vencello dixital con todos e todas vós.O día toca á súa fin. Unha xornada un tanto accidentada que, malia todo, rematou ben. Estivemos na Mariña lucense pola mañá, na sala Bahía de Foz. O local é unha antiga sala de baile, segundo nos teñen contado. Cantas historias poderían contar esas paredes se falasen! En algun local da vila pódense ver fotos da sala nos seus mellores tempos de festa. Creo que o mitin desta mañá servíu para recuperar un pouco eses tempos porque o certo é que os ánimos eran festivos. Moitas grazas a todos e todas as que acudistes, sobre todo aos moitos que aguantastes de pé até o final.Tamén en Carballo este serán houbo xente que aguantou en pé. Alí dixo unha grande verdade o compañeiro Evencio, (bueno, dixo moitas, pero ésta estaba entre elas) o BNG é a candidatura das ideas, dos argumentos, asi que, se tanto lles preocupan aos do PP, que queden eles coas farolas, que fagan o que queiran con elas porque non teñen moito máis que facer.Sorprendinme esta mañá cando lin na prensa a última das promesas de Mariano Rajoy: vai encher o estado español de garderías. Tarde piou. É o que teñen as campañas eleitorais, hai que oir de todo. Porque, desde logo, que un dirixente do Partido Popular veña agora a falar de políticas de benestar é, cando menos, paradóxico. Eles que deixaron o noso país ermo en infraestruturas de benestar, eles que criticaron e siguen a tentar boicotear a creación de galescolas no noso país… agora disque queren facer garderías! Repito, o que hai que oir en campaña eleitoral desta xente do PP!Hoxe, 23 de febreiro, quixen lembrar nas miñas intervencións públicas e quero deixar tamén constancia neste caderno dixital da importancia de recuperarmos o vindeiro 9 de marzo o espírito que levamos a Madrid tal día coma hoxe hai cinco anos. Alí fomos moitos e moitas a dicirlles alto e claro que con Galiza non poden facer o que lles pete. Que somos un país orgulloso e dono de si mesmo e que necesitamos (non é ningún capricho) termos as competencias en Salvamento Marítimo para evitar novas catástrofes no mar. Non se poden facer políticas acaídas para o mar e a pesca desde a lagoa do parque do Retiro porque, ademais de estar moi lonxe de Galiza (fisica e psiquicamente), xa o dicía a canción dedicada á capital ali non hai praia. Nin hai praia nin saben moi ben que facer con elas.
>> Anxo Quintana é portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta de Galicia. publicación feita no Xornal.com.

23.2.08

"Somos o Obama desta campaña electoral"

O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, fixo esta mañá na súa intervención nun mitin en Foz un paralelismo entre a campaña eleitoral no estado español e as primarias norteamericanas e asegurou que “o BNG é o Obama desta campaña.
O portavoz nacional explicou que nos comicios americanos “parecía que todo estaba predestinado con candidatos oficiais que se daban por bos ata que chegou outra alternativa, Barak Obama, un candidato negro, orgulloso da súa identidade, con unha proposta nova e que rompe o guión”. O líder nacionalista marcou as “clarisimas diferencias que ten o BNG con Obama, pero o BNG é o Obama da campaña eleitoral na que estamos. Un BNG que representa á Galiza orgullosa de si mesma, que non se prega nin se humilla ante os candidatos da oficialidade estatal e que lle di ben alto aos galegos e galegas: podémolo facer. Nós podémolo facer, depende de nós que o fagamos. Unha Galiza orgullosa de si mesma, que dependa de si mesma, unha Galiza de todos e de todas”.
"Dicímoslle aos galegos e galegas ben alto: Podémolo facer"O portavoz do Bloque afirmou que nestas elecións “imos romper o guión e demostraremos que non todo está predeterminado, non todo está escrito, porque sabemos que agora lle toca a Galiza. Nin PP nin PSOE, xa ía sendo hora de que lle tocara a Galiza”.
O BNG mete a Galiza na campaña
“Por que sempre temerosos”, continuou Quintana, “por que sempre mirando a outro lado, humillándonos. Somos capaces de producir por nós mesmos e temos proxectos políticos, cando menos, tan bos, como os que poden vir de fóra. Chegou o momento de actuar por nós mesmos sen deixarnos alucinar polas campañas que veñen de fóra”.
Neste sentido, o portavoz nacionalista indicou que é o BNG “quen está a meter a Galiza na campaña. Porque sen nós non falarían de Galiza para dicer se chove ou fai sol”.
"Se non fose polo BNG non falarían de Galiza nin para dicir se chove ou fai sol"“O BNG mete a Galiza na campaña utilizando a verdade e o compromiso. Rajoy, o que fai é mentir”, acrecentou Quintana, ao tempo que criticou ao popular polas múltiples promesas sen fundamento que lanzou ao longo da campaña. Entre ellas destacou a de onte, “dixo que nos ía encher de garderías. Tarde piaches”, apuntou.
Neste sentido, o portavoz nacional e vicepresidente explicou o labor que está a facerse desde o goberno para elevar a cobertura de educación infantil para acadar a media europea do 33% ao final desta lexislatura e apuntou que “por fin Lugo vai ser a primeira en algo, será a primeira en galescolas”
Galegos a tempo completo
"Non podemos ser galegos mediopensionistas, hai que selo a tempo completo e votar BNG"O portavoz nacional fixo un chamamento a todos os galegos e galegas para que acudan a votar o 9 de marzo e apuntou que “non podemos ser galegos mediopensionistas, hai que selo a tempo completo e agora temos que lembralo porque non toca nin PP nin PSOE, toca o BNG e Galiza”.

19.2.08

Informe previo á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Neda


INFORME (pdf)

14.2.08

A oposición de Neda quere o galego

Artigo publicado en Radiofusion
Cultura, 13 febreiro 2008
A oposición de Neda quere o galegoE un deber das institucións, apoiar, promover, potenciar e utilizar o idioma galego. Toda a oposición de Neda (BNG, PSOE e EU) coincide nese analise criticando a actitude do goberno municipal formado por Terra Galega e o Partido Popular.
O voceiro do BNG de Neda Manuel Castro indica que incluso os propios concelleiros en actos oficiais do Concello non utilizan a nosa lingua.
Coincidiron nesas críticas os voceiros do PSOE e de EU nun acto celebrado na tarde noite de onte na Casa das Palmeiras. O grupo de goberno de Neda formanno 6 ediles de Terra Galega e 1 do Partido Popular. Na oposición situanse 3 do PSOE, 2 do BNG e 1 de EU.
Autor. : Maria Xesus Arias

10.2.08

Candidatura ao Congreso dos Deputados

CONGRESO DOS DEPUTADOS
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG)

1. Don Francisco Xesús Jorquera Caselas.
2. Doña Josefina Elvira Cienfuegos López.
3. Don Francisco Da Silva Bello.
4. Doña María Dominga Brión Sanmiguel.
5. Don Evencio Ferrero Rodríguez.
6. Doña María Socorro Cea Vázquez.
7. Don Mario Antonio López Rico.
8. Doña Mónica Góñez Silva.
Suplentes
1. Don Pablo Carlos López López.
2. Doña María Dolores Torrado Ares.
3. Don Manuel Castro Alonso.
4. Doña Mercedes Vidal Baamonde.
5. Don José Luís Novo Abraira.

Lista que o Bloque Nacionallista Galego presenta pola provincia de A Coruña, nela van dúas persoas da Comarca de Ferrol,
Francisco da Silva Bello ( de As Pontes ) e Manuel Castro Alonso, concelleiro en Neda.

6.2.08

Novo BE-NE-GÁ ao día

O BE-NE-GÁ ao día número 28 xa esta ao voso dispor, descargao.

5.2.08

Moción sobre a supresión da Tarifa Electrica Nocturna

O BNG, vai presentar mañá, no rexistro do concello unha moción co fin de qe sexa debatida no próximo pleno municipal, nesta moción pídese o acordo detódolos grupos políticos para:

Instar á Xunta de Galiza a que demande do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio o mantemento dunha tarifa con características semellantes á nocturna e a gratuidade do cambio de limitadores, así como a creación de liñas de subvención para os custes de adaptación dos equipamentos das vivendas de usuarios/as de Tarifa Nocturna que desexen acollerse á Tarifa con Discriminación Horaria.

