6.5.07

Candidatura do BNG en Neda

Manuel Castro Alonso


Abel García López



Cristina Bouza Bellón


Helena Pardo Rodríguez


Jorge Vila López


Francisco Jesús Fernández Abraldes


Esther Mesías Rodríguez


Mª Desirée Romero Villares


Mª Rebeca Gorgullo Díaz


Fernando Sánchez Rodríguez


Gonzalo García García


Elena Díaz Pardo


Manuela Bellón Piñón


Mª Soidade García Pereira


Manuel Pajón Gómez


Ramón Fornos Fernández


Jesús Gabriel Pereira Torrado


Mª de los Ángeles Sánchez García


Severino López Cabanela


Beatriz Santiago Yáñez


Uxío Souto Castro

1.5.07

Xa esta na rúa un novo Bloque Neda

O Bloque Nacionalista Galego, ven de sacar á rúa, un novo Boletín de difusión no Concello de Neda, co ánimo de informar de cuestións, que poucas veces os medios de comunicación se fan eco delas.




30.4.07

Veciños, Xunta e Deputación restauran a Igrexa de Viladonelle


A igrexa de San André de Viladonelle (Neda) luce unha nova imaxe. Desde fai tempo, realizan-se no templo unhas obras de restauración que tiñan como obxectivo devolver o esplendor perdido a unha edificación na que algunhas das súas partes datan do século XVII. A delegada provincial da Consellería de Cultura, Milagres Lantes Seara, tivo onte a oportunidade de comprobar o grao de avance duns traballos aos que aínda lles fica en torno a un 30% para completar a rehabilitación.
Para iso serán necesarios novos esforzos económicos, destinados a mellorar a zona na que se atopan as imaxes dos santos venerados na igrexa parroquial. Ante esta situación, a delegada provincial recomendou á comisión que levou a cabo os trámites que iniciase o proceso para a solicitude de novas subvencións. A Diputación Provincial, a través da comisión de Promoción Económica, e a Xunta colaboraron nesta restauración con 6.000 e 30.000 euros respectivamente en axudas. Sen embargo, tamén o fixeron os habitantes deste pequeno núcleo de poboación, de magoas 40 vivendas habitadas, que reuniron en torno a 18.000 euros.
Lantes Seara se reuniu tras a visita con membros da Asociación de Veciños "O Castro de Viladonelle,” a quen informou do proceso para a obtención de axudas económicas para entidades que pen á súa disposición o Goberno autonómico.

26.4.07

A Fiscalía solicita informes pola situación do Verquedorio de Ancos


O Bloque Nacionalista Galego, quere dar a coñecer o que está a acontecer coa situación do Medio Ambiente en Neda e en concreto co Verquedoiro de Ancos, xa que a
Fiscalía solicitou informes dos técnicos municipais do concello de Neda pola situación na que se atopa este entorno, como consecuencia dunha denuncia cursada polo Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA).
A consellería de Medio Ambiente, que no mes de setembro de 2.006, anunciou publicamente que no prazo de 6 meses clausuraría o verqudoiro, a estas alturas do 2.007 non deu ningún tipo de comunicación ao concello de Neda, para incluilo nos planos de selado iniciados no ano 2.005.
Temos que lembrar que o Conselleiro de Medio Ambiente e o Alcalde de Neda Sr. Pita prometeron publicamente e nos medios de comunicación a Clausura e rexeneración dese espazo, dende o B.N.G. Dicir que non só, non se tomaron as medidas para clausuralo, senón que ese verquedoiro foi aumentando os seus verquidos e creando outro verquedoiro incontrolado no espazo de Maciñeira.
nota envaida á prensa

22.4.07

O Consellerio de Industria seguirá pelexando polas gradas e os dique de ASTANO


O conselleiro insta ao Goberno a cuantificar as obrigas coa UE para recuperar Astano, "porque igual podemos asumir a parte que nos correspondeO conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, dixo que "se existen obrigacións por axudas ou subvencións públicas" que condicionan o proxecto de recuperar Astano, "que as cuantifiquen, porque igual podemos asumir a parte que nos corresponde".Blanco indicou que "existe unha limitación etérea por unhas obrigacións que supostamente tivo Astano, pero das que nunca se beneficiou, porque non podería construír barcos desde o ano 1987".O responsábel de Industria do Goberno galego manifestou a Efe que "non entendía a posición do Goberno do Estado neste asunto" e preguntouse "como podemos distorsionar a competencia os que queremos poñer en marcha un proxecto privado, dunha iniciativa privada, que lidera un empresario moi competente, que non teñen axudas nin subvencións públicas e que conta co apoio financeiro das dúas caixas galegas, que ata están dispostas a entrar no accionariado".Fernando Blanco recordou, que aínda que o PSOE votou en contra deste proxecto no Congreso, o Parlamento de Galiza aprobouno co consenso de todos os deputados. "Nós imos seguir pelexando para conseguir os diques e as gradas da antiga Astano, porque son unha infraestrutura importante que non se pode perder", indicou o responsábel de Industria do Executivo galego.Blanco pediu que non nos impidan competir, porque é inxusto e un erro xa que nós imos seguir crecendo, aínda que somos conscientes das dificultades que presenta a globalización" e de forma especial neste sector.Dixo que "o outro día un importante navieiro galego garantíanos 4,5 anos de carga de traballo coa construción de tres metaneiros, o que nos situaría no horizonte do 2015 con traballo garantido, algo que non sucede en ningún outro sector".Os falsos argumentos da SEPIRecordou que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), que é a propietaria do antigo Astano, para opoñerse á recuperación deste estaleiro para a construción naval civil, primeiro dicía que "non había empresario nin entidades financeiras interesadas en recuperar esta empresa e nós demostrámoslle que estaba equivocada, e presentamos un proxecto serio, liderado por un empresario importante e que conta co apoio das dúas caixas galegas".Blanco afirmou que "nós tiñamos interese en poñer de manifesto que o que dicía a SEPI, sobre a falta de proxecto empresarial para a antiga Astano, era mentira".O conselleiro de Industria tamén cualificou de "engano a versión da SEPI de que os terreos da antiga Astano estaban condicionados para a construción naval civil, porque na última reunión coa Autoridade Portuaria, organismo que depende do Goberno central, púxose de manifesto que non existía ningunha limitación sobre os terreos ociosos do estaleiro".Sobre o posible interese que poida haber para impedir que o estaleiro de Astano volva á construción naval civil, Blanco dixo que "non quería ser mal pensado nin entrar en guerra de comunidades nin doutro tipo de intereses, pero é obvio que ante os argumentos que estou expoñendo, non escoitei outros en contra".

20.4.07

Ferrolhoy, publica o Proxecto Belelle




O Proxecto Belelle, pensado para dar un pulo económico ao concello de Neda, foi presentado polo Bloque Nacionalista Galego, ao grupos políticos eá sociedade de Neda e Comarca.


19.4.07

O Estado négase a privatizar os activos ocioso de ASTANO


O senador nacionalista Francisco Jorquera denunciou ao Goberno central por non permitir a saída a concurso dos activos ociosos de Navantia-Fene, a pesar de recoñecer que as privatizacións do naval permitiron o mantemento da actividade civil neste sector.Así, en resposta a unha pregunta do BNG, o Goberno central sinalou que foi o recurso da súa venda ao sector privado o que permitiu que antigos estaleiros de Izar se mantivesen operativos no mercado civil. "Pero o que non explica é por que agora se lle nega esa mesma vía a Navantia-Fene cando a Consellaría de Innovación e Industria promovía un plano para poñer en valor, mediante concurso, os activos agora ociosos de Fene", apuntou Jorquera.Por iso, criticou que o que "valía antes, non vale agora" e denunciou que desde o Goberno central "non teñen ningún argumento racional" para opoñerse á utilización dos 600.000 metros cadrados de Navantia-Fene.Desta forma, denunciou que os sucesivos gobernos centrais "sacrificaron" á antiga Astano para salvar outros estaleiros e subliñou que os postos de traballo se reduciron "á mínima expresión" dende 1995, cando traballaban 1.620 persoas e, agora, só 360.Finalmente, criticou que o Goberno se negue a achegar máis carga de traballo a este estaleiro alegando a cuestións técnicas, "cando foi unha decisión política”.

3.4.07

Os intereses do conxunto dos veciños son o primeiro para o BNG

CASETA AUGAS


Na sesión extraordinaria do pleno do concello de Neda, celebrada o 2 de abril de 2.007, no seu punto 5, ía - ampliación da rede de abastecemento de auga no concello de Neda e consecuente modificación da ordenanza fiscal.
Neste punto o Bloque Nacionalista Galego, votou en contra, por ser perxudicial para os veciños de Neda, esta obra que é financiada por Augas de Gallica no 70% e polo concello no seu 30%, este 30% vai ser financiada con un contrato con Aquagest, e o seu financiamento vai ser coa suba do canón da auga o cal suporá que a obra costará ao concello 35.000 €, do que sería a sua financiación por un crédito bancario. tendo en conta ademáis que este canón repercutirá na suba da auga ao longo de 20 anos.