4.2.08

O Bloque Nacionalista Galego está en desacordo coa duplicidade de servizos

Publicouse no DOG, o acordó suscrito entre a Consellería de Sanidade e a Asociación de Farmaceuticos de Galicia un convenio, para a realización das probas de inspección oftalmoloxica, este convenio ten como finalidade que todolos usuarios ( veciños deste caso do concello de Neda )poidan ter, con carácter gratuito a posibilidade de realizar as probas pertinentes e ver as posibles anomalías na vista, caso de que estes profesionais detecten anomalías, que poidan ter consecuencias para o paciente, estes serán dirixidos ao médico de cabeceira, que extenderá o correspondente volate para ser oscultados por un especialista.
O Bloque Nacionalista Galego, non entende que é o que move aos gobernantes de Neda, a realizar un convenio con unha clínica particular ( tan separada do concello de Neda ), para a realización deste servizo, cando xa os vecinos e veciñas ( todos/todas ), o poden realizar na farmacia de D. Jacinto Portela, que está situada na zona urbana de Neda e está acollida a este convenio co SERGAS, SERÁ UN AFÁN CACIQUIL OU DE CONTROL DO VOTO DA XENTE MAIOR e menos informada na maioría dos casos.O servizo o teñen en Neda no caso de atopar serías anomalías. Terán que ser dirixidos en tódolos casos ao SERGAS que é o servizo que dispón dos medios técnicos e profesionais .

Dimite Abel García López

O Concelleiro do Bloque Nacionalista Galego no concello de Neda, presentou hoxe no concello a súa dimisión, Abel García que formaba parte do BNG dende o ano 1999, ano no que saiu concelliro polo BNG, os afiliados e simpatizantes do Bloque Nacionalista Galego en Neda, agradecemos a colaboración do concelleiro Abel ao longo destes anos, e sentimos que temas alleos ao que é o traballo a diario enturbien moitos anos de colaboración.

3.2.08

O BNG considera que o actual sistema de financiamento dos concellos é “inxusto” e “prexudicial” para Galiza


O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, defendeu hoxe durante un mitin en Curtis a "necesidade" de modificar o sistema de financiamento dos concellos por ser “prexudicial” e "inxusto" para Galiza, que conta con máis de 35.000 núcleos de poboación "co que iso supón de custo económico para dar servizo aos cidadáns"."Traballaremos para cambiar o actual sistema que dá máis aos que máis habitantes teñen sen ter en conta a dispersión poboacional de Galiza", asegurou Quintana e añadiu que "nin o PP nin o PSOE vanse a preocupar diso, porque non representan os intereses Galiza, senón do Estado".
Ademais, lamentou que a Conferencia Episcopal, no seu comunicado, colocase ao nacionalismo "dentro dos problemas do Estado". "Os bispos non se acaban de dar conta de que o Estado español é un Estado plural, tanto territorial como ideoloxicamente", criticou e celebrou que a sociedade galega "é intelixente e non necesita salvadores que vingan a indicarlle o camiño eterno"."Os bispos preocúpanse de que as mulleres teñan dereito a decidir sobre o seu corpo, de que as persoas sexan libres para elixir a súa sexualidade ou de que exista a igualdade de dereitos e para que isto non ocorra, apostan polo PP", ironizou.
Debate TVG
Por outra banda, Quintana aludiu á polémica xurdida a raíz do debate ao que están convocados os líderes das tres forzas políticas galegas na TVG, aclarando que xa comunicou á televisión pública a súa "disposición" para participar "sen condicións e sen desculpas, por compromiso democrático cos cidadáns".O cabeza de lista do BNG pola Coruña ao Congreso, Francisco Jorquera, acompañou a Quintana no mitin e aproveitou a súa intervención para anunciar que esixirá ao Goberno que renegocie un reparto da cota láctea que corrixa o "importante déficit" e que retorne aos criterios de reparto da cota sobrante do ano 2005, "con criterios sociais e non territoriais".

30.1.08

O BNG presenta o seu lema para unha campaña en positivo e sen demagoxia: 'Contigo Galiza decide'


Francisco Jorquera asegura que “cada vez máis galegos e galegas son conscientes de necesidade dun BNG forte para que Galiza conte na política estatal”
O coordinador executivo do BNG e cabeza de lista pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera, e o secretario de Imaxe e Propaganda, Mario López Rico, presentaron hoxe en rolda de prensa o lema co que o BNG se presentará ás eleccións xerais do vindeiro 9 de Marzo: “Contigo Galiza decide”.
Participación, Galiza e capacidade de decisiónMario López Rico salientou que “o lema recolle clara e sucintamente a nosa proposta política: contigo, como sinónimo de participación, Galiza como o obxecto do noso traballo, e decide como o que propomos”.En canto aos aspectos cuantitativos, o secretario de Imaxe e Propaganda informou de que o BNG colocará 400 valados por todo o país; 40 unidades móveis rotuladas co lema e con megafonía; 20.000 bandeirolas e 500.000 trípticos que se repartirán en man.En canto ao orzamento, Mario López Rico asegurou que “será unha campaña intensa e eficaz e que se adaptará ao precepto legal de non superar o millón de euros de custo”.“Unha campaña didáctica e en positivo fronte á demagoxia e PP e PSOE”Pola súa parte, o coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, subliñou que “o BNG vai apostar por unha campaña en positivo, con propostas en positivo, dialogando coa sociedade e de carácter didáctico”. Contrapuxo as propostas en positivo do BNG “ao nerviosismo do PP e do PSOE que lles fai apostar pola demagoxia como estratexia eleitoral e pola recentralización”. Sobre o primeiro criticou “a espiral de devolución de impostos en forma de cheques como se o Estado fose un banco”. “Ao BNG -engadiu- o impacto que esta espiral de rebaixas fiscais poida ter sobre as finanzas públicas e, polo tanto, sobre os servizos públicos”.A este respeito lembrou que “Galiza acumula un déficit histórico en investimentos do Estado en infraestruturas e políticas sociais” polo que advertiu de que “nun escenario de cambio de ciclo económico, Galiza sería a pagana destas propostas económicas demagóxicas que prometen tanto PSOE como PP”.Por último, o coordinador executivo do BNG criticou a “espiral centralista na que están caendo tanto o PP como o PSOE: uns defendendo claramente a recentralización, e os outros dicindo que o proceso autonómico débese pechar. De novo, Galiza, que está pendente da aprobación dun novo Estatuto de Nación, sería a gran prexudicada desta estratexia”.Ante esta situación, Jorquera asegurou que “cada vez máis galegos e galegas son conscientes de necesidade dun BNG forte para que Galiza conte na política estatal”

27.1.08

Canto máis BNG en Madrid, máis posibilidades de benestar terán os galegos e galegas


O líder do Bloque mencionou onte na Convención Nacional Eleitoral, o empeño do número un do PP en asegurar que “dicir que a xente ten problemas en Galiza para falar en castelán. Dicíndoo insulta a nosa intelixencia”.En opinión do Portavoz do BNG Anxo Quintana, existe unha fórmula inamovíbel, “canta máis capacidade de decisión teñamos no Estado, máis posibilidades de benestar terán os galegos e galegas”. Asi, Quintana contrapuxo as posicións “catastrofistas” do PP fronte ao novo ciclo económico, e a actitude dos socialistas “de dicir que non pasa nada”, á actitude do Bloque, que empeza a tomar medidas, “porque sabemos que, en esta situación, quen primeiro paga o pato é Galiza”.O líder nacionalista lembrou na súa intervención a necesidade de “convertir en forza eleitoral ese sentimento maioritario da xente de que Galiza debe contar en Madrid ao mesmo nivel que Euscadi e Cataluña” e aclarou que, para acadar este obxectivo, “é necesario que o BNG teña máis peso político e os próximos catro anos xa lles iremos dicindo aos da Moncloa que teñen que contar con Galiza”.Os candidatos nacionalistas remataron a súa intervención facendo un chamamento ao apoio masivo ao BNG o vindeiro 9 de marzo porque “apoiando ao BNG non vai haber voltas ao pasado e sobre todo, porque gañará Galiza, teremos un país respetado e decisivo no Estado”.

24.1.08

Os cabezas de lista para o Congreso


viñeta publicada en Galizanacion

22.1.08

CANDO UN NON É PROFETA NA SÚA TERRA

Nota publicada no diario e asinada por Manolo Castro ( Concelleiro do BNG)

Vicente Araguas, escritor, compositor,músico, poeta, orador é un deses homes que empregan a súa vida en ensinar e compartir cos demais aquilo que el coñece.
Membro fundador do grupo de canción belixerante Voces Ceibes, títulos como Paisaxe de Glasgow, Vintecatro Maneiras de Querer a Brian, Maneiras de Querer, onde hai un título significativo a Xuvia, os novos traballos como Xuvia Revisitada ,colaborador da Revista de Neda, poñente en actos no concello de Neda , ten realizado donacións de unha importante cantidade de libros á súa biblioteca municipal, sendo ademais gran colaborador deste diario, levando sempre o nome de Neda na súa pluma e no seu corazón.
Un home coma este sería normal que dende tódolos ámbitos da cultura se lle recoñecera o seu labor e así o amosan os galardóns a el outorgados como o Reimúndez Portela ou a insignia de Ouro de Ferrol entre outros.
Vicente que sempre levou tal e como antes dicía na súa obra e nas súas verbas o nome de Neda por diante, debería ser a persoa (ninguén discute que poderían existir outras) que por parte de veciños, e políticos do concello de Neda, tivera o recoñecemento dese labor que ao longo dos anos foi espallando aló onde estiver ( esa Neda querida ).
Dende logo e tal e como dicía no limiar, o profesor Vicente Araguas é e será sempre Fillo Predilecto de Neda ( naqueles corazóns bos e xenerosos ), por máis que se queiran empeñar os políticos gobernantes en non recoñecerllo e en non amosar a sensibilidade eco fin de que o traballo ben feito teña o seu recoñecemento.

20.1.08

O BNG medra en perspectiva de voto

Según unha enquisa do xornal "El Mundo" nos dados provinciais, e por porcentaxe de voto total válido con respecto as xerais, temos o seguinte:
A Coruña, o PP baixaría do 44,6 ao 43,5%, o PSOE se mantería ou baixaría moi lixeiramente do 38,9 ao 38,5%, e o BNG subiría do 11,7 ao 13,5%.
Lugo, o PP baixaría do 49,7 ao 44,5%, o PSOE subiría do 37,2 ao 41,5%, e o BNG subiría do 10,1 ao 12,5%.
Ourense, o PP se mantería do 55,3 ao 55,5%, o PSOE se mantería ou baixaría moi lixeiramente do 31,1 ao 30,5%, e o BNG subiría do 10,9 ao 12,5%.
Pontevedra, o PP subiría do 46,0 ao 47,5%, o PSOE baixaría do 37,5 ao 35,5%, e o BNG se mantería do 11,6 ao 11,5%.
Polo tanto, os posibles trocos de deputados está claro que se moven en porcentaxes moi pequenas, e que o PP e o PSOE non medran en votos, (practicamente compensan perdas e ganancias en porcentaxe e na práctica os dous perden número de votos totais pola esperada diminución da participación). O único que ten unha tendencia a medrar e o BNG, (arredor dun 2% dos votos totais, pero que supón un 15% de votos mais dos que tivo fai catro anos)

17.1.08

O Pleno aproba por unanimidade a Moción do BNG sobre NAVANTIA FENE

Os grupos políticos que compoñen a corporación municipal no concello de Neda, ( BNG,PSOE,TG,EU, PP), aprobaron esta tarde por unanimidade a moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego referente a solicitude de que o Estaleiro de Fene teña carga de traballo.
No mesmo pleno onde o BNG tamén presentou un regulamente de normalización Lingüistica, este tema quedou enriba da mesaco fin de debatilo na comisión correspondente e que vai de novo no vindeiro pleno.

Quintana pide o apoio á “opción da valentía, o BNG” para que “Galiza teña máis posibilidades de benestar”


O vicepresidente da Xunta e líder do BNG, Anxo Quintana, pediu esta noite en Santiago de Compostela aos galegos que nas vindeiras elección do 9 do marzo aposten pola opción da “valentía”, para que “Galiza xogue outro papel”; en lugar de apoiar a opción da “resignación”, que inclúe “pouca Galiza ou nada Galiza”.Así mesmo, Quintana sinalou que “canta máis presenxa teña o BNG en Madrid, máis posibilidades de benestar existen para os galegos e galegas” e lembrou qu Galiza precisa o 10 por cento dos orzamentos estatais adicados á dependencia, algo que “só se vai conseguir con que o BNG sexa capaza de decidir”.O vicepresidente da Xunta e líder do BNG tamén sinalou que os galegos contestan “maioritariamente” que é necesario que Galiza teña maior peso político no Estado e que é importante a presenza nacionalista en Madrid. “Converter en forza electoral o que é o sentimento maioritario é o noso traballo”, sentenciou Quintana.Na súa intervención Quintana tamén lembrou a entrevista que mantivo co presidente do goberno español e que permitiu lograr unha serie de competencias para Galiza. O vicepresidente da Xunta sinalou que “ese días , moitos galegos marcharon para cama convencidos de que Galiza cumpría un soño” e pensando que “agora non é Catalunya ou Euskadi, agora é Galiza”.“Pedir permiso a Esperanza Aguirre”Anxo Quintana sinalou no seu discurso, ademais, que o BNG “vai ser o freo eficaz ás políticas de involuión social de Rajoy”. Nese intre, o vicepresidente fixo referencia a exclusión de Alberto Ruíz Gallardón das listas para as eleccións xerais e ironizou que “Núñez Feijóo vai ter que pedir permiso a Esperanza Aguirre para ser ministro”.

15.1.08

Jorquera pide aos galegos que opten polo BNG nas eleccións xerais para "devolver o autogobern do Pais á altura de Euskadi e Catalunya

foto diario de ferrol

No hotel Hesperia de Ferrol e nun acto cargado de emotividade, onde facía a súa despedida Francisco Rodríguez como Deputado no Parlamento do Estado, Francisco Jorquera, candidato do BNG pola provincia de A Coruña, fixo unha valoración ante a situación política que se presenta e expuxo as liñas básicas de actuación dos membros do BNG para a lexislatura 2008-2012.

12.1.08

Pleno Ordinario

O vindeiro xoves día 17 celebrarase no salón de Plenos da Casa do Concello, o Pleno Ordinario correspondente ao mes de xaneiro, neste Pleno entre outros puntos da Orde do día, van dúas mocións presentadas polo Bloque Nacionalista Galego.
-Ordenanza de Normalización Lingüistica, coa que se pretende regular o uso do noso idioma en tódolos ámbitos da actividade pública dos nosos representantes políticos.
-Navantia, na que se pide, instar ao goberno do Estado, para que a integridade do actual estaleiro de Navantia Fene (antiga ASTANO ), sexa dedicada á contrucción, así como á reparacións navais civís e militares, contando con carteira propia.

9.1.08

A empresa OGANDO realizará a Polideportiva do Roxal

A empresa OGANDO será a encargada da realización dos traballos de construcción da polideportiva do Roxal.
A comisión avaliadora das ofertas para a realización das obras de construcción da polideportiva do Roxal, reunida esta mañá ás 12 horas, decideu contratar a esta empresa logo de facer as distintas valoración tanto técnicas como económicas para a execución do traballo, OGANDO que na valoración técnica xa obtivera unha puntuación de 44.99 puntos, realizou unha proposta económica de 288.088,66 €, resultando unha baixa de 10,903 % sobre a valoración inicial, e acadando un total de 69,114 puntos no computo final.

6.1.08

AGRADECEMENTOS

Calquera lembranza que teña que ver co noso concello e de agradecer e cando se trata dunha panxoliña na que ademais se fai lembranza do noso ben mais popular, que é o noso pan moito mais.

5.1.08

Reunión da Mesa de Contratación

Entra na recta final o proceso para a contratación da empresa que executará os traballos de "cubrición da Pista Polideportiva do Roxal".
O vindeiro mércores 9 de xaneiro ás 12 horas reuniránse os membros que compoñen a Mesa de contratación, co fin de cualificar a documentación de propostas económicas, logo de ter avaliado a primeira fase técnica do concurso, este será un dos últimos trámites para saber que empresa será a adxudicataria das devanditas obras.

3.1.08

Grazas pola vosa fidelidade

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego e a Asemblea Local de Neda, agradece a tódolos veciños e veciñas e a tódolos/as visitantes do noso Blog a súa fidelidade a este medio de comunicación da nosa organización e deséxalles un ano novo cheo de iniciativas e saúde, pregando ademais a participación con propostas, para levar adiante e facer máis plural o noso medio.