Non perdas o vídeo sobre o debate no Congreso da iniciativa do BNG para eliminar as acepcións pexorativas da palabra 'gallego'!

Ao voso dispor o vídeo da intervención parlamentar de Francisco Rodríguez na defensa da proposición non de lei para a eliminación das acepcións pexorativas da palabra 'gallego' no dicionario da Real Academia de la Lengua Española.

1.4.07

Xaime Bello visitou en Neda as obras financiadas pola Deputación da Coruña



O Vicepresidente da Deputación acompañado dos

responsabeis municipales e de Manolo Castro

Concelleiro do BNG en Neda

As obras en execución e comprometidas suman no concello 1.272.932,85 euros

O vicepresidente da Deputación da Coruña e presidente da área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xaime Bello Costa, visitou esta mañá o Concello de Neda para comprobar in situ a marcha das obras que financia o goberno provincial.
Bello Costa, que foi recibido polos representantes dos grupos municipais, repasou os investimentos que a Deputación da Coruña está a realizar no municipio, e que supoñen case 1.300.000 euros, só nas actuacións que dependen directamente da área de Cooperación e Asistencia aos Concellos.
INVESTIMENTOS ACTUAIS
P.O.S. 2004, 2005, 2006
Saneamento Cotiño – Illo – Fábrica 139.828,39 €
Ramais rede de saneamento Illo e outros 30.631,23 €
Beirarrúas no contorno do río Belelle 89.908,55 €
Alumeado público AC 115 47.078,38 €
Beirarrúas Empedrón – Xardín do Coto 42.403,59 €
Pavimentación e urbanización tramo inferior r/Real 173.730,09 €
TOTAL OBRAS POS 523.580,23 €
PLAN DE INVESTIMENTOS LOCAIS (P.I.L.) 2005:
Reposición de beirarrúas na AC 115 tramo
rúa Basteiro – rúa Empedrón 208.532,37 € TOTAL OBRAS P.I.L. 208.532,37 €
PLAN DE TRAVESÍAS
Pavimentado da estrada e beirarrúas no cruce 302.772,10 €
Roxal – Pazo Isabel II
TOTAL OBRAS PLAN TRAVESÍAS 302.772,10 €
PLAN INCENDIOS FORESTAIS 2005
Reparación repetidor TV Morraxo 556,40 €
Actuacións ruta sendeirismo 2.974,76 €
Mellora camiño e reparación muro vertedoiro 20.306,57 €
TOTAL OBRAS PLAN INCENDIOS 23.837,57 €
PLAN ELIMINACIÓN BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS
Ascensor edificio usos múltiples 73.309,22 €
TOTAL PLAN ELIM. BARREIRAS 73.309,22 €
P.O.S. 2007
Acondicionamento vía Mourela 84.848,81 €
Pavimentación travesías rúa Real 56.052,55 €
TOTAL P.O.S. 2007 140.901,36 €
TOTAL OBRAS EXECUCIÓN E PREVISTAS 2007 1.272.932,85 €
Ademais o municipio participa no proxecto “Instalacións solares fotovoltaicas con conexión á rede e instalacións solares térmicas en 11 concellos da provincia da Coruña”, incluído no “Programa de proxectos singulares de desenvolvemento local e urbano 2005”.
En concreto en Neda o proxecto supuxo a colocación de 4 colectores solares fotovoltaicos no polideportivo municipal e de 50 placas solares no edificio Toeleira.
Xaime Bello, acompañado polo alcalde e os representantes dos grupos municipais, visitou o lugar do Roxal onde practicamente xa están moi adiantadas as obras de pavimentado da estrada e beirarrúas no cruce Roxal – Pazo Isabel II, incluídas no Plan de travesías 2004 – 1ª fase, e as obras de reposición de beirarrúas na AC 115, tramo Rúa Basteiro – Rúa Empedrón, pertencentes ao Plan de Investimentos Locais (PIL).

O Bloque Nacionalista Galego apresenta o seu candidato á Alcaldía de Neda

Manolo Castro, acompañado da Conselleira de Cultura
e o Portavoz do BNG no Parlamento Galego


O pasado 15 de marzo o B.N.G. de Neda, apresentou o seu candidato á alcaldía de Neda, coa presenza da Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e o Deputado e portavoz no Parlamento Galego, Carlos Aymerich.
Na súa intervención o alcaldable de Neda Manolo Castro Alonso, expuxo como criterios de actuación o: a Transparencia como Antibiótico a Honradez como Antídoto a Participación como Calmante a Optimización de Recursos como Analxésico.Dentro das suas propostas programáticas o candidato á Alcaldía de Neda, Manolo Castro, expuxo a Posta en Valor dos bens Naturais e dos Vestixios Históricos A creación da CONCELLALÍA DE DESENVOLVEMENTO MUNICIPAL co fin de dar respostas aos diversos sectores do concello de Neda A elaboración dun Regulamento de Participación Cidadá, onde os CONSELLOS PARROQUIAIS, sexan protagonistas da vida municipal


13.3.07

O día 15 de Marzo, presentación do candidato á Alcaldía de Neda


O vindeiro xoves, 15 de marzo, o Bloque Nacionalista Galego fai a presentación do seu candidato á alcaldía de Neda, para lexislatura 2.07-2.011.

Votos en contra do PSOE e EU con abstención do PP

No pleno do concello de Neda, celebrado o pasado día 8 de marzode 2.007, no cal se debatía unha moción apresentada polo Bloque Nacionalista Galego, en apoio ao Plan industrial para o estaleiro de Fene, os grupos políticos do PSOE e E.U. , votaron en contra, o PP abstívose na votación.
Esta moción foi presentada no Parlamento Galego e na Deputación, sendo aprobada por unanimidade de tódolos grupos da cámara.
A doble moral dos grupos politicos queda demostrada con estas actitudes.

7.3.07

Manolo Castro Alonso é candidato á alcaldía de Neda polo B.N.G.




Manolo Castro Alonso, é o candidato a alcalde polo Bloque Nacionalista Galego no Concello de Neda.
Neda precisa, unha persoa que sexa quen de facer políticas renovadoras, Neda necesita unha equipa de goberno forte e capaz de transformar a apatía e o desacougo afincado nos seus veciños en ilusión e ansias de progreso.
Só unha organización forte e cohesinada como o Bloque Nacionalista Galego e quen de ofrecer isto aos veciños e veciñas de Neda.

28.2.07

E.U. e o P.S.O.E., votan no Congreso en contra de que ASTANO volva á construcción naval convencional ( video )

Os votos en contra de PSOE e EU, impiden que o Asteleiro de ASTANO, poida recuperar a actividade de construcción naval civil.
O deputado do B.N.G. Francisco Rodríguez, pediulle ao goberno de Zapatero " un mínimo de esforzo de compromiso político", entre os apoios recibidos pola moción apresentada polo Bloque Nacionalista Galego, están C.C., P.P., C. i U.
Dende o B.N.G. pedimos a sensibilización da sociedade e en concreto da sociedade de Ferrolterra, ante a tropelía que dende o P.S.O.E, co apoio de E.U. volven a cometar con Ferrol e Comarca.

25.2.07

Peche do Verquedoiro de Ancos


Dende o Bloque Nacionalista Galego en Neda, queremos saber en que situación se atopa o proceso do selado do verquedoiro de Ancos, selado prometido no seu dia polo Conselleiro de Medio Ambiente, no mes de setembro de 2.006, para este fin o Deputado no Parlamento Galego polo BNG, Fernando Blanco, realizou unha serie de preguntas ao Executivo.