31.12.07

Quintana augura que o BNG aumentará en votos , nos comicios xerais,os cidadáns galegos queren " que Galiza conte na política do Estado "


O vicepresidente di que os políticos como Feijóo lle fan “desconfiar”, xa que dixo que as transferencias conseguidas recentemente son de “segunda categoría” e asegura que exercerá o seu liderado "para manter a maioría que sustenta ao Goberno"

O vicepresidente da Xunta de Galiza e líder do Bloque Nacionalista Galega, Anxo Quintana, afirmou hoxe, nunha entrevista concedida á Cadena Ser, que está seguro de que o BNG “vai aumentar considerabelmente” o número de votos obtidos nas próximas eleccións xerais, previstas para o 9 de marzo. “Estou seguro”, sentenciou Quintana, quen engadiu que ese maior apoio vaise deber a que “a cidadanía quere que Galiza conte” e a que “hai galegos que se decatan, que ven a necesidade de que Galiza conte no Estado”.Así mesmo, o vicepresidente tamén dixo desexar para a próxima lexislatura “que non haxa maiorías”, porque considera que non son voas e avogou polo “pluralismo”. Quintana tamén dixo que o BNG ten como obxectivo aumentar o número de representantes no Congreso e no Senado “para que Galiza decida” e para frear a “involución democrática” e a centralización que defenden políticos como Mariano Rajoy.Anxo Quintana tamén falou na Cadena Ser sobre a transferencia de competencias lograda recentemente na súa reunión co presidente Rodríguez Zapatero en Madrid. O vicepresidente dixo que isto fai que “Galiza recobre certo pulso de autoestima” e lembrou que “antes os galegos tiñamos envexa de que fosen os cataláns e os vascos os que tiñan poder en Madrid” cando “agora Galiza decide”.Feijóo faille “desconfiar”O vicepresidente tamén criticou ao líder conservador Alberto Núñez Feijóo por dicir que as transferencias conseguidas son de “segunda categoría”. Quintana dixo que estas declaracións de Feijóo “fanme desconfiar”.Na entrevista, Anxo Quintana definiu o bipartito galego como “sólida unión”e lembrou que só “perdimos unha votación en dous anos”. Así mesmo, antes a pregunta de había algún perigo de estabilidade, Quintana dixo que “a unidade non está en perigo” e que desexa consolidar esa maioría pero que “hai que aplicarse”.O vicepresidente da Xunta tamén asegura que “exercerá o seu liderado para manter a maioría parlamentaria que sustenta ao Goberno galego”. Despois de que o presidente, Emilio Pérez Touriño, abandonase o pleno o pasado xoves para non votar o ditame da Comisión de investigación da Cidade da Cultura, Quintana advirte ao seu socio de que "a fortaleza do bipartito está na unión".

28.12.07

Pleno Extraordinario

Onte día 27 de decembro, a corporación municipal do Concello de Neda, celebrou Pleno Extraordinario, co fin de aprobar a Moción relativa ao apoio da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, o Pleno por unanimidade aprobou esta mocion, os membros do BNG quixeron por de manifesto e expresar a súa mágoa de que non estivera dentro da solicitude no seu momento o conxunto das fortalezas e o entramado que forma coa cidade de Ferrol ( o Ferrol da Ilustración ) como candidata tamén a ese recoñecemento.

24.12.07

Felices Festas

Con esta panxoliña de Fuxan os Ventos, "con un sombreiro de palla ", o Bloque Nacionalista Galego de Neda, quere desexarvos felices festas.

22.12.07

Novo BNG ao día

Xa está ao voso dispor o novo BNG ao día.

19.12.07

O BNG acusa ao PP de bloquear o funcionamento interno da CRTVG

Ao provocar por falta de quórum a non celebración do Consello de Administración para votar a oferta pública de emprego, o PP utiliza técnicas propias dunha forza extraparlamentaria, con total falta de respecto a unha institución pública

. A secretaria de Comunicación da Executiva Nacional do BNG, María Xosé Bravo, acusa o Partido Popular de bloquear o funcionamento interno da CRTVG ao ordenar hoxe aos seus representantes no ente público que boicotasen coa súa incomparecencia a celebración do Consello de Administración da compañía que se ía celebrar esta mañá.
A non asistencia dos conselleiros e conselleiras do PP fixo que o Consello non se puidese celebrar por falta de quórum e que non se puidese abordar a aprobación da Oferta Público de Emprego elaborada pola compañía para pór fin á precariedade laboral que historicamente vén arrastrando a empresa.“Estamos ante unha inxerencia política intolerábel da dirección do Partido Popular no funcionamento interno da compañía”, avalía María Xosé Bravo. “O asunto é especialmente grave porque a maioría dos representantes do PP no Consello de Administración da CRTVG eran favorábeis a que se abordase hoxe a aprobación da Oferta Pública de Emprego, logo de teren participado, cos representantes de BNG e PSOE, nunha xunta co comité intercentros. O que aconteceu hoxe é que foron chamados a capítulo e se viron obrigados a someterse á disciplina partidaria. A decisión de boicotar a reunión do Consello de Administración tomouse nunha xunta na que tomaron parte membros da dirección galega do PP”, denuncia Bravo.O BNG acusa o PP de “apostar por unha política laboral antisocial e profundamente lesiva para os intereses dos traballadores e das traballadoras”. “Nun medio de comunicación público a precariedade tórnase particularmente inaceptábel porque estamos a falar en moitas ocasións de traballadores e traballadoras que administran un dereito constitucional fundamental, o dereito de todos a sermos informados con veracidade. O bloqueo interposto polo PP a unha Oferta Pública de Emprego que pretende dar estabilidade aos traballadores e traballadoras da compañía atenta non só contra os dereitos laborais, senón contra os dereitos de toda a sociedade a recibir unha información libre e plural”, alega Bravo.Para a membro da Executiva Nacional do BNG, polo demais, a decisión do PP de non comparecer no Pleno do Consello de Administración “non é de recibo nunha organización madura e responsábel”. “O PP está tan desnortado que utiliza xa técnicas propias dunha forza política extraparlamentaria, con total falta de respecto polas institucións públicas e, en último termo, pola sociedade no seu conxunto”.

17.12.07

Adxudicadas as obras de saneamento de O Puntal

O Diario Oficial de Galicia do xoves 13 de decembro, publica a adxudicación das obras dos ramais da rede de augas residuais entre O Puntal e a Estación do tren, o orzamento base de licitación era de 98.601,68 € ( as súas bases foran publicadas no D.O.G. do 12 de xuño ) e o orzamento de adxudicación ascende a 73.359 €. O proxecto da rede de augas residuais fora debatido no Pleno da corporación municipal o 2 de maio de 2.007.Esta obra solicitada en imnumerables ocasións polo Bloque Nacionallista Galego e polos veciños da zona, foi posible por un acordo entre o Concello de Neda e Augas de Galicia.

15.12.07

O BNG pide que os proxectos urbanisticos veñan acompañados do informe técnico e xurídico

O representante do Bloque Nacionalista Galego, na comisión informativa de urbanismo, celebrada o pasado 11 de decembro solicitoulle á presidenta da comisión, que tal e como establece a LOUGA , no seu artigo 195.2 ( os proxectos urbanísticos, deberán de contar co informe técnico e xurídico preceptivo), e tendo en conta isto o representante do BNG na comisión solicitou que tódolos proxectos que pasen á comisión deberán ter eses informes.

14.12.07

TELEBNG

Está a dispor de todos e todas a TELEBNG

13.12.07

Obras na Polideportiva do Roxal

Nove empresas poxan pola adxudicación das obras de cubrición da Polideportiva do Roxal.
O vindeiro martes día 18, reuniráse na Casa do Concello a Comisión que avaliará ás distintas ofertas das empresas que se presentan para a adxudicación das obras de mellora e cubrición da pista do Roxal.
Esta obra financiada pola Deputación Provincial, ten un orzamento base de licitacion de 323.341,00 € ( IVE engadido ).

11.12.07

Publicación Ordenanza Municipal de Circulación


No Boletin Oficial da Provincia, publícase a aprobación inicial da Ordenanza Municipal de Circulación do Concello de Neda.

Aquelas presoas ou colectivos interesados en facer suxestións ou reclamacións, poderán facelo durante o prazo de 30 días

10.12.07

A Consellería de Industria recibirá 99 millóns de € para completar as infraestructuras de Telecomunicacións


A Consellaría de Innovación e Industria disporá dunha nova cantidade orzamentaria por parte do Goberno central para completar a extensión das infraestruturas de telecomunicacións en Galiza. Case 99 millóns de euros destinaranse á universalización do servizo de banda longa e para a extensión da cobertura da televisión dixital terrestre (TDT) na comunidade galega. A cantidade inicialmente prevista para Galiza ascendía a case 77 millóns de euros, pero a Consellería de Innovación e Industria, representada pola directora xeral de Promoción Industrial, Helena Veiguela, esta tarde en Madrid, logrou ampliala ata os 99 millóns. Na conferencia estableceuse o reparto definitivo por comunidades autónomas dos novos compromisos do Estado en infraestruturas de telecomunicacións de cara ao 2008, e Galiza recibirá o maior crédito dos concedidos ás comunidades, conseguindo o 17,9 por cento do total outorgado. Esta cantidade permitirá completar a extensión da banda longa en zonas onde ata o momento a dotación de redes era insuficiente ou non permitía un acceso de calidade a Internet. Ademais, unha parte do crédito irá destinado a completar a cobertura e difusión do sinal de TDT.

7.12.07

O recoñecemento dun "Estado Plurinacional" será a petición de Galiza, Euskadi e Catalunya


Os departamentos autonómicos de Cultura de Galiza, Catalunya e Euskadi intensificarán a colaboración destas comunidades históricas na materia que no noso país preside a nacionalista Ánxela Bugallo e pedirán ao Goberno central que se recoñeza a "pluriculturalidade" do Estado Español.O vindeiro luns visitarán Santiago os conselleiros culturais Joan Manuel Tresserras e Miren Azkarate, catalán e vasca respectivamente, para reunirse coa conselleira de cultura galega Ánxela Bugallo. Encontro nun marco de colaboración que servirá para que os tres conselleiros nacionalistas fagan pública unha declaración institucional dirixida ao Ministerio de Cultura que servirá para "facer unha petición e unha chamada" respecto da "diversidade cultural" que existe no Estado.Está previsto que o acto no que se apelará ao recoñecemento das diferenzas culturais e lingüísticas sexa previo ao comezo da reunión da Conferencia Sectorial de Cultura, que se celebrará tamén o vindeiro luns en Santiago de Compostela, coa asistencia do ministro do ramo, César Antonio Molina. O Ministerio de Cultura convoca este encontro, que terá lugar no Hostal dos Reis Católicos, e no que estarán as representacións ao máximo nivel de todas as comunidades autónomas.Os conselleiros Tresserras, Azkarate, e Bugallo, protagonizarán tamén o luns no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), na capital galega, a firma un acordo de colaboración en materia cultural, froito dun proceso dun ano de traballo.

5.12.07

'Máis Galiza: o que quere a maioría'


A histórica cabeceira A Nosa Terra cumpre cen anos, e con esta celebración comeza unha nova etapa na que o semanario galeguista sufriu unha importante modernización e contará tamén cun diario dixital. Reproducimos, polo seu interese, o artigo do portavoz nacional do BNG no suplemento especial publicado por este xornal:O BNG é a expresión política dun pobo en marcha. Un pobo que se manifesta de maneiras moi distintas e que, contra o que din os tópicos mesetarios, si sabe cara a onde quere ir. Ese pobo maniféstase através dunha sociedade cada día máis vertebrada, co espírito de Nunca Máis como motor cívico; maniféstase no mundo do traballo e da empresa –na cidade, pero tamén no campo-, cun vigor que nos está facendo medrar por enriba da economía española-; maniféstase cun goberno que, cunha presenza determinante do nacionalismo, acomete con decisión as mudanzas estruturais, de raíz, que o país demandaba; maniféstase através de iniciativas mediáticas ousadas como a que a cabeceira histórica do nacionalismo, A Nosa Terra, vén de pór en marcha. Ousadas e autocentradas. Iniciativas que revelan que o país novo polo que apostou o Bloque Nacionalista Galego na campaña das galegas 05 está cada día máis perto de se materializar.
O BNG existe unica e exclusivamente para servir á sociedade galega. Esta é, ademais, a mellor forma de achegar o noso contributo á unha marcha máis racional da Humanidade. Aquí, na nosa casa, o mundo chámase Galiza, célula de universalidade tal e como a concebía o Partido Galeguista de Castelao e Bóveda. Non é posíbel ser internacionalista sen antes amar a propia nación. Non é posíbel defender un mundo máis xusto, máis equilibrado, se un non defende primeiro a igualdade de todas as patrias, a comezar pola nosa. Ser nacionalista é abrazar todas as causas positivas que o xénero humano enfrenta no comezo deste século e facelo non desde o vacuo cosmopolitismo abstracto, senón ao servizo dunha terra e dunhas persoas concretas. Ao servizo de Galiza e dos galegos e galegas.Galiza si sabe cara a onde quere ir. Felizmente, non construímos sobre o nada. Temos un potencial cívico enorme que traballa a favor da construción da nación. Teño dito estes días atrás que a sociedade galega se autodeterminou cando defendeu o país da incompetencia dun Estado que demitiu das súas responsabilidades durante a crise do Prestige. Autodeterminarse é tomar conciencia do que un é e do seu lugar no mundo. E cando un se autodetermina, xa nada volve a ser o mesmo. Un país que comeza a emanciparse é un país que non ten maís límites que o da libre vontade dos seus cidadáns e das súas cidadás. Ese país vólvese felizmente exixente cos poderes públicos e ese país é o que nos está a pedir a nós, os nacionalistas galegos, que sexamos cada vez máis ambiciosos no proceso de transformación co que estamos firmemente comprometidos. A ambición nacional é o que caracteriza ao BNG desde a súa fundación e non podemos menos que orgullarnos ante o feito de que esa ambición nacional sexa hoxe tamén compartillada pola grande maioría da sociedade galega.A grande maioría social do noso país o que quere nesta altura é un maior protagonismo de Galiza no conxunto do Estado. O que a maioría quere é que, á hora de garantir a gobernabilidade do Estado, Galiza sexa decisiva, como o teñen sido Catalunya e Euskadi durante os 30 anos de democracia. Das tres nacións sen Estado –Galiza, Catalunya e Euskadi- a nosa é a única que até o de agora non ten sido un factor determinante da gobernabilidade. E iso tennos pasado non poucas facturas. A xente sábeo e a xente quere mudar ese estado de cousas. O BNG sintoniza con esas arelas colectivas e convértese así no referente político natural da grande maioría social galega. Os galegos e as galegas, mesmo os que non votan BNG, saben que canto máis presenza teña o nacionalismo galego nas Cortes Xerais do Estado, maior será o peso de Galiza. Sábeno por experiencia acumulada durante 12 anos en que o BNG conseguiu que Galiza existise en Madrid. Saben como o BNG logrou modificar a orientación dos orzamentos do Estado a respecto do país. E saben, por tanto, que a única vía para reforzar a Galiza no Estado é a vía galega que representa o BNG. Calquer outra vía é unha vía dependente de centros de decisión que non están no noso país. Calquer outra vía é unha vía cegada para Galiza. Os únicos que non temos que pedir permiso para existirmos politicamente como galegos e galegas somos os nacionalistas e as nacionalistas.Proxecto transformadorO nacionalismo representa un proxecto transformador para Galiza e para o Estado. No plano da política nacional galega, e desde a súa participación no Goberno, o BNG remove os corsés que mantiñan apreixada a creatividade da nosa sociedade. No plano da política estatal, o nacionalismo é o único proxecto reformista e democratizador realmente viábel (e emprego a palabra reformista no mellor sentido do termo: no de mudar para avanzar). Os partidos estatais, quer na súa variante conservadora quer na socialdemócrata, teñen mostrado con clareza cales son os seus límites e como continúan atavicamente atados á concepción arcaica dun Estado uninacional e centralista. É certo que uns e outros non son o mesmo –hai máis respeito polo pluralismo nunha bancada do que noutra-, mais en esencia partillan idéntico deseño: as nacións non poden existir politicamente e, como máximo, se toleran como realidades socioculturais distintas, non como fontes de poder político.Bipartidismo estérilO nacionalismo é a única alternativa a este bipartidismo estéril que non é quen de resolver a cuestión nacional no Estado. O nacionalismo é tamén a mellor opción para que o pobo galego sexa por vez primeira protagonista da política estatal. Non pequeno mérito do BNG é ter sabido historicamente albiscar os desexos máis profundos da sociedade galega. Iso –e non o apoio de nengún poder oligárquico- ten colocado o BNG na posición de influencia e poder institucional que hoxe detenta. Iso é o que vai levar ao BNG a medrar nas próximas eleccións, para beneficio da inmensa maioría e para preocupación unica e exclusivamente daqueles que non deron nen chío durante os anos da dependencia e a vasalaxe.Eses anos non volverán porque o país novo está en marcha e só olla cara adiante. Cara a máis futuro, cara a máis Galiza.