24.2.07

Nova oleada de actos vandálicos en Neda

Nunha nota enviada ao medios de comunicación, a mediados do mes de Xaneiro, o Grupo Municipal do BNG, amosabamos a nosa preocupación polo aumento de actos vandálicos, roubos e accidentes, que estaban a acontecer no Concello de Neda.
Nesta ocasión, denunciamos os furtos acontecidos na madrugada do día 22 de febreiro no que dous comercios ( unha perruqueria, e unha pescadería ) volvían a sufrir roubos e roturas nos seus establecimentos, no concello de Neda.
O Bloque Nacionalista Galego exixe a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade, co fin de que a Delegación do Goberno, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local, e goberno local, poñan derriba da mesa alternativas e medios, para tentar rematar con estes actos.
O aumento de actos vandálicos e roubos aumentaron de forma alarmante nestes dous primeiros meses do ano e é polo que exiximos que se tomen de inmediato as medidas oportunas.
nota enviada á prensa

20.2.07

Apoio ao Plan industrial do Asteleiro de Fene

Ao abeiro da lexislación vixente o Bloque Nacionalista Galego en Neda , apresenta a seguinte Moción , para ser debatida polo Pleno da Corporación.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No ano 1972 Astano era un estaleiro privado con capacidade para 350.000 Tm de aceiro
e un plantel de 6.000 traballadores/as.
No ano 1984 o estaleiro Astano de Fene utilizouse como moeda de cambio en Bruxelas
para iniciar a reconversión naval do Estado español e facer posíbel as axudas públicas ao sector
dos estaleiros públicos civís do Estado.
Posteriormente, no ano 1987 prohibíuselle a construción de buques, adicándose o
estaleiro á fabricación de plataformas off-shore. A prohibición sobre a construción de buques
reiterouse co Plano Estratéxico de Competitividade (PEC), elaborado polo PSOE no ano 1994 e
aprobado polo PP no 1997.
O Goberno podía solicitar o levantamento do veto no 2002.
Logo da catástrofe do Prestige, o Consello de Ministros celebrado en xaneiro de 2003 na
Coruña, acordou solicitar da Comisión Europea que erguese as restricións á construción de
buques á empresa denominada daquela Izar-Fene. Porén, dende agosto de 2003, despois da
entrega da plataforma encargada pola empresa Statoil, as gradas de Fene están valeiras e sen
carga de traballo propia.
Por último, o 16 de decembro de 2004 asinouse o acordo entre a SEPI e os sindicatos
estatais onde Izar Fene se integra en Navantia e no punto 4º se limita a actividade civil durante
10 anos. Asemade, a SEPI, propietaria de Navantia comprometeuse a presentar un plan
industrial para a comarca de Ferrolterra, algo que a data de hoxe aínda non fixo.
Por mor deste acordo producíronse 1.400 prexubilacións en Ferrol e Fene, e Navantia
Fene quedou con 360 traballadores/as moitos/as deles/as transladados a Ferrol. Deste xeito
Fene, con 800.000 metros cadrados, convértese nunha compañía auxiliar de Ferrol e non nun
auténtico estaleiro, que está a realizar bloques para buques militares da antiga Bazán.
No mes de novembro de 2005 a Consellaría de Innovación e Industria, ante a falla
evidente de ocupación plena do estaleiro de Fene, propuxo ao presidente da SEPI a constitución
dunha comisión para a reindustrialización de Ferrol, proposta que este aceptóu.
O 5 de xullo de 2006 constituíuse a comisión formando parte dela as asociacións de
empresarios/as da comarca e os tres sindicatos maioritarios. A SEPI decidíu non formar parte da
comisión.
O 25 de setembro de 2006 a consellaría convocou unha xuntanza desa comisión, á que
a SEPI decide non asistir, e entrega aos axentes sociais un plan de viabilidade para o
desenvolvemento da industria naval na ría de Ferrol, un documento aberto ás achegas dos
axentes sociais, e que debía concretarse nun plan industrial concreto.
En xaneiro deste ano a Consellaría de Innovación e Industria, no marco da Comisión
creada a requerimento da mesma, presentou o Plan Industrial para o Estaleiro de Fene, baseado
na desafectación de activos ociosos que hoxe existen en Navantia Fene, para poder construír
buques civís e crear 250 postos de traballo directos e case 3.000 indirectos nun novo estaleiro. O
promotor industrial desta iniciativa é a empresa Hijos de J.Barreras, e o finanzamento correría
por conta de Caixanova e Caixa Galicia, co cal se demostra que se trata dun proxecto sólido e
solvente. En calquera caso, a adxudicación de activos ociosos de Navantia ha de facerse
mediante concurso público cos principios de competencia, publicidade e transparencia, pero
queda demostrado que existe interese e proxectos serios para construír barcos en Fene.
Ante a consideración de que o sector naval é estratéxico non só en Ferrolterra, senón
para o futuro de Galiza, o Goberno Galego e o Parlamento teñen reiterado nas últimas semanas
o apoio unánime a este Plan.
É polo que solicitamos do Pleno deste concello a adopción dos seguintes
ACORDOS
1. Comunicarlle á Presidencia e Vicepresidencia da Xunta de Galiza o apoio do Pleno da Corporación Municipal ao Plan Industrial para o Estaleiro de Fene.
2. Instar á Presidencia do Goberno do Estado a :
· Adoptar as medidas precisas que permitan que parte dos activos que no pasado perteñeceron a Astano en Fene poidan ser desafectados pola SEPI e dedicados á construción naval convencional no ámbito civil.
· Garantir a plena carga de traballo na factoría de Navantia Fene.
· Presentar de contado o Plan Industrial para Ferrol previsto nos acordos de 16 de decembro de 2004.
· Que a SEPI, no suposto de que se adopte algún acordo que poida afectar aos/ás traballadores/as de Navantia Fene, garanta sempre que o actual persoal do estaleiro poderá optar por continuar dentro do sector público.
· Que a SEPI inicie coa Xunta de Galiza o deseño e impulso de novos proxectos de reindustrialización na comarca de Ferrolterra.
enviada á prensa

13.2.07

Pola revitalización do Sector Naval na ría ( Acto Público )

Este venres 16 de febreiro de 2.007 , ás 20:00 horas, o Consello Comarcal do BNG de Ferrolterra organiza, no salón de actos do Vicerreitorado-Campus de Esteiro (Ferrol), un acto público para explicar a proposta para a revitalización do sector naval na ría, posta en marcha pola Consellaría de Innovación e Industria, que xestiona o nacionalista Fernando Blanco.
Intervirán, ademais do propio conselleiro, Xosé María Rivera Arnoso, alcalde de Fene; Xoán Xosé Pita, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol; Francisco Rodríguez, portavoz do BNG no Congreso dos Deputados; e Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galiza.
No acto, os cargos públicos nacionalistas analizarán polo miúdo as iniciativas levadas a cabo até o de agora tanto polo Goberno galego como polo BNG a prol dun sector industrial de importancia estratéxica para o país, así como os obstáculos que está a pór a SEPI, máis interesada en favorecer outras zonas do Estado en detrimento do naval galego.
O proxecto presentado pola Consellaría implica a unha importante navieira galega, Barreras, e conta co aval de dúas entidades financeiras da solvencia de Caixanova e Caixa Galicia. Implicaría a creación de 300 postos de traballo directos e 2.000 indirectos, que contrastan coa parálise actual da factoría fenesa. Ao estar protagonizado por capital privado, atópase á marxe dos vetos negociados polo PSOE coa Unión Europea.

12.2.07

Vicepresidencia esixelle ao Goberno central que "nos deixe traballar en paz" para impulsar Navantia

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asegurou hoxe que a Administración autonómica “non precisa” do Estado para impulsar un proxecto nos terreos de Navantia en Fene e, por iso, pediu ao Goberno estatal que “nos deixen traballar en paz” para facer viábel a “única alternativa posible” para o estaleiro, traducida no proxecto presentado por Hijos de J. Barreras.En resposta aos medios de comunicación, Quintana expresou a súa “convicción“ de que a reivindicación defendida polos nacionalistas é xusta e, en consecuencia, confirmou a intención de “levala a onde faga falla”. Afirmou que a oferta da empresa viguesa non sóconstitúe a “única” posíbel, senón que tamén “é unha boa alternativa” e engadiu que “agora non vale dar voltas ao tema”, en referencia á negativa da SEPI á proposta impulsada pola Xunta para segregar a superficie inutilizada da antiga ASTANO para adicala á construción de buques civís.Quintana afirmou que o debate está restrinxido a “se os galegos teñen dereito a producir nun sector tradicional” da súa economía, o naval, ou ben deben “sufrir as consecuencias de calquera acordo colonial”, en referencia aos termos pactados no 2004 coa Unión Europea co gallo de garantir a continuidade da que por entón era a empresa pública Izar.AlegaciónsDesta forma, Quintana aludiu ao argumento esgrimido pola SEPI para xustificar o seu desacordo e advertiu que o pacto subscrito con Bruxelas “nada ten que ver coas institucións públicas ou cos dereitos e intereses dos galegos”.Nesta dirección, subliñou que a Xunta “está do lado dos intereses de Galiza” e que, por iso, aspira a “utilizar unhas instalacións, hoxe ociosas, que poderían cumprir unha función indispensábel para a creación de emprego en Ferrolterra”. “ Estamos convencidos da xustiza da nosa reivindicación e vamos a levala a onde faga falla”.Única soluciónAnxo Quintana considera que o caso de ASTANO é un bon exemplo e, en consecuencia, engadiu que só propón “unha solución: que nos deixen ser nós mesmos”. "Estamos fartos de pedir ao Estado, agora o único que lle pedimos é que nos deixen en paz e que nos deixen traballar a nós”, aseverou.Así mesmo incidiu en que “isto e a voluntade de autogoberno” fronte a “excesiva incidencia que hai en Galicia de pedirlle ao Estado”. “E hora de dicirlle que non o precisamos. Galicia ten empresas, entidades financeiras e un Goberno disposto a crear escenarios. Con que nos deixen gobernarnos e suficiente” concluíu.