1.12.07

O Pleno aproba as obras do P.O.S.

Na sesión extraordinaria de Pleno, celebrada o pasado luns 26 de novembro, aprobarónse as obras que serán cofinanciadas entre o Concello de Neda e a Deputación provincial.
A pesar de non ser estas as obras que dende o BNG propuxemos para o Plan de Obras e Servizos da Deputación, os membros do Bloque Nacionalista Galego, apoiamos co noso voto as obras propostas polos socios do grupo de goberno.
Dende o BNG, considerabamos que a rede de sumidoiros era prioriataria ao de pistas.
OBRAS:
Pista Viladonelle parte alta - 42362 euros
Pista Cobeluda límite Concello - 76.000 euros
Pista dende o Regueiro ( donde para o autobus) 30.985 euros
AC-862 Ata Centro de Saúde e Pista Vilasuso - 55795 euros

30.11.07

Quintana: 'O gran reto de Galiza na nova lexislatura que comeza en marzo é aumentar substancialmente o noso peso decisorio na política de Estado'


Marca tres ámbitos determinantes para o novo peso político de Galiza no Estado: avanzar no autogoberno de Galiza, comprometer investimentos para corrixir os déficits en infraestruturas e servizos sociais e crear un novo marco institucional para o recoñecemento da natureza plurinacional do Estado español
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, suliñou hoxe que o gran reto de Galiza na nova lexislatura que comeza en marzo será o de “aumentar substancialmente o noso peso decisorio na política de Estado”. Segundo expuxo, o gran desafío de Galiza no novo ciclo político que se abrirá en marzo ha ser dispoñer dunha maior capacidade decisoria no Estado, “Galiza precisa ter unha voz politicamente cualificada que poña os intereses galegos no primeiro plano da súa actuación e así poida condicionar positivamente e influír de xeito determinante nas decisións estratéxicas do Goberno do Estado”. O vicepresidente da Xunta pronunciou esta tarde en Ferrol a conferencia “Galiza no Estado: Retos dunha nova lexislatura”, dentro do Foro do Diario de Ferrol.
Quintana explicou que o gran reto é ampliar a presenza política do nacionalismo galego nas Cortes do Estado. Asegurou que nas eleccións de marzo o gran desafío ao que se deben enfrontar os galegos e galegas é o de que Galiza estea representada de xeito politicamente solvente no espazo de decisión no que se vai determinar a gobernabilidade futura do Estado. O vicepresidente sinalou que as eleccións de marzo han de abrir unha nova etapa na historia de Galiza e do Estado, “un novo tempo político que enterre as políticas de dependencia e lle dea protagonismo a Galiza no Estado”. Gobernabilidade do Estado O vicepresidente lembrou que, dende o inicio da Transición, Galiza tivo na dinámica política de Estado que resignarse a ter un papel subalterno, secundario e de baixa influencia política. A representación maioritaria dos electores galegos por parte do PSOE e do PP contribuíu ademais, segundo Quintana, a privar a Galiza dunha voz singular para a expresión dos intereses do país. “Unha situación que aínda se veu agravada polo feito de estar o Goberno galego hexemonizado polo Partido Popular”, indicou Quintana, quen lembrou que o que caracterizou os diferentes gobernos Fraga foi a súa “renuncia a exercer as capacidades do noso autogoberno nacional perante o Goberno de Madrid”. Engadiu que o Goberno galego en mans do Partido Popular renunciou en todo momento a xogar un papel reivindicativo, influente e condicionante das decisións do Executivo central. Anxo Quintana afirmou que desta maneira, con esta situación, se esvaeceu un tempo político fundamental no que Euskadi e Cataluña, non só conseguiron acrecentar as capacidades políticas e financeiras dos seus autogobernos, senón que tamén influíron de maneira determinante nas decisión estatais, na definición das grandes políticas estatais. Ante esta situación de pasividade e falta de iniciativa perante Madrid, o vicepresidente manifestou que todo cambiou coa chegada do nacionalismo galego ao Parlamento do Estado e ao Goberno da Xunta. A presenza do BNG no Congreso e no Senado significou que “Galiza non só teña voz propia para se expresar politicamente, senón que tamén obteña beneficios políticos grazas ás actuacións parlamentarias do nacionalismo galego”. Un exemplo disto son os orzamentos do Estado para 2008 que van destinar a Galiza un 8% dos seus investimentos. Ademais deste papel activo nas Cortes en Madrid, a situación tamén mudou en Galiza, coa presenza do nacionalismo galego na Xunta, polo que “Galiza conta por primeira vez na súa historia cun goberno de seu, cunha acción de goberno comprometida inequivocamente co noso país”. Quintana asegurou que co nacionalismo no Goberno, Galiza deixou de ser un país á espera de mandatos e directrices de Madrid, “agora tomamos a iniciativa cunha oferta de diálogo e cooperación intelixente, coa que procuramos máis autogoberno e máis recoñecemento da existencia dunha débeda histórica con Galiza en materia de infraestruturas e en materia social”.“Estamos certos de que a solución da gobernabilidade do Estado será plural”, sinalou o vicepresidente, engadindo que está confiado en que o nacionalismo galego pode facer unha achega decisiva para a construción dunha maioría parlamentaria plural sobre a que se asente o novo Goberno no Estado. “Un goberno que asuma a súa lexitimidade non repousa só nunha ampla maioría parlamentaria, senón tamén na súa capacidade para concertar as súas estratexias cos autogobernos nacionais de Galiza, Cataluña e Euskadi”. Tres ámbitos determinantesPara acadar o novo peso político que Galiza debe ter no Estado, o vicepresidente marcou tres ámbitos que van ser determinantes: avanzar substancialmente na transferencia de competencias recollidas no actual Estatuto, comprometer investimentos do Estado para corrixir os déficits de infraestruturas e de servizos sociais que Galiza padece, e en terceiro lugar, crear un novo marco institucional para o recoñecemento da natureza plurinacional do Estado español.No primeiro ámbito, para ampliar o autogoberno de Galiza, Anxo Quintana explicou que a próxima lexislatura estatal 2008-2012 ten dúas fases claramente diferenciadas: a primeira chega ata finais de 2009 e a segunda ábrese a partir do outono de 2009, tras as eleccións autonómicas galegas. Quintana expuxo que, ata 2009, os esforzos teñen que pasar por impulsar o desenvolvemento pleno das competencias que contempla o actual Estatuto de Galiza. “O noso primeiro obxectivo é facer efectivo este proceso de competencias, trátase de ampliar as capacidades do actual autogoberno galego dándolle pleno desenvolvemento ás competencias contempladas no Estatuto de Autonomía de 1981”, manifestou Quintana.A finais de 2009, tal e como explicou o vicepresidente, “ábrese unha segunda fase política para ampliar o noso autogoberno e na que o obxectivo é dotarnos dun Estatuto de nación como marco político para acceder a novas capacidades e recursos para o goberno de Galiza”. Dixo estar seguro de que as eleccións autonómicas de 2009 han permitir unha nova maioría parlamentaria galega que faga realidade a elaboración dun novo Estatuto, un Estatuto de nación.O segundo ámbito determinante para que Galiza teña máis peso político, tal e como explicou Quintana, está en avanzar de xeito significativo na superación dos déficits de infraestruturas e servizos sociais que padece Galiza. Hai ademais un terceiro plano no que se ten que facer valer o peso político que lle corresponde a Galiza, “é facer efectivo o recoñecemento do carácter plurinacional do Estado”. O vicepresidente afirmou que os nacionalistas galegos teñen un modelo diferente de Estado, un modelo baseado na participación entre iguais e na corresponsabilidade, “un modelo que permita activar, en Galiza, Cataluña e Euskadi, as capacidades propias, e ao mesmo tempo, contribuír ao desenvolvemento compartido do Estado en termos de solidariedade, igualdade e benestar”.Quintana márcase como un dos grande retos da próxima lexislatura, e como unha das pezas centrais da nova gobernabilidade do Estado, crear un novo marco institucional máis acorde coa realidade plural do Estado. “Un novo espazo institucional de libre decisión, unha canle para o diálogo e a cooperación entre iguais, que permita a construción do goberno compartido do Estado”, concluíu o vicepresidente.