8.2.07

A Propaganda desesperada do Alcalde de Neda (preme enlace nota aparecida nos medios )

Dende o Bloque Nacionalista Galego, nos gustaria, que o Sr. Alcalde de Neda, Sr. Carlos Pita, se deixara de facer tanta propaganda mediática e se puxera a traballar xa que leva moito tempo sin realizar propostas e traballos para sacar a Neda de onde a meteu, ( no vagón de cola da Comarca de Ferrolterra).
Dixemos que se deixe de propaganda e se poña a traballar porque o que si realmente ten que facer como Alcalde é
1. Presentar os ornamentos do ano 2.007, xa que a estas alturas ainda están no baúl dos recordos, e ademais aquelas grandes partidas do 2.006 pouco deberon dar de si, xa que o concello sigue a estar igual.
2. Dicimos que se poña a traballar e a realizar aquelas cousas que lle preocupan realmente á xente, vivenda pública, para que non siga marchando xente do concello, garderias infantis co fin de poder asentar xente nova, e que poida compaxinar a sua vida laboral e familiar, a realización das xestións para un centro de día, co fin de dar solución a un problema grande dos noso mayores, xa que o 24,5 % da población de Neda e mayor de 60 anos, e o tan manido Centro Cívico non vai dar solución a este tipo de necesidades dos nosos mayores.( lembramos que no mes de agosto do 2.006 presentamos dende o BNG, unha opción para o circulo de Xubia, que ademais de non costarnos prácticamente nada as arcas municipais, podería ser o inicio da solución aos problemas dos maiores.
3. E por último o emprego, e neste punto queriamos expresar a nosa sorpresa, polo do Parque Industrial de Maciñeira, sorpresa porque, despois de 28 gobernando en Neda, o Sr. Alcalde ainda non sabe a quen se ten que dirixir, para arranxar estes tema, xa que non é a consellería de Industria quen xestiona o terreos industriais, e a Consellería de Vivenda, ( xa que a Consellería de Industria a través de Xestur, o que fai e xestionar e urbanizar este chan, e ademais, primeiro o Sr. Alcalde terá que poñer a andar o PXOM, que é un trámite preceptivo, xa que si non tería que elaborar un Plan Parcial, cousa que ate o de agora o BNG, non veu presentado por ningures.

Polo tanto seguimos a reptir o que deciamos, cando iniciamos, Sr. Alcalde , si ten pensado facer algo nesta lexislatura, póñase mans a obra que o vai coller o toro.

31.1.07

Fernando Blanco presenta o proxecto de novo estaleiro para Fene


As xestións da Consellaría de Industria, dirixida polo nacionalista Fernando Blanco, xunto coa presión parlamentaria do BNG, desembocaron no proxecto que presentou o Conselleiro en compañía do Presidente de Barreras. O proxecto será financiado conxuntamente polo estaleiro vigués e as dúas caixas galegas. Terá carácter totalmente privado e por tanto non se vería afectado polos vetos negociados coa UE polo PSOE e ratificados polos gobernos ulteriores.

Barreras aspira a comprarlle á SEPI os terreos desaproveitados por Navantia e a ocupar aos traballadores inactivos, xerando 300 empregos directos e 2000 indirectos. Portos de Galicia considera a opción de retirarlle a concesión dos terreos a Navantia se incumpren os termos da cesión, isto é, a falta de actividade.

Minutos máis tarde do anuncio, a SEPI, sociedad estatal propietaria de Navantia, e principal escollo non político para a revitalización industrial da comarca de Ferrolterra, apresurouse a cualificar de sorprendente e irrealizable o proxecto, sen tempo para analizalo.

O alcalde de Fene e candidato á reelección declarou hoxe que non se entende como desde Madrid se poñen trabas unha e outra vez aos proxectos en positivo de desenvolvemento económico da Comarca. Este comportamento obstaculizador imita ao que a SEPI levou a cabo coa ampliación da terceira fase do Polígono de Vilar do Colo.

Os axentes económicos, por voz do presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, xa deron o seu visto bo a esta iniciativa de desenvolvemento industrial.

Sorprende o tratamento informativo que La Voz de Galicia lle dá a esta noticia. Na versión electrónica do caderno comarcal non aparece ningunha nova relacionado con isto, e nas páxinas galegas destaca como titular a reacción negativa da SEPI antes que a noticia do proxecto.

21.1.07

O noso ben económico máis prezado








Dende o Bloque Nacionalista Galego, consideramos que Neda ten unha riqueza natural que debe ser coidada, mimada pero á vez explotada nos seus temos turísticos e económico.

18.1.07

Alumeado Público






NOTA ENVIADA Á PRENSA

O Bloque Nacionalista Galego, atopa preocupante a situacion do alumeado público no Concello de Neda, decenas de solicitudes de amaño de puntos de luz acumulánse na oficinas, ( tramitándose á empresa adxudicataria, sen que se tomen as medidas, para subsanar e amañar os problemas ), feito que acontecen en zonas tan dispares como na Parroquia de Anca, na de Viladonelle, en lugares como O Puntal, o Sartego, Os Pazos, etc, nalgunhos casos esas solicitudes son incluso reiterativas de solicitudes anteriores, os funcionarios reciben as queixas e estas se tramitan pero aí queda todo.
Dende o Bloque Nacionalista Galego pedimos aos socios do grupo de goberno que tomen as medidas oportunas co fin de dar saída, as reivindicacións dos veciños, entre outras cousas, porque son eles, os que pagan os impostos de ese alumeado.

En Neda, a 15 de Xaneiro de 2007

Os veciños comprabarán que a nota non seu na prensa, pero o dia 18 de xaneiro as luces estiveron acesas unhas horas, ¿alguén comunicaria a denuncia publica?

13.1.07

Preocupante aumento dos actos vandálicos en Neda


Os actos vandálicos que nos últimos tempos proliferan no municipio de Neda é de novo motivo de reproche por parte da oposición, Bloque Nacionalista Galego, á coalición de goberno formada por PSOE e IU.

Nesta ocasión as críticas proceden do grupo municipal do BNG, que insiste en solicitar a convocatoria da Xunta Local de Seguridade. O obxectivo dos nacionalistas é que os organismos representados nesta xunta -delegación do Goberno, Garda Civil, Protección Civil e Policías nacional e local- se impliquen co Concello na búsqueda de solucións a este problema.
Ó longo do exercicio pasado, os casos de roubos, destrozos e accidentes aumentaron no municipio nedés máis dun 40 por cento, segundo os datos que manexa a formación frentista.
Esta porcentaxe leva os nacionalistas a "pensar que é unha situación máis que preocupante", ó memo tempo que recordan que xa a mediados do pasado mes de decembro pediron de forma pública que se reunira a Xunta Local de Seguridade sen que polo de agora se tivera producido esa reunión.
O plantel da policía municipal está composto por cinco persoas que non patrullan pola noite, nin os fines de semana, cando as competencias as asume a Garda Civil. O limitado número de efectivos que ten este corpo de seguridade do Estado ten que custodiar non so a vila de Neda, senón tamén outras catro localidades da comarca: Fene, Ares, Mugardos e Cabanas.

7.1.07

Quintana insta aos partidos a practicar un verdadeiro "galeguismo"

:: GZnacion.com. Avanzando as noticias de Galiza.

6.1.07

O Traballo do BNG no Parlamento

Escolma do traballo do Bloque Nacionalista Galego ao longo destes últimos meses.

20.12.06

Fillo Predilecto

Na sesión Plenaria celebrada o día 20 de decembro de 2.006, aprobouse unha moción presentada polo BNG. co fin de crear a figura de fillo Predilecto, a moción qudou com segue:

Ao abeiro da lexislación vixente, o Bloque Nacionalista Galego, apresenta esta moción, para ser debatidapolo Pleno da Corporación.

EXPOSICION DE MOTIVOS

O Concello de Neda, posue históricamente un número de persoas, que polo seu labor tanto no eido social, cultural e tamén histórico, etc., poderían ser merecedores da concesión de recoñecimento de ser Fillo Predilecto do Concello.
Para que isto poida ser levado a cabo, o primeiro trámite que debe ser realizado, é a creación da figura de Fillo Predilecto, Fillo Adoptivo, etc.
Polo anteriormente exposto o Bloque Nacionalista Galego propón:

ACORDO

1. O Pleno do Concello de Neda, acorda a creación da figura de fillo predilecto, fillo adoptivo, etc. do concello.
2. O Pleno do Concello tal e como está establecido nos artigos 4 e 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril e dos artigos 50.3, 24, 189 a 191 do R.D. 2568/1986 de 26 de novembro R.O.F., propón a elaboración dun regulamento que estableza os criterios da concesión da honra de ser fillo predilecto, fillo adoptivo, etc. do Concello.