29.11.07

Actuamos no Congreso como miles de galegos e galegas esperan que o fagamos, con pragmatismo e intelixencia,en beneficio do País


Quintana : 'Antes do 15 de Xaneiro, o Estado entregará 51 millóns de euros a Galiza para liquidar a débeda histórica en materia social''

O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asegurou que o sucedido onte en Madrid no Congreso dos Deputados demostra que “os galegos e galegas decidimos en Madrid e iso é bo para Galiza”. Quintana amosou a súa satisfacción polo cambio de actitude e polo cambio de postura do Goberno do Estado no que se refire a Galiza, “había algunhas situacións que non eran boas para Galiza e que ían en detrimento da credibilidade do Goberno do Estado para cos seus compromisos con este país. E polo tanto, é para min unha satisfacción que haxa un cambio de actitude e que podamos comezar agora unha nova etapa”.
O vicepresidente sinalou que onte en Madrid o Bloque Nacionalista Galego actuou “como ten que actuar unha forza política ao servizo do país, con pragmatismo, con intelixencia e colocando a Galiza por diante de calquera outro interese, sexa partidario ou de calquera outro signo”. Quintana asegurou que se ten feito un bo acordo e sobre todo un bo acordo para Galiza, “témolo feito con pragmatismo, con intelixencia e pensando no país”. Explicou que onte, no Congreso dos Deputados, o que había que decidir en Madrid era ben claro, “ou ben reprobar a unha ministra cunha consecuencia práctica nula, como todos sabemos, reprobar a unha ministra fundamentalmente polo sucedido en Cataluña e polo tanto en base á dialéctica política establecida en Cataluña. Ou ben a segunda cousa que se podía facer era tentar, a través dun acordo, colocar a Galiza no debate político e que Galiza puidera ter un resultado positivo desta situación. E esta segunda opción é a que nós escollemos e que ten resultados importantes para Galiza”. Anxo Quintana sinalou que o ocorrido onte no Congreso confirma que “pasamos dunha época na que Cataluña ou Euskadi podían determinar a acción do Goberno, e mesmo quitar e pór ministros, a unha situación agora na que Galiza é a que decide este tipo de cousas”. Sinalou que, ao seu entender, hoxe hai milleiros de galegos e galegas que, sobre todo e ante todo, o que queren é que Galiza teña unha forza política propia que actúe así, con pragmatismo, con intelixencia e colocando a Galiza por enriba de calquera outra cousa. “Estou plenamente convencido de que onte o BNG actuou como esperan milleiros de cidadáns de Galiza que actúe o BNG”, concluíu Quintana. AcordosO vicepresidente da Xunta explicou que onte tivo a oportunidade de falar co presidente Zapatero e con outros altos responsables da Administración do Estado para chegar a un acordo “que penso que é positivo para Galiza”. En primeiro lugar, e en virtude do acordado onte, “vamos ter a posibilidade de que o pagamento da débeda histórica con Galiza en materia social -que como sabedes estaba acordada dende fai tempo- se poida efectivizar con carácter inmediato e temos un preacordo xa para que antes do 15 de xaneiro se poida proceder á sinatura da segunda parte de pago desa débeda histórica en materia social que o Estado ten con nós”. Quintana lembrou que fai uns meses se concretou a primeira parte desa débeda, de nove millóns de euros, e agora faltan por efectivizar 51 millóns “e temos xa ese preacordo de que antes do 15 de xaneiro poderemos proceder a liquidar esta situación, cuestión moi importante para Galiza”. En virtude do acordado onte, Galiza tamén vai ter con carácter excepcional a posibilidade de pór en marcha un sistema pioneiro en toda España e en toda Europa, como é o servizo público de transporte adaptado. Segundo o acordado onte, “vamos ter con carácter excepcional a concesión dun número telefónico, o 065, que vai servir para darlle estabilidade a ese servizo e isto é algo que se fai por primeira vez no Estado”. O vicepresidente indicou que a concesión dese tipo de números sempre se fai con carácter estatal e nunca con carácter exclusivo para unha comunidade autónoma, algo que agora se lle concede a Galiza. Segundo o acordado onte, Quintana explicou que se vai desbloquear o proceso de transferencias. Recordou que o presidente Zapatero tiña adquirido un compromiso no Senado polo que, despois do bloqueo do proceso de transferencias, se comprometía persoalmente a tratar este tema e buscar unha solución. “Dende aquel compromiso no Senado, nunca máis souberamos dunha actitude e dunha posición do presidente para cumprir aquel compromiso. Pero agora, en virtude do acordado onte, ese compromiso por parte do presidente vaise cumprir e nese sentido está acordado que teñamos unha entrevista antes do 15 de decembro para proceder ao desbloqueo do proceso de transferencias”. Ao mesmo tempo, Quintana explicou que se vai constituír a Comisión Bilateral de Cooperación, que se dará un prazo de tres meses dende hoxe, polo tanto antes de que remate a lexislatura, para desbloquear o proceso de transferencias. Engadiu que “o documento referencial será o que no seu día lle presentamos ao ministro Jordi Sevilla e dende logo, se algunha desas competencias non fose posible nese prazo, o Estado terá que pór enriba da mesa outras que as compensen”. Polo tanto, Anxo Quintana concluíu que onte en Madrid “abrimos un camiño para o desbloqueo dun proceso moi importante para Galiza e para a mellora do autogoberno de Galiza”. En virtude do acordado onte, o Partido Socialista manifestou o seu apoio e compromete o seu apoio para a aprobación da proposición de lei no Parlamento galego como primeiro paso para o traspaso da competencia do tráfico, “unha competencia tan importante para Galiza”. Relacionado con este acordo, Quintana anunciou que ten convocado para o vindeiro luns no Parlamento aos portavoces dos tres grupos parlamentarios para definir xa ese proxecto de lei que reclame a transferencia de tráfico a Galiza pola vía da lei orgánica. “Como sabedes, fai un mes reuninme con eles, e téñense celebrado diferentes reunións, pero o protagonismo debe pertencer ao Parlamento galego e por iso a miña misión é convocar aos tres grupos e conseguirmos así que esa proposición de lei se efectivice xa con carácter definitivo e se rexistre no Parlamento para o seu tratamento”.

Praza de Animador Sociocultural

O B.O.P. ( Boletín Oficial da Provincia, publica no seu nº 276, de 29 de novembro, as bases que rexerán, no proceso selectivo para a contratación dun animador sociocultural, o prazo de presentación de solicitudes son 5 dáis hábiles, contados a partir do seguinte á súa publicación.

22.11.07

Contratacion dun Auxiliar Administrativo

O Concello de Neda, aproba as bases que rexerán para a contratación dunha persoa, a tempo parcial, mediante contrato laboral de duración deteminada, para cubrir unha praza de Auxilliar Administrativo dos Servizos Socias
As solicitudes poderán presentarse no rexistro xeral do concello ate as 14 horas do luns 26 de novembro.
Os aspirantes presentaránse o martes, ás 12 horas na Casa do Concello.
Ao Bloque Nacionalista Galego chamanos a atención a convocatoria desta praza, xa que non pasou por ningún órgano de participación da oposición,temos coñecemento da mesma pola prensa, xa que foi aprobada na Xunta de goberno do día 16 de novembro ( o BNG recibe ás Acta de Xunta de Goberno de mes en mes- acabamos de recibir o mes de outubro. ) ademais acaba de aprobarse a privatización do servizo.

21.11.07

Reclamacions aos Orzamentos

O Boletin Oficial da Provincia, publica hoxe 21 de novembro, a aprobación provisional dos orzmanentos do concello para o ano 2008, aqueles veciños e veciñas, que desexen facer reclamacións aos mesmos teñen de prazo, 15 días hábiles, contados estes dende o seguinte ao de publicación.

17.11.07

Os Orzamentos do 2008 do Concello de Neda

O Bloque Nacionalista Galego , manifestou a súa disconformidade cos orzamentos do concello para o ano 2008 por

1. Non recoller investimentos para cubrir as necesidades de abastecemento de auga ás parroquias do rural nin rede de saneamento.
2. Deixar de aportar diñeiro para crear unha gardería municipal, e poder conveniar coa Vicepresidencia da Xunta de Galiza a súa construción a través do Consorcio Galego de Servizos, responsabilidade do BNG para dotar aos concellos de centros de día, galescolas, garderías...
3. Non previr aportacións económicas para poder conveniar a construción de vivendas sociais coa Consellaría de Vivenda e Solo, que dirixe o BNG na Xunta de Galiza.
4. Non destinar partida económica para a conservación e protección do noso patrimonio histórico-artístico existente nos castros do concello.-.

14.11.07

Sesión de Pleno no Concello de Neda

O Xoves 15 de novembro, ténse convocado no concello de Neda, unha sesión Plenaria, co seguinte
orde do día:
2.- Ratificación da proposta de días festivos locais 2008
3.- Ratificación da solicitude de subvención PXOM
4.- Ordenanza sobre contaminación acústica.
5.- Modificación de créditos
6.- Resolución de alegacións ás ordenanzas fiscais e aprobación definitva se procede
7.- Orzamento 2008
8.- Ordenanza municipal de Circulación
9.- Informes e propostas da Alcaldía
10.- Rogos e preguntas

11.11.07

Reunion Urxente de Portavoces

Este luns día 12 e con carácter de urxencia, reuniránse no Concello de Neda, os portavoces dos grupos políticos con representación no concello, co fin de tentar dar solución a un problema xurdido como consecuencia das obras que se están a levar a cabo na Mourela do Medio, dado que a execición do proxecto inicial, crea unha serie de problemas nas vivendas de algunhos veciños da zona.

6.11.07

'Tráfico: responsabilidade e electoralismo', carta aberta de Anxo Quintana a Rubalcaba


Polo seu interese, reproducimos a carta aberta ao ministro de interior que o portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta publicou en varios xornais galegos: “Estimado Alfredo: Estou contento de poder recuperar, aínda que só sexa por medio desta carta, o agarimoso intercambio de ideas que, noutrora, animou as nosas conversas e negociacións parlamentarias. Contraste de posicións políticas que unhas veces se saldaron con proveitosos acordos e outras, como no debate de orzamentos de 2005, cun irremediable desencontro que motivou o seu veto polo BNG no Senado. Coincidencias e desacordos produto dun diálogo leal baseado nunha entrañable franqueza e na firmeza das nosas conviccións.
Sempre pensei que agora, sendo ti Ministro de Interior e eu Vicepresidente da Xunta de Galicia con competencias, entre outras, en Relacións Institucionais, nas túas visitas a Galiza teriamos unha oportunidade para retormar o noso animado diálogo. Pero xa ves, as estreiteces do protocolo e as rixideces da túa axenda impedíronnos, na túa última e fuxidiza viaxe, conversar sobre as competencias que Galiza agarda en materia de tráfico e seguridade vial. Unha mágoa á que quero por remedio con esta carta.Malia a brillantez á que nos tes afeitos, as túas últimas declaracións desvían a atención respecto das auténticas motivacións da nosa demanda das competencias de seguridade vial para Galiza. A súa descualificación como produto dunha 'efervescencia propositiva' de natureza electoralista desconsidera o labor realizado pola Xunta de Galicia desde 2005 para ampliar, mediante unha cooperación intelixente co Goberno do Estado, as capacidades competenciais do noso autogoberno. Mesmo representan unha infeliz amonestación do Presidente da Xunta que ten reiterado o seu compromiso para avanzar decididamente no traspaso de novas competenciais antes de que conclúa a presente lexislatura.Non é o aproveitamento electoralista o que guía a actuación do noso goberno, é o noso desexo reforzar as capacidades executivas coas que Galiza debe poder contar para dar unha resposta eficaz a vellos problemas nosos como a sinistralidade das nosas estradas ou a organización do salvamento nos nosos mares. Obedece a unha firme vontade que nos animou a finais de 2006 a elaborar un documento de traballo que identificaba setenta competencias subsceptíbeis de ser transferidas a Galiza. Un proxecto de avance do autogoberno que concretaba o Acordo de Goberno subscrito polo BNG e o PSdeG en 2005.A negativa do Partido Popular a aprobar un Novo Estatuto sinalou a negociación bilateral Galiza-Estado como a única vía practicable para agrandar, neste momento, o noso teito competencial e dar cumprimento pleno ao noso actual Estatuto de Autonomía. Por iso, acordamos, en febreiro de 2007, con Jordi Sevilla a apertura do traspaso de sete competencias recoñecidas estatutariamente a Galiza desde 1981. A veciñanza das eleccións municipais, primeiro, e seu relevo ao fronte do Ministerio de Administración Públicas, despois, conxelaron os traspasos en materia de salvamento marítimo; a titularidade dos inmobles da Seguridade Social; a transferencia dos centros de investigación ou dos arquivos, museos e bibliotecas. Un bloqueo que en nada beneficia a Galiza.No último debate sobre o estado da nosa Autonomía, de xeito unánime o BNG, o PP e o teu partido se pronunciaron a favor de reactivar o proceso de transferencias pendentes. Días despois, o consenso das tres forzas parlamentarias galegas plasmouse na posta en marcha dunha Proposición de Lei para solicitar do Parlamento do Estado a transferencia a Galiza, mediante Lei Orgánica, das competencias de tráfico e seguridade vial atendendo o artigo 150.2 da Constitución. Consento entre todas as forzas políticas, acatamento do ordenamento xurídico, vía constitucional para mellorar o autogoberno... Galiza está a seguir o camiño que o presidente Zapatero lle reclamou ao lehendakari Ibarretxe. Aínda así, tristemente desvalorizaches esta iniciativa ao cualificala como efervescencia propositiva e electoralismo.Francamente se nos vemos obrigados a falar de electoralismo, teño que dicir que na negativa do Goberno Central a impulsar o proceso de transferencias pensan moito máis os vosos cálculos electorais que a firmeza dos compromisos adquiridos con Galiza. O precipitado abandono do proxecto da España plural e a entrega entusiasta ao aplauso da España unitaria, á apropiación patrioteira dos símbolos e retrousos da dereita ultramontana ou o enxalzamento centralista do agora omnipresente Goberno de España son concesións a unha lamentable acomodación electoralista e son un erro que confío en que aínda poidades emendar.Certamente, a solución máis intelixente non é tentar gañar eleccións asumindo como propio o trastempado programa do Partido Popular. O camiño non é reeditar un novo centralismo para competir co vello centralismo da dereita. O horizonte ilusionante e transformador é atender o recoñecemento da natureza plurinacional, plurilingüe e pluricultural do Estado. Esa é a solución coa que os nacionalistas galegos estamos democraticamente comprometidos.Estimado Alfredo, a decisión do Goberno Galego para activar o proceso de transferencias que o noso Estatuto recolle é unha proposta institucionalmente responsable que se asenta nunha firme elección: cumprir o mandato que nos deron os cidadáns e cidadás galegas en 2005 para que ampliasemos o noso autogoberno como garantía de benestar e progreso para o noso país. Ese é o compromiso ao que nos debemos. Estou certo de que calquera porta que poidamos abrir ao diálogo será beneficiosa para a liberdade, a democracia e o autogoberno de Galiza. Quedo como sempre á túa disposición.”

2.11.07

Non había ninguén

Os membros do Bloque Nacionalista Galego, personaronse hoxe no concello, co fin de rexistrar e dar entrada ao documento de alegacións ás Ordenanzas Fiscais, e cal non é a súa sorpresa, xa que non había ninguén para poder facer o rexistro deste documento, pero tamén ao longo da mañán, constructores, veciños, etc se personaron tendo que dar volta sin poder solucionar o seu problema, xa que non había ninguén que os poidera atender, nos parece unha falta de profesionalidade e unha desidia dos mandatarios deste concello, por non ter como mínimo o rexistro do concello aberto, co fin de que todos aqueles que acudiran a administración, poideran rexistrar os seus documentos.