En Neda 21 de novembro de 2.006
Asdo. Helena Pardo Portavoz do Grupo Municipal do B.N.G

17.12.06

Actos Vándalicos en Neda


Farola Paseo Marítimo desmantelada

Despois dos acontecimentos sucedidos estes últimos días, no Concello de Neda, que non son máis que a continuación de unha serie de destrozos, roubos, actos vándálicos, etc, que viñeron sucedendo ao longo destes últimos anos, tendo enconta as limitacións, tanto humanas como de carácter competencial dos membros da policía municipal, o Bloque Nacionalista Galego, no concello de Neda, vai solicitar no Concello unha reunión urxente da Xunta Local de Seguridade, primeiro para pedir que se integren os membros dos distintos grupos políticos, representados na Corporación, e segundo para poñer enriba da mesa a aqueles representantes dos distintos corpos de seguridade que teñen realmente competencias en materia de seguridade e de orde público, as problemáticas existentes hoxe por hoxe na Comarca de Ferroterra pero en particular en Neda como concello.
Nesa Xuntanza terían que abordarse temas como a coordinación, rapidez na actuación, e posta a punto de materiais tanto técnicos como humanos, co fin de tentar dar saída dentro do posible a estas actuacións, que xa se prolongan no tempo sin ter a posibilidade de verlles unha solución.
Nota enviada á prensa

6.12.06

Nota enviada ao medios polo P.X.O.M (preme eiqui)



BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ( NEDA)



Nunha información aparecida nese medio de comunicación, o xoves 16 de novembro, con respecto a unhas declaracións realizadas polo concelleiro de E.U., o Bloque Nacionalista Galego, quere facer diversas pontualizacións.

O Concelleiro, que fai as declaracións ( dentro do goberno, non ten responsabilidades de Urbanismo )
Ao B.N.G. sorpréndelle, que se estean a facer a estas alturas as labores de planeamento de redes de abastacemento e saneamento, cando ese documento xa foi enviado no seu momento ( mes de setembro ) á Xunta de Galicia, co fin de que dera o seu visto bó.
O Bloque Nacionalista Galego, cando tivo coñecemento de que o documento estaba en posesión dos socios do grupo de goberno, púxose en contacto co Alcalde Carlos Pita ( no que se lle comunicou ) que podía ser o momento para falar do mesmo entre os grupos políticos, ( xa que a día de hoxe non se ten falado entre os grupos políticos do PXOM) , contestando o alcalde , que non, que o ía enviar así á Xunta de Galicia, - pensamos dende o B.N.G. que teriamos evitado a devolución, polo menos por eses motivos.
Cando o Concelleiro afirma que todos os grupos tiveran acceso ao documento – está a mentir- no caso do Bloque Nacionalista Galego-, ao único que este grupo tivo acceso foi a unhos Planos – Planos que por certo- e de forma legal mais que dudosa , estiveron a exposición pública, sen nengún tipo de acordo polos órganos colexiados do concello ( denuncia realizada polo B.N.G., no seu momento ), dicir que nese intre tivemos acceso aos Planos, de forma pouco rigorosa, algunhos socios do goberno entre eles o Alcalde Carlos Pita pintaban con un rotulador como se ampliaban ou quitaban zonas con algunha catalogación ( de forma persoal e unilateral sin consultar con ninguén ).
Tamén dicer que o Bloque Nacionalista Galego, en ningún caso tivo acceso á documentación escrita do PXOM, polo tanto, descoñecemos o seu contido, e por úiltimo, denunciar o escurantismo que dende o seu inicio no ano 2.002, se está a levar a elaboración deste Plan Xeral, ( pensamos dende o Bloque Nacionalista Galego, que existen intereses ocultos interesados ) ¿ será por iso polo que se está a disparar a merca en Neda ?
XA SEI QUE ESE MEDIO NON VAI PUBLICAR ESTA NOTA TAL E COMO SE MERECE ESTA INFORMACION.


En Neda, a 22 de Novembro de 2.006

Asdo Manolo Castro Alonso

26.11.06

Definición e Orixe dos nomes (preme eiqui )

Os noso nomes

UN NOVO ESTATUTO PARA GALIZA (preme eiqui )

O video do NOVO ESTATUTO DE NACIÓN.

VIVIR SEN VIOLENCIA É DE LEI ( preme eiqui )

BNG Á NACION EN MARCHA (preme eiqui )

Boletin do Bloque Naconallista Galego, con motivo da XII Asemblea Nacional os días 2 e 3 de decembro de 2.006.

15.11.06

O B.N.G. insiste no P.O.S



Mourela do Medio

O 30 de Novembro é o prazo que establece a Deputación Provincial da A Coruña, para á recepción da documentación das obras do Plan de Obras e Servicios (P.O.S.), que ese organismo publicou no B.O.P. no mes de Outubro, neste boletín ademais de aparecer a cantidade de 133.008,85 €, que corresponden ao Concello de Neda, tamén están establecidos os criterios que os concellos teñen que seguir para a realización dos proxectos.
Xa no mes de outubro, e co fin de que os socios do grupo de goberno tiveran tempo para poder debatelo, o Bloque Nacionalista Galego expresabamos publicamente unha proposta , na que propuñamos a obra de acondicionamento da primeira fase da Mourela do Medio, o cal xustificabamos, polo seu deterioro e dado que esa zona non tivo, ningunha actuación ao longo de 20 anos, nese intre dabamos ademais como alternativa a esta obra, por si puidera existir algún problema, de tipo técnico a viabilidade do saneamento en zonas totalmente abandonadas polos (PSOE e EU ) socios de goberno do concello de Neda, como son Anca Vella, A Cobeluda e Bouzarredonda .
Como queira, que quedan quince días e acostumados como nos teñen os gobernantes de Neda ao longo desta lexislatura e da anterior de presentarnos os proxectos o último día a última hora, con fin de que non exista posibilidade de debate, o Bloque Nacionalista Galego, nesta ocasión e xa que fixemos as nosas propostas en tempo, forma e publicamente, nos vamos ter que pensar moi moito, a nosa posición no seu momento, xa que consideramos, que son obras de unha grande importancia para o desenrolo desas zonas do Concello.

9.11.06

Arranxo Estrada AC-115

Estrada AC-115 ( Avda Médico Cebreiro )

O Bloque Nacionalista Galego, ten denunciado en varias ocasións o estado no que se atopa a Estrada AC-115 ,Fene-Xubia, tamén temos feito varias intervencios parlamentarias neste sentido, co fin de que se tomarán as iniciativa para amañar estavía, estrada que ademais de presentar un firme irregular, atópase con deficiencias de regulación de tráfico en zonas como os acesos a autoestrada AP-9 e o cruce de Xubia coa estrada de Ortigueira, Agora neste intre a Xunta de Galicia, toma a iniciativa de amañar a AC-862 estrada de Castela, infraestrucutra que ao longo destes últimos anos xa tivo arranxos, namentras que a AC-115, estivo totalmente abandoada polo goberno do PP,este vial que ten unha circulación diaria de perto de 14.000 automóbiles, precisa dun amaño e reestructuración co fin de humanizar esta zona e sobre todo no seu paso polo Centro urbano de Neda, tamén nestes intres nos sorprende que non se fale nada da estrada rápida de circunvalación que uniría a AP-9, co corredor Rápido das Pontes, vial que desconxestionaria moito a circulación no centro de Neda, interrrealacionando a convivencia da zona.

8.11.06

Coñece o Proxecto Belelle preme eiqui )

O proxecto Belelle, é un novo concepto de desenrolo dunha vila como Neda, é a maneira de ver como pode ser posible o progreso dun concello, tendo en conta os seus criterios de desenvolvemento sostible e ademais a conservación da natureza, Neda é un concello que forma parte do rural e do urbano, é xusto nesas circunstancias é polo que o BNG aposta pola conservación da natureza e polo desenrolo da sua riqueza natural que son os ríos

5.11.06

Unha Rotonda para a Muchiqueira

cruce Muchiqueira


Como de costume, os socios de goberno no concello de Neda, poñen improvisación, diante de problemas reais en troque de dar saída de futuro a estes problemas.
Cando nestes dias falábase, que se proxecta un muro, na confluencia de viais da Mourela, o Bloque Nacionalista Galego, quere mostrar publicamente a sua disconformidade con esta iniciativa, dado que isto non solucionará os problemas desta zona, zona de moita afluencia de automóbiles, debido á proximidade por un lado do Centro de Saúde e proximidade da Farmacia e por outro lado a cantidade de vehículos que circula a diario pola estrada Xubia-Ortigueira ( mais de 7500 )
Expresada a nosa disconformidade coa iniciativa,e sempre traballando en positivo, presentamos tamén proposta cara a tentar dar solución aos problemas desta zona, o Bloque Nacionalista Galego, propón facer un estudio de viabilidade e un proxecto real cara a ordenar a confluencia dos viais, Xubia –Ortigueira, estrada LC-121 Roxal –Vilar de Mouros , aceso Feira de Albarón (-Centro de Saúde ) e aceso Casadelos ( pola Forxá ), con unha Rotonda e a eliminación dentro da idoneidade,do talud desa zona, Tamén dicir que a reforma de toda esta zona debería ir incluida no Proxecto de PXOM que se está a redactar, xa que tería que formar parte dun conxunto que tivera enconta a idiosincrasia da zona e das construccións e non deunha obra aillada, co fin de darlle valor ao lugar..

15.10.06

O B.N.G. propón o amaño da Mourela do Medio

A Deputación Provincial de A Coruña ven de enviar a Circular para elaborar o Plan de Obras e Servizos dos Concellos.
Dentro desta circular se establece que ao Concello de Neda lle Corresponden 133.008,85 €.

Na circular establécense os criterios que teñen que seguir os concellos, para a realización dos proxectos, a cantidade mínima para cada obra no caso de incluir mais que unha ( 30.000 €) dado que este é o importe mínimo establecido polo R.D. 835/2.003, a acreditación de dispoñibilidade de tarreos e unha memoria e un prego de prescripcións técnicas particulares, tamén establece a elabaroción dun Plan Complementario, co fin de prever aquelas obras que se desexen incluir no caso de producírense remanentes por baixas na adxudicación de contratos.
A documentación debe estar remitida ao Organismo provincial até o próximo 30 de novembro de 2.006.
Co fin de que o concello de Neda teña tempo suficiente para a elaboración do proxecto, o Bloque Nacionalista Galego propón a realización da primeira fase das obras de acondicionamento na Mourela do Medio, un lugar que non tivo por parte do Goberno municipal dende a súa primeira actuación vai para 20 anos..
Si esta proposta non é viable o Bloque Nacionalista Galego, solicita que se mire a viabilidade da realización da primeira fase de saneamento das zonas de Anca Vella, Cobeluda e Bouzarredonda, zonas totalmente abandonadas, dende sempre por parte dos gobernantes de Neda.Dende o BNG pensamos que é unha actuación máis que necesaria e demandada polos veciños.

2.10.06

Piden o traslado da parada do Bus do Coto


O Bloque Nacionalista Galego, ven de solicitar publicamente que se traslade a parada de autobuses do Coto, na estrada AC-115, dirección Xubia, polo perigo que neste intre sinifica que esa parada permaneza nesa lugar, namentras se están a realizar as obras de construcción na finca colindante, perigo non só para os usuarios senón tamén para o proprio autobús e os peóns que por esa zona poidan circular.
Pola constante saída de camións e polo tránsito que nestes intres circula por esa vía.

18.9.06

O B N G denuncia as deficiencias no Colexio de Maciñeira


A finais do ano 2005, os membros da ANPA de Maciñeira, solicitaron unha entrevista co Alcalde de Neda, como queira que o –Rexidor non os recibía-, solicitaron unha reunión cos distintos grupos políticos con representación no concello, reunión a cal so asistiu o BNG.
Nesa reunión a ANPA e a Dirección do Centro, nos explicaron unha serie de deficiencias infraestructurais que había no Centro, problemas de humidades nas paredes, goteiras, nalgunha das aulas e a obturación nas tuberias de ferro nos servicios.
No mes de marzo a ANPA continuaba a queixarse dado que non se dira solución aos problemas.
Nunha visita ao Delegado de Educación, o Sr. Alcalde comunicaba que axiña se ían tomar medidas aos problemas de Maciñéira. Cando fai pouco a Conselleria de Educación destiñou partidas orzamentarias para distintos centros da Comarca e entre eles o Colexio de S. Isidro de Neda para a construcccion dun pavillon cun orzamento de 190.845 € ( infraestructura moi necesaria ) pero non dedica nin un céntimo ao Centro de Maciñera
Dende o Bloque Nacionalista Galego, pensamos que a Consellería de Educación e o Goberno municipal ( dentro das suas competencias ) deberia de destinar unha partida co fin de subsanar as deficiencias de Maciñeira, deficiencias que repercuten no funcionamento diario do Centro e que ate o día de hoxe non foron arranxados.Dende o B.N.G. solicitamos que o goberno municipal exixa á consellería de Educación que tome as medidas oportunas para solucionar o problema , dado o inminente inicio do curso escolar

Alegacións catálogo árbores senllerias

Pinus Strobus
O día 31 de agosto remataba o prazo, para a inclusión de árbores senlleiras no catálogo elaborado pola Xunta de Galicia ( Consellería de Medio Ambiente ); considerando que o Concello de Neda posúe gran cantidade de árbores que pola sua porte, idade, importancia biolóxica, etc, poderían ser incluídas dentro deste catálogo, o Bloque Nacionalista Galego realizou coa axuda de Técnicos da Organización e de veciños un estudo de campo que dou lugar á realización de alegacións ( algo que debería ter feito o goberno municipal de Neda, pero non fixo ).
Entre estas árbores que o B.N.G presentou como alegacións están
· Quercus Suber ( sobreira)
· Ilex Aquifolium ( acibro)
· Fraxinus Excelsior ( Freixo )
· Magnolia Xsoulangeana
· Taxus Baccata ( Teixo )
· Arbutus Unedo ( Érbedo-Alvedro )
· Quercus Robur ( Carballo )
· Corylus Avellana ( aveleiras ) – formación-
· Pinus Strobus ( piñeiro )
· Phoenix Canariensis ( Palmeiras )
· Heteróphyla Araucaria ( Araucaria )
Estas árbores situadas unhas en propiedades municipais e outras en propiedades privadas ( son especies a ter en conta pola administración ) para á súa catalogación

17.9.06

O BNG pide o amaño dos camiños e recollida de augas antes do inverno

O Bloque Nacionalista galego , fai unha denuncia en xeral , polo mal estado no que se atopan as vias de comunicación vinculadas á administración local, en particular nos preocupa a situación na que se atopan, as canalizacións na zona de Casadelos, onde se recollen as augas que baixan do Coto de Ancos, que poden provocar como en outros anos asolagamento, destas zonas. Dende o BNG pedimos que o concello arbitre as medidas que sexan necesarias para mellorar tanto os camiños como os servicios, Debendo de ser arranxada esta situación antes da chegada das choivas

11.8.06

Un Centro de dia no Círculo de Xubia



Queren instalar no Círculo de Xubia, un centro de dia para atención á terceira idade. Esa é a proposta formulada polo BNG de Neda. O Bloque solicita en primeiro lugar a elaboración dun estudo por parte dos servizos técnicos municipais, para avaliar o custe da posta en marcha e mantenemento desa iniciativa.
Os nacionalistas suxiren, ademais acollerse a unha liña de axudas publicada pola Deputación da Coruña. Segundo afirman, a subvención para este tipo de instalacións pode chegar ata o 80% do presuposto total. Nestes momentos unha entidade bancaria ten embargado o local do Círculo de Xubia. O Pleno do Concello de Neda xa debatiu hai uns anos a posible adquisición da sede da entidade, valorada daquela en 180.000 euros. Naquela ocasión desestimárase esa opción, ao estimar os concelleiros do BNG que non se presentaba unha proposta clara de usos para esa edificación.

2.7.06

Xa está na rúa o novo Boletin do BNG de Neda







26.6.06

O BNG, denuncia o retraso na aprobacion dos orzamentos do 2.006

Un pouco de historia

EN ABRIL DO 2004 DENUNCIABAMOS O RETRASO DOS ORZAMENTOS
· PEDIAMOS A INCLUSION DE UNHA PARTIDA ORZAMENTARIA PARA ADQUISICIÓN DE SOARES PARA VIVNEDAS SOCIAIS
· RECUPERACIÓN DO VERTEDOIROS DE ANCOS
· REDE DE SUMIDOIROS EN VILADONELLE E ANCA
· CREACIÓN DUN CIRCUITO ESTÁBEL DE TEATRO
EN XUNIO , O 18 DO 2004
SEGUIAMOS EXPRESANDO A NOSA PROFUNDA PREOCUPACIÓN POLA FALLA DEOS ORZAMENTOS E DE INICIATIVA DE DESPEGUE DO CONCELLO
EN XUNIO, O 30 DO 2004
O PLENO DO CONCELLO POR UNANIMIDADE, APROBA UNHA MOCIÓN , ONDE SE SOLICITA UN ESTUDIO SOCIOLOXICO E ECONÓMICO( PARA DETERMINAR O Nº DE VIVENDAS NECESARIO E A MILLOR LOCALIZACIÓN DE TARREOS .
NO MES DE SETEMBRO DE 2004,
PEDIAMOS QUE SE APROBARAN MODIFICACIÓNS DE CRÉDITO, XA QUE OS ORZAMENTOS DESE ANO ESTABAN SIN APROBAR, CO FIN DE FACER EFECTIVO O ACORDO PLENARIO DO 30-06-04
O 27 DE SETEMBRO,
APROBÁNSE “UNS ORZAMENTOS DE TRÁMITE”, CAO ABSTENCIÓN DO PP E OS VOTOS A FAVOR DO PSOE EU, ( O BNG VOTOU EN CONTRA). DECÍASE QUE ERA CO COMPROMISO DE INICIAR NO MES DE NOVEMBRO OS TRÁMITES DO ORZAMENTO DO 2005
¡AH ¡ UNS ORZAMENTOS REDUCIDOS Á MÍNIMA EXPRESION “SEGUNDO INFORMACION DOS APROBANTES”PERO CUN CRÉDITO DE 460.560 €, “ELIMINANDO TODA INVERSION NON NECESARIA” TOTAL ORZAMENTO 2.660.000 €
30 –OUTUBRO -04
XA QUE EXISTIA O COMPROMISO DE INICIAR CONVERSAS PARA OS ORZAMENTOS ( DO 2005)EN NOVEMBRO SOLICITAMOS QUE SE FIXERA UN ESTUDO, CO FIN DE FIXAR AS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS ANTES DE ELABORAR OS ORZAMENTOS
EN MARZO DO 2005
DENUNCIAMOS QUE NON EXISTÍA PROXECTO DE ORZAMENTOS ( LEMBRAMOS QUE O COMPROMISO (XA NON CON NOS) SENÓN CO PP ERA DE EN NOVEMBRO POÑERSE A TRABALLAR NELES.
6 DE MAIO DO 2005
SEGUIMOS A DENUNCIAR ESA FALLA DE BORRADOR DE ORZAMENTOS E DENUNCIAMOS NAQUEL INTRE A CONNIVENCIA ENTRE OS SOCIOS DO GOBERNO PSOE EU CO PP
7 DE MAIO
O PP NEGA PÚBLICAMENTE ESA CONNIVENCIA ( PERO RECOÑECEN QUE ELES TEÑEN UN BORRADOR DE ORZAMENTOS )
25 DE AGOSTO DE 2005, ENVIAMOS MISIVA AO SR. ALCALDE, CO FIN DE FACER UNHA REUNIÓN PARA FALAR DOS ORZAMENTOS ( REUNIÓN QUE SERÍA O 1 DE SETEMBRO
30 DE AGOSTO SE NOS CONTESTA QUE COMO O CONCELLO ESTÁ PECHADO POLAS TARDES NON NOS PODEMOS REUNIR.
1 DE SETEMBRO, CHEGAMOS A UN ACORDO CO ALCALDE, PARA Á CELEBRACIÓN DUNHA XUNTANZA PARA O LUNS 5 DE SETEMBRO.
9 DE SETEMBRO DE 2005
O PPTACHA DE DECEPCIONANTE A REUNIÓN CELEBRADA E PROPÓN UNS ORZAMENTOS DE TRANSICIÓN “SE PDRÁN HACER FRENTA A LAS PARTIDAS ORZAMENTARIAS Y REDUCIR EL ENDEUDAMIENTO” PEDÍNDONOS A NOS QUE PRESENTARAMOS OS ORZAMENTOS – NOS NON GOBERNAMOS-
O 13 DE OUTUBRO O PP DENUNCIA A PASIVIDADE DO GOBERNO LOCAL, TOTAL INOPERANCIA E VERGONZOSA ACTITUDE – ANTE OS PROBLEMAS COTIDIANOS.
¡PERO CAUSALIDADE¡ O 19 DE OUTUBRO
OS SOCIOS DO GRUPO DE GOBERNO CO APOIO DO PP ( ABSTENCIÓN) APROBAN OS ORZAMENTOS DO 2.005. A CUANTÍA 2.901.210 € E UN CRÉDITO DE 320.000 €,CO CO,PROMISO DE QUE ANTES DE REMATADO O ANO, SE INICIARAN AS NEGOCIACIÓN DO 2.006 CUN “ORZAMENTO AMBICIOSO”
17 DE XANEIRO DO 2.006 FACIAMOSCRITICAS AO PP POLO COLABORACIONISMO, QUE ESTA A FACER COA POLÍTICA CONSERVADORA DOS SOCIOS DE GOBERNO DE NEDA.
11 DE MARZO DE 2006-06
FACIAMOS A CRÍTICA DE INCUMPLIMENTO DE PROMESA DE TRABALLAR NO MES DE NOVEMBRO NOS ORZAMENTOS DO 2006
ANTE ESTAS CRÍTICAR O GOBERNO MUNICIPAL ELABORA UN BORRADOR DE ORZAMENTO E NOLO ENTRGA O 11 DE ABRIL DE 2006
DENDE AQUEL INTRE NON TIVEMOS A ESTAS ALTURAS, NINGÚN TIPO DE REUNIÓN CARA A CHEGAR POSICIÓNS ( A ESTAS ALTURAS PODEMOS DICIR QUE CO PP EN CONNIVENCIA, COMO OUTRAS VECES, SI HOUBO CONVERSAS E PODEMOS AFIRMAR SIN TEMOR A TRABUCARNOS QUE XA PODE HABER ACORDOS FIRMES, LEXÍTIMOS ESO SI¡PERO¡ POUCO DEMOCRÁTICOS, XA QUE SE DEIXA FORA NON AO BNG, SENÓN A PERTO DE 1000 VOTANTES, VECIÑOS/AS DE NEDA QUE CONFIARON EN NOS E NOS DIRON O SEU VOTO.
ORZAMENTOS PARTE PERSOAL

SE NOS PRESENTA UN ORZAMENTO CARA Á CREACIÓN DE DOUS POSTOS DE TRABALLO
TÉCNICO DE GRAO MEDIO
UN NOVO OPERARIO
DOTACIÓN TESOURERIA( NON SABEMOS O QUE É)
PRAZAS QUE NON SE DISCUTIRON EN NUNGUNHA COMISIÓN – PODE QUE FAGAN FALLA- -HABERÁ QUE MIRAR CALES SON MAIS PRIORITARIAS-O OUTRO ¿QUÉ É? UNHA RECOMPENSA A ALGUÉN.
SE NOS PRESENTAN UN ORZAMENTO COMO TODOLOS ANOS SIN UN ESTUDIO ECONÓMICO DE CADA UN DOS DEPARTAMENTOS
SERVICIOS SOCIAIS, CULTURA, OBRAS, URBANISMO, MEDIOAMBIENTE, SANIDADE
SERVIZOS DE LIMPEZA E MANTEMENTO,
XIMNASIO, PIA MUNICIPAL CASA DA CULTURA ETC.
SE NOS PRESENTA UN BORRADOR DE ORZAMENTO ENGANOSO-CON TRAMPA-
GASTO 3.045.880 €
UN GASTO CORRENTE QUE SINIFICA O 74,41% DO TOTAL
UN GASTO DE PERSOAL QUE SINIFICA O 29,87 %
CON TRAMPA
XA QUE NEL NOS INCLUEN UNHA OPERACIÓN DE CRÉDITO DE 421.094 €
SI APLICAMOS O INGRESO REAL SIN A OPERACIÓN DE CREDITO E Á PARTIDA “APORTACIÓN PROGRAMA PRODER ”A ONDE CORRESPONDE – A UN GASTO E NON A INVERSIÓN, NOS ATOPAMOS CUN ORZAMENTO DE 2.624.385 € (437M DE PTS) MAIS BAIXO QUE O DO ANO 2.004
¡PERO¡( CON TRAMPA) XA QUE O GASTO CORRENTE REAL SINIFICA O 86,32% SOBRE O GASTO TOTAL E NON O 74,41 QUE SE NOS DICÍA
¡PERO¡ ( ADEMAIS)
O GASTO DE PERSOAL SINIFICA O 34,6 % SOBRE O GASTO TOTAL E NON O 29,87 %.
PROPOSTA DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

PRIMEIRO
-ESTUDIO ECONÓMICO PORMENORIZADO DE CADA UN DOS DEPARTAMENTOS CARA A MIRAR O SEU ESTADO REAL.
-ESTUDIO DE NECESIDADES DE PERSOAL, ELABORACION DA R.P.T., QUE NOS DARÁ UNHA RADIOGRAFÍA REAL DE PERSOAL DO CONCELLO.
-SUPRESIÓN DA PARTIDA ORZAMENTARIA -511.60101-(RECUPERACIÓN ESCOLA E PALLOZA), 250.000€, CONSIDERAMOS QUE O CONCELLO TEN OUTRAS NECESIDADES E LUGARES ONDE METER 42 M DE PTS ANTIGAS.
APOIAREMOS UN ORZAMENTO, ONDE DESPOIS DE FEITO O ANTERIOR, SE FIXERA UNHA APOSTA POLO DESPEGUE DO CONCELLO EN
VIVENDAS SOCIAIS
PROXECTO BELELLE
SUPRESIÓN VERTEDOIRO ANCOS AMAÑO ESTRADA MOURELA DO MEDIO
SUPRESION TUBERIAS DE AUGA POTABLE ( QUE CONTEÑEN AMIANTO E ESTÁN SIN CAMBIAR A ESTAS ALTURAS)


19.6.06

A Consellería de Vivenda e Solo financia a rehabilitación de inmobles e rúas en Neda

Despois da visita realizada ó Concello de Neda, no mes de outubro pola Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda ( Dª Encarna Otero Cepeda ), na que se comprometeu a dar un pulo á ARI de Neda, agora estas promesas vénse plasmadas en cuantías económicas.
A Consellería de Vivenda e Solo destinará 315.000 €, dos que 225.000€ serán investidos na rehabilitación de inmobles e 90.000 € na urbanización de rúas e espazos públicos,
Esta iniciativa que fixa axudas poden chegar ate o 40 % do presuposto da obra.

Medio Rural con Neda





A Consellería de Medio Rural, inspeccionou as Parroquias de Anca e Viladonelle, onde este departamento ten pensado invertir en duas anualidades 120.000 € na apertura e adecentamento de oito camiños.
Os traballos de apertura destes viais darán millor servizo a zonas como Cruz do Pouso, Trasmonte, Escorial, Maciñeria, Vila de Anca, Foxos, San Pedro de Anca e Liñares. A idea do titular da Consellería de Medio Rural ( D. Alfredo Suárez Canal ) é executar as obras nunha intervención única, executando o pago en duas anualidades.


5.6.06

O bng fai balance da situación municipal

Os/as concellerios/as do Bloque Nacionalista Galego, fixeron balance destes anos (2.003-2.006) de política municipal, expuxeron por un lado as inciativas presentadas polo BNG ao longo destes anos, e repasaron as promesas feitas polos socios do grupo de goberno (psoe-eu).
As mocións presentadas ao Pleno en temas, como construcción de vivendas socias, proposta arranxo estrada Mosteirón-Mourela do Medio, rede de sumidoiros en Anca e Viladonelle, a adaptación de parques infantís á lexislación vixente, as denuncias pola situación do Verquedoiro de Ancos, os verquidos no Val de Maciñeira, a rede de sumidoiros no Puntal, a recollida de sinaturas para o reforzamento das liñas eléctricas no Sartego, arranxo entrada colexio S. Isidro, etc.
Tamén denunciamos as promesa do Alcalde, construcción de 500 vivendas en Neda, os retrasos que dende sempre tivo a presentación dos orzamentos, o retraso na elaboración do PXOM, a creación dun polígono industrial de 800.000 m2, a exclusión en órganos como o Consello Escolar Municipal, ao na Xunta Local de Seguridade.a exclusión en unha reunión co equipa de redación do PXOM.etc.

25.5.06

Xaime Bello (vicepresidente da Deputación) visita Neda

O Vicepresidente da Deputación acompañado dos concelleiros do BNG eo alcalde de Neda

Bello Costa, que foi recibido polo alcalde, José Carlos Pita López, e representantes dos grupos municipais, repasou os investimentos que a Deputación de A Coruña está a realizar no municipio, e que supoñen preto de un millón de euros, só nas actuacións que dependen directamente da área de Cooperación e Asistencia aos Concellos.

INVESTIMENTOS ACTUAIS

As cifras correspondentes ao municipio son as seguintes:

Dentro do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos (P.O.S.) correspondentes aos anos 2004, 2005 e 2006:

Saneamento Cotiño – Illo – Fábrica 139.828,39 €
Ramais alcantarillado Illo e outros 30.631,23 €
Beirarrúas no entorno do río Belelle 89.908,55 €
Alumeado público AC 115 47.078,38 €
Beirarrúas Empedrón – Xardín do Coto 42.403,59 €
Pavimentación e urbanización tramo inferior r/Real 173.730,09 €
TOTAL OBRAS POS 523.580,23 €


Dentro do Plan de Investimentos Locais (P.I.L.) 2005:

Reposición de beirarrúas na AC 115 tramo
rúa Basteiro – rúa Empedrón 166.728,52 €
TOTAL OBRAS PIL 166.728,52 €




Dentro do Plan de Travesías:

Pavimentado da estrada e beirarrúas no cruce 302.772,10 €
Roxal – Pazo Isabel II
TOTAL OBRAS PLAN TRAVESÍAS 302.772,10 €

TOTAL OBRAS EN EXECUCIÓN 993.080,85 €


No capítulo de subvencións, correspondéronlle a Neda un total de 295.727,19 €, concedidos tanto ao Concello como a entidades, desde as áreas de Promoción Económica, Servizos Sociais, Cultura e Deportes)

Ademais participa no proxecto “Instalacións solares fotovoltaicas con conexión á rede e instalacións solares térmicas en 11 concellos da provincia de A Coruña”, incluído no “Programa de proxectos singulares de desenvolvemento local e urbano 2005”.
En concreto en Neda o proxecto contempla a colocación de 4 colectores solares fotovoltaicos no polideportivo municipal e de 50 placas solares no edificio Toeleira, que se van instalar en breve.

Deste xeito, o investimento total que a Deputación Provincial está a realizar no Concello de Neda ascende a 1.288.808,04 €

Tamén o concello de Neda está incluído no Programa de financiamento do Ministerio de Administracións Públicas para reparar os danos causados por incendios forestais, aprobado no pleno da Deputación Provincial do 30 de Marzo pasado. O orzamento total para Neda ascende a 23.837,57 €, o que sitúa a cifra final en 1.312.645,61



Francisco Rodríguez, interésase polo Río Belelle



A LA MESA DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS
Francisco Rodríguez Sánchez, Diputado del GRUPO PARLAMENTARIO MIXTO (BNG), al amparo de lo dispuesto en el artículo 185 del Reglamento de la Cámara, presenta la siguiente pregunta para la que solicita respuesta por ESCRITO, relativa a partida presupuestaria para el estudio del dragado de la desembocadura del río Belelle (Neda)

Con motivo del debate de los Presupuestos Generales del Estado para 2006, se aceptó una enmienda, a propuesta del BNG, para dotar con una partida de 60.000 euros un estudio del dragado de la desembocadura del río Belelle en Neda (A Coruña). La partida está incluida en el Programa 456D de la Sección 23, Ministerio de Medio Ambiente.

La reivindicación de dragar la desembocadura del Belelle en la ría de Ferrol es una vieja aspiración de pescadores y mariscadores, que se ven cada vez más dificultados, por un proceso de colmatación, para deslizar sus barcas en bajamar, desde el litoral que hace las veces de puerto natural. Sin duda, la autoridad medioambiental debe estudiar la forma de proceder para hacer este dragado de forma que contribuya a la regeneración, además de recuperar el cauce natural del río, para posibilitar así el tráfico de las embarcaciones tradicionales.

¿Está en contacto el Ministerio con otras instituciones, locales o autonómicas, para realizar el estudio?

¿Se dirigió el ayuntamiento de Neda al Ministerio de Medio Ambiente, con motivo de la aprobación de la antedicha partida presupuestaria, para interesarse por la realización del estudio?

¿Existe algún proyecto para realizar el dragado?

¿Cómo está procediendo el Ministerio y cuándo piensa que puede tener concluido el estudio?

¿Una vez concluido, lo piensa poner a disposición de las instituciones interesadas, y colaborar en la ejecución de las obras de dragado conforme a las pautas medioambientales requeridas?

¿Tiene conocimiento el Ministerio de Medio Ambiente de algún proyecto de la Autoridad Portuaria de Ferrol para dragar la desembocadura del río Belelle?

4.5.06

Igrexa dos Remedios-Galanos


Igrexa dos Remedios, situada no Lugar de Galanos (Parroquia de S. Pedro de Anca), no concello de Neda. É famosa pola súa romería. A igrexa de estilo barroco. No seu exterior presenta un xogo de volumes. No interior, un arco semicircular apoiado en duas pilastres,, divide o espacio do altar ( neoclásico ) coa nave, sendo os arcos laterais de iguais características.